{"id":5986,"date":"2016-12-15T08:21:00","date_gmt":"2016-12-15T07:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:42:34","modified_gmt":"2024-11-12T12:42:34","slug":"martes-20-pleno-870-ribadense","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/12\/15\/martes-20-pleno-870-ribadense\/","title":{"rendered":"Martes 20, pleno: 870 \u20ac\/ribadense"},"content":{"rendered":"<p>Por fin. Un pleno avisado con cinco d\u00edas de antelaci\u00f3n. Coido que \u00e9 o m\u00e1is importante dun pleno que \u00e9 de por si importante, pois del van depender o orzamento, e polo tanto, o gasto, do pr\u00f3ximo ano. Porque permitir\u00e1 a quen queira asistir, se non participar, ao menos chegar \u00f3 primeiro nivel desa participaci\u00f3n, o recibir un primeiro verniz de informaci\u00f3n directa sobre esa importante cuesti\u00f3n econ\u00f3mica do concello.<\/p>\n<p><span><span><span data-ft=\"{&quot;tn&quot;:&quot;K&quot;}\"><span class=\"UFICommentBody\"><span>As\u00ed que, est\u00e1s avisada: o concello gastar\u00e1 870 \u20ac por (e suponse, para) ti<\/span><\/span><\/span><\/span><\/span>.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgOaCsskzR8GAc8_Fk8Qslp43qFNn8yj6c9O4spGi-0KRH1sKDxY3nJf91a3WC94FN7tVCUI760slGgI44tI79rCgpmv4uJbI_EWGFG9IRC_yljGGmyWVEJ-SDhIR5fGutf17lXDA\/s2048\/870.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgOaCsskzR8GAc8_Fk8Qslp43qFNn8yj6c9O4spGi-0KRH1sKDxY3nJf91a3WC94FN7tVCUI760slGgI44tI79rCgpmv4uJbI_EWGFG9IRC_yljGGmyWVEJ-SDhIR5fGutf17lXDA\/s2048\/870.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Como te\u00f1o comentado outras veces, coa nota de prensa m\u00e1rcase unha direcci\u00f3n para mirar a noticia, que neste caso tam\u00e9n incl\u00fae o p\u00f3r \u00f3 alcalde como referencia da mesma, a partir do t\u00edtulo. despois, fai referencia relativamente extensa \u00e1 residencia de maiores no que ser\u00eda impulso antefinal dun equipamento que \u00e9 necesario sacar adiante, despois dun longo recorrido que merece un estudo hist\u00f3rico que coido pode condensar a historia de Ribadeo destes \u00faltimos mandatos.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se extende no pulso orzamentario co estado, desta volta a conta do ibi, o imposto de bens inmobles, que manter\u00e1 en cuant\u00eda, a pesar do mecanismo estatal destinado a subilo. E, como en todas as confrontaci\u00f3ns, previndo que haber\u00e1 que loitar por cartos compensatorios de non aproveitar a opirtunidade de suba do ibi, tenta po\u00f1er a cataplasma antes da ferida efectiva, polo menos a nivel propaganda.<\/p>\n<p>O resume: un gasto duns 870 \u20ac por cada un dos aproximadamente 10 000 ribadenses.<\/p>\n<p>Velaeiqu\u00ed a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2277&amp;lg=gal\">nota de prensa do concello<\/a>:<\/p>\n<p><em>O IBI NON SE INCREMENTAR\u00c1, SEGUNDO O REXEDOR<\/em><\/p>\n<p><em>Orzamento para 2017<\/em><\/p>\n<p><em>14\/12\/2016<\/em><\/p>\n<p><em>O equipo de goberno someter\u00e1 a aprobaci\u00f3n en pleno extraordinario o vindeiro martes, 20 de decembro, o proxecto de orzamento municipal para 2017, segundo deu a co\u00f1ecer esta ma\u00f1\u00e1 o alcalde, Fernando Su\u00e1rez. O presuposto, que ascender\u00e1 a 8 772 000 euros, pasar\u00e1 ma\u00f1\u00e1 polas comisi\u00f3ns informativas correspondentes. Segundo subli\u00f1a o rexedor increm\u00e9ntase a partida destinada a gasto social e tam\u00e9n os investimentos a realizar en r\u00faas e cami\u00f1os rurais.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia dixo que &#8220;este ano queremos tam\u00e9n aprobar agora o orzamento municipal para 2017. Quer\u00e9molo facer en tempo e forma, precisamente no 2016, porque este presuposto para o ano que ven queremos que empece a dar os seus froitos desde principios de 2017&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense sinalou que &#8220;hai inversi\u00f3ns municipais que necesitan que os orzamentos estean aprobados de xeito definitivo, como pode ser a licitaci\u00f3n do mobiliario da residencia de maiores de Ribadeo, a demolici\u00f3n das antigas vivendas de profesores al\u00ed ao p\u00e9 da residencia, tal e como quedamos. Todas estas actuaci\u00f3ns, a\u00ednda que te\u00f1en unha parte de financiamento externo, neste caso da Deputaci\u00f3n, si que hai unha parte de financiamento municipal que require dos orzamentos aprobados&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor explicou que &#8220;sacamos este proxecto de orzamentos que contin\u00faa coa senda destes \u00faltimos anos. A\u00ednda que en cifras \u00e9 algo inferior ao \u00faltimo, o orzamento total ascende a 8 772 000 euros, algo menos que o de 2016, porque debemos ter en conta que o ano pasado hab\u00eda unhas partidas moi importantes para a construci\u00f3n da residencia de maiores, e que agora para o seu equipamento non son tan notables&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez seguiu a relatar que &#8220;sacada a inversi\u00f3n da residencia prod\u00facese dentro destas cifras un aumento de investimentos se o consideramos en relaci\u00f3n a exercicios anteriores, sobre todo en r\u00faas e en cami\u00f1os rurais. En r\u00faas, en urbanizaci\u00f3n e pavimentaci\u00f3n, e en cami\u00f1os rurais, en asfaltados, soben aproximadamente un 40% con respecto ao ano anterior estas partidas. E dentro do gasto corrente hai tam\u00e9n un incremento do gasto social, sobre todo no que ten que ver coa atenci\u00f3n aos servizos de axuda no fogar tanto na s\u00faa modalidade de prestaci\u00f3n b\u00e1sica como na de dependencia. Ao mesmo tempo est\u00e1n contemplados a cobertura de todos os servizos&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Para o alcalde &#8220;este \u00e9 un presuposto realista e contido. Moitas veces nas partidas de ingresos non somos demasiado optimistas porque nunca se sabe c\u00f3mo vai acabar o ano. Queremos ser prudentes \u00e1 hora de confeccionar os orzamentos e que logo ao longo de ano dea cabida para toda a inversi\u00f3n que temos previsto para levar adiante&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Imposto de bens inmobles<\/em><\/p>\n<p><em>Nas comisi\u00f3ns informativas que se celebrar\u00e1n ma\u00f1\u00e1, previas ao pleno extraordinario do vindeiro martes, &#8220;outro dos puntos que trataremos \u00e9 levar adiante aquilo que ten que ver co IBI, co que ten que ver co imposto de bens inmobles, co que ten que ver coa contribuci\u00f3n urbana, que \u00e9 a m\u00e1is importante. Se ben v\u00edamos nos medios de comunicaci\u00f3n que hai uns d\u00edas o goberno do Estado di que hai unha serie de concellos, entre os que est\u00e1 Ribadeo, que te\u00f1en unha ponencia de valores moi antiga, como \u00e9 a deste concello que \u00e9 de finais dos anos 80, e que nestes concellos lles aplicar\u00eda unha suba do valor catastral do 8%, nosoutros como xa dixemos que non queremos subir o IBI\u2026 para o ano 2017 imos levar unha baixa no tipo que se vai aplicar a ese valor catastral, da mesma equivalencia, \u00e9 dicir do 8%&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia subli\u00f1ou que &#8220;deste xeito se neste ano 2016 estaba no 0,73, agora aplicando a baixada equivalente baixar\u00e1 o 0,67, polo tanto na multiplicaci\u00f3n das d\u00faas variables o resultado ser\u00e1 que para o ano 2017 non vai haber o incremento do 8% que pretend\u00eda o goberno do Estado. Sabemos que isto ao ingresar menos tam\u00e9n reduce as posibilidades de inversi\u00f3n, pero cremos que non \u00e9 o momento adecuado para subir o IBI, e preferimos axustar doutra maneira outros servizos e inversi\u00f3ns. Pero nos orzamentos municipais para o ano 2017 confiamos en levar adiante unha boa parte de actuaci\u00f3ns e de inversi\u00f3ns, sen prexu\u00edzo de que outras administraci\u00f3ns como a Xunta de Galicia, \u00e1 que ultimamente non se lle ve moito por aqu\u00ed desgraciadamente, poida botarnos unha mao coas s\u00faas inversi\u00f3ns tan necesarias e demandadas como a residencia, os saneamentos, abastecementos de auga, pavimentaci\u00f3n de r\u00faas, o remozado do xulgado de paz, etc\u2026 Pero o cami\u00f1o \u00e9 longo e seguramente poidamos ter momentos de encontro, sen d\u00fabida&#8221;<\/em>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Por fin. Un pleno avisado con cinco d\u00edas de antelaci\u00f3n. Coido que \u00e9 o m\u00e1is importante dun pleno que \u00e9 de por si importante, pois del van depender o orzamento, e polo tanto, o gasto, do pr\u00f3ximo ano. Porque permitir\u00e1 a quen queira asistir, se non participar, ao menos chegar \u00f3 primeiro nivel desa participaci\u00f3n, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[61,42,64,9],"class_list":["post-5986","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-orzamentos","tag-plenos","tag-residencia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5986","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5986"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5986\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5986"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5986"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5986"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}