{"id":5982,"date":"2016-12-19T20:24:00","date_gmt":"2016-12-19T19:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:42:27","modified_gmt":"2024-11-12T12:42:27","slug":"casa-brasonada-da-rua-viejo-pancho_19","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/12\/19\/casa-brasonada-da-rua-viejo-pancho_19\/","title":{"rendered":"CASA BRASONADA DA R\u00daA VIEJO PANCHO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhDq9Jm8AupJZ4G10lQtncNCHQ-cT4D1ttxC1rlpVassIQR7LWCQ2QXgrGrCxPS6P4egvSep6o9dXFygXkAFzCU2v1C1QYur8RsW7CIgn8S5zyFEzyaMgO6Rn5A5fDHHijBWHs6gA\/s2048\/casa+brasonada+da+r%25C3%25BAa+Viejo+Pancho.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"320\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhDq9Jm8AupJZ4G10lQtncNCHQ-cT4D1ttxC1rlpVassIQR7LWCQ2QXgrGrCxPS6P4egvSep6o9dXFygXkAFzCU2v1C1QYur8RsW7CIgn8S5zyFEzyaMgO6Rn5A5fDHHijBWHs6gA\/s2048\/casa+brasonada+da+r%25C3%25BAa+Viejo+Pancho.jpg\" width=\"243\" \/><\/a><\/p>\n<p>Baixando pola r\u00faa Viejo Pancho, case chegando \u00e1 r\u00faa Antonio Otero, atopamos unha ampl\u00edsima e se\u00f1orial mansi\u00f3n co\u00f1ecida como a Casa de Navarro-Reverter. Efectivamente, al\u00ed viviu D. Jos\u00e9 Navarro Reverter y Gomis (1888-1969) casado con D\u00aa. Mar\u00eda Teresa Lamas Sanjurjo (1886-1970), filla de D. Ram\u00f3n de Lamas Navia Osorio (1821-1926) e de D\u00aa Anunciaci\u00f3n Amalia Sanjurjo. D. Ram\u00f3n era fillo de D. Vicente de Lamas Men\u00e9ndez (n.1796) e de D\u00aa Mar\u00eda Teresa Navia Osorio (n.1814), se\u00f1ores do Pazo de Quintalonga.<\/p>\n<p>O escudo de armas, est\u00e1 situado na fachada Norte cara o lateral que da a r\u00faa, dentro dun recinto interior ao que se accede por un amplo portal\u00f3n de servizo. Dende aqu\u00ed, darlle as m\u00e1is expresivas grazas o meu amigo Carlos Rolle Vijande que xa anteriormente me facilitou fotografar o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2016\/05\/casa-da-rua-enxeneiro-schulz-por.html\">escudo da r\u00faa Enxe\u00f1eiro Schulz<\/a>, e esta vez, poder facer un bo encadre deste escudo desde unha das fiestras do seu confortable e \u201ccalenti\u00f1o\u201d Hotel. Ese d\u00eda fac\u00eda un fr\u00edo que pelaba e a calefacci\u00f3n estaba ideal. Frecuentar o seu hotel entre tres casas brasonadas, pareceume revivir as visitas \u00f3 \u201cbarrio g\u00f3tico\u201d do Ribadeo Antigo, para logo baixar a costa de Antonio Otero entre as vetustas casas de mari\u00f1eiros e armadores, e ir embarcar a Porcill\u00e1n \u00f3 \u201cMar\u00eda Irene\u201d. \u00a1Un so\u00f1o daquela realidade xuvenil vivida, e que tan pronto se me pasou por diante&#8230;!<\/p>\n<p>O campo do escudo est\u00e1 cuartelado en cruz ou en catro cuarteis, sobre unha aguia coroada mirando a sinistra ou acolada (que est\u00e1 por detr\u00e1s del). A cabeza coroada da aguia s\u00edrvelle de timbre, as\u00ed como, as \u00e1s e as garras lle serven de soporte, e as estendidas plumas temoneiras do rabo, de sost\u00e9n. O adorno exterior consiste nun elegante dese\u00f1o de penachos de plumas de aves \u201cdo para\u00edso\u201d que partindo de roeles abuxardados rodean o contorno. <\/p>\n<p>\u00c1 altura da cabeza da aguia, no lado esquerdo segundo se mira, esta gravado \u201cBS\u201d cunha pequeni\u00f1a \u201cV\u201d dentro da letra \u201cB\u201d, e no outro lado aparece unha \u201cO\u201d cruzada dunha \u201cT\u201d. Isto nos quer dicir que o escudo pertence a familia \u201cBUSTO\u201d. A aguia coroada acolada o campo do escudo, \u00e9 sen d\u00fabida, unha das aguias do bras\u00f3n dos Busto: un escudo partido de azur e ouro, cun aguia \u201cdo un no outro\u201d ou inversadas (que son sim\u00e9tricas respecto dun eixe vertical). Na parte baixa hai unha confusa lenda que parece rezar: \u201cAVNQE NO SOITO DA DEOROSO EL AZVL ESTA EL TESORO\u201d (\u201caunque no soy toda de oro \u201cso\u201d(bre) el azul est\u00e1 el tesoro\u201d), semellante e que expresa o Dicionario Her\u00e1ldico e Nobiliario de D. Fernando Gonz\u00e1lez-Doria, Edic. 1994: \u201cSI NO SOY TODA DE ORO, EN LO AZUR TENGO EL TESORO\u201d.<\/p>\n<p>O lema ref\u00edrese a aguia, que nalg\u00fans bras\u00f3ns dos Busto, soamente \u00e9 unha aguia partida de azur e ouro, e noutros son d\u00faas aguias, unha de azur e outra de ouro. A aguia dourada port\u00e1bana na antig\u00fcidade os estandartes do rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ciro_II\">Ciro \u201cO Grande\u201d<\/a> de Persia (500-429 a.C.) do que fala <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Her%C3%B3doto\">Herodoto<\/a> (484-420 a.C.). Foi emblema de Exipto en tempos de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ptolomeo\">Ptolomeo<\/a> (90-168 d.C.) e os etruscos entreg\u00e1ronlle aos romanos, en sinal de amizade, un cetro surmontado dunha aguia de marfil, que eles empregaron como emblema da Rep\u00fablica Romana e m\u00e1is tarde dos emperadores. O ex\u00e9rcito romano en tempo de guerra, portaba como insignia unha aguia dourada coas \u00e1s despregadas, e case era como a divindade protectora da lexi\u00f3n. En tempos da rep\u00fablica estaba feita de madeira, m\u00e1is tarde foi de prata e en tempos de Cesar as aguias eran de ouro (Ciencia del Blas\u00f3n, D. Modesto Costa y Turrel 1858)<\/p>\n<p>\u201c&#8230;(SOBRE) EN LO AZUL (ESTA) TENGO EL TESORO\u201d. Seguramente, o lema ref\u00edrese o azul do mar oc\u00e9ano. Os Busto foron grandes armadores de vello, que fixeron grande fortuna cos barcos mercantes. Hai un preito litigado entre D. Fernando de Vald\u00e9s de Cand\u00e1s e D. Alonso del Busto por danos causados nun nav\u00edo en 28\/2\/1519. O lema poder\u00eda interpretarse, algo as\u00ed, como que: si lles fallaban os negocios monetarios en terra (O OURO) sempre poder\u00edan volver a intentalo cos recursos do mar (O TESOURO) para volver empezar a adquirir riquezas. <\/p>\n<p>Segundo o antedito Nobiliario de D. Fernando Gonz\u00e1lez-Doria, \u00f3s Busto pertenceron os <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Los_siete_infantes_de_Lara\">Sete Infantes de Lara<\/a>, fillos de D. Gonzalo Busto e de D\u00aa Sancha Velazquez e netos do rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ramiro_II_de_Le%C3%B3n\">Ramiro II de Le\u00f3n<\/a> (930-950). Unha rama pasou a M\u00e9xico, onde o capit\u00e1n D. Mat\u00edas del Busto y Moya, natural de Santa Fe, cabaleiro da <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Orden_de_Calatrava\">Orden de Calatrava<\/a>, obtivo t\u00edtulo de Marqu\u00e9s de San Clemente o 20 de Decembro de 1730. Posiblemente as plumas do adorno exterior deste escudo de armas, te\u00f1an que ver coas precios\u00edsimas aves do continente americano.<\/p>\n<p>Na Casa dos Busto de Ribadeo, D. Francisco Antonio Bustos y Florez, sacou executoria de nobreza na <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Real_Audiencia_y_Chanciller%C3%ADa_de_Valladolid\">Chanciller\u00eda de Valladolid<\/a> en 1785. Seus ancestros xa conseguiran a executoria na mesma Chanciller\u00eda en 1512 (Historia de Galicia, Tomo XX, paxs. 239-240).<\/p>\n<p>No primeiro cuartel, unha banda engolada en dragantes linguados e dentados. Poden ser armas dos Sanjurjo, do castelo de Arnado de Valdeorras (Orense), emparentados cos Florez da casa de Miramontes do Bierzo \/\/ poden ser tam\u00e9n, armas dos Navia\u2013Osorio que aparecen no retablo do altar maior da igrexa parroquial de Sta. Mar\u00eda do Campo de Ribadeo \/\/ puideran tam\u00e9n ser, armas dos Andrade ou dos Freire (en campo de sinople unha banda de ouro engolada en cabezas de drag\u00f3n do mesmo metal). Faltan os esmaltes do escudo, para precisar a li\u00f1axe correspondente deste bras\u00f3n, pero m\u00e1is parecen Navia Osorio ou Sanjurjo.<\/p>\n<p>No segundo cuartel, un home de p\u00e9, armado de espada envai\u00f1ada e cunha alabarda, ou cunha lanza de torneo, pois vense na asta da lanza d\u00faas protuberancias ou cazoletas de protecci\u00f3n da mau, na zona por onde se empu\u00f1a cando se monta a cabalo para a xusta ou liza entre cabaleiros. Por outra banda, a vestimenta parece a cl\u00e1sica dos conquistadores de Am\u00e9rica, cun morri\u00f3n na cabeza adornado cun penacho de plumas. Esta circunstancia, da vestimenta lixeira, de coiro ou tela, nos leva a crer, que empu\u00f1a unha alabarda, a\u00ednda que s\u00f3 se ve a asta e lle falte a coitela, pois un cabaleiro disposto para unha xusta, estar\u00eda vestido de armadura. Advertimos esta circunstancia pois estes dous primeiros cuarteis, parecen ser os do parentesco dos Busto coas armas dos Men\u00e9ndez Navia emparentados cos Villaamil, armas iguais as do primeiro cuartel do escudo do Pat\u00edn, as do escudo da casa dos <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/05\/celebrando-o-dia-das-letras-galegas-na.html\">Cuatro Hermanos<\/a> onde estaba o Comercio de Maseda, as do escudo da Casa do Outeiro de San Miguel de Reinante e as do escudo ovalado de Celeiro de Mari\u00f1aos, posiblemente do can\u00f3nico D. Salvador Men\u00e9ndez Navia e Villamil que era tesoureiro da catedral de Mondo\u00f1edo e fundador do patronazgo da capela de San Roque de Ribadeo (ano 1719)<\/p>\n<p>No terceiro cuartel, tres coroas reais ben ordenadas, d\u00faas en xefe e unha en punta, esta<br \/>\nm\u00e1is grande cas outras. Similares o bras\u00f3n do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Suecia#Imperio_Sueco\">Reino de Suecia<\/a> (en campo de azur tres<br \/>\ncoroas de ouro) (Ciencia Heroyca do Marqu\u00e9s de Avil\u00e9s, Tomo I, p\u00e1x.400) \u00bfcasou alg\u00fan Busto<br \/>\ncon algu\u00e9n da Familia Real de Suecia? ou si ti\u00f1an os Bustos relaci\u00f3n comercial mar\u00edtima<br \/>\ncon Suecia \u00bfqu\u00e9 mercanc\u00edas transportaban para ser merecedores deste privilexiado bras\u00f3n?.<br \/>\nPor outra banda, tres coroas reais unhas sobre doutras (sinistra, destra e sinistra) tam\u00e9n aparecen no 2\u00ba cuartel do escudo de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Hern%C3%A1n_Cort%C3%A9s\">Hern\u00e1n Cort\u00e9s<\/a> por privilexio de 7-Marzo-1525 concedido polo rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carlos_V,_Sacro_Emperador_Romano-Xerm%C3%A1nico\">Carlos I<\/a>. \u00bfHaber\u00e1 relaci\u00f3n coa saga dos conquistadores de Am\u00e9rica?<\/p>\n<p>No cuarto cuartel, aparece a Encomenda ou Cruz da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Orde_de_Santiago\">Orden de Santiago<\/a>, atravesada punta a sinistra por unha espada desnuda, que non logramos identificar con ning\u00fan li\u00f1axe familiar.<\/p>\n<p>Na Chanciller\u00eda de Valladolid, enc\u00f3ntranse varios preitos que nos mostran alg\u00fans membros da \u00e1rbore xeneal\u00f3xica desta familia: 1) Preito de Fidalgu\u00eda de D. Domingo Alejo Cotarelo y Busto, veci\u00f1o de Ribadeo (1732). 2) Executoria de preito litigado por D. Francisco Antonio del Busto y Fl\u00f3rez, veci\u00f1o de Ribadeo, con D. Antonio Trelles Villear e a s\u00faa muller, veci\u00f1os de Avil\u00e9s, sobre restituci\u00f3n de varios bens (1785). 3) Preito de D. Manuel del Busto Flores(z) de Sante, D. Andr\u00e9s del Busto Flores(z) de Sante, D. Francisco Antonio del Busto de Ribadeo, D. Francisco Mar\u00eda del Busto de Ribadeo, sobre posesi\u00f3n de bens e herdanza de D\u00aa Cayetana de la Vega y Navia, madre com\u00fan dos litigantes, e cuxos bens est\u00e1n situados nos concellos de Navia e Coa\u00f1a (1802-1808). \u00a1Ribadeo e o mar sempre o seu lado!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Baixando pola r\u00faa Viejo Pancho, case chegando \u00e1 r\u00faa Antonio Otero, atopamos unha ampl\u00edsima e se\u00f1orial mansi\u00f3n co\u00f1ecida como a Casa de Navarro-Reverter. Efectivamente, al\u00ed viviu D. Jos\u00e9 Navarro Reverter y Gomis (1888-1969) casado con D\u00aa. Mar\u00eda Teresa Lamas Sanjurjo (1886-1970), filla de D. Ram\u00f3n de Lamas Navia Osorio (1821-1926) e de D\u00aa Anunciaci\u00f3n Amalia [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5982","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5982","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5982"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5982\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5982"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5982"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5982"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}