{"id":5979,"date":"2016-12-22T10:16:00","date_gmt":"2016-12-22T09:16:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:42:15","modified_gmt":"2024-11-12T12:42:15","slug":"xa-temos-orzamento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/12\/22\/xa-temos-orzamento\/","title":{"rendered":"Xa temos orzamento"},"content":{"rendered":"<p>Como era sabido, o orzamento Ribadeo 2017 pasou. Votou a favor o equipo de goberno, abstiv\u00e9ronse PSOE e Cidad\u00e1ns e votou en contra o PP. Chegados aqu\u00ed, \u00e9 para pregutnarse que ter\u00eda que pasar para que tivera cambiado alg\u00fan voto. Algo do que non se fala na <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2288&amp;lg=gal\">nota de prensa<\/a> que presentou a alcald\u00eda, tam\u00e9n como era de esperar, despois de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/12\/martes-20-pleno-870-ribadense.html\">presentar o pleno<\/a> <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2277&amp;lg=gal\">nunha<\/a> e <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/12\/martes-20-pleno-convocatoria.html\">complementalo<\/a> con <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2283&amp;lg=gal\">outra<\/a>.<\/p>\n<p>A repetici\u00f3n de argumentos parece deixar claro que a cidadan\u00eda ten que saberse a lecci\u00f3n de como son as cousas. Coincidume onte de falar de pasada en varios lugares e con varias persoas diferentes sobre a previsi\u00f3n dunhas futuras elecci\u00f3ns en Ribadeo. E non houbo fisuras: todo o mundo de acordo en que o actual alcalde ganar\u00eda a\u00ednda que se presentara polo Partido Animalista. Con independencia de signos pol\u00edticos ou de xu\u00edzo positivo ou negativo sobre a s\u00faa labor. E a nota da alcald\u00eda, por moito que se este\u00f1a de acordo co tratamento do IBI feito, coa petici\u00f3n do m\u00e9dico ou coa li\u00f1a xeral dos presupostos apuntada, vai no mesmo sentido: afianzar un apoio. Facendo unha comparanza co ensino, ser\u00eda usar o m\u00e9todo no que principal consid\u00e9rase memorizar o tema, en troques de comprender e aplicar o aprendido para favorecer un medrar harm\u00f3nico e completo. En \u00e1mbolosdous casos o resultado pode ser bo, pero aplicando criterios de bondade diferentes.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhpoc3_jBSdewKsAJEqlKKnTCT-1JEzeO-xuEjb5WlphHlT9JmShayr28oqr6hM1pxGlHmfNLK0-jBNe5tY7aMHZZqNmmL3wfe5TXVnDXG5ye6h3aKF2QIeF6qmj2bXstx_0gVfVQ\/s2048\/Ribadeo+na+Galipedia.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhpoc3_jBSdewKsAJEqlKKnTCT-1JEzeO-xuEjb5WlphHlT9JmShayr28oqr6hM1pxGlHmfNLK0-jBNe5tY7aMHZZqNmmL3wfe5TXVnDXG5ye6h3aKF2QIeF6qmj2bXstx_0gVfVQ\/s2048\/Ribadeo+na+Galipedia.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Imaxe capturada da entrada <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ribadeo\">Ribadeo<\/a> na <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/\">Galipedia<\/a>. Escudo e foto, respectivamente <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/4.0\/deed.gl\">lic. CC 4.0<\/a> de <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/User:Heralder\">Heralder<\/a> e <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-sa\/3.0\/deed.gl\">lic. CC 3.0<\/a> de <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/User:HombreDHojalata\">HombreDHojalata<\/a>.<\/p>\n<p>A nota de prensa:<\/p>\n<p><em>Novas<\/em><\/p>\n<p><em>O ALCALDE AGARDA QUE A XUNTA COLABORE CON RIBADEO<\/em><\/p>\n<p><em>Aprobado o orzamento de 2017<\/em><\/p>\n<p><em>21\/12\/2016<\/em><\/p>\n<p><em>No pleno extraordinario celebrado onte a Corporaci\u00f3n Municipal aprobou non subir o imposto do IBI o vindeiro ano ademais dos orzamentos municipais para o 2017. O Concello solicitaralle \u00e1 Conseller\u00eda de Sanidade que se cubra de maneira estable a praza de m\u00e9dico de familia na quenda de tarde no Centro de Sa\u00fade de Ribadeo.<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, declarou que &#8220;neste pleno extraordinario trat\u00e1ronse varios temas, singularmente dous especialmente importantes. Un era o relativo \u00e1 modificaci\u00f3n da ordenanza que regula o imposto de bens e inmobles, o IBI, debido a que diante da elevaci\u00f3n do 8% no valor catastral que vai aplicar o Catastro para o 2017, o goberno municipal non ten esa potestade, pero si ten a potestade para modificar o tipo, e tal e como dixemos queremos que non suba a contribuci\u00f3n para o ano que ven&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor explicou que &#8220;de a\u00ed que a mesma suba que se produce nos valores catastrais, producimos unha proposta de rebaixa que foi a que se aprobou por unanimidade do 0\u00b473 ao 0\u00b467, \u00e9 dicir para que a multiplicaci\u00f3n dos dous valores dea como consecuencia que non se produce incremento tributario para o ano 2017. Hai que ter en conta que os valores catastrais do Concello de Ribadeo son especialmente baixos. Se temos en conta que Ribadeo \u00e9 o segundo concello da provincia de Lugo, despois da capital, en valores de mercado, pero dado que ten unha ponencia moi vella do ano 1987, \u00e9 o cuarto pola cola en valores catastrais de toda a provincia de Lugo&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez comentou que &#8220;quizais non sexa malo que haxa unha valorizaci\u00f3n do que ten que ver co valor catastral, pero en definitiva o tipo queremos rebaixalo para que o produto, para que a multiplicaci\u00f3n do mesmo, sexa a que veu sendo para este ano. Para que non haxa subida e no recibo a xente non note diferenzas para o ano que ven&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde de Ribadeo salientou que &#8220;outro dos puntos que consideramos moi importante \u00e9 a aprobaci\u00f3n en tempo e forma do orzamento municipal do ano 2017, aprob\u00e1ndoo outra vez m\u00e1is antes de que empece o ano. Eu creo que poucos concellos a d\u00eda de hoxe poden dicir isto, pero nosoutros queremos aprobalo porque hai que publicalo durante uns d\u00edas e queremos que entre en vigor o m\u00e1is axi\u00f1a posible, xa a principios do 2017, porque del dependen varias inversi\u00f3ns importantes como a dotaci\u00f3n de mobiliario para a residencia e unha serie de obras de infraestruturas&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia asegurou que &#8220;hai que ter en conta que a\u00ednda que o orzamento \u00e9 un pouco m\u00e1is baixo que o do ano anterior, si que nos apartados tanto de gasto social como de infraestruturas aumentan aproximadamente un 40%. Fomos moi prudentes no apartado das previsi\u00f3ns de ingresos para ser consecuentes cos gastos. De nada serve pronosticar que imos ingresar moito se despois iso non se d\u00e1 acabamos tendo falta de liquidez, e iso non queremos que pase. Fomos moi prudentes na previsi\u00f3n de ingresos, se esas cifras se superan por enriba mellor porque contribuiremos a ter m\u00e1is liquidez e poderemos facer m\u00e1is cousas&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor engadiu que &#8220;tam\u00e9n \u00e9 moi importante que a d\u00e9beda e o que sup\u00f3n, a carga de pr\u00e9stamos, cada vez \u00e9 menor. Os xuros de d\u00e9beda para este ano reduc\u00edronse un 14%, e a\u00ednda hai dous d\u00edas que amortizamos de maneira anticipada un pr\u00e9stamo que t\u00ed\u00f1amos cun banco de 300.000 euros. Hai moitas cousas que seguir facendo e mellorar, pero seguimos indo neste sendeiro de tranquilidade, facendo cousas, botando de menos achegas de administraci\u00f3ns importantes como a Xunta de Galicia, oxal\u00e1 para o 2017 se lles vexa o rev\u00e9s das maos por alg\u00fan lado, e agradecendo e valorando as achegas que fai a Deputaci\u00f3n de Lugo, confiemos que siga sendo as\u00ed tam\u00e9n no ano 2017. Este presuposto foi aprobado pola maior\u00eda que ten o goberno municipal coa abstenci\u00f3n doutros grupos e co voto en contra do Partido Popular&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez relatou que &#8220;outro dos puntos importantes foi unha proposta que, a verdade pensamos que \u00eda ser por unanimidade, pero lamentablemente non foi as\u00ed, al\u00f3 cada quen coa s\u00faa responsabilidade e coa s\u00faa xustificaci\u00f3n. Fixemos esta proposta para pedirlle \u00e1 Conseller\u00eda de Sanidade a inmediata contrataci\u00f3n, de xeito estable, dunha persoa que desempe\u00f1e as funci\u00f3ns de m\u00e9dico de familia na quenda de tarde no Centro de Sa\u00fade de Ribadeo&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor lembrou que &#8220;esta proposta tam\u00e9n hai uns d\u00edas foi pedida pola voceira municipal socialista e que contou co noso apoio absoluto. Todos os que votamos a favor, o Bloque, o PSOE e Ciudadanos, e o voto en contra lamentable do Partido Popular, para que se deixe de marear o peixe e convoquen dunha vez por todas unha praza que xa existe, non se trata de que a cree sen\u00f3n que a cubran dunha maneira estable, e non con contratos diarios ou con contratos de luns a venres, que logo ning\u00fan m\u00e9dico quere vir. Moitos porque acabaron tendo que marchar para buscar unha vida mellor fora e outros porque de nada serve contratalos por d\u00edas porque ao final acaban tendo unha volatilidade moi grande&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez insistiu en que &#8220;cubran esa praza dunha maneira estable para que algu\u00e9n poida vir aqu\u00ed, poida alugar un piso aqu\u00ed ou poida vivir dunha maneira permanente aqu\u00ed, xa ver\u00e1n como non te\u00f1en ning\u00fan problema. Isto foi o que aprobamos e esperemos que nos fagan caso&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Como era sabido, o orzamento Ribadeo 2017 pasou. Votou a favor o equipo de goberno, abstiv\u00e9ronse PSOE e Cidad\u00e1ns e votou en contra o PP. Chegados aqu\u00ed, \u00e9 para pregutnarse que ter\u00eda que pasar para que tivera cambiado alg\u00fan voto. Algo do que non se fala na nota de prensa que presentou a alcald\u00eda, tam\u00e9n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,61,42,27],"class_list":["post-5979","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-orzamentos","tag-plenos","tag-sanidade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5979","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5979"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5979\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5979"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5979"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5979"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}