{"id":5975,"date":"2016-12-27T21:51:00","date_gmt":"2016-12-27T20:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:42:10","modified_gmt":"2024-11-12T12:42:10","slug":"augas-santas-artigo-de-pablo-mosquera","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/12\/27\/augas-santas-artigo-de-pablo-mosquera\/","title":{"rendered":"Augas Santas. Artigo de Pablo Mosquera"},"content":{"rendered":"<p>(Trad. de A. Gregorio) <\/p>\n<p><em>Hai moitos lugares no noso pa\u00eds, ermidas e santuarios, relacionadas con fontes e nacentes con augas que te\u00f1en -dalg\u00fan xeito- reco\u00f1ecidas propiedades curativas. Podemos mesmo incorporar unha serie de elementos m\u00e1xicos que conforman un totum revolutum con eses conxuntos, frecuentados por devotos, ofrecidos, fieis, crentes, etc., e que te\u00f1en moito que ver cos elementos: auga, aceite, camp\u00e1s, sinais en pedra, imaxes &#8230;<\/em><\/p>\n<p><em>Na ra\u00edz do misterio adiv\u00ed\u00f1ase o intento da traslaci\u00f3n. A doenza desaparece na medida en que se transfire \u00f3 medio con propiedades sanadoras.  Outras veces, tr\u00e1tase de acadar un desexo: amor non correspondido, descendencia fronte \u00e1 esterilidade. Lembro como me explicaban en Burgos, no santuario de Santa Casilda, preto de Briviesca, que \u00f3 lanzar \u00f3 pozo dos desexos, texa ou pedra, logr\u00e1base unha nena ou neno para un matrimonio novo sen descendencia; do mesmo xeito que nese fermoso lugar, que recomendo visitar, de San Xo\u00e1n de Gaztelugatxe ou o Santuario de Loyola. Logo, tendo logrado o prop\u00f3sito, o v\u00e1stago soe ir cos seus padri\u00f1os visitar o lugar.<br \/>\nE \u00e9 que tras a mi\u00f1a longa estancia por terra dos vasc\u00f3ns, non s\u00f3 aprend\u00edn medici\u00f1a e practiquei a sa\u00fade p\u00fablica, tam\u00e9n recoll\u00edn costumes ancestrais propias do pobo vello, entre casta\u00f1os e carballos, ou con acantilados onde o curlto &#8216;pag\u00e1n&#8217; foi creitianizado por ermidas.<\/em><\/p>\n<p><em>Para comprender o que se percebe, se adivi\u00f1a, se oculta, na nosa Galicia, hai que ler a obra do meu colega m\u00e9dico Jes\u00fas Rodr\u00edguez L\u00f3pez. A primeira edici\u00f3n de 1895, onde nos explica como Feixoo e Sarmiento, ambos benedictinos, descreben as superstici\u00f3ns propias da nosa paisanaxe: &#8220;\u00e9 sabido que moitas das cousas que hoxe consideramos como superstici\u00f3ns alg\u00fan d\u00eda non o eran,  e, polo contrario, foron tidas como artigos de fe ou como verdades indiscutibles&#8221;. &#8220;Grazas a que Deus apiadouse de Espa\u00f1a mand\u00e1ndolle \u00f3 ap\u00f3stolo Santiago, foron morrendo pouco a pouco as supertici\u00f3ns&#8230;&#8221;. A obra \u00e9 un magn\u00edfico tratado de cultos praticados polos nosos antepasados e presentes nesas xuntanzas, tan destas datas, en torno \u00f3 animal lume.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Se acoden a un vello caseir\u00f3n de granito e pizarra, para despedir a noite de San Silvestre, proben interpretar o alarido do can asilvestrado, o chirrido da le\u00f1a verde queim\u00e1ndose, procuren a sombra do vello carballo \u00e1 luz  da l\u00faa, non lles neguen calor \u00e1s \u00e1nimas tiritando de fr\u00edo. Pola mi\u00f1a parte, lavarei as mi\u00f1as mans con augas santas que brotan de Santa Mar\u00eda de Lieiro<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(Trad. de A. Gregorio) Hai moitos lugares no noso pa\u00eds, ermidas e santuarios, relacionadas con fontes e nacentes con augas que te\u00f1en -dalg\u00fan xeito- reco\u00f1ecidas propiedades curativas. Podemos mesmo incorporar unha serie de elementos m\u00e1xicos que conforman un totum revolutum con eses conxuntos, frecuentados por devotos, ofrecidos, fieis, crentes, etc., e que te\u00f1en moito que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[14],"class_list":["post-5975","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-pablo-mosquera"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5975","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5975"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5975\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5975"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5975"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5975"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}