{"id":5972,"date":"2017-01-02T19:27:00","date_gmt":"2017-01-02T18:27:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:42:06","modified_gmt":"2024-11-12T12:42:06","slug":"casa-brasonada-da-rua-da-atalaia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/01\/02\/casa-brasonada-da-rua-da-atalaia\/","title":{"rendered":"CASA BRASONADA DA R\u00daA DA ATALAIA. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>Baixando desde a Praza de Abaixo pola R\u00faa Trinidad, o fondo, torcendo a man dereita para subir a capela, est\u00e1 a r\u00faa da Atalaia. A primeira casa, a dereita, \u00e9 a magn\u00edfica <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2007\/09\/casas-de-indianos-en-ribadeo-xix-casa_18.html\">Casa Indiana de D\u00aa Panchita Acevedo<\/a>. Enfronte, pintada de cor marelo escuro est\u00e1 a casa onde viv\u00eda o noso ben recordado veci\u00f1o Manol\u00edn de Peruxo, casa tam\u00e9n brasonada da que falaremos nun pr\u00f3ximo artigo, e un pouco m\u00e1is arriba, pegada o atrio da capela, est\u00e1 a Casa de Prelo en cuxa fachada presenta a pedra armeira que hoxe nos atinxe (foto). Esta casona co\u00f1\u00e9cese como dos Prelo, posiblemente por ser, ou por haber sido, dos familiares da Casa dos Gonz\u00e1lez de Prelo ou de D. Diego Su\u00e1rez de Prelo (ano 1587) do concello de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Boal\">Boal<\/a>.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiunnfyMmIxMgT-jWCwy3oNEl71tFOnxYARoWSFZVo_eJ8HyK-JnL_EpKqiymiSd3OTnon6cpb29q2WmBfZKTqQZhPVf3H-RQBXDmrzR0baXnv4HFRTFRBZhuvjZcspuV-xqfDDpQ\/s2048\/escudo+casa+de+Prelo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiunnfyMmIxMgT-jWCwy3oNEl71tFOnxYARoWSFZVo_eJ8HyK-JnL_EpKqiymiSd3OTnon6cpb29q2WmBfZKTqQZhPVf3H-RQBXDmrzR0baXnv4HFRTFRBZhuvjZcspuV-xqfDDpQ\/s2048\/escudo+casa+de+Prelo.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>A labra esta realizada sobre unha pedra cadrada de m\u00e1rmore branco e enmarcada por pedras de canter\u00eda rectangulares. Consta dunha bordura xeral onde malamente se poden ler algunhas letras da lenda, empezando por abaixo a esquerda: \u201cARMAS.(en punta); Y BLASON&#8230;(flanco destro); DE PEDRO GONCALEZ(?) (en xefe); DE &#8230;COP..AI\u00ba.S\u201d (flanco sinistro), o cal, fai dif\u00edcil a identificaci\u00f3n xeneal\u00f3xica, e tampouco ten gravada unha data de execuci\u00f3n que puidera ser esclarecedora.<br \/>\nNo campo desta pedra armeira aparecen unha serie de adornos sim\u00e9tricos en forma de cinta adentada, que realzan as figuras dun bras\u00f3n nobiliario: un cabaleiro montado a cabalo, cara a sinistra, con armadura e casco sen visera, tipo borgo\u00f1ota con penacho, lanza en riste (baixo o brazo), alanceando un animal, que parece un c\u00e9rvido femia esvelto e de longa cola. A escena ocorre fronte a unha \u00e1rbore de copa arredondada (un teixo) e arrancada ou desenraizada (unha \u00e1rbore \u00e1 que se lle ven as ra\u00edces de fora).<\/p>\n<p>Se por un intre nos remontamos a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Mitolox%C3%ADa_grega\">Mitolox\u00eda Grega<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Mitolox%C3%ADa_romana\">Romana<\/a> poderemos ver certas similitudes nos gravados dos seus mitos e lendas con alg\u00fans dos bras\u00f3ns da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Baixa_Idade_Media\">baixa Idade Media<\/a>. \u00c9 l\u00f3xico pensar que para idear un bras\u00f3n descritivo dun feito heroico ou dunha escena campestre, os artistas gravadores da Idade Media se inspiraran en dese\u00f1os debuxados nos pergami\u00f1os dos mosteiros ou nos gravados das \u00e1nforas, urnas, conxios, cotilas ou calquera outro tipo de pote cer\u00e1mico decorado, e trasladaran a idea \u00e1s escenas dos seus tempos. Neste caso, o bras\u00f3n asem\u00e9llase as ilustraci\u00f3ns do mito de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Belerofonte\">Belerofonte<\/a>, neto de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%ADsifo\">S\u00edsifo<\/a> que matou \u00e1 <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Quimera_%28mitolox%C3%ADa%29\">Quimera<\/a> montado sobre o cabalo alado <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Pegaso\">Pegaso<\/a>, nacido da sangre de <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Medusa_%28mitolog%C3%ADa%29\">Medusa<\/a>. Este comentario, sirva s\u00f3 de apunte do arte, pois puidera ser motivo de investigaci\u00f3n e estudio aparte.<\/p>\n<p>Segundo as figuras do campo parece ser un dos bras\u00f3ns dos Valledor. En Ribadeo hab\u00eda tres casas brasonadas dos Valledor (hoxe quedan d\u00faas), con tres escudos de armas distintos, de dous dos cales, nos ocupamos neste artigo, e do outro nun pr\u00f3ximo.<\/p>\n<p>Revisando os arquivos da Chanciller\u00eda de Valladolid, cremos que esta casa da R\u00faa Atalaia, pertenceu a D. Pedro Gonz\u00e1lez Navia y Valledor do val de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Allande\">Allande<\/a> (Asturias), ou a alg\u00fan dos seus sucesores, pois este se\u00f1or aparece no ano 1597 preiteando con D. Pedro Fern\u00e1ndez, cura, como herdeiro de D. Juan de Llano de Caldevilla sobre uns bens que comprou a D. Sancho de Ron y Osorio, xunto coa xurisdici\u00f3n, vasallos e rendas de Caldevilla (Asturias). As\u00ed mesmo, aparece en 1715, preito de D\u00aa. Ana Fern\u00e1ndez de Boal contra outro D. Pedro Gonz\u00e1lez Navia, e nunha data m\u00e1is pr\u00f3xima, en 1818, hai executoria do preito litigado por D. Pedro Gonz\u00e1lez Trelles y Valledor, veci\u00f1o de Avil\u00e9s, con D. Antonio Suera y Trelles sobre unha entrega de bens.<\/p>\n<p>Esta antiga casona, pola magn\u00edfica situaci\u00f3n sobre a paisaxe da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/r%C3%ADa\">R\u00eda de Ribadeo<\/a>, e pegada o atrio da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2016\/08\/escudo-de-ribadeo-ii-francisco-jose.html\">Capela da Atalaia<\/a>, ten t\u00f3dalas trazas de ter sido a casa familiar dalg\u00fans dos membros desta familia que seguramente se ocupaban nalg\u00fan negocio do Comercio Mar\u00edtimo de Ribadeo, ou onde pasaban grandes tempadas da s\u00faa vida gozando a diario da r\u00eda: ba\u00f1\u00e1ndose na <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2015\/12\/portum-iulianum-porcillan-articulo-de.html\">praia de Cabanela<\/a>, pescando, mariscando, velexando ou zaleando dun lado para outro.<\/p>\n<p>\u00c9 unha pena a desgraciada e mal cualificada restauraci\u00f3n externa que, o noso entender, lle fixeron a esta preciosa casona, pois aquelas magn\u00edficas fiestras, balconadas e portal\u00f3ns dos d\u00edas de esplendor desapareceron. Non queremos nin pensar, que ser\u00eda daqueles alongados sal\u00f3ns interiores, daquela largu\u00edsima mesa de comedor onde os faladoiros da sobremesa duraban horas, daquela ampl\u00edsima coci\u00f1a con escudo nobiliario sobre a cheminea&#8230;! En fin!<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhTXx6i_JiAQqOz_Jxgyy2GJpuE2quOIumnF325TAuzpPYY-uuxp7qeR1DsI2N6jWNsYBH46ktPR3jPsW3vv3LvapsEPq5kFKb6ZSUkqtOd2Y6hH18TklF_58hk5bDmfKUKUKokDQ\/s2048\/escudo+tomado+de+Paco+Lanza.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhTXx6i_JiAQqOz_Jxgyy2GJpuE2quOIumnF325TAuzpPYY-uuxp7qeR1DsI2N6jWNsYBH46ktPR3jPsW3vv3LvapsEPq5kFKb6ZSUkqtOd2Y6hH18TklF_58hk5bDmfKUKUKokDQ\/s2048\/escudo+tomado+de+Paco+Lanza.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Outro antigo escudo de armas dos Valledor (debuxo, tomado do Ribadeo Antiguo de Francisco Lanza, p\u00e1x. 108 en diante) desaparecido de Ribadeo a primeiros da d\u00e9cada de 1970-80, cremos que o levaron para o Museo de Lugo cando se derrubou a casa de D. Xusto Barreiros que estaba na esquina da Praza de Espa\u00f1a, \u00f3 comezo da R\u00faa de Figueir\u00faa, hoxe R\u00faa de Bos Aires.<\/p>\n<p>Segundo a ilustraci\u00f3n debuxada por D. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Amando_Su%C3%A1rez_Couto\">Amando Su\u00e1rez Couto<\/a>, \u00e9 un escudo cortado, ou as\u00ed parece, a\u00ednda que pode ser un s\u00f3 campo cunha escena en perspectiva, timbrado cun casco de fidalgo mirando a destra. Consta das seguintes figuras e mobles: un castelo de pedra de tres torres, entre as cales, sobre o adarve, asoma a cabeza dun home que asexa o campo. Adestrado dun teixo e sinistrado dunha flor de lis superada dunha estrela de oito puntas (en campo de gules, un teixo de sinople flanqueado por unha lis de ouro superada dunha estrela de prata). Abaixo, fronte o castelo, aparece unha escena de caza similar a da foto; neste caso, o cabaleiro est\u00e1 mirando a destra en actitude de lanzar un venabre ou unha xavelina a un oso ao que acosan un can e dous homes armados de lanzas (monteiros). \u00c1 sinistra un home, armado de lanza est\u00e1 sentado no chan e contempla a escena do campo. Tras do cabaleiro, \u00e1 sinistra, outro home porta unha caldeira coa man dereita e na esquerda debe ter(?) \u201cunha culler de madeira para revolver o pote\u201d. Na bordura p\u00f3dese parcialmente ler, comezando por xefe e flanco sinistro: \u201cEL SOLAR DEL BALLEDOR ES ANTIGVO DE GRAN BALOR CABALLEROS DESTE APELLIDO NO LO ECHEIS EN OLVIDO\u201d (o lema borrado, complet\u00e1molo na obra: Her\u00e1ldica de los Apellidos Asturianos, D. Francisco Sarandeses, Oviedo 1994, p\u00e1x.367)<\/p>\n<p>As ramas xeneal\u00f3xicas desta familia, emparentan cos Arias de Lugo, cos Pose de Betanzos, e cos Sotelo e cos Gonz\u00e1lez de Carvajal de Viveiro. A rama familiar deste escudo do Ribadeo Antiguo (debuxo) parece ser a de D. Pedro Fern\u00e1ndez Valledor, casado con D\u00aa Mar\u00eda Pardo de Ulloa y Losada (hai un preito de 1656 litigado por D\u00aa Maria, vi\u00fava) cuxo fillo, D. Xacinto Valledor y Lavega, capit\u00e1n, casado con D\u00aa Sabela de Lamas Vaamonde de Andrade e Montenegro, tiveron por fillo a D. Garc\u00eda-Manuel Valledor Presno Llamas Montenegro (hai un preito de 1698), capit\u00e1n tam\u00e9n, casado con D\u00aa Catalina Trelles e Villaamil, cuxo fillo D. Xacinto Valledor e Presno, capit\u00e1n, estaba casado con D\u00aa Mariana Raim\u00fandez Pardo Osorio Miranda e Azcuedo, e o seu fillo, D. Garc\u00eda-Francisco y Presno, se\u00f1or de Montealegre, casou con D\u00aa Melchora Queipo de Llano&#8230; (Blasones y Linajes de Galicia, D. Xos\u00e9 Crespo del Pozo do Mosteiro de Poio, Tomo V)<\/p>\n<p>\u00bfComo \u00e9 posible que se estea perdendo sistematicamente tanto patrimonio hist\u00f3rico de Ribadeo? &#8230;os <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2015\/09\/descubrindo-algun-libro-de-ribadeo-en.html\">castros do concello<\/a>, o xacemento de Louselas, os pecios afundidos na R\u00eda de Ribadeo, a propia R\u00eda colmatada de area a causa de tanta obra civil mal pensada&#8230; se permitan demoler casonas hist\u00f3ricas de Ribadeo, como o Colexio S. Clemente, a Casa de Villamil no Xard\u00edn, a casa de Leopoldo Boado en Figueir\u00faa&#8230;.e se cambien por vulgaridades totalmente fora de todo entendemento patrimonial? Incluso lles apetece agora levarse por diante \u201caeternum\u201d a Illa Pancha e o seu Faro a catro empresarios, pero&#8230; \u00bfa qu\u00e9 intereses espurios est\u00e1n vendidas as \u201cnosas autoridades\u201d que sen ruborizarse un cent\u00edmetro da s\u00faa cara permiten e firman estas obras? \u00bfNon fomos capaces nin os ribadenses, nin os galegos de votar a ningu\u00e9n con raciocinio dabondo como para non hipotecar con estas absurdas resoluci\u00f3ns o nosa esencia de ser? Porque, non nos chamemos a engano, machacado o patrimonio e cegada como est\u00e1 a R\u00eda e Porto de Ribadeo, para barcos de 5000 Tm a 10 000 Tm para abrirnos \u00f3 Comercio Mar\u00edtimo transoce\u00e1nico que foi desde sempre o motor de riqueza de Ribadeo \u00bfqu\u00e9 facer? \u00bfseguir emigrando de Ribadeo? \u00bfNon lles importa a estas \u201cautoridades de traballo eventual\u201d o futuro dos seus propios fillos? Traballar por e para eles, baixo as condici\u00f3ns que sexan, onde sexa e como sexa, para crialos e estudalos, para que logo te\u00f1an que atopar traballo en A Coru\u00f1a, Bilbao, Madrid, C\u00e1ceres, Hamburgo, Londres ou Nova York e que ve\u00f1an \u00e1 casa s\u00f3 nas Festas do Nadal. \u00bfToda unha vida dedicada a traballar, para \u00f3 final, votar \u00f3s fillos da casa&#8230;? \u00a1tendo Ribadeo tant\u00edsimo potencial econ\u00f3mico de riqueza, desprezado e tirado pola borda un d\u00eda tras doutro! \u00a1que pena! \u00bfnon?.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Baixando desde a Praza de Abaixo pola R\u00faa Trinidad, o fondo, torcendo a man dereita para subir a capela, est\u00e1 a r\u00faa da Atalaia. A primeira casa, a dereita, \u00e9 a magn\u00edfica Casa Indiana de D\u00aa Panchita Acevedo. Enfronte, pintada de cor marelo escuro est\u00e1 a casa onde viv\u00eda o noso ben recordado veci\u00f1o Manol\u00edn [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5972","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5972","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5972"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5972\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5972"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5972"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5972"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}