{"id":5958,"date":"2017-01-23T20:54:00","date_gmt":"2017-01-23T19:54:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:41:38","modified_gmt":"2024-11-12T12:41:38","slug":"escudo-de-armas-da-rua-atalia-francisco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/01\/23\/escudo-de-armas-da-rua-atalia-francisco\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE ARMAS DA R\u00daA ATALAIA. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEik8nlZWUMv0Nuinorx8yv7kbsmFAa_vm6i1qyz1Wyob3xxZ0gpXIiyqqc80uf9dm7yhM_WYL17pDHjM-R7AA9ZgSBP-5gl7j_hiban21sJHz8VyRJQQ763hNgp2fnjueWQPKVx_A\/s2048\/Escudo+de+armas+r+Atalaia+1.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEik8nlZWUMv0Nuinorx8yv7kbsmFAa_vm6i1qyz1Wyob3xxZ0gpXIiyqqc80uf9dm7yhM_WYL17pDHjM-R7AA9ZgSBP-5gl7j_hiban21sJHz8VyRJQQ763hNgp2fnjueWQPKVx_A\/s2048\/Escudo+de+armas+r+Atalaia+1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Na r\u00faa Atalaia, situada o fondo da r\u00faa Trinidad, nunha casa pintada de cor marelo escuro, onde viviu o ben recordado veci\u00f1o Manol\u00edn de Peruxo e s\u00faa dona D\u00aa Maruja Mir, na fachada principal est\u00e1 este deteriorado escudo espa\u00f1ol (foto supra) e case destru\u00eddo, que pola forma dos cortes transversais na bordura e nos marcos de divisi\u00f3n, as\u00ed como nas figuras, parece que foron golpes de cicel ou de alcotana dados adrede, non sabemos por qu\u00e9, pero quizais nalg\u00fan episodio do reinado de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carlos_IV_de_Espa%C3%B1a\">Carlos IV<\/a> (1788-1808), de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xos%C3%A9_I_de_Espa%C3%B1a\">Jos\u00e9 I<\/a> (Pepe Botella) (1808-1813) ou de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fernando_VII\">Fernando VII<\/a> (1813-1833) relacionado coas brutalidades vand\u00e1licas e sanguinarias habidas en Ribadeo durante a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Guerra_da_Independencia_espa%C3%B1ola\">Guerra da Independencia<\/a> (1808-1813). As figuras representan <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/01\/casa-brasonada-da-rua-da-atalaia.html\">armas dos Valledor<\/a> (ver outros Balledor de Ribadeo en La Comarca del Eo, 14-Xaneiro-2017 e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/01\/casa-brasonada-da-rua-da-atalaia.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">en Ribadeando<\/a>) e est\u00e1 timbrado cun casco de fidalgo de tres li\u00f1as paternas e maternas, situado de perfil mirando a destra, visera aberta levantada, e a parte inferior baixada, v\u00e9ndose moi malamente tres grilletas correspondentes a s\u00faa li\u00f1axe de tres li\u00f1as. O conxunto, casco e gola, est\u00e1 claramente desprazado un terzo, cara o cant\u00f3n sinistro do xefe ou parte alta, sobre a filiera ou bordura diminu\u00edda do contorno.<br \/>\nO adorno exterior consiste nun penacho de d\u00faas plumas sobre o casco e uns sinxelos e curtos lambrequines que caen lateralmente a ambos flancos do campo. Est\u00e1 datado no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1774\">1774<\/a>, gravado na esquina destra baixa da pedra armeira.<\/p>\n<p>Este escudo da Atalaia descr\u00edbese como: cortado de d\u00faas li\u00f1as e semipartido de outras d\u00faas. O campo esta cuartelado en sete cuarteis: tres en xefe, tres en faixa e un en campa\u00f1a (parte baixa ou punta, tanxente o borde inferior e dun terzo da altura do campo).<br \/>\nOs mobles ou figuras do seu campo, est\u00e1n moi desfeitas e case indescifrables, pero neste caso, temos a gran sorte de poder valernos para a s\u00faa identificaci\u00f3n da gran profusi\u00f3n de armas que presenta o magn\u00edfico e ben conservado escudo da Casa dos Valledor de Castropol (foto baixo), pois ambos escudos parecen ser de familias con parentesco de consanguinidade.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEipiyO_HCoaW5c7Av0xAx87cZcWQJBFuF2CMUHVtL32rcNZTo0kNvpjvQg_rG4HOa2YlXk743Z4nq7UGCr6LKJbsGvDovfq0lMUW4aTFCCr0HIbM-ZnlUTKpMk9b75GjmrUbaSfXw\/s2048\/Escudo+de+armas+r+Atalaia+2.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEipiyO_HCoaW5c7Av0xAx87cZcWQJBFuF2CMUHVtL32rcNZTo0kNvpjvQg_rG4HOa2YlXk743Z4nq7UGCr6LKJbsGvDovfq0lMUW4aTFCCr0HIbM-ZnlUTKpMk9b75GjmrUbaSfXw\/s2048\/Escudo+de+armas+r+Atalaia+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Pormenorizando \u00e1mbolos dous, atop\u00e1moslles unha moi curiosa semellanza: Os seis primeiros cuarteis do escudo da r\u00faa da Atalaia, te\u00f1en as mesmas figuras simples (armas puras) que os tres primeiros cuarteis do escudo de Castropol onde se presentan as figuras dobres (labras matrimoniais da familia).<\/p>\n<p>Vexamos. No primeiro cuartel do escudo da r\u00faa da Atalia, aparece unha \u00e1rbore. No primeiro cuartel do escudo dos Valledor, na parte alta, tam\u00e9n aparece unha \u00e1rbore e na parte inferior do mesmo cuartel, un home e un can perseguen a un oso pasante a sinistra perto dunha \u00e1rbore sinistrada. Pois ben, no cuarto cuartel do escudo da Atalaia, moi desdebuxado, aparece tam\u00e9n un oso pasante a sinistra. As demais figuras, si acaso as houbera, est\u00e1n irreco\u00f1ecibles.<\/p>\n<p>No segundo cuartel do escudo da Atalaia, reco\u00f1\u00e9cese moi desfeito, un soldado con lanza \u00e1 sinistra, e parece como que o brazo dereito t\u00e9\u00f1ao levantado. No segundo cuartel do escudo de Valledor, na parte alta, aparece un cabaleiro con espada envai\u00f1ada a sinistra que pasa por detr\u00e1s da figura e a punta sa\u00edndolle por destra e est\u00e1 empu\u00f1ando coa man destra unha lanza alta (vertical coa punta arriba). Na parte inferior un castelo con tres torres, e da central de maior tama\u00f1o ou de homenaxe, sae o corpo dunha aguia coas \u00e1s despregadas. No escudo da Atalaia, no quinto cuartel vese claramente unha torre donjonada con torre de homenaxe e perc\u00edbense as \u00e1s dunha gran aguia. Parecen ser as primitivas armas dos Alvarado (familia que aparece implicitamente en Ribadeo, como veremos nun pr\u00f3ximo artigo, no escudo da Capela de \u00c1nimas e da Virxe do Carmen da igrexa parroquial de Sta. Mar\u00eda do Campo), pero tam\u00e9n puidera ser o bras\u00f3n dos Moure ou dos Artaza (apelido vasco procedente de G\u00f3rliz, Bilbao). Faltan os esmaltes para precisalo.<\/p>\n<p>No terceiro cuartel do escudo da Atalaia, tam\u00e9n moi desfeito, unha flor de lis surmontada dunha estrela (unha lis de ouro superada dunha estrela de prata) que son armas puras dos Valledor. No terceiro cuartel do escudo dos Valledor (foto 2) hai unha flor de lis surmontada dunha estrela de oito puntas, e na parte inferior, un home remexe o contido dunha caldeira o lado dun estandarte ou insignia militar de d\u00faas puntas ou zarpas, fincada no chan. No sexto cuartel do escudo da Atalaia, tam\u00e9n aparece, bastante reco\u00f1ecible, un home corpulento con ampla \u201cfalda\u201d que porta, ou remexe, unha caldeira coa man destra e a s\u00faa sinistra hai unha oriflama de d\u00faas puntas fincada no chan. Estas figuras, parecen ser moi propias dos Valledor, reflectidas tam\u00e9n nas dos escudos dos Balledor de Ribadeo descritas no artigo \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/01\/casa-brasonada-da-rua-da-atalaia.html\">Casa Brasonada da R\u00faa da Atalaia<\/a>\u201d publicado en La Comarca del Eo do 14-Xaneiro-2017. (Nota: a graf\u00eda \u201cBalledor\u201d, aparece no escudo que hab\u00eda na r\u00faa Buenos Aires de Ribadeo e \u201cValledor\u201d no escudo de Castropol. Ambas parecen ser a mesma palabra: \u201cbale\u201d ou \u201cval\u201d, pero etimoloxicamente o seu significado poder\u00eda cambiar, pois mentres un significar\u00eda: \u201ca persoa que ampara ou auxilia a outra\u201d (baledor, valedor), outro ser\u00eda: \u201cval do ouro\u201d (Balledor, Valledor, Valadouro). Ser\u00eda caso de estudio dun ling\u00fcista.<\/p>\n<p>Na campa\u00f1a ou s\u00e9timo cuartel do escudo da Atalaia, vese claramente \u00e1 sinistra do escudo unha torre ameada donjonada cunha torreci\u00f1a de homenaxe (que ten outra pequena torre sobre dela, que representa a casa onde viv\u00eda o se\u00f1or). Est\u00e1 cargando sobre o que parece unha gran asta de bandeira inclinada a destra, e situada sobre algo grande (unha roca, un penedo, un terrasado). Estas figuras semellan ser armas dos Lavandeira de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sante,_Trabada\">S. Xuli\u00e1n de Sante, Trabada<\/a> (en campo de azur unha torre de ouro da que sae unha bandeira de azur sobre un terrasado de sinople (unha figura de cor verde, que representa o chan). Pero puideran ser armas dos Xusto emparentados cos Malvar e cos Acu\u00f1a (en campo de ouro, unha torre de gules, da que sae unha bandeira de gules, inclinada cara o cant\u00f3n destro do xefe). A torre est\u00e1 adestrada dun contorno desfeito, no que parece verse un home totalmente tombado no chan e outro de p\u00e9 con adarga no brazo esquerdo e espada no brazo dereito levantado como para ir asestar un golpe; unha escena parecida a do escus\u00f3n dos Valledor (foto2).<\/p>\n<p>Na campa\u00f1a do escudo da Atalaia as figuras dan p\u00e9 a variadas interpretaci\u00f3ns xeneal\u00f3xicas, das que procuramos encontrar a m\u00e1is probable, a\u00ednda que, \u00f3 mellor, non sexa a m\u00e1is acertada. D. Juan Garc\u00eda Lavandeira Miranda, de San Xuli\u00e1n de Sante, en 1702 est\u00e1 casado con D\u00aa Antonia Berm\u00fadez Santiso, filla de D. Juan Bernardo Lavandeira Santiso e de D\u00aa Jacinta Berm\u00fadez Santiso, empadroados como nobres en Sante e en San Juan de Pi\u00f1eira de 1702 a 1759. Seu fillo D. Manuel Lavandeira Miranda casa con D. Antonia Berm\u00fadez Monjard\u00edn e Lastra, de <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Piant%C3%B3n\">Santo Estevo de Piant\u00f3n<\/a>, empadroados como nobres desde 1750 a 1802 (Blasones y Linajes de Galicia, D. Jos\u00e9 S. Crespo del Pozo, Volumen III, p\u00e1x.151)<\/p>\n<p>O escudo da r\u00faa da Atalaia, non ten m\u00e1is cuarteis que describir, pero no escudo dos Valledor de Castropol hai varios m\u00e1is, que pasamos a completar por non deixalo a medias. No cuarto cuartel,vense dous lobos andantes a sinistra en pau, sobre unha arbore entre aspas. Semellan as moi antigas armas dos Cr\u00fa(z) Montenegro de Barrag\u00e1ns de Pontevedra.<\/p>\n<p>O quinto cuartel, un escus\u00f3n das armas dos Ybias, con bordura na que se pode ler o lema: \u201cYBIAS YBIAS (en xefe); DIOS (flanco sinistro); ME A (en punta); YVDE (flanco destro) (\u201cYBIAS, YBIAS DIOS ME AYUDE\u201d) intercalado entre oito aspas. As figuras do bras\u00f3n son: en xefe, un torre\u00f3n redondo de d\u00faas ameas, sinistrado dunha figura posiblemente unha brisura, e en punta, un cabaleiro armado na man destra cunha espada ou cun l\u00e1tego que serpentea no aire a s\u00faa sinistra, en cuxa man porta unha adarga e est\u00e1 atacando a outro home case derrubado (sentado) no chan que se escuda do ataque cunha adarga na dereita e na esquerda apoiada no chan, rende o que parece unha espada desenvai\u00f1ada. O lado destro do cabaleiro en p\u00e9, hai unha estrela, posiblemente brisura correspondente o bras\u00f3n dun fillo terceiro.<br \/>\nNa Her\u00e1ldica, o escus\u00f3n representa o coraz\u00f3n do escudo, e era unha peza que conced\u00eda un soberano por algunha faza\u00f1a merecente dun bras\u00f3n que cargue sobre o todo (como parece neste caso). Anotemos, como curiosidade, que algunhas veces, o escus\u00f3n era un distintivo amoroso, pois a mi\u00fado nos torneos ou lizas, o cabaleiro colocaba no centro do escudo unha sinal ou unha cor distinta que s\u00f3 pod\u00eda ser comprendida pola dama por quen suspiraba (Ciencia del Blas\u00f3n C\u00f3digo Her\u00e1ldico Hist\u00f3rico, D. Modesto Costa y Turell, 1858)<\/p>\n<p>No sexto cuartel dos Valledor de Castropol, unha torre redonda de cinco ameas, donjonada doutra torre de homenaxe tam\u00e9n de cinco ameas, a cuxo arredor hai sete anilletes, un surmontando \u00e1mbalas torres, tres e tres en flancos e un m\u00e1is dentro do portal\u00f3n da torre baixa. Son armas dun bras\u00f3n desco\u00f1ecido, quizais dun quinto fillo con anillete na brisura.<\/p>\n<p>No s\u00e9timo cuartel do escudo de Castropol, na parte alta do xefe, hai unha figura quim\u00e9rica alada. Poden ser armas de Reboreda ou o grifo alado dos Arriba que esta bot\u00e1ndolle a pata destra a un home encarado que empu\u00f1a un l\u00e1tego que arrastra polo chan. Abaixo un aguia volante ou de \u00e1s estendidas, mirando a sinistra, que puidera ser dos Aguiar ou dos Pardo.<\/p>\n<p>No oitavo cuartel da campa\u00f1a partida (cant\u00f3n sinistro da punta, foto 2) hai unha torre mocha (sen nada encima) con catro lanzas altas (punta arriba), d\u00faas a cada lado do port\u00f3n (parece un dos variados bras\u00f3ns das armas dos Lanz\u00f3s). Esta torre est\u00e1 superada por unha ponte de tres ollos, en cuxo centro hai unha \u00e1rbore acompa\u00f1ada en xefe por d\u00faas aspas (semellan parte das armas de Pi\u00f1eiro de Ulloa, marqu\u00e9s de Benda\u00f1a. Quizais os apelidos \u201cPi\u00f1eiroa\u201d e \u201cPi\u00f1eyr\u00faa\u201d sexan a contracci\u00f3n de Pi\u00f1eiro de Ulloa ou de Pi\u00f1eiro y R\u00faa, e este bras\u00f3n sexa o que lle corresponda a tal li\u00f1axe de carpinteiros de ribeira, alg\u00fans deles construtores de barcos de madeira no estaleiro da Li\u00f1eira durante o s\u00e9culo XIX).<\/p>\n<p>\u00d3 noso parecer, o escudo da Atalaia \u00e9 de anterior factura que o de Castropol, por estar cuartelado cos bras\u00f3ns individuais dalg\u00fans dos membros da familia nun determinado momento da s\u00faa historia, e o de Valledor de Castropol xa son as labras dos bras\u00f3ns matrimoniais. Temos que ter en conta que era moi frecuente entre familiares de reis e nobres a endogamia ou matrimonios entre persoas dunha mesma li\u00f1axe (primos carnais e segundos entre si, t\u00edos e t\u00edas con sobri\u00f1os, etc.). Esta era unha costume moi antiga que xa practicaban os hebreos, os fara\u00f3ns de Exipto, os Incas do Per\u00fa ou os aztecas de M\u00e9xico, con obxecto de conservar a \u201craza de pura sangue azul\u201d. Hoxe pract\u00edcase entre algunhas familias das altas finanzas, quizais m\u00e1is por motivos de confianza e afinidade de raciocinio, que \u201cde casta\u201d.<\/p>\n<p>Na <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Archivo_de_la_Real_Chanciller%C3%ADa_de_Valladolid\">Chanciller\u00eda de Valladolid<\/a> hai varios preitos dos Valledor de Asturias. En 1607 aparece un preito entre D. Arias Gonz\u00e1lez de Valledor y Navia xunto con D\u00aa Mar\u00eda Barrio, vi\u00fava de D. Diego Fern\u00e1ndez no concello de San Antol\u00edn de Ibias (Asturias) contra de D.Juan \u00c1lvarez del Aguila, D. Pedro de las Losas e D. Pedro L\u00f3pez, herdeiros de D. Gonzalo P\u00e9rez \/\/ En 1656, preito litigado por Pedro Garc\u00eda de Presno con Mar\u00eda Pardo de Ulloa, viuda de Pedro Fern\u00e1ndez de Valledor, veci\u00f1os de Castropol \/\/ En 1698 preito litigado por D. Garc\u00eda-Manuel Valledor y Presno, se\u00f1or das casas de Presno, veci\u00f1o de Castropol&#8230; etc.<\/p>\n<p>O escudo da r\u00faa da Atalaia carece de lema, pero na bordura alta dos Valledor de Castropol, podemos ler: \u201cEL SOLAR DEL VALLEDOR ES ANTIGVO I DE GRAN VALOR\u201d. Lema algo mais curto do que describ\u00eda o escudo da R\u00faa Buenos Aires de Ribadeo: \u201cEL SOLAR DEL BALLEDOR ES ANTIGVO DE GRAN BALOR CABALLEROS DESTE APELLIDO NO LO ECHEIS EN OLVIDO\u201d. O dicir ambos lemas do \u201cSOLAR\u201d, e m\u00e1is probable que Balledor, Valledor, queira dicir Valadouro, do lat\u00edn \u201cVallis\u201d ou \u201cvalles\u201d (feminino) ou simplemente se refira a \u201cCasa Solar ou Solariega\u201d, aquela m\u00e1is antiga da familia onde se mant\u00e9n ou mantivo a li\u00f1axe noble.<\/p>\n<p>Por outra banda, e tam\u00e9n como curiosidade, vemos que hai unha gran semellanza entre o adorno exterior do escudo dos Valledor de Castropol, e o adorno do escudo da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2016\/11\/casa-brasonada-da-rua-trinidad.html\">Casa de Agrelo da R\u00faa Trinidad<\/a>, antigo Colexio das Monxas da Caridade, sobre todo, na similitude da figura do sost\u00e9n: \u201ccon bodoques\u201d, que posiblemente foran feitos na mesma \u00e9poca, a primeiros do s\u00e9culo XIX, posteriores a 1774 factura do escudo da r\u00faa da Atalaia. Quizais \u00e1mbolos dous fosen realizados no taller dos mesmos artes\u00e1ns e \u00bfquen eran estes artes\u00e1ns do precioso e prezado arte de labrar a pedra e onde ti\u00f1an o taller?<\/p>\n<p>\u00a1Moitas inc\u00f3gnitas hai na Historia dos habitantes destas preciosas Terras de Ribadeo&#8230;! \u00bfpor qu\u00e9? \u00bfest\u00e1 oculta a sabiendas e non se da a co\u00f1ecer porque \u201cnon interesa\u201d?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na r\u00faa Atalaia, situada o fondo da r\u00faa Trinidad, nunha casa pintada de cor marelo escuro, onde viviu o ben recordado veci\u00f1o Manol\u00edn de Peruxo e s\u00faa dona D\u00aa Maruja Mir, na fachada principal est\u00e1 este deteriorado escudo espa\u00f1ol (foto supra) e case destru\u00eddo, que pola forma dos cortes transversais na bordura e nos marcos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5958","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5958","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5958"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5958\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5958"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5958"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5958"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}