{"id":595,"date":"2024-05-29T10:36:00","date_gmt":"2024-05-29T08:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T10:57:10","modified_gmt":"2024-10-23T08:57:10","slug":"turismo-e-marxinalidade-do-ven-o-non","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/05\/29\/turismo-e-marxinalidade-do-ven-o-non\/","title":{"rendered":"Turismo e marxinalidade: do &#8216;ven!&#8217; \u00f3 &#8216;non ve\u00f1as! (se non es acomodado)&#8217;"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\">\n<div class=\"separator\" style=\"clear: both; text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhc_zZ_OmCiblLqhyphenhyphenuf59fAQOwR2xSet_j-QVc5D_NqA_ilZiXCqRPEJl4_VxrZS3QDzVFFBFa36ctVfqZIpgOrKkBu7Ip-d4s_5k3KfpPCYPlFlsGaWFIVld6hYqUrwr1lT0Eb2Z4M-oz3Qp-424r8Wh5FKdExGJq6yC3Xuxg8IMa82V2I1TTfrQ\/s527\/umbrella%20in%20the%20black.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" border=\"0\" data-original-height=\"415\" data-original-width=\"527\" height=\"252\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/05\/umbrella20in20the20black.jpg\" class=\"wp-image-596\" width=\"320\" \/><\/a><\/div>\n<p>&nbsp;Turismo e marxinalidade: do &#8216;ven!&#8217; \u00f3 &#8216;non ve\u00f1as! (se non es acomodado)&#8217;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span> As reviravoltas da promoci\u00f3n, desenvolvemento e aproveitamento tur\u00edstico dan moito de si para comentar, estudar e (coido) mellorar, segundo os criterios que se elixan e os fins que se pretendan.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Agora mesmo, estes d\u00edas, remato de ver varias novas que indican cousas como que Espa\u00f1a anda na procura de viaxeiros de clase alta para &#8216;evitar a saturaci\u00f3n&#8217; (= ter m\u00e1is ingresos con menos viaxeiros), nova de eldiario.es. Ou como que \u00c1msterdam leva un ano tentando que os &#8216;viaxeiros ligados \u00e1 festa&#8217;, o &#8216;turismo m\u00e1is barato&#8217;, non vaia \u00e1 cidade, noticia de La Vanguardia, cun lema que, nese caso, \u00e9 claro: &#8216;Non ve\u00f1as!&#8217;. Cousas ambas que se poden traducir como unha &#8216;t\u00e1ctica Alcoa&#8217; no turismo (por po\u00f1erlle alg\u00fan nome): &#8216;deixa sitio, que non produces tantos beneficios&#8217;. Ou outras novas que pouco van salientando as voces que cuestionan o turismo no seu conxunto, as aglomeraci\u00f3ns que se producen en determinados momentos, a xentrificaci\u00f3n mesmo moitas veces imperceptible pero non por iso menos efectiva, as vivendas de uso tur\u00edstico co encarecemento do alugueiro e falta de espazos para alugar, o impacto medioambiental despreocupado mentres alg\u00fans te\u00f1an ganancias&#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Novas que informan de algo que quen o sufre ten moi sabido: o querer meter m\u00e1is e m\u00e1is turismo, sacar m\u00e1is e m\u00e1is beneficios, leva \u00e1 falta de poder de xesti\u00f3n racional do medio ambiente, falta de equidade econ\u00f3mica da zona, desprazamento da xente que sufre o fen\u00f3meno, etc.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>\u00c9 un fen\u00f3meno, que se chama moitas veces &#8216;turistificaci\u00f3n&#8217;, que se vai producindo nun e outro lugar, como se de contaxio dunha enfermidade contaxiosa se tratara. Hai zonas da xeograf\u00eda galega que van m\u00e1is adiantadas no proceso e te\u00f1en recibido m\u00e1is impacto, e outras que van m\u00e1is atrasadas ou que, sinxelamente non o sofren por quedar f\u00f3ra dos circu\u00edtos tur\u00edsticos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>A\u00ed entra a segunda palabra do t\u00edtulo: a marxinalidade, que pode ser entendida en m\u00faltiples xeitos. Marxinalidade dunhas zonas que quedan f\u00f3ra do desenvolvemento posible ou do desenvolvemento social. Marxinalidade de xente que queda \u00e1 marxe das consideraci\u00f3ns de servizos ou posibilidades que se fan mirando s\u00f3 \u00f3 turismo. Marxinalidade mesmo de consideraci\u00f3ns que quedan \u00e1 marxe, non sendo atendidas en favor doutras que son sobreatendidas ou miradas como \u00fanicas a atender. Marxinalidade tam\u00e9n de beneficios, na procura dese \u2018beneficio marxinal\u2019 unha vez externalizados, pasados a outros, todos os prexu\u00edzos. Marxinalidade que remata por sobresa\u00edr a pesar de que ser\u00eda case invisible, como tal estar \u00e1 marxe dun proceso hexem\u00f3nico que non mira m\u00e1is que cara adiante. Marxinalidade do propio territorio, visto como lateral a aquel de onde ve\u00f1en os turistas. E con iso, marxinalidade da poboaci\u00f3n local. Na versi\u00f3n \u2018ven\u2019, m\u00e1is punzantes algunhas delas. Na versi\u00f3n \u2018non ve\u00f1as\u2019, outras&#8230; Nun e outro caso, en xeral, marxinalidades como tal descoidadas, f\u00f3ra do foco, que parecen non existir sobre o papel a\u00ednda que sexan a realidade. E, polo tanto, \u00f3 non ter conta delas hoxe, con tendencia a seguir desco\u00f1ecidas e medrando.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;Turismo e marxinalidade: do &#8216;ven!&#8217; \u00f3 &#8216;non ve\u00f1as! (se non es acomodado)&#8217; &nbsp;&nbsp; &nbsp; As reviravoltas da promoci\u00f3n, desenvolvemento e aproveitamento tur\u00edstico dan moito de si para comentar, estudar e (coido) mellorar, segundo os criterios que se elixan e os fins que se pretendan. &nbsp;&nbsp;&nbsp; Agora mesmo, estes d\u00edas, remato de ver varias novas que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":596,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26,9],"class_list":["post-595","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/595","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=595"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/595\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/596"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=595"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=595"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=595"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}