{"id":5946,"date":"2017-02-04T09:19:00","date_gmt":"2017-02-04T08:19:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:41:19","modified_gmt":"2024-11-12T12:41:19","slug":"por-boca-do-alcalde-por-nuestro-faro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/02\/04\/por-boca-do-alcalde-por-nuestro-faro\/","title":{"rendered":"Por boca do alcalde. Por nuestro faro"},"content":{"rendered":"<p>Grazas, sr. alcalde, por facilitarnos o traballo. A alcald\u00eda fixo p\u00fablica o pasado d\u00eda 23 unha nota de prensa que asumimos plenamente e lle pedimos que lea como se fora dirixida por n\u00f3s para vde. Para facilitarlle o traballo, fixemos alg\u00fans comentarios:<\/p>\n<p>\u201c<em>Eu quero falar das inxustizas e do desamparo ao que moitas veces os cidad\u00e1ns (&#8230;) nos vemos abocados pola incomprensi\u00f3n ou polo inxusto desleixo que outras administraci\u00f3n ou outras instituci\u00f3ns fan sobre n\u00f3s<\/em>\u201d. Verbas dun representante do grupo \u2018Por Nuestro Faro\u2019 sobre como se est\u00e1 a levar todo o relacionado coa Illa Pancha desde as instituci\u00f3ns (concello inclu\u00eddo)? Si, claro. Mais a s\u00faa orixe \u00e9 outra. Son verbas postas en boca do alcalde na nota de prensa do d\u00eda 23 de xaneiro sobre como \u00e9 tratado o tema do alumeado na Ponte dos Santos. Inxusto desleixo. Si, totalmente de acordo.<\/p>\n<p>&#8220;<em>Pero que non se confundan todas elas porque n\u00f3s somos pequenos, pero cando a raz\u00f3n nos asiste non nos cala a boca ningu\u00e9n, nin o Rei nin o Defensor del Pueblo, que \u00e9 a quen me estou referindo<\/em>&#8220;. Non, co Rei non tratamos, pero xa se sabe, unha licenza po\u00e9tica\u2026 De novo, subscribimos o p\u00e9 da letra e podemos intercambiar as nosas palabras coas s\u00faas, que retratan moi ben o que est\u00e1 a suceder coa Illa Pancha, pero esta vez o alcalde de Ribadeo est\u00e1 \u00e1 outra beira.<\/p>\n<p>&#8220;<em>Hai un tempo lle enviamos un escrito da inxustiza que t\u00ed\u00f1amos (&#8230;) por quen ten que ser o titular desa infraestrutura, que \u00e9 o Ministerio de Fomento<\/em>&#8220;. Si, o Ministerio de Fomento, a traverso de Puertos del Estado, exerce a titularidade sobre o faro da Illa Pancha, poder que agora quere delegar nunha empresa privada. Tam\u00e9n este par\u00e1grafo retrata a situaci\u00f3n da illa Pancha. E tam\u00e9n son verbas do alcalde por un tratamento inxusto, queixas \u00f3 Defensor del Pueblo para denunciar ese tratamento. E tam\u00e9n, neste par\u00e1grafo, poderiamos meter \u00f3 concello de Ribadeo da beira escura.<\/p>\n<p>&#8220;<em>O Defensor del Pueblo, con sede en Madrid, contestounos literalmente por boca do que lle dixo o Ministerio de Fomento, sendo neste caso unha mera correa de transmisi\u00f3n e non un \u00f3rgano aut\u00f3nomo, independente e sobre todo xusto, que \u00e9 para o que foi creado<\/em>&#8220;. Aqu\u00ed non podemos facer totalmente nosas as palabras: o Defensor pediu datos, pero a\u00ednda non nos deu unha contestaci\u00f3n definitiva, e non sabemos se o far\u00e1 por boca do Ministerio de Fomento ou por boca da alcald\u00eda. Levamos desavantaxe.<\/p>\n<p>&#8220;<em>Me queda unha reflexi\u00f3n, \u00bfquen nos defende do Defensor?. En todo caso que saiban todos, as administraci\u00f3ns que est\u00e1n involucradas nesta infamia, que faremos o posible e que, antes que despois, obrigar\u00e9molos a que cumpran as s\u00faas obrigas<\/em>\u201d. Aplausos.<\/p>\n<p>Salvo por alg\u00fan detalle, cando fala de cousas concretas da Ponte dos Santos, a nota de prensa poder\u00eda estar redactada polo grupo \u2018Por Nuestro Faro\u2019 e contra Fomento e o Concello, en troques de estar feita polo alcalde de Ribadeo contra Fomento e o Defensor del Pueblo. Tal parece como se o subsconciente tivera fallado neste caso<\/p>\n<p>As citas est\u00e1n tomadas da <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2313&amp;lg=gal\">nova do concello de 23\/1\/2017 sobre o alumeado da Ponte dos Santos<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Grazas, sr. alcalde, por facilitarnos o traballo. A alcald\u00eda fixo p\u00fablica o pasado d\u00eda 23 unha nota de prensa que asumimos plenamente e lle pedimos que lea como se fora dirixida por n\u00f3s para vde. Para facilitarlle o traballo, fixemos alg\u00fans comentarios: \u201cEu quero falar das inxustizas e do desamparo ao que moitas veces os [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5946","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5946","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5946"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5946\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5946"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5946"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5946"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}