{"id":5938,"date":"2017-02-13T21:07:00","date_gmt":"2017-02-13T20:07:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:41:01","modified_gmt":"2024-11-12T12:41:01","slug":"escudo-da-quinta-da-vilavella-francisco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/02\/13\/escudo-da-quinta-da-vilavella-francisco\/","title":{"rendered":"ESCUDO DA QUINTA DA VILAVELLA. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjnKzBp8jayhhT7J5NElri8npzhi-qJPnBpa2HIVYe1LMVIZ8NtK11BLs9s_j6t_qTumvTzFC8Bnq9vJpuAcTkK_D2BdCK87MVJcyTSKbIcNfxigSbQAM-YZLh-MOXstcV4VWD-0g\/s2048\/escudo+da+quinta+da+vilavella.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjnKzBp8jayhhT7J5NElri8npzhi-qJPnBpa2HIVYe1LMVIZ8NtK11BLs9s_j6t_qTumvTzFC8Bnq9vJpuAcTkK_D2BdCK87MVJcyTSKbIcNfxigSbQAM-YZLh-MOXstcV4VWD-0g\/s2048\/escudo+da+quinta+da+vilavella.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>Este magn\u00edfico escudo de armas, \u00fanico no Concello de Ribadeo polo seu dese\u00f1o: cuadrilongo, apuntado en xefe, redondeado en punta e ensanchado na parte superior, caracter\u00edstica dos escudos de estilo ingl\u00e9s (Her\u00e1ldica y Derecho Nobiliario, Instituto Lu\u00eds de Salazar y Castro -C.S.I.C.-, Hidalgu\u00eda, Madrid 1961, p\u00e1x.113), estaba situado antigamente na fachada da casa da Quinta da Vilavella, co\u00f1ecida como a Casa de Gallardo, por ser os membros desta familia os que levaban ou arrendaban a propiedade, alpendres e casa, antes de ser demolida para facer a rotonda e a estrada de circunvalaci\u00f3n de Ribadeo, Vilavella- Pi\u00f1eira.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiEv4V_Fch-eScFdN8Ps31CmcKoZziTMY3QPSBlBdPmhgwFBl68ATlf3mksOnBy6L4lRIh6bv6DRh65_z-C0RR392vLc38uNO6KqZzW3kt7SeCwl3L8ev2U59DV71rHWrDbzJZGTQ\/s2048\/Costas+1991+vilavella.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiEv4V_Fch-eScFdN8Ps31CmcKoZziTMY3QPSBlBdPmhgwFBl68ATlf3mksOnBy6L4lRIh6bv6DRh65_z-C0RR392vLc38uNO6KqZzW3kt7SeCwl3L8ev2U59DV71rHWrDbzJZGTQ\/s2048\/Costas+1991+vilavella.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Situaci\u00f3n da casa, esquerda da foto, centrada (sinal triangular azul). Costas, 1991. http:\/\/fototeca.cnig.es\/<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Carece de timbre e de adorno exterior o campo, non est\u00e1 datado, pero si poden lerse na cartela os nomes dos bras\u00f3ns da s\u00faa orixe. Segundo se mira, na parte alta esquerda \u201cAGVIARES\u201d, na destra \u201cVIVERO\u201d, abaixo esquerda \u201cMARQUESES\u201d e abaixo dereita \u201cTEXEIROS\u201d.<\/p>\n<p>Esta cuartelado en cruz ou en catro cuarteis, e antes de continuar a descrici\u00f3n de cada un deles quixera apuntar a diferenciaci\u00f3n que existe entre bras\u00f3ns e labras. En Her\u00e1ldica o \u201cbras\u00f3n\u201d, son as armas lex\u00edtimas dun cabaleiro ou dunha familia recollidas nun memorial ou pergami\u00f1o, e son \u00fanicas para cada li\u00f1axe, pois son armas herdadas dos seus antepasados. En cambio, a \u201clabra\u201d, \u00e9 a reproduci\u00f3n her\u00e1ldica nunha pedra, xeralmente fincada na parede dunha casa, dun edificio ou gravada na l\u00e1pida dunha sepultura, e sole agrupar no mesmo contexto art\u00edstico varios bras\u00f3ns diferentes. Isto converte \u00e1 labra, nas Armas dunha Casa, que son unha sucesi\u00f3n de li\u00f1axes unidos por lazos de consanguinidade e afinidade, que \u00f3 longo de xeraci\u00f3ns moraron en determinada vivenda (Her\u00e1ldica, Genealog\u00eda y Nobiliaria, Proyecto Galicia, Tomo LIV, Baixa Idade Media. Cap.1: Descrici\u00f3n e identificaci\u00f3n de pedras armeiras).<\/p>\n<p>Por outra banda, debemos facer notar, unha vez m\u00e1is, que na descrici\u00f3n her\u00e1ldica, a esquerda e a dereita, son a esquerda e a dereita do cabaleiro que empu\u00f1a o escudo, ambas contrarias a man do observador que est\u00e1 en fronte mirando cara a el.<\/p>\n<p>No primeiro cuartel, vemos unha labra que representa, a destra, unha aguia coroada e espraiada (de \u00e1s estendidas ou volante) sinistrada (que ten a esquerda) dunha torre donjonada cunha c\u00fapula rematada dunha gran cruz, en cuxo brazo ou hasta vertical ondea unha bandeirola de d\u00faas zarpas ou puntas (un estandarte de \u201cdrag\u00f3ns\u201d ou de infanter\u00eda e cabaler\u00eda lixeira). Cargadas na torre e apoiadas unhas noutras, hai catro e tres lanzas, e no chan, en primeiro plano cinco ou seis pir\u00e1mides pequeni\u00f1as.<\/p>\n<p>O conxunto da torre con c\u00fapula, remate da cruz e bandeirola, lanzas e pir\u00e1mides, parece a escena dun campamento cristi\u00e1n en Terra Santa, onde a torre ameada con c\u00fapula \u00e9 t\u00edpica de Xerusal\u00e9n e as \u201cpir\u00e1mides\u201d ou roquetes (figuras triangulares) simbolizan pequenas fogueiras ou as tendas de campa\u00f1a dos soldados, as\u00ed como, as lanzas parecen estar estibadas no campamento para ser usadas inmediatamente en calquera momento de alarma xeral ou de \u201czafarrancho\u201d de combate. Co marxe de dubida correspondente, parece a labra de dous bras\u00f3ns enlazados, por un lado, dos Aguiar (en campo de azur un aguia parda, volante, coroada e armada de ouro (armada = \u201ccoas garras\u201d de ouro, metal distinto \u00e1 cor do corpo) e por outra banda, as lanzas est\u00e1n labradas de forma tan evidente, que puideran estar falando de armas dos Lanz\u00f3s. Menos probable \u00e9, que as lanzas sexan estacas para constru\u00edr unha empalizada pois est\u00e1n aguzadas, o que ent\u00f3n ser\u00edan armas dos Valcarcel. De calquera das maneiras, ambos bras\u00f3ns est\u00e1n unidos por consanguinidade matrimonial ou de herdanza, ou por lazos de fraternidade entre cabaleiros, que como parece ser, foron xuntos as Cruzadas entre o s\u00e9culo XI e XIII.<\/p>\n<p>No segundo cuartel, un soldado de infanter\u00eda mirando sinistra, armado con alabarda en posici\u00f3n de ataque ou de defensa, pasante (que vai andando) por detr\u00e1s dun escudete similar \u00f3 principal, con cinco barras que non completan o recheo do campo, e sinistrado de tres \u00e1rbores folladas sobre mont\u00edculos e ondas de auga. As barras do escudete parecen armas dos Varela ou dos Villarme\u00e1 (Her\u00e1ldica, Genealog\u00eda y Nobiliaria, Proyecto Galicia, Tomo LV), e as \u00e1rbores folladas sobre mont\u00edculos e ondas de auga son armas dos Vivero ou dos Fajardo (P.G\u00e1ndara, Armas y Triunfos, 1677). No escudo partido das armas do apelido \u201cLugo\u201d, de D. Sancho Rom\u00e1iz de Lugo, constan estas armas primitivas dos Fajardo na primeira partici\u00f3n, e na segunda partici\u00f3n outras dos Vivero (unha cruz angulada de catro espigas de ouro) armas que ga\u00f1ou na batalla das <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Batalla_das_Navas_de_Tolosa\">Navas de Tolosa<\/a>, 16 de Xullo de 1212, \u00e1s ordes do rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_VIII_de_Castela\">Afonso VIII<\/a> contra as tropas do ex\u00e9rcito almohade de <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Muhammad_an-Nasir\">Miramamol\u00edn<\/a>.<\/p>\n<p>No terceiro cuartel, en xefe, un lis centrado e no cant\u00f3n sinistro un crecente ranversado algo tornado (coas puntas cara abaixo e un pouco mirando a destra) superando catro estrelas de seis puntas, a central no interior do crecente \u00e9 m\u00e1is grande c\u00e1s tres adxacentes (parecen ser do bras\u00f3n dos Luaces de Viveiro). Na figura central un home con vestimenta folgada en cuxa \u201ccamisa mulida\u201d leva recosida unha cruz en relevo, pantal\u00f3n ancho e \u201cbombacho\u201d e calza botas ou polainas. Na man dereita porta un paxaro e na cabeza leva un gorro de pel de fur\u00f3n ou de esqu\u00edo. \u00bfEst\u00e1 o fur\u00f3n ou o esqu\u00edo vivo sobre a s\u00faa cabeza?. Mais ben parece estar vivo, pois apr\u00e9ciase que ten o rabo gordo levantado e parece ter o ollo aberto. A sinistra un can levantado e acolarado (con colar o pescozo), parece xogar coa man esquerda do home. A figura do home est\u00e1 cargada (sobre ou por diante) do que parece un arado romano, cuxa rella asoma pola s\u00faa dereita e pola sinistra aparece a rabela \u00bfapoiada nun soporte vertical?.<\/p>\n<p>Os motivos que aparecen neste cuartel son un misterio, debido a fantas\u00eda de quen os escolleu, e por faltar o memorial do bras\u00f3n, polo que s\u00f3 trataremos de interpretar o sentido representativo das figura ou pezas que vemos. O home parece ser un amante dos animais e semella estar entretido fac\u00e9ndolles festas ou amestr\u00e1ndoos. A s\u00faa indumentaria de campo denota unha profesi\u00f3n, como a de \u201cmontero\u201d, pero neste caso, faltan as bucinas ou trompetas de caza que \u00f3 representan na Her\u00e1ldica, polo que, m\u00e1is parece ser un \u201calima\u00f1ero real\u201d (de a\u00ed, a concesi\u00f3n deste bras\u00f3n do que parecen \u201carmas cargadas\u201d ou de merc\u00e9 dun soberano). O alima\u00f1ero, era quen se encargaba de cazar os animais que prexudicaban \u201co deporte\u201d da caza menor, utilizando animais amestrados como o can ou o fur\u00f3n, e preparaba reclamos artesanais dunha ou doutra arte, como a triqui\u00f1ola do paxaro na man, para atraer e atrapar os bexatos vivos que mataban as pombas, para logo adestralos para o arte da cetrer\u00eda. O lis pode representar \u00e1 flor do lirio ou ser imitaci\u00f3n dunha abella, insecto de onde prov\u00e9n a confusa orixe do xerogl\u00edfico do lis (Ciencia del Blas\u00f3n, D. Modesto Costa y Turell, 1853, p\u00e1x.104).<\/p>\n<p>No cuarto cuartel, \u00e1 destra unha \u00e1rbore (un teixo) cargada dunha torre adxurada (con porta e fiestras abertas) baixo a cal se ven as ra\u00edces da \u00e1rbore, e a sinistra unha aguia coroada, de \u00e1s espraiadas e \u201cescamada\u201d no centro do corpo. A \u00e1rbore e a torre son armas dos Texeiro. Noutros bras\u00f3ns das armas dos Texeiro, soamente est\u00e1 a \u00e1rbore \u00e1 destra, e sinistrada dunha torre surmontada dunha aguia de sabre (cor negro). Neste caso, a aguia vese como con \u201cescamas\u201d e par\u00e9cese m\u00e1is \u00e1 do bras\u00f3n dos Solarzano ou \u00e1 dos Azebedo de S.Fernando de Tui, onde D\u00aa Ana Azebedo y Vivero de Casta\u00f1\u00f3n viv\u00eda no ano de 1547.<\/p>\n<p>O escudo, no seu conxunto, parece que representa unha labra familiar da casa de D\u00aa Mar\u00eda Marquesa Pardo Lanz\u00f3s Aguiar e Montoto, dona e se\u00f1ora dos cotos de San Xuli\u00e1n de Cabarcos e Canedo, casada co capit\u00e1n D. Pedro Bravo de Oyos e Solarzano, de Reinosa (Santander). Un familiar, D. Gonzalo de Solarzano foi bispo de Mondo\u00f1edo (1567-1570) e o seu escudo de armas esta gravado no claustro da catedral baixo un capelo (sombreiro de bispo) e dous cord\u00f3ns caendo polos flancos do escudo, cada un con seis borlas. Durante o seu mandato, D. Gonzalo concedeu varios foros (contratos polo dominio directo dunha propiedade, pola que se pagaba unha renda anual) nas parroquias da bisbarra, un deles en Santalla de Vilausende en 1570.<\/p>\n<p>Na Chanciller\u00eda de Valladolid hai un preito que dura desde o ano 1498 o 1544 entre o Convento de San Francisco de Ribadeo, e D. Lope D\u00edez Tejeiro, veci\u00f1o de Ribadeo. Isto acredita a antig\u00fcidade da familia Texeiro en Ribadeo, ademais de darnos a entender un certo \u201cstatus\u201d ou posici\u00f3n social relevante, pois non cremos que calquera se puxera a preitear con membros da igrexa por aqueles tempos (\u00a1e nin agora tampouco!)<\/p>\n<p>Outros familiares deste escudo de armas son: O que foi se\u00f1or do val de Cabarcos D. Pedro Pardo de Aguiar casado con s\u00faa prima, D\u00aa Mar\u00eda Osorio de Aguiar unha das m\u00e1is nobres se\u00f1oras do Reino de Galicia que viv\u00eda en 1556. D\u00aa Mar\u00eda era filla de D\u00aa Mayor Basanta de Aguiar, se\u00f1ora da Casa-fuerte de Samarugo situada no monte Seivane da parroquia de Santiago de Samarugo (Vilalba). D\u00aa Mayor, estaba casada con D. Pedro \u00c1lvarez Osorio, fillo do primeiro matrimonio de D\u00aa Constanza de Castro (filla do Mariscal Pardo de Cela e de D\u00aa Sabela de Castro) con D. Galeor Osorio. D\u00aa Constanza casou en segundas nupcias con D. Fern\u00e1n Ares de Saavedra, fillo de D. Arias V\u00e1zquez de Saavedra de P\u00e1rraga e de D\u00aa Constanza L\u00f3pez de Saavedra.<\/p>\n<p>Encontramos outros familiares, na antedita Chanciller\u00eda, nun preito litigado en 1599, por D. Lope Ares Marqu\u00e9s, como marido de Teresa P\u00e9rez, veci\u00f1os de Ribadeo, co c\u00f3engo (can\u00f3nigo) D. Pedro Dom\u00ednguez de Trabada, da mesma veci\u00f1anza, como titor de D. Pedro Rodr\u00edguez de Trabada, e D. Gonzalo D\u00edez de Castropol e San Xuli\u00e1n, como marido de D\u00aa In\u00e9s P\u00e9rez de la Vega, veci\u00f1os de Castropol, sobre o testamento e herdanza de D. Fernando \u00c1lvarez de la Vega.<\/p>\n<p>Outros parentes aparecen nun Expediente de Probas do cabaleiro da orden de Carlos III, D. Pedro de Viveiro Pardo Teixeiro de Aquiar y Reigosa de Chao, natural de Mondo\u00f1edo, Ministro do Tribunal da Contador\u00eda Maior, Mordomo da Real Casa, Rexedor perpetuo m\u00e1is antigo e Alf\u00e9rez maior da cidade de Mondo\u00f1edo; cabaleiro pensionista; Ano 1779.<\/p>\n<p>\u00a1Qu\u00e9danos moito por descubrir e descifrar da Historia do noso querido Ribadeo! Pero, \u201cA Deus rogando e co mazo dando\u201d, dic\u00eda unha das m\u00e1ximas do Colexio dos Hermanos, pois non \u00e9 cuesti\u00f3n de desesperar, sen\u00f3n de perseverar na busca entre tantas materias relacionadas entre si, e que requiren de moita paciencia para desentalingalas das \u00e1ncoras que as mante\u00f1en fondeadas na \u201cD\u00e1rsena do Esquecemento\u201d, pero que, sen ningunha dubida, son apaixonantes de estudar, e pouco a pouco ir\u00e1n aflorando&#8230;!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este magn\u00edfico escudo de armas, \u00fanico no Concello de Ribadeo polo seu dese\u00f1o: cuadrilongo, apuntado en xefe, redondeado en punta e ensanchado na parte superior, caracter\u00edstica dos escudos de estilo ingl\u00e9s (Her\u00e1ldica y Derecho Nobiliario, Instituto Lu\u00eds de Salazar y Castro -C.S.I.C.-, Hidalgu\u00eda, Madrid 1961, p\u00e1x.113), estaba situado antigamente na fachada da casa da Quinta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5938","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5938","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5938"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5938\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5938"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5938"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5938"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}