{"id":5928,"date":"2017-02-22T07:40:00","date_gmt":"2017-02-22T06:40:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:40:46","modified_gmt":"2024-11-12T12:40:46","slug":"proteccion-do-faro-nota-de-prensa-sobre","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/02\/22\/proteccion-do-faro-nota-de-prensa-sobre\/","title":{"rendered":"Protecci\u00f3n do faro. Nota de prensa sobre a actualidade da illa Pancha"},"content":{"rendered":"<p><strong>Colectivo &#8216;Por Nuestro Faro&#8217;<\/strong><\/p>\n<p><em>Nota de prensa 20170221<\/em><\/p>\n<p>O pasado 16 de febreiro o colectivo \u201cPor Nuestro Faro\u201d recibiu a resposta do Defensor del Pueblo \u00e1 queixa presentada hai sete meses. Subli\u00f1ar que a Valedora do Pobo Galego inhibiuse da cuesti\u00f3n en favor do Defensor del Pueblo. O <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/02\/escrito-de-resposta-do-defensor-del.html\">texto \u00edntegro do informe recibido do Defensor<\/a> est\u00e1 colgado na rede en varios lugares, como o noso <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/groups\/1814962145396146\/?ref=bookmarks\">muro en facebook<\/a> ou o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/\">blog Ribadeando<\/a>.<\/p>\n<p>Basicamente o informe do Defensor tumba rotundamente todo o expediente tramitado pola D.X. de Puertos del Estado, os informes da Xunta de Galicia e a concesi\u00f3n da licenza para a obra do Hotel de d\u00faas suites (agora apartamentos) polo Concello de Ribadeo. Comeza analizando a lexislaci\u00f3n aplicada e subli\u00f1a que non \u00e9 correcta. Despois destaca que faltan informes esixidos pola lexislaci\u00f3n europea, espa\u00f1ola e galega, e remata suxerindo que se paren as obras mentres non se emitan os documentos que o noso colectivo ven reclamando dende hai moitos meses. Nada novo, porque xa anunciamos con tempo que est\u00e1bamos ben asesorados.<\/p>\n<p>Un  aspecto que compromete especificamente ao Concello de Ribadeo \u00e9 o desdobramento do expediente separando o proxecto dunha cafeter\u00eda do proxecto do hotel. Xa denunciamos no seu d\u00eda (xaneiro de 2016) que iso era unha aberraci\u00f3n dende o punto de vista do procedemento e que non \u00eda levar a ningunha parte. \u00c1 vista est\u00e1n os resultados.<\/p>\n<p>O noso grupo, como primeira medida, informou ao Concello e pasoulle o documento do Defensor. Ademais prop\u00faxolle unha serie de medidas urxentes que tam\u00e9n est\u00e1n colgadas nas p\u00e1xinas devanditas. O substancial da nosa proposta \u00e9 que o concello concedeu a licenza cun m\u00e9todo incorrecto, ou sexa ilegal, e que debe retrotraer as actuaci\u00f3ns ao intre no que se cometeu ese erro, suspendendo a licenza e estudando de novo os pasos a dar para recuperar a legalidade infrinxida.<\/p>\n<p>Ata o de agora o Sr. Alcalde declarou nos medios que vai agardar a ver o que di a Xunta, sen reco\u00f1ecer o erro flagrante da s\u00faa xesti\u00f3n denunciado polo defensor. Seguiremos agardando que rectifique mentres iniciamos varios contactos  a nivel xur\u00eddico. As primeiras impresi\u00f3ns suxiren que o proxecto de privatizar a Illa Pancha ten os d\u00edas contados. Insistimos ao Sr. Alcalde que mire ben por onde pisa: n\u00f3s imos de cara, outros mesmo lle est\u00e1n segando a herba debaixo dos pes.<\/p>\n<p>Para rematar, est\u00e1n no aire outros puntos, dous deles tan decisivos como os anteriores. Falta un informe conforme a dereito sobre a viabilidade econ\u00f3mica que esixe o artigo 84 da lei de portos e a concesi\u00f3n directa, sen concurso p\u00fablico, tam\u00e9n ser\u00e1 motivo para suspender todo o expediente. Aforramos mais comentarios, con isto \u00e9 dabondo para quen o queira coller. Como sempre, estamos abertos ao di\u00e1logo e a facilitar unha sa\u00edda pero a meta \u00e9 suspender definitivamente ese proxecto demencial. Cada un na s\u00faa casa que faga o que queira, pero no terreo p\u00fablico hai que mirar polo de todos.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi0m8biYOEXtnPsVwpvVPDzcYm5uyruE2ZN0HdwYffl_lO3r6tFP23PMDmSIO_2cA9Gbue-vPEc7S1E3TKqNExhuLgpb2n0N6Rn-Nls5Vbi20SnWl_V_F6nBJvCsb6eO7fNfNLPiw\/s2048\/Protecci%25C3%25B3n+do+faro.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi0m8biYOEXtnPsVwpvVPDzcYm5uyruE2ZN0HdwYffl_lO3r6tFP23PMDmSIO_2cA9Gbue-vPEc7S1E3TKqNExhuLgpb2n0N6Rn-Nls5Vbi20SnWl_V_F6nBJvCsb6eO7fNfNLPiw\/s2048\/Protecci%25C3%25B3n+do+faro.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Protecci\u00f3n do faro. Foto de Nacho O\u00f1ate<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Colectivo &#8216;Por Nuestro Faro&#8217; Nota de prensa 20170221 O pasado 16 de febreiro o colectivo \u201cPor Nuestro Faro\u201d recibiu a resposta do Defensor del Pueblo \u00e1 queixa presentada hai sete meses. Subli\u00f1ar que a Valedora do Pobo Galego inhibiuse da cuesti\u00f3n en favor do Defensor del Pueblo. O texto \u00edntegro do informe recibido do Defensor [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[57,37],"class_list":["post-5928","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos-ria-de-ribadeo","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5928","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5928"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5928\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5928"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5928"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5928"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}