{"id":5924,"date":"2017-02-27T15:11:00","date_gmt":"2017-02-27T14:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:40:41","modified_gmt":"2024-11-12T12:40:41","slug":"escudos-do-altar-maior-de-santa-maria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/02\/27\/escudos-do-altar-maior-de-santa-maria\/","title":{"rendered":"ESCUDOS DO ALTAR MAIOR DE SANTA MARIA DO CAMPO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgtlKTQR7mct5Meyu7NrZDVc5p5FhV5eY9elqw0wzN8CwFHUEJfFsXHsBFmq8RwquIzStpeEoGedHVpaQNnqBIGGRs_dm7oz41cyx9VTzOewI_7G0vWAW_HbgZI4m5AlmmPJFOrDw\/s2048\/escudos+do+retablo+maior.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgtlKTQR7mct5Meyu7NrZDVc5p5FhV5eY9elqw0wzN8CwFHUEJfFsXHsBFmq8RwquIzStpeEoGedHVpaQNnqBIGGRs_dm7oz41cyx9VTzOewI_7G0vWAW_HbgZI4m5AlmmPJFOrDw\/s2048\/escudos+do+retablo+maior.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Escudos do retablo maior<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Para facilitarnos a mellor comprensi\u00f3n dos escudos e bras\u00f3ns que se contemplan no conxunto da \u00e1bsida da Igrexa Parroquial de Santa Mar\u00eda do Campo de Ribadeo, imos empezar por ler a laude (pedra cunha inscrici\u00f3n) que se encontra sobre o sepulcro sinistro (foto infra) segundo miramos cara o Altar Maior: \u201cTODA ESTA CAPILLA MAIOR ES I FVE DESDE SU FVNDACION DE LOS SSE\u00d1ORES DE LA CASA DE NAVIA QUE ESTA SITA EN EL BALLE DE ANLEO I NADIE SE PVEDE ENTER(R)AR EN ELLA SIN LICENCIA DEL MAIORAZGO DE LA DICHA CASSA\u201d.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjmo_vVbP5NGMgdedbmDGVajsTEiCdbhvgLNqyxnbxlPUZEL4lGL5muzNnC-ENyarBDC-259am0boWab5p9rv_6e-zzpnO4j9YRwK971KzTLcBzhA1gEji2NQcSws2Z9Hog4bVvLg\/s2048\/escudo+sinistro%252C+laude+e+sepulcro.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjmo_vVbP5NGMgdedbmDGVajsTEiCdbhvgLNqyxnbxlPUZEL4lGL5muzNnC-ENyarBDC-259am0boWab5p9rv_6e-zzpnO4j9YRwK971KzTLcBzhA1gEji2NQcSws2Z9Hog4bVvLg\/s2048\/escudo+sinistro%252C+laude+e+sepulcro.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Escudo sinistro, laude e sepulcro<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>A primeira vista, parece claro, que todo o que aqu\u00ed vemos (\u201cTODA ESTA CAPILLA MAIOR ES I FVE&#8230;\u201d) ten que ver coa familia dos Navia do val de Anleo (Asturias). Pero no conxunto hai outros aspectos que nos chaman a atenci\u00f3n, polo que vamos a pormenorizar o an\u00e1lise.<br \/>\nO escudo de li\u00f1axe situado sobre a arcada oxival do sepulcro sinistro, son as Armas primitivas ou m\u00e1is remotas do bras\u00f3n dos Navia. Non presenta esmaltes, pero segundo se describen nos Nobiliarios, ser\u00edan: \u201cen campo de sinople (cor verde) unha banda de ouro engolada por dous dragantes (dous drag\u00f3ns) do mesmo metal (de ouro)\u201d.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjyZo51_q18xDNI8PPIOTl4SdDAlXDNlxX4aSVBQJ6FV39TBMn0cVr9_i1UnqrF6DRsa0wbnlsjNO0vkwKRx9nhwsVJYgj2tt4xraOsTUNmYoTdvn8wcNbElyqgG8G4pXu9dNIQCA\/s2048\/sepulcro+destro+do+altar+maior.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjyZo51_q18xDNI8PPIOTl4SdDAlXDNlxX4aSVBQJ6FV39TBMn0cVr9_i1UnqrF6DRsa0wbnlsjNO0vkwKRx9nhwsVJYgj2tt4xraOsTUNmYoTdvn8wcNbElyqgG8G4pXu9dNIQCA\/s2048\/sepulcro+destro+do+altar+maior.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Sepulcro destro do altar maior<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>O comezo da Her\u00e1ldica, en li\u00f1as xerais, coincide co comezo da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Arte_g%C3%B3tica\">arte g\u00f3tica<\/a> no s\u00e9culo XII, por iso as figuras m\u00e1is primitivas son estilizadas. Este bras\u00f3n dos Navia, manifesta o seu primitivismo no resalte dos trazos fundamentais das figuras de li\u00f1as rectas e na falta de adornos superfluos. A <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Her%C3%A1ldica\">Her\u00e1ldica<\/a> Eclesi\u00e1stica, aparece no s\u00e9culo XIII, un s\u00e9culo despois da Militar, e as armas civ\u00eds que se atopan nas igrexas son: por padroados, por sepulturas ou por doaz\u00f3ns. Sabemos que o Convento de S. Francisco data do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1214\">1214<\/a>, polo que este Maiorazgo dos Navia, debe ser dos primeiros que tivo o Convento e un dos m\u00e1is relevantes, pois sit\u00faase no privilexiado espazo do Altar Maior.<\/p>\n<p>Na parte alta do retablo, encontramos un primeiro enigma do Maiorazgo. Nos dous escudos, tam\u00e9n dos Navia, un a cada lado da preciosa composici\u00f3n dunha talla de Cristo Crucificado sobre un fresco de fondo azul que representa a paisaxe dunha cidade que non reco\u00f1ecemos, os campos dos escudos son de azur (cor azul, non de sinople) e a banda de gules (cor vermello, e non de ouro) engolada en dragantes linguados e dentados de sable (cor negro). Ambos escudos est\u00e1n timbrados cunha coroa de x\u00e9nero desco\u00f1ecido, moi parecida a que timbra o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/10\/escudo-de-armas-do-parador-de-turismo.html\">Escudo do Parador de Turismo<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 22-10-2016). Esta \u201cconfusi\u00f3n\u201d na cor dos esmaltes do campo e da banda, pode ser debida: 1) A unha brisura que caracteriza as Armas dos descendentes dun segundo, terceiro, cuarto&#8230; fillo, das Armas dun padre ou dun primox\u00e9nito. Dado que o retablo \u00e9 de Arte Barroca, ditos escudos son dun descendente dos Navia, do s\u00e9culo XVI ou do XVII, por tanto moi posteriores a primoxenitura Navia con campo de sinople. 2) O cambio de cor d\u00e9bese, a que os esmaltes sofren o desvar\u00edo nas obras de restauraci\u00f3n e embelecemento da estrutura do Convento de San Francisco, comezada a obra en 1903 e finalizada para o 28 de Xullo de 1904, cando a visita do rei Alfonso XIII a Ribadeo (D. Secundino Mart\u00ednez Montenegro \u201cO Cura Vello\u201d (V), artigo de D. Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz, La Comarca del Eo, 28 Xaneiro 2017). Na transformaci\u00f3n do deteriorado Convento para facer a actual Igrexa de Sta. M\u00aa do Campo, as cores das figuras e do campo dos escudos, supo\u00f1emos estar\u00edan moi \u201cborradas\u201d, e como a situaci\u00f3n dos escudos era no \u201cceo\u201d da igrexa, pux\u00e9ronos de cor azul, que supo\u00f1o que pensaron, era a mellor cor \u201cque pegaba\u201d co fondo do fresco, e os artistas restauradores non pensaron importante cinguirse as cores verde do campo nin o ouro da banda que lles corresponde \u00f3s Navia polo seu bras\u00f3n her\u00e1ldico. Estas cousas ocorr\u00edan e ocorren, polo mi\u00fado, m\u00e1is do que deberan ocorrer con alg\u00fans individuos chamados \u201crestauradores\u201d. O campo de azur e banda engolada de ouro, \u00e9 bras\u00f3n dos Tovar. Ditos esmaltes non corresponden, en absoluto, a este caso.<\/p>\n<p>Nun <a href=\"http:\/\/www.terraetempo.gal\/artigo.php?artigo=4506&amp;seccion=5\">artigo do xenealoxista mindoniense, D. Xos\u00e9 Isidro Fern\u00e1ndez Vilalba<\/a> (<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Xos%C3%A9%20Isidro%20Fern%C3%A1ndez\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Cidre<\/a>) publicado na revista galega \u201cTerra e Tempo\u201d o 10-Febreiro-2016, referente a un testamento de 1668, dise que D. Baltasar Menendez Navia y Sierra \u201cfamiliar do Sto. Oficio da Inquisici\u00f3n de este Reino de Galiza\u201d, era fillo de D. Sancho Men\u00e9ndez Navia y Villaamil e de D\u00aa Magdalena Rodr\u00edguez de Sierra y Fuertes naturais da vila de Navia. D.Baltasar c\u00e1sase con D\u00aa Antonia de Hestrada y R\u00edo, filla de D.Francisco Rodr\u00edguez de R\u00edo e de D\u00aa Antonia Hestrada Manriquez, veci\u00f1os de Ribadeo.<\/p>\n<p>D.Baltasar e D\u00aa Antonia, son os fundadores do patronazgo da Capela de S. Roque (Escudo da Capela de S. Roque, La Comarca del Eo 30-Xullo-2016). Este matrimonio tivo sete fillos: 1) D\u00aa Mar\u00eda Navia Villamil, casada co Capit\u00e1n D. Antonio Sarmiento. 2) D.Salvador Menendez Navia e Villamil (presb\u00edtero, tesoureiro da Catedral de Mondo\u00f1edo en 1719) (ibidem). 3) D\u00aa Antonia Hestrada monxa profesa no Convento de Santa Clara de Ribadeo. 4) D. Francisco Menendez Navia casado con D\u00aa Mar\u00eda del Campo Mon y Castrill\u00f3n. 5) D\u00aa Juana Menendez Navia y Villamil casada c\u00f3 licenciado D. Juan Antonio Castrill\u00f3n y Cienfuegos. 6) D\u00aa Isabel Mar\u00eda Menendez Navia (solteira vivindo en compa\u00f1\u00eda dos pais). 7) Gaspar Menendez Navia.<\/p>\n<p>Dinos tam\u00e9n D. Xos\u00e9 Isidro no mesmo artigo, que: \u201cO 21 de Abril de 1683 morre D. Balthasar Menendez Navia e Sierra polo que ese mesmo d\u00eda, en presenza de D. Antonio Baamonde, escrib\u00e1n de n\u00famero da vila de Ribadeo, quen ti\u00f1a en poder o testamento, xunto con varias testemu\u00f1as que reco\u00f1eceron a firma de D. Balthasar, abriuse o dito testamento, que entre outras cousas di: \u201cque o seu corpo sexa sepultado na Igrexa Conventual de San Francisco na sepultura que ti\u00f1an dotado os seus maiores e que est\u00e1 debaixo do p\u00falpito.\u201d<br \/>\nIsto parece ser dato convincente de que nun sepulcro do altar maior da Igrexa Parroquial de Ribadeo, est\u00e1 enterrado D. Baltasar Menendez Navia e Sierra, a\u00ednda que a d\u00eda de hoxe este dato pode non ser conclu\u00ednte de todo, para os restos mortais que puidera haber dentro dun sepulcro, pois anos m\u00e1is tarde puideron haberse enterrado outros familiares da s\u00faa li\u00f1a sucesoria, hasta que se anularon os Maiorazgos en virtude do Art.13 da Lei de 11 de Outubro de 1820, do Dereito Civil (Her\u00e1ldica e Dereito Nobiliario, Instituto Lu\u00eds de Salazar \u2013C.S.I.C- Hidalgu\u00eda, Madrid 1961, p\u00e1x.103)<\/p>\n<p>Por outra banda, no mesmo artigo D. Isidro, dinos que D. Baltasar e D\u00aa Antonia de Hestrada e R\u00edo, eran veci\u00f1os de Ribadeo e viven: \u201ca donde dicen fuera de la villa y en el campo (o que quer dicir extramuros da muralla) y frente al Hospital de San Sebasti\u00e1n de esta villa de Ribadeo con su escudo de armas de la descendencia de mi el dicho Balthasar Menendez de la Casa de Navia de los Limones sita en dicha villa de Navia y solar conocido de mi descendencia por l\u00ednea recta de var\u00f3n de mi padre, abuelo y m\u00e1s ascendientes y de la villa de Villaamil de cuyos solares me intitulo y de quien pertenecen dichas Armas que estan en dicho escudo y de las de los Fuertes y Sierra de quien tambi\u00e9n desciendo por hembra\u201d.<\/p>\n<p>Xa na descrici\u00f3n dos escudos dos Men\u00e9ndez Navia Villamil, que fixemos no artigo \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/05\/celebrando-o-dia-das-letras-galegas-na.html\">Casa brasonada do Parque de Ribadeo<\/a>\u201d (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 21-Maio-2016) relatamos os bras\u00f3ns e xenealox\u00eda de parte desta familia onde se encontraba un neto deste matrimonio, D.Baltasar, se\u00f1or da Casa de Navia, do Pat\u00edn e se\u00f1or da Casa do Outeiro de S. Miguel de Reinante, casado con: D\u00aa M\u00aa Luisa de Carmen Trelles Prelo Castrill\u00f3n.<\/p>\n<p>Como vemos no testamento de D. Baltasar, marido de D\u00aa Antonia, est\u00e1 falando de que viv\u00edan na casa que fai esquina coa hoxe Praza de Espa\u00f1a ou do Parque de Ribadeo, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/05\/celebrando-o-dia-das-letras-galegas-na.html\">onde estaba o Comercio de Maseda<\/a>, fronte \u00e1 Casa de Arango que est\u00e1 situada onde antes estaba o Hospital de San Sebasti\u00e1n. Nos <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/12\/os-nomes-das-ruas-de-ribadeo.html\">novos letreiros das R\u00faas de Ribadeo<\/a>, feitos de forma sinxela na elegante e prestixiosa Cer\u00e1mica de Sargadelos, na R\u00faa Vilafranca do Bierzo sul\u00ed\u00f1ase que antigamente era a <span id=\"yui_3_16_0_ym19_1_1489058668592_19907\" style=\"line-height: 115%;\">R\u00faa do Hospital (de San Sebasti\u00e1n) igual que a seguinte R\u00faa Rodr\u00edguez Murias, antigamente da Misericordia,<br \/>\nrefer\u00edndose \u00e1 Capela de Nosa Se\u00f1ora da Misericordia, que <\/span><span id=\"yui_3_16_0_ym19_1_1489058668592_19910\" style=\"line-height: 115%;\">estaba<\/p>\n<p> a case un terzo da r\u00faa Rodr\u00edguez Murias, na casa N\u00ba7 (hoxe de Nistal),<br \/>\nentre a Casa de Sarmiento que sobresae \u00e1 r\u00faa e fai esquina, e a Boutique<br \/>\n Valentina. Fronte a ela est\u00e1 instalada unha fonte p\u00fablica de auga, que<br \/>\npoder\u00eda chamarse, como recordo: \u201cFonte da Misericordia\u201d,<br \/>\n igual que a Fonte da S. Roque, a Fonte da Virxe do Cami\u00f1o, a Fonte de<br \/>\nS. L\u00e1zaro ou a Fonte de Santiago de Vigo, todas elas denominadas pola<br \/>\ns\u00faa situaci\u00f3n o lado da capela do santo respectivo. A Capela da<br \/>\nMisericordia e a casa do lado onde viv\u00eda o capel\u00e1n,<br \/>\n derrub\u00e1ronse \u201ca piqueta\u201d no mes de Abril de 1964 debido o seu estado<br \/>\nruinoso <\/span>(La Comarca, 26-Abril-1964). Era unha pequena ermida fundada en 1680 por D. Mateo Fern\u00e1ndez de Cartabio, familiar do Santo Oficio, e adquirida en 1880 por D. Jos\u00e9 Mart\u00ednez Bengoechea e D\u00aa Juliana Gonz\u00e1lez, que xa fundaran en 1870 a capela de S. Francisco de Asis que fac\u00eda parte da s\u00faa casa na R\u00faa da Paz (Ribadeo Antigo, Francisco Lanza, p\u00e1x.261) hoxe, Casa de Bustelo na R\u00faa Amando P\u00e9rez.<\/p>\n<p>Este bras\u00f3n dos Menendez Navia e Villamil, que se encontra no Altar Maior, ten diferenzas e similitudes con outros bras\u00f3ns. As\u00ed vemos, que son as mesmas armas que as dos Andrade, con dragantes linguados e dentados (Arquivo do Sr. Gonz\u00e1lez-Cela de Fene, Ferrol, citado en \u201cBlasones y Linajes de Galicia\u201d, D. Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, Volumen IV, p\u00e1x.3).<\/p>\n<p>Noutro apartado (ibidem, p\u00e1x.4) da xenealox\u00eda dos Navia descr\u00edbense outros esmaltes nas casas de Lienes e de Navia, segundo Sr. Atienza: \u201cen campo de sinople, unha banda de gules (cor vermella) perfilada de ouro e engolada en dragantes de sinople, dentadas de prata\u201d. Estes esmaltes pertencen as armas de D. Juan Alonso Navia Osorio, veci\u00f1o de Mondo\u00f1edo en 1614. Efectivamente, no bras\u00f3n deste maiorazgo da igrexa de Sta. Mar\u00eda do Campo de Ribadeo, a banda est\u00e1 perfilada (con contorno ou bordeada dun filete) pero os esmaltes descritos, para a banda e os drag\u00f3ns, non son os mesmos, a\u00ednda que sexan do mesmo apelido.<\/p>\n<p>Na \u00e1bsida do altar maior hai outra interrogante: \u00bfquen est\u00e1 enterrado no sarc\u00f3fago esquerdo e quen no dereito? \u00bfSon \u00e1mbolos dous da mesma familia dos Navia? Quizais si ou quizais non. Se nos fixamos na greca esquerda ou adorno que enfaixa o sepulcro esquerdo, baixo o bras\u00f3n dos Navia, vemos que est\u00e1 formada por losanxes (rombos co \u00e1ngulo agudo en vertical) en cuxos centros de enlace hai un c\u00edrculo. O losanxe \u00e9 a forma cl\u00e1sica do Escudo Her\u00e1ldico dunha rapaza solteira ou dunha se\u00f1ora vi\u00fava, pois a forma de ovalo \u00e9 das se\u00f1oras casadas (Tratado Her\u00e1ldica y Derecho Nobiliario, Instituto Lu\u00eds de Salazar -C.S.I.C.- Curso de Licencia, Madrid 1961, Apdo. Her\u00e1ldica Femenina, p\u00e1x.174). En cambio no sepulcro da dereita, aparecen oito escudos con banda e sen drag\u00f3ns, que poden ser esquem\u00e1ticos do bras\u00f3n dos Navia, usado polos cabaleiros desta familia. Para n\u00f3s, par\u00e9cenos bastante claro, que seguindo esta teor\u00eda, no sepulcro dereito est\u00e1n enterrados os cabaleiros e no esquerdo as damas da ampl\u00edsima familia dos Menendez Navia con dereitos do Maiorazgo.<\/p>\n<p>Pero, \u00bfpodemos estar seguros deste criterio? \u00bfSeguro que no sepulcro dereito enterraron a D. Baltasar Menendez Navia e Sierra, e no esquerdo a s\u00faa dona D\u00aa Antonia Hestrada?<\/p>\n<p>\u00bfPor qu\u00e9 estas interrogantes? Porque poder\u00eda haber outra teor\u00eda, iso si, m\u00e1is arriscada na interpretaci\u00f3n. Esta teor\u00eda ser\u00eda: que a greca de losanxes \u00e9 a propia dos Navia, e foi feita as\u00ed, no sepulcro esquerdo, por simple capricho art\u00edstico, e a greca formada por oito escudos con banda, do sepulcro dereito \u00e9 a representaci\u00f3n da bordura do bras\u00f3n dos Ponce de Le\u00f3n. \u00bfPor qu\u00e9 dos Ponce de Le\u00f3n? Porque D. Pedro Miranda Farto e Castrill\u00f3n estaba casado con D\u00aa M\u00aa Catalina Osorio Ponce de Le\u00f3n, e a\u00ednda que supo\u00f1emos est\u00e1n enterrados no seu Maiorazgo da Capela das \u00c1nimas de Vivos e Mortos e da Virxe do Carme, que como veremos nun pr\u00f3ximo artigo, est\u00e1 a esquerda do cruceiro desta mesma Igrexa Parroquial. Tam\u00e9n puidera ser que o seu sarc\u00f3fago fora trasladado de lugar nunha das tantas reformas que sufriu o templo. \u00bfCrible esta opci\u00f3n?. Quizais non, por ser os escudos de cabaleiro e non de dama, como explicamos anteriormente, e porque \u00e1mbolos dous escudos os lados de Cristo Crucificado son iguais, dos Navia, e non un dunha forma e outro de outra \u00a1pero&#8230;!!<\/p>\n<p>Quero agradecerlle desde aqu\u00ed a D. Jacinto Pedrosa De\u00e1n, P\u00e1rroco de Ribadeo, a gran amabilidade con que nos recibiu e tratou, \u00f3 fot\u00f3grafo Suso e a min, cando fomos a sacarlle fotograf\u00edas, un d\u00eda a media ma\u00f1\u00e1, a t\u00f3dolos escudos das Capelas da Igrexa de Santa Mar\u00eda do Campo, das cales nos facilitou a gran iluminaci\u00f3n interior e nos mostrou o seu gran sentido de cooperaci\u00f3n para dar a co\u00f1ecer o noso patrimonio parroquial. Moitas grazas, sen a s\u00faa colaboraci\u00f3n para o traballo gr\u00e1fico resultar\u00edanos moi dif\u00edcil explicar o que vemos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Escudos do retablo maior Para facilitarnos a mellor comprensi\u00f3n dos escudos e bras\u00f3ns que se contemplan no conxunto da \u00e1bsida da Igrexa Parroquial de Santa Mar\u00eda do Campo de Ribadeo, imos empezar por ler a laude (pedra cunha inscrici\u00f3n) que se encontra sobre o sepulcro sinistro (foto infra) segundo miramos cara o Altar Maior: \u201cTODA [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,99],"class_list":["post-5924","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-xose-isidro-fernandez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5924","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5924"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5924\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5924"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5924"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5924"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}