{"id":5919,"date":"2017-03-02T08:00:00","date_gmt":"2017-03-02T07:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:40:26","modified_gmt":"2024-11-12T12:40:26","slug":"nota-de-prensa-aclaratoria-de-por","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/03\/02\/nota-de-prensa-aclaratoria-de-por\/","title":{"rendered":"Nota de prensa aclaratoria de Por Nuestro Faro (20170301)"},"content":{"rendered":"<p>En relaci\u00f3n ca <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/02\/parece-que-o-concello-comeza-moverse.html\">nota<\/a> publicada na p\u00e1xina web do concello de Ribadeo o d\u00eda 27 de Febreiro temos que suli\u00f1ar o seguinte:<\/p>\n<p>1.- Non \u00e9 certo que o alcalde de Ribadeo tivera co\u00f1ecemento \u201chai moi pouco tempo destas argumentaci\u00f3ns\u2026\u201d como di agora, porque o noso grupo xa leva mais dun ano expo\u00f1endo os mesmos argumentos e comunic\u00e1ndollos por escrito dende que contactamos ca <a href=\"http:\/\/www.seo.org\/\">SEO BIRD LIFE<\/a>. Outra cousa \u00e9 que desprezase e obviase a nosa informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>2.- Non \u00e9 certo que os concellos estean obrigados \u201csi ou si\u201d a dar as licencias con calquera tipo de informes sen lelos, simplemente porque os dea outra administraci\u00f3n. Esta \u00e9 unha falacia que o alcalde ven repetindo dende o comezo deste proceso, que responde a unha interpretaci\u00f3n simplista e interesada do procedemento administrativo para a concesi\u00f3n de licencias. A proba \u00e9 que hai infinidade de preitos e desacordos na concesi\u00f3n de licencias como se pode ver t\u00f3dolos d\u00edas nos medios ou clicando en Google \u201clicencia urban\u00edstica, recurso\u201d. Outra proba: os afectados directamente polas licencias te\u00f1en dereito a recurso de reposici\u00f3n e naturalmente ao contencioso. Os concellos est\u00e1n obrigados a ler os informes doutras administraci\u00f3n e aceptalos se est\u00e1n de acordo e onde non rexeitalos, recorrelos, pedir mais informes, mesmo a expertos xuristas ou a colectivos independentes como poder\u00eda ser a SEO BIRD LIFE que informar\u00eda ao Concello gratuitamente se llo pedise, pero o alcalde de Ribadeo prefire os informes da Autoridade Portuaria e da Xunta de Galicia que os do Defensor del Pueblo ou os da Sociedade Espa\u00f1ola de Ornitolox\u00eda. En \u00faltima instancia que nos diga o Sr. Alcalde onde est\u00e1 escrito que os concellos est\u00e1n obrigados \u201csi ou si\u201d a aceptar cos ollos pechados os informes e os procedementos doutras administraci\u00f3ns.<\/p>\n<p>3.- O que xa pertence ao x\u00e9nero rid\u00edculo \u00e9 que o alcalde se subrogue a priori ao ditame da Autoridade Portuaria respecto do informe do Defensor, cando este organismo \u00e9 o principal desautorizado neste informe. \u00bfLogo o Concello de Ribadeo non ten secretario? \u00bfO informe do Defensor non se entende ben, ou est\u00e1 escrito en chin\u00e9s?<\/p>\n<p>4.- Como xa dixemos anteriormente, o punto 5 do informe do Defensor alude \u00fanica e exclusivamente \u00e1s competencias do concello de Ribadeo ao aceptar o desdobramento do expediente. Afirmamos rotundamente que non existe ning\u00fan documento que aval\u00ede ese tr\u00e1mite mais que a decisi\u00f3n arbitraria e subxectiva do alcalde de Ribadeo para favorecer con parcialidade a empresa adxudicataria. En realidade a decisi\u00f3n de apoiar este proxecto xa a tomou o Sr. Alcalde moito tempo antes: Cando declarou a un diario madrile\u00f1o, o d\u00eda 24 de Abril de 2015 que este proxecto \u201cera un premio para Ribadeo\u201d, e iso foi un ano e medio antes de ter ning\u00fan informe favorable. O porqu\u00e9 que non nolo pregunten a nos. A\u00ednda mais o alcalde contrad\u00ed rotundamente as declaraci\u00f3ns anteriores cando <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/11\/nota-de-prensa-do-colectivo-por-nuestro.html\">dixo que non dar\u00eda a licencia de apertura se non se autorizaba o paso franco aos veci\u00f1os<\/a>.<\/p>\n<p>5.- Nas \u00faltimas horas ven de po\u00f1erse en evidencia a inmensa chapuza que rodea todo este expediente a trav\u00e9s dun feito intranscendente. Nun v\u00eddeo que est\u00e1 na <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/groups\/1814962145396146\">nosa p\u00e1xina web<\/a> e na \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/02\/mentras-na-vila-resoa-o-antroido-na.html\">ribadeando<\/a>\u201d p\u00f3dese ver como dous mozos separan a \u201cporta\u201d, engarabitan polo murete e entran e saen da Illa Pancha sen dificultade, anque con risco evidente. Non ser\u00eda mais que unha nenada, se non fose que a Autoridade Portuaria, no documento da concesi\u00f3n estipula unha serie de medidas de seguridade, leva decenios prohibindo a entrada aos veci\u00f1os e antes do comezo das obras mandou dous expertos a verificar a normativa de seguridade. Xa se ven os resultados dunha chapuza que ven de moito mais lonxe e que trae perigos nada imaxinarios. O Sr. Alcalde da a licencia e despois l\u00e1vase as mans das medidas de seguridade e as s\u00faas consecuencias.<\/p>\n<p>6.- Finalmente acaba de sa\u00edr aos medios que os alcaldes de catro concellos da Costa da Morte op\u00f3\u00f1ense \u00e1s concesi\u00f3ns privatizadoras dos faros respectivos, pero sobre todo estase falando abertamente do tema, cada un pode defender a s\u00faa a opini\u00f3n publicamente e non est\u00e1n azotados polo secretismo que implantou o Sr. Alcalde de Ribadeo no caso do Hotel de d\u00faas suites no faro da Illa Pancha. \u201cUn premio para Ribadeo\u201d.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEje3Jlmk_QYNeuhDMoPDDRWjFPePW2a42aQ1gjrracqdznEqU-cXQz2ANQNxRkj56v6fQkH0WnIdSjktE09aTbX0iZOptIglSb2X944PWBX9BwR-p6xXxssreyuGu1TZuH_TrDIMA\/s2048\/20170302+illa+Pancha+con+marexada.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEje3Jlmk_QYNeuhDMoPDDRWjFPePW2a42aQ1gjrracqdznEqU-cXQz2ANQNxRkj56v6fQkH0WnIdSjktE09aTbX0iZOptIglSb2X944PWBX9BwR-p6xXxssreyuGu1TZuH_TrDIMA\/s2048\/20170302+illa+Pancha+con+marexada.jpg\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En relaci\u00f3n ca nota publicada na p\u00e1xina web do concello de Ribadeo o d\u00eda 27 de Febreiro temos que suli\u00f1ar o seguinte: 1.- Non \u00e9 certo que o alcalde de Ribadeo tivera co\u00f1ecemento \u201chai moi pouco tempo destas argumentaci\u00f3ns\u2026\u201d como di agora, porque o noso grupo xa leva mais dun ano expo\u00f1endo os mesmos argumentos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5919","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5919","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5919"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5919\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5919"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5919"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5919"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}