{"id":5908,"date":"2017-03-14T08:03:00","date_gmt":"2017-03-14T07:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:40:09","modified_gmt":"2024-11-12T12:40:09","slug":"escudo-e-laude-da-capela-da-virxe-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/03\/14\/escudo-e-laude-da-capela-da-virxe-do\/","title":{"rendered":"ESCUDO e LAUDE DA CAPELA DA VIRXE DO ROSARIO DE Sta. MARIA DO CAMPO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>Dentro da Igrexa Parroquial de Sta. Mar\u00eda do Campo de Ribadeo, \u00f3 lado destro da \u00e1bsida do altar maior, est\u00e1 a Capela da Virxe do Rosario e a continuaci\u00f3n a Sancrist\u00eda. No frontal esquerdo, xunto do seu altar, est\u00e1 esta pedra armeira, case cadrada que presenta un escudo de armas semicortado e partido, cuxa composici\u00f3n sirve para representar a li\u00f1axe de tres ramas familiares: 1) Av\u00f3 paterno. 2) Av\u00f3 materno e 3) Avoa paterna (Compendio Her\u00e1ldico, Arte de Escudos de Armas, Presbytero D. Pedro Joseph de Aldazaval y Murgu\u00eda, 1775, Libro I, p\u00e1x.46)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiO2TGhli4CNcV6iTSIx32OJdUzVB5-IqWTdUQ5Uv_ujurSif41XbkoCz3aswSj6kf1G6zht-GLoDeP19IGarZ5YI8_VaMeZO_BNY9yeBMYzDUwdFYJzbSSv8hZwIgfr2-8PEOLmA\/s2048\/Escudo+da+Capela+da+Virxe+do+Rosario.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiO2TGhli4CNcV6iTSIx32OJdUzVB5-IqWTdUQ5Uv_ujurSif41XbkoCz3aswSj6kf1G6zht-GLoDeP19IGarZ5YI8_VaMeZO_BNY9yeBMYzDUwdFYJzbSSv8hZwIgfr2-8PEOLmA\/s2048\/Escudo+da+Capela+da+Virxe+do+Rosario.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>O adorno exterior \u00e9 tan sinxelo como expresivo, pois semellan ser enclaves de afirmaci\u00f3n, dispostos para cravar con cravos o escudo \u00e1 cartela de pedra que lle sirve de base. Para a numeraci\u00f3n e descrici\u00f3n dos cuarteis, tomamos a orde establecida na obra citada, e tam\u00e9n da \u201cHer\u00e1ldica Espa\u00f1ola, El Dise\u00f1o Her\u00e1ldico\u201d (D.Luis F.Messia de la Cerda y Pita, p\u00e1x.131). Por outra banda, para unha mellor definici\u00f3n das armas, daremos os esmaltes de cada bras\u00f3n, segundo se describen nos nobiliarios, pois este escudo carece deles.<\/p>\n<p>Primeiro cuartel (cant\u00f3n destro do xefe), aparece unha cruz cargada de cinco veneras. Son armas dos ARMESTO (en campo de azur unha cruz de prata cargada de cinco veneras de ouro, unha en cada brazo e a quinta no centro \/\/ outros ARMESTO presentan: en campo de azur unha cruz gamada de ouro, cargada de cinco veneras de prata e gules).<\/p>\n<p>Segundo cuartel (cant\u00f3n destro da punta), sobre ondas unha torre de catro ameas donxonada con torre de homenaxe de tres ameas, ambas de portas adxuradas (abertas) e d\u00faas \u00e1rbores arrincadas (desenraizadas ou coas ra\u00edces \u00e1 vista) unha a cada flanco da torre. Parecen ser armas da Casa de D. Sancho Marqu\u00e9s e de D\u00aa In\u00e9s L\u00f3pez de Vaamonde, veci\u00f1os de Ribadeo, cuxa filla D\u00aa Mar\u00eda Marquesa de Miranda, falecida en 1639, funda a Capela da Inmaculada Concepci\u00f3n da Catedral de Mondo\u00f1edo (Her\u00e1ldica del Municipio de Mondo\u00f1edo, D\u00aa Olalla R\u00faa Veloso, 2005, p\u00e1x.34). Tam\u00e9n puideran ser armas dos Castrill\u00f3n, que desde moi antigo emparentaron con ramas familiares dos Miranda.<\/p>\n<p>O terceiro cuartel, neste caso, a partici\u00f3n sinistra, est\u00e1 ocupada enteiramente por unha torre redonda con seis ameas triangulares ou \u00e1 xibelina (de ameas fendidas), donxonada dunha torre de homenaxe con catro ameas tam\u00e9n triangulares, e o todo mazonado (gravado con li\u00f1as que significan as gretas da xunta entre pedras de canter\u00eda). No adarve da torre asoma a cabeza dun home que toca un corno de caza, e cargado no castelo, tres bustos con brazos, de homes sentados de fronte a un lado dunha mesa, sobre a que est\u00e1n d\u00faas fogazas de pan \u00e1s cabezas e no centro un coitelo inclinado coa punta alta e o f\u00edo cara a sinistra. Claramente, son tres comensais dispostos a comer \u00e1 mesa. Posiblemente, esteamos ante un escudo cun bras\u00f3n \u00fanico, dos m\u00e1is completos e descritivos do por que do bras\u00f3n das antiqu\u00edsimas armas da Casa de RON, que son orixinarias das Terras do Condado de Ribadeo, que abarcaban un amplo territorio do antigo Reino de Galiza (algunhas, hoxe do Principado de Asturias).<\/p>\n<p>Na bordura desta partici\u00f3n sinistra, reza a lenda: \u201cA (en xefe) ESTE SON COMEN (flanco sinistro) LOS DE RON\u201d(en punta) (A ESTE SON COMEN LOS DE RON). Esta lenda desc\u00fabrenos, sen d\u00fabida, unha das ramas xeneal\u00f3xicas principais das li\u00f1axes a quen pertence o escudo.<br \/>\nD. Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, na s\u00faa extraordinaria obra Her\u00e1ldica: \u201cBlasones y Linajes de Galicia\u201d, Volume IV, p\u00e1x. 371, fai constar que: \u201cxa o Licenciado Molina advert\u00eda que os desta Casa de Ron, fac\u00edan tocar un corno polas r\u00faas para que todos os que quixeran comer, fosen a s\u00faa casa\u201d (Descrici\u00f3n do Reyno de Galizia, ano de 1550). O que nos da fe do humanos, solidarios ou caritativos que deb\u00edan ser os membros desta familia coa xente do pobo onde habitaban, pois invitaban a comer os veci\u00f1os, supo\u00f1emos que despois das cacer\u00edas, e polo que da a entender a relevancia do bras\u00f3n, con bastante frecuencia.<\/p>\n<p>Polas s\u00faas Armas, o escudo presenta a li\u00f1axe de D. Gonzalo de Armesto, da Casa de Veiga de Forcas, ascendente dos Marqueses de Viance e dos de Villaverde de Limia. Testou en 1630, e estaba casado con D\u00aa Ana Ron Valcarcel, filla de D.Pedro Valcarcel Ron e de D\u00aa Mar\u00eda Armesto Balboa, neta de D. Juan Saco de Armesto e de D\u00aa Beatriz de Balboa. Un fillo, D. Antonio de Armesto e Ron, sigue a li\u00f1a dos Marqueses de Viance e de Villaverde de Limia. Outro fillo, D. Mat\u00edas de Armesto e Ron Valcarcel, sigue a li\u00f1a da Casa de Veiga de Forcas. (Notas xeneal\u00f3xicas sacadas do arquivo de D. Alexandro Pedrosa Neyra, citadas por D. Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, \u201cBlasones y Linajes de Galicia\u201d, Volumen II, p\u00e1x. 127).<\/p>\n<p>No frontal destro xunto deste altar da Virxe do Rosario hai unha laude (pedra cunha inscrici\u00f3n) na que podemos ler: \u201cESTA CAPILLA DENDE SU FVNDACION ES DE LOS SE\u00d1ORES DE LA CASA DE MIRANDA QUE ESTAS SITA EN BILLA (?)EIML(?) DE MIRANDA I NADIE SE PVEDA ENTE(R)RAR SIN LICENCIA DEL MAIORAZGO (?)I LA(?) I HIZO DE NVEVO D. PEDRO DE MIRANDA SE\u00d1OR I MAIORAZO DE LA DICHA CASA ANO 1616\u201d.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi8EHl2DWKsEUv1-16LkiJRA_kUTrwYEQnoI0ekBLrWI4xy7eTtfWm1IOZsk-3WvQgj0dn2dPNZttXwQpEp_4titGb9pBC-wDCL7jYvpyqO6mHE4VCDPVPnPING0rfmQvw56IQvag\/s2048\/Laude+da+Capela+da+virxe+do+Rosario.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi8EHl2DWKsEUv1-16LkiJRA_kUTrwYEQnoI0ekBLrWI4xy7eTtfWm1IOZsk-3WvQgj0dn2dPNZttXwQpEp_4titGb9pBC-wDCL7jYvpyqO6mHE4VCDPVPnPING0rfmQvw56IQvag\/s2048\/Laude+da+Capela+da+virxe+do+Rosario.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>Os maiorazgos, eran instituci\u00f3ns feudais que pretend\u00edan manter o esplendor da clase nobre, e para a s\u00faa fundaci\u00f3n necesit\u00e1base a autorizaci\u00f3n do Rei. Ti\u00f1an unha vinculaci\u00f3n civil perpetua, por virtude da cal realiz\u00e1base unha sucesi\u00f3n na posesi\u00f3n e disfrute dos bens segundo regras especiais da vontade do testador ou do fundador do maiorazgo. Os maiorazgos foron suprimidos do Dereito Civil pola lei do 11-Outubro-1820 (Tratado de Genealog\u00eda, Her\u00e1ldica y Derecho Nobiliario, Instituto Lu\u00eds de Salazar y Castro \u2013C.S.I.C.- Hidalgu\u00eda, Madrid 1961, p\u00e1x.103)<\/p>\n<p>Esta laude, a primeira vista parece non ter que ver co escudo colocado o outro lado do altar da capela, pois no escudo de armas non est\u00e1 o bras\u00f3n das Cinco Doncelas, relevante da Casa dos Miranda, e poder\u00eda pensarse que nalgunha das reparaci\u00f3ns ou reformas sufridas no \u00faltimo s\u00e9culo pola capela, se colocaron \u00e1mbalas d\u00faas pezas xuntas, baixo a advocaci\u00f3n da Virxe do Rosario, pero soamente co criterio de conservalas, posto que ningu\u00e9n \u00eda ser enterrado al\u00ed nun futuro, e non se \u00eda romper ning\u00fan compromiso cos antigos donos do maiorazgo.<br \/>\nPero no mesmo arquivo de D. Alexandro Pedrosa Neyra, citado por D. Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, \u201cBlasones y Linajes de Galicia\u201d, Volumen IV, p\u00e1x. 372, atop\u00e1monos con: D. Pedro Miranda de Ron, \u00f3 que debe referirse a parte do laude: \u201cI HIZO DE NVEVO D. PEDRO MIRANDA SE\u00d1OR I MAIORAZO&#8230;\u201d. D. Pedro era irm\u00e1n de D. Alvaro D\u00edaz de Ron, de D\u00aa Mayor e de D\u00aa Leonor Miranda de Ron (se\u00f1ores das Casas de Barreiros, Santalla de Oscos e de Caldaloba, cuxa casa solar estaba emparentada cos Pesoz de Ibias, e cos Valcarcel dos Barrios). D. Pedro tivo tres fillas: D\u00aa In\u00e9s de Vaamonde que casou con D. Sancho L\u00f3pez de Moscoso y del R\u00edo; D\u00aa Mar\u00eda de Vaamonde que casou con D. Juan D\u00edaz Pardo de Donleb\u00fan e D\u00aa Mar\u00eda de Bola\u00f1o que casou con D. Alvaro P\u00e9rez de Navia. Por outra banda, D. Alvaro D\u00edaz de Ron \u00e9 padre de D. Diego S\u00e1nchez de Ron que casou con D\u00aa Teresa Gonz\u00e1lez de Rodil, da Casa de Villagudel, se\u00f1ora do maiorazgo de Barreiros. Tiveron por fillo a D. Fernando Rodil de Ron que sigue a li\u00f1axe, casando con D\u00aa Mar\u00eda Mayor Tobar y Vaamonde de Ribadeneira (irm\u00e1 de D. Gonzalo de Mes\u00eda e de D\u00aa Blanca Pimentel de Ribadeneira)&#8230; etc. etc.<\/p>\n<p>Como podemos ver na secuencia xeneal\u00f3xica relatada das xeraci\u00f3ns deste escudo de armas, os parentescos entrecruzados por matrimonio entre os bras\u00f3ns dos Escudos de Armas de Ribadeo, son evidentes. Non cabe d\u00fabida de que as \u00e1rbores xeneal\u00f3xicas dos Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, requiren un estudio aparte, moito m\u00e1is profundo do que este traballo pretende, pois n\u00f3s soamente queremos divulgar un pouqui\u00f1o da Her\u00e1ldica, Xenealox\u00eda e Nobiliario de Ribadeo, e dar\u00e9monos por contentos se espertamos o interese dalg\u00fans, incluso s\u00f3 duns poucos, pois iso querer\u00e1 dicir que sempre haber\u00e1 algu\u00e9n que recolla a testemu\u00f1a para seguir estudando e loitando para nunca esquecer a Historia do noso magn\u00edfico e exquisito Patrimonio, e que non \u00e9 doado de sacar a luz, pois est\u00e1 reflectido en m\u00faltiples disciplinas do saber, que requiren de tempo e perseveranza para ler e entender os escritos que nos dan os datos. Queda unha gran labor de estudo nos campos da Paleograf\u00eda, Diplom\u00e1tica, Simbolox\u00eda, Sixilograf\u00eda, Historiograf\u00eda, Arqueolox\u00eda, Ling\u00fc\u00edstica, etc. etc.<\/p>\n<p>Non queremos deixar sen comentar unha particularidade que vemos neste escudo. Est\u00e1 suxeito a parede con gramp\u00f3ns, e non empotrado nela, o que parece dar a entender, que o escudo pode non ser orixinario dunha capelan\u00eda do Convento de San Francisco, fundado no ano 1214, se non que pode proceder da antiga Colexiata de Santa Mar\u00eda do Campo (1207-1852) cando os confrades trasladan algunhas das capelan\u00edas, \u00f3 tempo que o bispado de Mondo\u00f1edo lle reclama o Cura P\u00e1rroco de Ribadeo os arquivos, documentos de fundaci\u00f3ns, foros e convenios, libros, xoias, inclu\u00edndo o b\u00e1culo e zapatillas do bispo D. Pelaio de Cebeira, roupas lit\u00farxicas e demais enseres, cando \u00eda ser desmantelada para facer unha nova Colexiata, que nunca foi levantada (La Colegiata de Ribadeo, D.Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez D\u00edaz-2011, pax.52). Este mesmo sistema de suxeici\u00f3n aparece na laude, e podemos velo tam\u00e9n no Escudo de Armas da Capela da Virxe das Dores, que describiremos nun pr\u00f3ximo artigo.<br \/>\nVemos, que antes ou despois, sempre nos atopamos coa \u201cmala sorte\u201d de Ribadeo, como no caso das pertenzas da Colexiata, que poder\u00edan estar en Ribadeo, formando parte do \u201ctesouro parroquial\u201d, como ocorre no Mosteiro de Lourenz\u00e1, na Catedral de Mondo\u00f1edo, ou como en calquera outro lugar que tivo e ten un lugar relevante na Historia de Galiza. Pero non, a Ribadeo o m\u00e1is normal, \u00e9 que se lle levanten \u201cpor orden de birlibirloque ou de b\u00f3bilis b\u00f3bilis\u201d todos cantos bens patrimoniais ten, e \u201csen unha queixa\u201d, pois, Ribadeo \u00e9 un pobo culto, tolerante e non gusta de liortas. \u00a1En fin!<\/p>\n<p>Xa vai sendo hora de que as nosas autoridades locais, sobre todo, provinciais e auton\u00f3micas se dean conta de que te\u00f1en a obriga de traballar polo noso patrimonio e de conservalo no propio territorio, nos pobos \u00f3s que pertence. Subli\u00f1o, sen ningunha d\u00fabida, o dito: \u201cRibadeo First\u201d (Primeiro Ribadeo) pois a\u00ednda que non estea de acordo coas moitas das ideas peculiares do Presidente Trump, si o estou co seu slogan de defender primeiro o seu, o da s\u00faa casa. N\u00f3s non podemos seguir perdendo, ano tras ano, todos cantos bens patrimoniais temos, de forma practicamente irrecuperable, pois son parte da nosa riqu\u00edsima Historia. Non vemos que haxa ningunha iniciativa para crear un listado inventariado de ditos bens, onde se diga, p.e.: \u201cben patrimonial XXL de Ribadeo, descrici\u00f3n, foto, soporte documental, est\u00e1 en tal sitio, gardado en dep\u00f3sito&#8230;\u201d \u00bfCantos restos arqueol\u00f3xicos da R\u00eda de Ribadeo desaparecen \u201csen deixar rastro\u201d? \u00bfCando se van escavar os Castros e po\u00f1elos en valor? \u00bfCando retornar\u00e1n os ach\u00e1degos do xacemento de Louselas? \u00a1Pero bueno, ese \u00e9 outro tema! \u00bfCantos bens de produci\u00f3n de riqueza nos deixaron os nosos ancestros, e s\u00f3 nos interesen os bens de servizo&#8230;? \u00a1Pero bueno, ese \u00e9 outro tema! \u00bfata cando seguir\u00e1 sendo todo, outro tema? \u00bfPara cando vai ser a construci\u00f3n dese magn\u00edfico Museo Arqueol\u00f3xico, dese Teatro, dese Pazo-Auditorio-Escola Superior da M\u00fasica&#8230;? \u00bfque non hai nin sequera proxecto de ning\u00fan deles? \u00a1Pois estamos apa\u00f1ados cos nosos pol\u00edticos, sen proxectos culturais, industriais ou portuarios de futuro!. Iso si, \u00a1Portos de Galiza choiando por destru\u00edr a Illa Pancha e o Faro, e Fomento sen dar luz a Ponte dos Santos, nin \u00f3s Santos da Ponte&#8230;! \u00bfE estes son dous organismos oficiais que \u201cvelan polo interese da cidadan\u00eda\u201d? Portos pretendendo palear a terra e a roca viva da Pancha, como si foran escombros, e Fomento destru\u00edndo a R\u00eda de Ribadeo con obra cada d\u00eda m\u00e1is \u201cincivil\u201d e deixando a ponte a escuras, para que \u201cpaseemos moi, pero que moi, namorados a luz das estrelas\u201d! \u00bfSer\u00e1 por isto&#8230;? \u00a1\u00d3 mellor ata lle lo temos que agradecer! \u00a1manda truco! \u00bfnon?<\/p>\n<p>Nota a posteriori: No artigo anterior dos <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/02\/escudos-do-altar-maior-de-santa-maria.html\">Escudos do Altar Maior de Sta. Mar\u00eda do Campo<\/a>, fac\u00edamos referencia a Capela da Misericordia, e segundo nos comentaron alg\u00fans veci\u00f1os, situ\u00e1mola mal. Polo que moi agradecidos pola advertencia, corriximos o erro: \u201cA Capela de Nosa Se\u00f1ora da Misericordia, estaba a case un terzo da r\u00faa Rodr\u00edguez Murias, na casa N\u00ba7 (hoxe de Nistal), entre a Casa de Sarmiento que sobresae \u00e1 r\u00faa e fai esquina, e a Boutique Valentina. Fronte a ela est\u00e1 instalada unha fonte p\u00fablica de auga, que poder\u00eda chamarse, como recordo: \u201cFonte da Misericordia\u201d, igual que a Fonte da S. Roque, a Fonte da Virxe do Cami\u00f1o, a fonte de S. L\u00e1zaro ou a fonte de Santiago de Vigo, todas elas denominadas pola s\u00faa situaci\u00f3n o lado da capela do santo respectivo. A Capela da Misericordia e a casa do lado onde viv\u00eda o capel\u00e1n, derrub\u00e1ronse \u201ca piqueta\u201d no mes de Abril de 1964 debido o seu estado ruinoso (La Comarca, 26-Abril-1964)\u201d. Moitas grazas a todos vos polas correcci\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dentro da Igrexa Parroquial de Sta. Mar\u00eda do Campo de Ribadeo, \u00f3 lado destro da \u00e1bsida do altar maior, est\u00e1 a Capela da Virxe do Rosario e a continuaci\u00f3n a Sancrist\u00eda. No frontal esquerdo, xunto do seu altar, est\u00e1 esta pedra armeira, case cadrada que presenta un escudo de armas semicortado e partido, cuxa composici\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,37,46],"class_list":["post-5908","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-illa-pancha","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5908","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5908"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5908\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5908"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5908"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5908"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}