{"id":5905,"date":"2017-03-16T07:40:00","date_gmt":"2017-03-16T06:40:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:40:03","modified_gmt":"2024-11-12T12:40:03","slug":"o-dereito-o-publico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/03\/16\/o-dereito-o-publico\/","title":{"rendered":"O DEREITO \u00d3 P\u00daBLICO"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Nos derradeiros d\u00edas temos asistido a unha avalancha de publicidade en t\u00f3dolos medios, destinada a insistir na inminencia dun hotel que leva sendo inminente dende hai dous anos. Esta morea de v\u00eddeos, artigos, especiais adicados \u00e1 reconversi\u00f3n hoteleira dos faros espa\u00f1ois e a asocialos \u00e1 idea de progreso e confort, interv\u00e9n no momento no que as obras do faro da Illa Pancha avanzan e vaise esgotando o \u00faltimo prazo que restar\u00eda dignidade e credibilidade ministerial a un proxecto que apostou forte coa imaxe da nosa illa e o seu faro-hotel. A publicidade &#8216;or\u00e1culo&#8217; \u00e1 que nos ten afeitos o programa &#8216;Faros de Espa\u00f1a&#8217;, como se un plan fora un feito consumado, tense visto incrementada dende que o Defensor del Pueblo deslexitimou de xeito p\u00fablico o proxecto de hotel no faro de Ribadeo, \u00f3 po\u00f1er \u00f3 descuberto todas as fallas do expediente. Certo que, a\u00ednda co peso desta instituci\u00f3n e co valor incuestionable do primeiro estudo minucioso que ten sido divulgado sobre o tema, outras instituci\u00f3ns parecen obviar -polo momento- esta realidade, e multiplican a publicidade co fin de afogar o impacto do Defensor en calquera que te\u00f1a unha conciencia sobre o que debe ser un curso legal.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En &#8216;Por nuestro faro&#8217; temos insistido dende o comezo en todas estas cuesti\u00f3ns que desbaratan un proxecto destinado a pasar desliz\u00e1ndose diante dos nosos ollos, facendo o m\u00ednimo ru\u00eddo, e creando unha m\u00ednima resposta social. O defensor deunos a raz\u00f3n, e as\u00ed o ten feito saber. Debera de abondar. Por iso quiz\u00e1is debera estra\u00f1arnos -pero non nos estra\u00f1a- que certas instituci\u00f3ns decidan parapetarse nos seus propios intereses obviando as recomendaci\u00f3ns baseadas en feitos reais  e legais, pero todo \u00e9 posible: consegu\u00edronse sortear as carencias do expediente en cada paso do cami\u00f1o, xugouse \u00e1 informaci\u00f3n enganosa, e \u00e1 desinformaci\u00f3n de masas, dende o Ministerio co seu programa de reconversi\u00f3n hoteleira, ou Puertos co seu contrato de concesi\u00f3n, ata o concello de Ribadeo coa s\u00faa licenza a cegas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Somos conscientes de ter raz\u00f3n, e de contar co aval dunha instituci\u00f3n independente, e iso non fai m\u00e1is que reforzar a nosa determinaci\u00f3n. Non obstante, todo o ru\u00eddo xerado arredor destas cuesti\u00f3ns estanos afastando da ofensa orixinal  que sup\u00f3n instalar un hotel para uso privado nun enclave p\u00fablico, nun edificio emblem\u00e1tico, noso templo, e no noso propio xard\u00edn.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A idea de luxo, de instante privilexiado, que non para de difundirse nestes \u00faltimos d\u00edas, vai asociada \u00e1 idea de exclusivo e de privado, de pagar polo que \u00e9 noso ou, en caso contrario, de cerrarnos o paso. A idea que nos facemos do faro e da illa Pancha vai e ir\u00e1 sempre asociada \u00e1 idea do p\u00fablico, non podemos pagar por entrar na nosa propiedade, nin nos poden impedir o acceso. Non se pode profanar un s\u00edmbolo e convertilo nun emblema mercenario de cinco estrelas, non se pode. Nin un particular nin unha instituci\u00f3n, erixirse en xestora dun ben patrimonial e natural e po\u00f1erlle prezo a un valor incalculable. \u00c9 un sinsentido, e conv\u00e9n lembrar as bases deste principio tan evidente, por se algunha instituci\u00f3n vinculada de xeito sentimental a Ribadeo  decidira defender o dereito de todos os ribadenses, o dereito \u00f3 p\u00fablico. &#8216;Por nuestro faro&#8217; vai seguir fac\u00e9ndoo.<\/p>\n<p>Covadonga Su\u00e1rez, do colectivo &#8216;Por nuestro faro&#8217;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjrH1Tx6KAfOtOxJ4UbONnczaY2YuxyC8vRBAw0GRJAkRlWsU9lwBArRkBUHbYwGsM4BaBQJP2E3XrMr1eYOTUGy9S8SKADzwJ1eE2AoiFZXAD7cB6whq34PTgW7Dxnv5iugc4-mg\/s2048\/Illa+Pancha_f%25C3%25B3ra.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; float: right; margin-bottom: 1em; margin-left: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjrH1Tx6KAfOtOxJ4UbONnczaY2YuxyC8vRBAw0GRJAkRlWsU9lwBArRkBUHbYwGsM4BaBQJP2E3XrMr1eYOTUGy9S8SKADzwJ1eE2AoiFZXAD7cB6whq34PTgW7Dxnv5iugc4-mg\/s2048\/Illa+Pancha_f%25C3%25B3ra.jpg\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Nos derradeiros d\u00edas temos asistido a unha avalancha de publicidade en t\u00f3dolos medios, destinada a insistir na inminencia dun hotel que leva sendo inminente dende hai dous anos. Esta morea de v\u00eddeos, artigos, especiais adicados \u00e1 reconversi\u00f3n hoteleira dos faros espa\u00f1ois e a asocialos \u00e1 idea de progreso e confort, interv\u00e9n no momento no [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[36,37],"class_list":["post-5905","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-covadonga-suarez","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5905","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5905"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5905\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5905"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5905"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5905"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}