{"id":5899,"date":"2017-03-21T08:23:00","date_gmt":"2017-03-21T07:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:39:45","modified_gmt":"2024-11-12T12:39:45","slug":"peprich","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/03\/21\/peprich\/","title":{"rendered":"Peprich"},"content":{"rendered":"<p>Unha nota de prensa de onte, que deixo embaixo, da que se fan eco os xornais de hoxe, da conta dun fito no PEPRICH de Ribadeo.<\/p>\n<p>Coido que o primeiro \u00e9 deixar claro que \u00e9 o PEPRICH: Plan Especial de Protecci\u00f3n e Reforma Interior do Conxunto Hist\u00f3rico. Ent\u00e9ndese que algo as\u00ed como un PXOM m\u00e1is detallado para a zona vella.<\/p>\n<table cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"float: right; margin-left: 1em; text-align: right;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiTSUQII62jJ_pxToe-yQDML0Bge3JBxEQWilNJYmkG0IkVbG1rDD5uoANq35UTN_QDS_NLwXKHUH1JOPPDbVyK6HvF1prO1IQvBg2DIRdrqLbWBLEwUmE0vER41n6kogqiNiQ2EA\/s2048\/propeprich.png\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: right; margin-bottom: 1em; margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiTSUQII62jJ_pxToe-yQDML0Bge3JBxEQWilNJYmkG0IkVbG1rDD5uoANq35UTN_QDS_NLwXKHUH1JOPPDbVyK6HvF1prO1IQvBg2DIRdrqLbWBLEwUmE0vER41n6kogqiNiQ2EA\/s2048\/propeprich.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">O PEPRICH na p\u00e1xina do concello<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Hai tempo que comezou a s\u00faa andaina, e, de feito, pode verse a\u00ednda na web do concello que foi aprobado de xeito inicial no 2014. Al\u00ed aparece unha ligaz\u00f3n (que <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2014\/08\/sobre-o-edificio-da-praza-de-espana-en.html\">deixei referida e usei nunha ilustraci\u00f3n en agosto dese ano<\/a>) que, a d\u00eda de hoxe, non se pode usar, xa non hai o contido a que est\u00e1 referida, despois do que di a nota do concello de onte (que non avisa do feito) de que foron aceptadas abondas alegaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>A nota de prensa de onte aparece sen ning\u00fan documento m\u00e1is \u00f3 que se refira, facendo fincap\u00e9 en que agora debe pasar o informe da Xunta nun prazo m\u00e1is ben breve, que non especifica tampouco.<\/p>\n<p>Esperemos que ese paso pola Xunta non se volte a convertir noutro enfrontamento de fondo pol\u00edtico \u00f3s que nos te\u00f1en afeitos.<\/p>\n<p>Non sei se o tema necesita tratarse en pleno (ten que haber un antes de fin de mes, xa foi a Xunta previa, pero a\u00ednda non est\u00e1 convocado, que saiba); polo que di a nota int\u00fao que non, quedando sen m\u00e1is informaci\u00f3n ata que a Xunta fale.<\/p>\n<p>Mentres, outros datos recollidos nas p\u00e1xinas da Xunta:<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.xunta.gal\/hemeroteca\/-\/nova\/011771\/xunta-achegou-1-8-millons-euros-dez-concellos-lucenses-para-colaborar-coa-redaccion\">Case 400 000 \u20ac para o &#8216;PEPCHA Ribadeo&#8217;<\/a><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.xunta.gal\/dog\/Publicados\/2014\/20140509\/AnuncioL451-210414-0001_gl.html\">Aprobaci\u00f3n inicial do Peprich<\/a><\/p>\n<p>A <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2359&amp;lg=gal\">nota que aparece na web do concello<\/a>:<\/p>\n<p><em>O CASCO VELLO DISPOR\u00c1 DUN PLANEAMENTO PROPIOS<\/em><\/p>\n<p><em>Peprich<\/em><\/p>\n<p><em>20\/03\/2017<\/em><\/p>\n<p><em>O pasado venres foi asinada a aprobaci\u00f3n provisional do Plan Especial de Protecci\u00f3n e Reforma Interior do Conxunto Hist\u00f3rico de Ribadeo. Agora o documento deber\u00e1 ser informado pola Xunta para posteriormente sometelo \u00e1 aprobaci\u00f3n do pleno. O alcalde de Ribadeo, Fernando Su\u00e1rez, contou que durante o per\u00edodo de exposici\u00f3n p\u00fablica do Peprich foron presentadas 122 alegaci\u00f3ns das que o 75% foron estimadas total ou parcialmente.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor subli\u00f1ou que &#8220;estes d\u00edas vimos de dar outro pequeno grande paso con vistas a que o casco vello de Ribadeo dispo\u00f1a dun planeamento propio. De feito o pasado venres asinamos a aprobaci\u00f3n provisional do Peprich, o Plan Especial de Protecci\u00f3n e Reforma Interior do Conxunto Hist\u00f3rico de Ribadeo, o que \u00e9 co\u00f1ecido popularmente como o casco vello&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia explicou que &#8220;despois de manter unha xuntanza cos voceiros dos diferentes grupos pol\u00edticos, onde por parte da empresa redactora Eptisa lles explicamos todo este per\u00edodo de dous anos desde a s\u00faa aprobaci\u00f3n inicial en abril de 2014, despois de que se abrira un per\u00edodo de exposici\u00f3n p\u00fablica para a presentaci\u00f3n de alegaci\u00f3ns. En total houbo 122, que se referiron maioritariamente \u00e1 revisi\u00f3n de li\u00f1as de cornixa ou de fondos edificables, das cales estim\u00e1ronse de maneira total ou parcial unhas 91, practicamente o 75% das alegaci\u00f3ns presentadas foron estimadas ou total ou parcialmente&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense salientou que &#8220;este Peprich, que \u00e9 un plan especial urban\u00edstico do \u00e1mbito do casco vello, a\u00ednda que en extensi\u00f3n non \u00e9 tan grande como o plan xeral loxicamente, si que conleva un sinf\u00edn de informes sectoriais de diferentes departamentos da Xunta de Galicia, de Patrimonio, de Urbanismo, de Medio Ambiente, etc\u2026, como tam\u00e9n de diferentes informes do Estado, do Ministerio de Fomento, da Autoridade Portuaria. En definitiva un total de 23 informes sectoriais que houbo que ir adapt\u00e1ndose aos seus requerimentos e nalg\u00fans casos envialos varias veces ata que finalmente todos foron favorables, de a\u00ed que puid\u00e9ramos facer este paso, que \u00e9 a aprobaci\u00f3n provisional&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez detallou que &#8220;agora ter\u00e9molo que mandar \u00e1 Direcci\u00f3n Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, que ter\u00e1 un prazo relativamente curto para facer un \u00faltimo informe, para que despois o pleno da corporaci\u00f3n poida sometelo a aprobaci\u00f3n definitiva. Ese ser\u00e1 o \u00faltimo paso necesario para que este Peprich poida entrar en vigor e conseguir os obxectivos que se pretenden&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor relatou que &#8220;os obxectivos deste plan son a conservaci\u00f3n, o fortalecemento da identidade e a posta en valor da vila de Ribadeo co seu conxunto hist\u00f3rico, manter o uso residencial como un uso caracter\u00edstico do casco hist\u00f3rico, contribu\u00edr \u00e1 recuperaci\u00f3n das actividades produtivas, e rematar a ordenaci\u00f3n do borde oriental e dos demais espazos baleiros existentes neste casco vello, e a mellora dos servizos urban\u00edsticos e de urbanizaci\u00f3n&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia recalcou que &#8220;\u00e9 moi boa noticia que ven despois dun proceso de traballo moi longo e intenso coa empresa redactora Eptisa, \u00e1 que lle estamos agradecidos polo seu traballo, e esperemos que dentro de pouco poidamos falar non xa da aprobaci\u00f3n provisional como \u00e9 o caso, sen\u00f3n da aprobaci\u00f3n definitiva&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha nota de prensa de onte, que deixo embaixo, da que se fan eco os xornais de hoxe, da conta dun fito no PEPRICH de Ribadeo. Coido que o primeiro \u00e9 deixar claro que \u00e9 o PEPRICH: Plan Especial de Protecci\u00f3n e Reforma Interior do Conxunto Hist\u00f3rico. Ent\u00e9ndese que algo as\u00ed como un PXOM m\u00e1is [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65],"class_list":["post-5899","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5899","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5899"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5899\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5899"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5899"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5899"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}