{"id":5895,"date":"2017-03-24T08:25:00","date_gmt":"2017-03-24T07:25:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:39:39","modified_gmt":"2024-11-12T12:39:39","slug":"nove-puntos-e-tres-mocions-pleno","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/03\/24\/nove-puntos-e-tres-mocions-pleno\/","title":{"rendered":"Nove puntos e tres moci\u00f3ns: pleno"},"content":{"rendered":"<p>20170323, xoves, 20.30 da noite, sal\u00f3n de plenos, 17 concelleiros, o persoal t\u00e9cnico do concello, 22 persoas de p\u00fablico e dous reporteiros. <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/03\/hoxe-hai-pleno-ainda-que-informacion.html\">Pleno<\/a>. Entre o p\u00fablico, d\u00faas monxas (da congregaci\u00f3n que leva o hospital asilo), un t\u00e9cnico do concello, tres persoas relacionadas co accidente do Alvia, tres persoas do PSOE, alg\u00fan casual e o resto, apoyando para a moci\u00f3n a favor de paralizar a licenza de obras do faro.<\/p>\n<p>&nbsp; O primeiro punto, a aprobaci\u00f3n de acta do pleno de 24 de xaneiro, aprobado sen discusi\u00f3n, e o segundo punto, a toma de posesi\u00f3n de Cristina Losas como concelleira, pasaron nun santiam\u00e9n.<\/p>\n<p>&nbsp; O terceiro punto e o cuarto estaban relacionados co hospital asilo de San Sebasti\u00e1n e San L\u00e1zaro. Un, en relaci\u00f3n \u00f3 regulamento do seu funcionamento e outro, en canto \u00f3s prezos. F\u00edxose lembranza de que para a aprobaci\u00f3n definitiva fai falta unha aprobaci\u00f3n inicial, un per\u00edodo de exposici\u00f3n dun mes, e, se non hai alegaci\u00f3ns, queda aprobado, e, se as hai, hai que volver a votar se se modifica ou non para que a aprobaci\u00f3n sexa definitiva.<\/p>\n<p>&nbsp; En canto \u00f3 horario, a reduci\u00f3n de visitas, de 7 a 3 horas, sen visitas pola ma\u00f1\u00e1, foi discutida, quedando a votaci\u00f3n 15 si &#8211; 0 abstenci\u00f3ns &#8211; 2 non. Dada a composici\u00f3n do pleno, 10 BNG, 4 PP, 2 PSOE e 1 C&#8217;s, \u00e9 doado seguir o que votou cada grupo \u00f3 ver o resultado das votaci\u00f3ns.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhPs54T6W3_MmDzrecKo2SKPbIPEUedZRYtJ4El5j9MaZHfndXgDXV86RfHeCXwYEQkBdHxPkurx0mz-TQNfKonrr9js0Vbhth6JDmPXxaoEFi6NAyO3r-F6woHHQbOXtdkpxTjtw\/s2048\/pleno+20170323.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhPs54T6W3_MmDzrecKo2SKPbIPEUedZRYtJ4El5j9MaZHfndXgDXV86RfHeCXwYEQkBdHxPkurx0mz-TQNfKonrr9js0Vbhth6JDmPXxaoEFi6NAyO3r-F6woHHQbOXtdkpxTjtw\/s2048\/pleno+20170323.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp; En canto \u00f3s prezos, houbo unha discusi\u00f3n abondo m\u00e1is longa, no que sa\u00edron a relocer en repetidas ocasi\u00f3ns tanto os datos aportados pola congregaci\u00f3n que leva o asilo como o informe do t\u00e9cnico municipal, aire\u00e1ndose por toda a oposici\u00f3n que nos gastos aportados figuraran billetes de avi\u00f3n, exercicios espirituais ou &#8216;comunidade&#8217; (24 000 \u20ac). Por parte do equipo de goberno defendeuse que \u00e9 unha actualizaci\u00f3n, non unha suba dos prezos, despois de estar sen actulizar varios anos, tentando facer a residencia sostible sen que o acceso tam\u00e9n o deixe de ser (sempre menos dun 90% de pensi\u00f3n, a\u00ednda que se poda recurrir a reclamar propiedades dos asilados ou \u00e1 familia para aportaci\u00f3ns, coa norma de que os fillos te\u00f1en a obriga de coidar dos pais), que \u00e9 e seguir\u00e1 a ser a m\u00e1is barata da zona e que mesmo ten m\u00e1is puntuaci\u00f3n para entrar o ter menos ingresos. A reclamaci\u00f3n para un exame con m\u00e1is calma foi as\u00ed mesmo negada por v\u00eda de dicir que xa se adiantara a comisi\u00f3n, cun aviso que distou m\u00e1is dunha semana do pleno. Foi citado adem\u00e1is que un requerimento da Xunta hai uns tres anos en relaci\u00f3n \u00e1s deficiencias que presenta foi contestada polo concello cun &#8216;se quere, p\u00e9chea, e dispo\u00f1a dos 45 asistidos&#8217;, con inhibici\u00f3n posterior da Xunta. Asemade, foi lembrado o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2010\/05\/sobre-os-dereitos-igualdade-e.html\">cambio de regulamento no ano 2009<\/a>.<\/p>\n<p>A votaci\u00f3n quedou 10 &#8211; 0 &#8211; 7<\/p>\n<p>&nbsp; O punto 5, daci\u00f3n de contas, pasouse sen intervenci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp; O 6, o convenio do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=ARI\">ARI<\/a>, saldouse cunha pequena explicaci\u00f3n de que se trataba da bonificaci\u00f3n de licenzas de obra adscritas \u00f3 ARI. Votaci\u00f3n: 15 &#8211; 2 &#8211; 0<\/p>\n<p>&nbsp; O punto 7, convenio de dinamizaci\u00f3n comercial 2017-2019 con <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/ACISA\">ACISA<\/a>, no que o concello aporta 14 000 \u20ac cada un dos 3 anos, saldouse con intervenci\u00f3ns de PSOE e PP agradecendo os servizos a ACISA e pedindo que os pagos a ACISA e outras asociaci\u00f3ns se fagan con premura. Resultado: 15 &#8211; 2 &#8211; 0<\/p>\n<p>&nbsp; Punto 8: Supresi\u00f3n da taxa de biblioteca municipal. Por harmonizaci\u00f3n e entrada nun sistema galego de bibliotecas, pediuse a supresi\u00f3n da taxa (4,02 \u20ac\/ano), o que foi aprobado por unanimidade.<\/p>\n<p>&nbsp; O punto 9, control de \u00f3rganos da corporaci\u00f3n pasouse sen intervenci\u00f3ns, entrando no apartado adicado a moci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp; A primeira moci\u00f3n vista, presentada polo BNG, foi de apoio \u00e1s reclamaci\u00f3ns dos afectados polo accidente do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Alvia\">Alvia<\/a> 730, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Accidente_de_Angrois\">n\u00ba 04155 en Angrois<\/a>, Santiago, lendo adem\u00e1is un texto presentado polos tres asistentes relacionados co accidente (no que se fixo un repaso de diversas cousas e se promocionou a vista do documental &#8216;Frankestein 04155&#8217;), que pasaron toda a moci\u00f3n en p\u00e9. 17 &#8211; 0 &#8211; 0<\/p>\n<p>&nbsp; A segunda, presentada polo PP, foi a petici\u00f3n \u00e1 Xunta de inicio de tr\u00e1mites para a declaraci\u00f3n d<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=As+Cruces\">as Cruces<\/a> como &#8216;festa de interese tur\u00edstico &#8220;rexional&#8221;&#8216;. Ana M\u00aa Mart\u00ednez, representando o goberno municipal, deu un repaso \u00e1s caracter\u00edsticas que debe ter unha festa para ser cualificada de interese tur\u00edstico, sinalando que non exist\u00edan as festas de interese tur\u00edstico rexional, sen\u00f3n de interese tur\u00edstico galego, e que o goberno levaba tempo reunindo datos e facendo intervir \u00f3s veci\u00f1os para un informe como \u00e9 debido previo \u00e1 instrucci\u00f3n do expediente. Rematou dicindo que hab\u00eda acordo no fondo, non na forma. Non se aprobou: 4 &#8211; 3 &#8211; 10<\/p>\n<p>&nbsp; A terceira, a petici\u00f3n dunha pasarela para o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=Gregorio+Sanz\">C.P. Gregorio Sanz<\/a>, presentada polo PSOE, foi aprobada con unanimidade.<\/p>\n<p>&nbsp; Neste punto, \u00e1s 10 menos 10, foi presentada polo PSOE a petici\u00f3n de urxencia para unha <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/03\/mocion-sobre-o-deixar-facer-un-hotel-na.html\">moci\u00f3n que non entrou no pleno sobre as obras na illa Pancha<\/a>. O PSOE presentou a urxencia dun xeito curto, como debido \u00f3 avanzado do proceso e base\u00e1ndose no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/02\/escrito-de-resposta-do-defensor-del.html\">informe do Defensor del Pueblo<\/a>. Foi respondido polo alcalde, apuntando que &#8216;di unha serie de cousas que nos preocupan moito&#8217;, repetindo (unha vez m\u00e1is, en contradici\u00f3n outras veces no que expresou unha idea contraditoria con esta) que se cumpre, ten que dala, pois se non, \u00e9 prevaricaci\u00f3n. Argumentou que se referiu a diversas instituci\u00f3ns e entidades hai un mes e que polo momento non ten resposta de ningunha, que non escapa \u00f3 debate pero que cando foi presentada a moci\u00f3n non lle viron obxecto o presentala, que di unha serie de cousas que non se mante\u00f1en xur\u00eddicamente&#8230; b\u00e1sicamente, respostou que parar as obras ten que dicilo o xu\u00edz. Apostillou que o concello non se adica a revisar os informes de outros e que acuda (o Defensor) directamente \u00e1 xustiza [algo que entendo que non pode facer]. A resposta de Aurora Gonz\u00e1lez, do PSOE, que recalcou que o alcalde reco\u00f1ec\u00eda que lles preocupaba, logo algo hai, foi respondida cun lac\u00f3nico, breve e pouco audible &#8216;si, si, si&#8217;. 2 &#8211; 15 &#8211; 0, a moci\u00f3n non pasou, e nese momento, a excepci\u00f3n de seis persoas, sa\u00edu todo o p\u00fablico do sal\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>20170323, xoves, 20.30 da noite, sal\u00f3n de plenos, 17 concelleiros, o persoal t\u00e9cnico do concello, 22 persoas de p\u00fablico e dous reporteiros. Pleno. Entre o p\u00fablico, d\u00faas monxas (da congregaci\u00f3n que leva o hospital asilo), un t\u00e9cnico do concello, tres persoas relacionadas co accidente do Alvia, tres persoas do PSOE, alg\u00fan casual e o resto, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37,42],"class_list":["post-5895","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5895","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5895"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5895\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5895"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5895"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5895"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}