{"id":5893,"date":"2017-03-26T17:01:00","date_gmt":"2017-03-26T15:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:39:37","modified_gmt":"2024-11-12T12:39:37","slug":"sentenza-da-subestacion-electrica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/03\/26\/sentenza-da-subestacion-electrica\/","title":{"rendered":"SENTENZA DA SUBESTACION ELECTRICA. Evaristo Lombardero Rico, 22\/3\/2013"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Nos pr\u00f3ximos d\u00edas vaise co\u00f1ecer a sentenza do contencioso administrativo promovido polos veci\u00f1os de Pi\u00f1eira contra a ubicaci\u00f3n da subestaci\u00f3n el\u00e9ctrica promovida  <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=Eon\">BEGASA- EON<\/a> ca colaboura do Concello de Ribadeo, a Conseller\u00eda de Industria  e a sociedade SEPES que o d\u00eda 31 de xullo de 2008 asinaron un convenio, sen que houbese nengunha documentaci\u00f3n oficial, como <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2009\/04\/trigo-limpio.html\">declarou o Sr. Alcalde en xaneiro de 2009<\/a>. Un pouco antes, na exposici\u00f3n p\u00fablica do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/PXOM\">PXOM<\/a> en maio-xu\u00f1o xa figuraba unha reserva de solo no monte comunal de Pi\u00f1eira para edificar esta subestaci\u00f3n. O prantexamento dos vecinos \u00e9 moi doado de entender, non se opo\u00f1en \u00e1 subestaci\u00f3n en si, sen\u00f3n en concreto \u00e1 ubicaci\u00f3n, pola proximidade aos n\u00facleos de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Folgosa,_Pi%C3%B1eira,_Ribadeo\">Folgosa<\/a>, Reverte e \u00e1 <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=pol%C3%ADgono+industrial\">\u00e1rea industrial prevista na mesma zona<\/a>, prantexando unha ubicaci\u00f3n alterntiva, no mesmo monte, desplazada a uns 400 metros ao sur.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; De t\u00f3dolos xeitos o sustancial deste asunto non \u00e9 a protesta da veci\u00f1anza sen\u00f3n a falla dun debate democr\u00e1tico e dunha documentaci\u00f3n t\u00e9cnica que xustifique non so a ubicaci\u00f3n, sen\u00f3n a propia necesidade desta infraestructura e mesmo as reformas do proxecto que os promotores foron introducindo ao longo do tempo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Empezouse anunciando unha subestaci\u00f3n de 400 000 voltios (xullo 2008) para pasar a 136 000 voltios (xaneiro 2009), sen explicaci\u00f3n de neng\u00fan tipo. Presentouse un \u201cproxecto\u201d en marzo do mesmo ano que ocupar\u00eda 3 500 metros cadrados, para retiralo deseguido e presentar outro en maio de 2010, nunha superficie de 11 800. A \u00fanica xustificaci\u00f3n dos promotores res\u00famese na seguinte expresi\u00f3n \u201c\u2026nuevos estudios topogr\u00e1ficos exigen ampliar\u2026\u201d. En xullo de 2011 a Delegaci\u00f3n de industria de Lugo remite aos vecinos unha resposta de EON \u00e1s alegaci\u00f3ns que di \u201c\u2026 no es objeto de la memoria ni del proyecto t\u00e9cnico la justificaci\u00f3n de la elecci\u00f3n de la ubicaci\u00f3n donde pretende implantarse esta infraestructura\u2026\u201d Despois xustificabase co PXOM (daquela xa suspendido) e ca aprobaci\u00f3n do concello e segu\u00eda ca seguinte p\u00e9rola, refer\u00edndose \u00e1 necesidade da subestaci\u00f3n \u201c\u2026 ha sido holgadamente difundido en distintos medios de comunicaci\u00f3n\u2026\u201d .     <\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Despois de tramitar os permisos pertinentes as obras de explanamento dos terreos comezan en febreiro de 2013 e paral\u00edzanse ao cabo de tres meses, sen neng\u00fan tipo de explicaci\u00f3ns. No mes de decembro seguinte a Comunidade de Montes de Pi\u00f1eira formaliza o contencioso que mencionamos ao comezo e a empresa xustifica a paralizaci\u00f3n das obras por este motivo. Ou sexa seis meses mais tarde, nos que puido negociar ou tramitar o cambio de localizaci\u00f3n. A mais de que ser\u00eda o \u00fanico caso na historia no que unha multinacional como EON (n\u00ba 44 do mundo por volumen de negociado nunha listaxe publicada en 2008)  paralizase unha obra pola iniciativa dos veci\u00f1os. De feito a sentencia do Tribunal Supremo obligando a trasladar a subestaci\u00f3n de Mondo\u00f1edo segue incumplida dous anos mais tarde.<\/p>\n<p>Ao longo destes anos puidemos comprobar que o Sr. Alcalde de Ribadeo e mais os conselleiros de Industria (primeiro do BNG e despois do PP) seguiron ao pe da letra as indicaci\u00f3ns da multinacional, apoiaron entusi\u00e1sticamente unha subestaci\u00f3n sen proxecto t\u00e9cnico documentado e publicitado, sen formar parte de neng\u00fan plan enerx\u00e9tico debatido democr\u00e1ticamente, aplaudiron a campa\u00f1a medi\u00e1tica, colaboraron \u00e1 manipulaci\u00f3n informativa e sempre vendendo a ideolox\u00eda desenrolista que sustenta a estafa que chaman crise.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Encadre centrado (aprox.) no lugar previsto para a subestaci\u00f3n el\u00e9ctrica:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgiklA7fhAqY-W7TkPj3Mrnc039Ne03m_NJoNRYkZo7xwwuWVosm9pA1sQoscHNjvhV_z2EywLO7u1gfqiHAvyGX7bJuONY3CpyR90Cusf9eenGUW1b6AWmk8RPR-iu82LvBwXdtg\/s2048\/lugar+da+subestaci%25C3%25B3n+el%25C3%25A9ctrrica+de+Pi%25C3%25B1eira.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgiklA7fhAqY-W7TkPj3Mrnc039Ne03m_NJoNRYkZo7xwwuWVosm9pA1sQoscHNjvhV_z2EywLO7u1gfqiHAvyGX7bJuONY3CpyR90Cusf9eenGUW1b6AWmk8RPR-iu82LvBwXdtg\/s2048\/lugar+da+subestaci%25C3%25B3n+el%25C3%25A9ctrrica+de+Pi%25C3%25B1eira.png\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Nos pr\u00f3ximos d\u00edas vaise co\u00f1ecer a sentenza do contencioso administrativo promovido polos veci\u00f1os de Pi\u00f1eira contra a ubicaci\u00f3n da subestaci\u00f3n el\u00e9ctrica promovida BEGASA- EON ca colaboura do Concello de Ribadeo, a Conseller\u00eda de Industria e a sociedade SEPES que o d\u00eda 31 de xullo de 2008 asinaron un convenio, sen que houbese nengunha documentaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,34,26,87,9],"class_list":["post-5893","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-evaristo-lombardero","tag-medio","tag-pxom","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5893","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5893"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5893\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5893"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5893"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5893"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}