{"id":5890,"date":"2017-03-27T20:50:00","date_gmt":"2017-03-27T18:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:39:32","modified_gmt":"2024-11-12T12:39:32","slug":"escudo-da-capela-da-virxe-das-dores-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/03\/27\/escudo-da-capela-da-virxe-das-dores-de\/","title":{"rendered":"ESCUDO DA CAPELA DA VIRXE DAS DORES de SANTA MAR\u00cdA DO CAMPO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjRYP0u5TozOiYQbUTRcvq3UVDBQR06axU-QXklTvc01DtGPOSAdtEOff_oyhvgUt6-1E5w0LQ22_BqNaZmlV1fs3cyPJBhhzZkTWKFFMoBCD1v77nXhZ0GEMaX09ygfvxPwT8tpg\/s2048\/escudo+da+capela+da+virxe+das+dores+de+sta+Mar%25C3%25ADa+do+Campo.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjRYP0u5TozOiYQbUTRcvq3UVDBQR06axU-QXklTvc01DtGPOSAdtEOff_oyhvgUt6-1E5w0LQ22_BqNaZmlV1fs3cyPJBhhzZkTWKFFMoBCD1v77nXhZ0GEMaX09ygfvxPwT8tpg\/s2048\/escudo+da+capela+da+virxe+das+dores+de+sta+Mar%25C3%25ADa+do+Campo.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Na <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ribadeo,_Ribadeo#Patrimonio\">Igrexa Parroquial de Santa Mar\u00eda do Campo de Ribadeo<\/a>, \u00e1 man esquerda da \u00e1bsida do altar maior, at\u00f3pase a capela da Virxe das Dores. Pasada a porta enrellada, a man sinistra est\u00e1 pendurado na parede este elegante Escudo de Armas, de bordes desiguais, posiblemente, pertencente o padroado desta capela.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Introducimos, na redacci\u00f3n deste texto, o termo \u201cposiblemente\u201d, posto que o escudo est\u00e1 afirmado por catro fixas \u00e1 parede, e non empotrado na parede como a maior\u00eda dos outros escudos desta Igrexa Parroquial. Isto l\u00e9vanos a dubidar, de se o escudo \u00e9 realmente dun maiorazgo do antigo Convento de S. Francisco (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1214\">1214<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1835\">1835<\/a>) ou se foi trasladado aqu\u00ed da antiga Colexiata de Ribadeo (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1209\">1209<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1852\">1852<\/a>): suprimida en 1851, con data do 28 de decembro de 1852, o Gobernador Eclesi\u00e1stico de Mondo\u00f1edo ordenou o Cura P\u00e1rroco o traslado de \u201carquivos, documentos de fundaci\u00f3ns, foros e convenios, libros, roupas lit\u00farxicas, alfaias e demais aparellos, entre os que estaban o b\u00e1culo e zapatillas do Bispo Pelaio de Cebeira&#8230;&#8221; (La Colegiata de Ribadeo, Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez D\u00edaz, pax. 52). \u00c9 posible que por estas datas, algunhas familias donas de maiorazgos, trasladaran o seu escudo familiar, da Colexiata para o Convento de San Francisco como xa comentamos no artigo: \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=Escudo+da+Capela+da+Virxe+do+Rosario\">Escudo da Capela da Virxe do Rosario<\/a>\u201d (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 18-Marzo-2017)<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; No contorno do escudo, sobre a cartela, exterior \u00f3 campo do escudo, est\u00e1 gravada a lenda: \u201cRNE I PASARON I \u00d1V MAR DEL BILLAR (flanco destro); NAVIA I CASTRILL\u00d3N (flanco sinistro); A\u00d1O 1594 (en punta). Non entendemos o significado de todo o texto do flanco destro (RNE PASARON I \u00d1V MAR DEL BILLAR) debido a que falta a inscrici\u00f3n do borde alto, e non co\u00f1ecemos a lenda anterior a \u201c&#8230;RNE\u201d e \u201c\u00d1V\u201d poder\u00eda ser NU\u00d1O ou quizais NU\u00d1EZ, e MAR case seguro \u00e9 MARIA, pero non encontramos unha clara referencia nos nobiliarios nin chanciller\u00edas con NU\u00d1O nin con NU\u00d1EZ MARIA DEL BILLAR (ou DEL VILLAR)<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A\u00ednda as\u00ed, a lenda fai unha clara referencia os apelidos das familias as que pertencen os bras\u00f3ns, as\u00ed como, posiblemente, o ano en que se fixeron cargo do padroado da capela, isto \u00e9 o ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1594\">1594<\/a>, en que como fundadores, adquiriron o dereito de maiorazgo ou de protectores da mesma.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O escudo est\u00e1 cuartelado en cruz e mant\u00e9n os catro cuarteis das li\u00f1axes \u00f3 modo espa\u00f1ol, a\u00ednda que o seu contorno de flancos e xefe est\u00e1 realizado fora das li\u00f1as rectas da normativa her\u00e1ldica, present\u00e1ndose o borde do campo como parte do adorno exterior para embelecer o conxunto, expresado nun sinxelo pero elegante dese\u00f1o baseado en formas sim\u00e9tricas que representan as puntas de pergami\u00f1os desenrolados, seguindo a moda art\u00edstica decorativa de estilo orixinal ou manierista da \u00e9poca do Renacemento de finais do s\u00e9culo XVI.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Primeiro cuartel: unha torre de seis ameas \u00e1 g\u00fcelfa (rectangulares rematadas en punta) donxonada de outra torre de homenaxe de tam\u00e9n seis ameas rectangulares, e sinistrada dunha \u00e1rbore (un acivro) con dous cans atados o tronco (armas dos ACEBO; dos PARAMO; dos SARAD\u00c9N) e entre elas, un cabaleiro a p\u00e9 armado de t\u00f3dalas armas (vestido con armadura de aceiro, armado de alabarda que empu\u00f1a coa man dereita e que a mant\u00e9n cabo de si, vertical, coitela alta e fincada no chan polo couce). O cabaleiro parece un sentinela, cuxo casco con penacho e viseira cerrada, en punta e sen barretas, denota ter rango dun escudeiro ou dun fidalgo ennobrecido de pouco. Viste unha armadura completa: celada, coiraza para cubrir o corpo, manguitos e codales nos brazos, musleiras, rodilleiras, grebas ou caneleiras nas pernas, e escarpes ou calzas anchas para cubrir os p\u00e9s. As figuras emblem\u00e1ticas do conxunto do cuartel, parecen ser as armas primitivas dos VILLAR (como expresa a lenda).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; N\u00f3s atopamos unha referencia tard\u00eda o lema: \u201cMARIA DEL VILLAR\u201d, cando D. Jos\u00e9 Antonio Nu\u00f1ez Presno y Farto, cura de Sta M\u00aa de Campos (Oviedo) presenta o 17-Xullo-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1762\">1762<\/a>, a D.Mat\u00edas de Barra Saavedra cura da Colexiata de Ribadeo, para que rexistre \u00f3 matrimonio de D\u00aa Mar\u00eda Agustina Miranda Osorio y Bald\u00e9s y Trelles con D. Tom\u00e1s Balcarce y Losada (Libro de Matrimonios N\u00ba2 da Colexiata de Ribadeo (1720-1775) Arquivo Diocesano de Mondo\u00f1edo). D\u00aa Mar\u00eda Agustina \u00e9 filla de D.Pedro Miranda Oma\u00f1a, Marqu\u00e9s de Sta Mar\u00eda del Villar e Conde de San Rom\u00e1n, casado con D\u00aa Leonor Eulalia de Bald\u00e9s y Trelles. Non obstante, este Marquesado foi concesi\u00f3n posterior \u00e1 fecha deste escudo de Armas pois foi outorgado polo rei Felipe V o 27 de Febreiro de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1706\">1706<\/a> a D. Jos\u00e9 de Oma\u00f1a Pardo y Osorio, Decano da Sala de Xustiza no Consello de Facenda. Este t\u00edtulo pasou o 11 de Agosto de 1977 a favor de D. Jos\u00e9 Quiroga e Vald\u00e9s casado con D\u00aa Mar\u00eda Teresa Churruca y Vivanco (Diccionario Her\u00e1ldico y Nobiliario, D.Fernando Gonz\u00e1lez-Doria, 1994, p\u00e1x.235).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Segundo cuartel: unha torre de seis amenas sobre tres penedos donxonada de torre de homenaxe de cinco amenas, sumando unha bandeira ondeando cara a destra e sinistrada dun escudete, apuntado en xefe, cunha banda. Pola lenda da cartela deben ser armas familiares dos NAVIA, reflectidas simbolicamente no escudete, a\u00ednda que este puidera representar armas dos CARVAJAL (en campo de ouro unha banda de sable) ou tam\u00e9n armas dos CID ou dos SERNA (en campo de sinople unha banda de ouro).<\/p>\n<p>Terceiro cuartel: unha ponte de tres ollos sobre ondas de auga. No flanco destro da ponte, parece que sete figuras humanas cun manto sobre a cabeza, van andando cara o escudo e intentan pasar a ponte. Segundo a lenda e data do escudo son as primitivas armas dos PASAR\u00d3N de finais do s\u00e9culo XVI,e como tales, son de x\u00e9nero bastante particular, pois ningunha descrici\u00f3n nobiliaria, nin antes, nin a d\u00eda de hoxe, as describen deste xeito, a\u00ednda que a figura da ponte se mante\u00f1a sempre na mesma ou similar forma.<\/p>\n<p>Uns autores, cuxo nome recorda frei Jos\u00e9 Crespo del Pozo, describen as armas dos PASAR\u00d3N nun escudo partido: a destra un voitre pousado o natural, e na partici\u00f3n sinistra, pasando sobre unha ponte dous ou tres mouros, para facer etimolox\u00eda de que os mouros \u201cpasaron\u201d. Desta creaci\u00f3n \u201cetimol\u00f3xica\u201d tan simplista do s\u00e9culo XIX case percibimos o sarc\u00e1stico sorriso, no comentario que fai dos autores, frei Jos\u00e9 Santiago (Blasones y Linajes de Galicia, D. Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, Tomo IV, p\u00e1x.145-146). Co paso dos anos, xa no s\u00e9culo XX, outros describen as armas dos PASAR\u00d3N, nun escudo partido, onde na partici\u00f3n destra, hai un voitre o natural (igual que o anterior), e na partici\u00f3n sinistra unha ponte onde un guerreiro armado acoitela a uns mouros (nesta \u201crecreaci\u00f3n\u201d, os autores d\u00e9ronse conta do significado \u201cpouco nobre\u201d que se aturaba de deixar pasar os moros en fila india pola ponte, e neste caso os moros \u201cnon pasaron\u201d). Aqu\u00ed a descrici\u00f3n de Pasar\u00f3n prop\u00f3\u00f1ena como unha etimolox\u00eda de \u201cPaxar\u00f3n\u201d ou sexa, que Pasar\u00f3n equivale a un \u201cpaxaro grande\u201d (Her\u00e1ldica de los Apellidos Asturianos, D. Francisco Sarandeses, Oviedo 1994, Reedici\u00f3n, p\u00e1x. 276). Estas etimolox\u00edas \u201c\u00e1 carta\u201d, parecen fantasiosas e mesmo chistosas, pois si ben, \u201cpaxar\u00f3n\u201d e aumentativo de \u201cp\u00e1xaro\u201d tam\u00e9n o \u00e9 de \u201cp\u00e1xara\u201d. \u00a1En fin! creemos que os etim\u00f3logos, as\u00ed como, o Dereito Nobiliario, te\u00f1en por diante unha labor complicada de ensinar, pois penetra nun bosque de disciplinas do arte, da ciencia e das letras, que est\u00e1n inzadas de encrucilladas de dif\u00edcil acceso, para dar idea clara e precisa do significado dos seus ancestrais s\u00edmbolos. Decat\u00e1monos da dificultade que encerra o estudio dos top\u00f3nimos rebeldes, entre o \u00e9timo e o apelativo dun nome com\u00fan, pero cando se trata de nomes propios o desaf\u00edo a\u00ednda \u00e9 maior, m\u00e1is oculto se cabe, e precisa atoparse unha motivaci\u00f3n clara para dar explicaci\u00f3n o seu significado.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; N\u00f3s, tam\u00e9n vamos a dar a nosa opini\u00f3n, ante o que vemos. Cremos que este terceiro cuartel do escudo de armas da Capela da Virxe das Dores, describe, m\u00e1is ben, que un \u201cpasar\u00f3n\u201d \u00e9 un \u201cpasadoiro grande\u201d por onde poden transitar unha multitude de persoas, case como en procesi\u00f3n, representadas nas figuras do flanco destro deste cuartel. \u201cPasadoiro\u201d deriva do termo latino \u201cpassatorium\u201d, e ten varias acepci\u00f3ns: 1) Lugar por onde se pasa con frecuencia. 2) Cada unha das pedras postas para atravesar a p\u00e9 un regato. 3) T\u00e1boa ou madeiro colocado sobre un estanque ou sobre unha corrente de auga para atravesar como por encima dunha ponte.<\/p>\n<p>Por outra banda, moitas das graf\u00edas atopadas na xenealox\u00eda do apelido \u201cPassar\u00f3n\u201d, est\u00e1n escritas con d\u00faas \u201cs\u201d, pola reminiscencia latina, o que pode acreditar m\u00e1is, o termo Pasar\u00f3n con \u201cpasadoiro grande\u201d, o cal, si era moi transitado, os veci\u00f1os constru\u00edano de pedra para darlle m\u00e1is fortaleza (como na figura deste bras\u00f3n), as\u00ed, era como unha ponte estreita dun cami\u00f1o secundario, para pasar a xente con m\u00e1is seguridade, incluso para pasar montado a cabalo, a\u00ednda que non couberan carros de transporte, como nos anchos cami\u00f1os ou vereas de arrieir\u00eda. Na Galiza, a\u00ednda poden verse deste tipo de pasadoiros antigos, atravesando alg\u00fans regos e regatos anchos que pasan polo medio de campos e de aldeas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; No cuarto cuartel: dous lobos arrestados, lampasados e mirando a sinistra, sinistrados por unha \u00e1rbore. O que significa: dous lobos parados de perfil coas patas igualadas, que se lles ve a lingua, xeralmente por ser de esmalte distinto o do corpo, que est\u00e1n mirando a sinistra, o lado dunha \u00e1rbore m\u00e1is \u00e1 sinistra deles. Son armas dos CASTRILL\u00d3N. Este cuartel, xunto c\u00f3 segundo, fai clara referencia a un matrimonio dos NAVIA CASTRILL\u00d3N.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Na <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Real_Audiencia_y_Chanciller%C3%ADa_de_Valladolid\">Chanciller\u00eda de Valladolid<\/a>, atopamos referencia a litixios de Preitos Civ\u00eds e Executorias de Fidalgu\u00eda referentes os bras\u00f3ns familiares de este Escudo de Armas. Executoria de Fidalgu\u00eda de D. Juan Villar e de D. Rodrigo de Villar, veci\u00f1os de San Mart\u00edn de Villapedre, no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1525\">1525<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hai referencia, a un preito civil, que presenta alg\u00fans destes apelidos de Armas existentes en Ribadeo, litigado por D. Bartolom\u00e9 P\u00e9rez de Tormaleo e Francisco de Pategu\u00edn, como curador de D\u00aa Lucrecia, D\u00aa Justa e D\u00aa. Mar\u00eda P\u00e9rez, veci\u00f1os de Tormaleo (Ibias, Asturias), co licenciado Sr. Navia Castrill\u00f3n e s\u00faa muller, D\u00aa Mayor de Moscoso, veci\u00f1os de Viveiro, e D\u00aa. Mar\u00eda L\u00f3pez de Tormaelo, muller de D. Diego Garc\u00eda de Castrill\u00f3n, veci\u00f1os de Ribadeo, sobre unha herdanza de D\u00aa Mayor Gonz\u00e1lez, avoa das menores (24-Octubre-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1614\">1614<\/a>).<\/p>\n<p>Outros varios: Preito de Fidalgu\u00eda de D. Alonso Prieto Pasar\u00f3n, do concello de Pez\u00f3s, ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1732\">1732<\/a>. Preito de D. Pedro Mart\u00ednez de la Lastra y Pasar\u00f3n, veci\u00f1o de Ribadeo, orixinario de Vilanova de Oscos, ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1739\">1739<\/a>. Preito de Fidalgu\u00eda de D. Domingo Rodr\u00edguez de Bustelo e Villar, veci\u00f1o de Ribadeo, ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1771\">1771<\/a>. Preito de Fidalgu\u00eda de D. Francisco Javier Prieto Pasar\u00f3n, veci\u00f1o de Viveiro e natural da parroquia do Pividal de Abres, ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1783\">1783<\/a>. Un ancestro de D. Francisco, D. Pedro Alonso Prieto Passar\u00f3n est\u00e1 casado con D\u00aa Isabel Rodr\u00edguez del Valle, e son veci\u00f1os de San Miguel de Reinante, onde tiveron a familia.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Haber\u00eda que ter m\u00e1is datos documentados para concretar a intrincada xenealox\u00eda dos catro cuarteis deste escudo. Pero quede as\u00ed, parcialmente, como un primeiro detalle de estudo etimol\u00f3xico, pois os bras\u00f3ns que se nos mostran son \u00fanicos e orixinais das tan antigas familias destas Terras de Ribadeo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Na Igrexa Parroquial de Santa Mar\u00eda do Campo de Ribadeo, \u00e1 man esquerda da \u00e1bsida do altar maior, at\u00f3pase a capela da Virxe das Dores. Pasada a porta enrellada, a man sinistra est\u00e1 pendurado na parede este elegante Escudo de Armas, de bordes desiguais, posiblemente, pertencente o padroado desta capela. &nbsp;&nbsp; Introducimos, na redacci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5890","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5890","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5890"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5890\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5890"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5890"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5890"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}