{"id":5873,"date":"2017-04-18T08:23:00","date_gmt":"2017-04-18T06:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:39:00","modified_gmt":"2024-11-12T12:39:00","slug":"escudo-da-capela-de-animas-e-da-virxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/04\/18\/escudo-da-capela-de-animas-e-da-virxe\/","title":{"rendered":"ESCUDO DA CAPELA DE \u00c1NIMAS E DA VIRXE DO CARMEN de Sta. MAR\u00cdA DO CAMPO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiuq4ixQ9P8uzUOdLZGKI69UUGJsgPIltqrwoCx5R-2bh2zJt5xljYP_nLInmSXmx_FtwJZo3N7gWqiNudp6Nu6I4hbdoVadmQmQeWkvJmr5ODuTUR41Ew6ydFyzVrtRVYECPFoZw\/s2048\/Escudo+da+Capela+de+%25C3%2581nimas+e+da+Virxe+do+Carme+de+Sta.+Mar%25C3%25ADa+do+Campo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiuq4ixQ9P8uzUOdLZGKI69UUGJsgPIltqrwoCx5R-2bh2zJt5xljYP_nLInmSXmx_FtwJZo3N7gWqiNudp6Nu6I4hbdoVadmQmQeWkvJmr5ODuTUR41Ew6ydFyzVrtRVYECPFoZw\/s2048\/Escudo+da+Capela+de+%25C3%2581nimas+e+da+Virxe+do+Carme+de+Sta.+Mar%25C3%25ADa+do+Campo.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp; Na igrexa parroquial de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/02\/escudos-do-altar-maior-de-santa-maria.html\">Santa Mar\u00eda do Campo de Ribadeo<\/a>, entrando a man esquerda, e chegando \u00f3 cruceiro, at\u00f3pase a Capela da Virxe do Carme e das \u201c\u00c1nimas\u201d. Facendo un inciso, diremos que poden ser das \u201c\u00c1nimas do Purgatorio\u201d ou ben, das \u201c\u00c1nimas de Bibos y de Difuntos\u201d. Esta denominaci\u00f3n aparece a 27 de Marzo de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1681\">1681<\/a>, tardiamente \u00e1 data deste escudo, no Libro da Irmandade e Confrar\u00eda de Nosa Se\u00f1ora do Carmelo, da Igrexa Colexiata de Nosa Se\u00f1ora de Sta. Mar\u00eda do Campo, cuxos estatutos foron redactados o 23 Marzo <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1684\">1684<\/a> por D. Antonio S\u00e1nchez, presb\u00edtero, e polo Capit\u00e1n D. Juan Antonio Sarmiento Rivadeneyra, fundadores desta Confrar\u00eda de Nosa Se\u00f1ora do Monte Carmelo (Confrar\u00edas da Colexiata de Sta. Mar\u00eda do Campo de Ribadeo, Arquivo Diocesano de Mondo\u00f1edo). Este apunte, de data tan posterior, fainos crer que este escudo brasonado pertence realmente a unha capelan\u00eda do antigo Convento de San Francisco (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1214\">1214<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1835\">1835<\/a>), e non veu trasladado da antiga Igrexa Colexiata de Sta. Mar\u00eda do Campo. Ademais, facer notar, que este escudo est\u00e1 empotrado na parede, e non colocado con fixas, como no caso dos escudos das Capelas da Virxe do Rosario e da Virxe das Dores, polo que da a entender que forma parte orixinal do templo.<\/p>\n<p>Nesta Capela do Carme e das \u00c1nimas, at\u00f3pase a pedra armeira que presentamos (foto supra) cuxo escudo brasonado non se axusta \u00e1s normas her\u00e1ldicas, pero que presume dunha preciosa e antiga p\u00e1tina negra que o ennobrece no tempo, producida pola s\u00faa situaci\u00f3n alta, sobre o fume das candeas e dos cirios, que o afumaron \u00f3 longo de catrocentos anos de existencia, e que o conservou en excelente estado para que as figuras do campo poidan ser interpretadas.<\/p>\n<p>No contorno da cartela, entre as volutas do adorno exterior, est\u00e1 escrito: \u00bfHARO? &#8211; MALDO (flanco destro); NADOS \u2013 MIRAN (en xefe); DAS, CAS (flanco sinistro); TRI LL\u00d3N (en punta). Estes son os nomes das familias as que pertencen os bras\u00f3ns do escudo: HARO, MALDONADOS, MIRANDAS e CASTRILL\u00d3N.<\/p>\n<p>Na parte inferior hai unha laude (pedra cunha inscrici\u00f3n, infra) na que a duras penas se pode ler o que di, pois parte dela est\u00e1 encalichada, pintada e repintada coa mesma lechada de cal que se deu as paredes desde vello, o que produxo nalgunhas zonas unha carapela que cubre os caneiros do gravado das letras. Obs\u00e9rvase que nas \u00faltimas remodelaci\u00f3ns preservouse sen pintar, pero non se limpou, posiblemente previndo que por falta de man especializada que puidera facelo, prexudicar ou estragar a inscrici\u00f3n. Hoxe grazas a que a alta resoluci\u00f3n das fotos \u00e9 moi boa, con c\u00e1maras fotogr\u00e1ficas profesionais, no laude podemos interpretar o seguinte: \u201cESTA CAPILLA LA FVNDARON PEDRO DE MIRANDA I FARTO DE CASTRILLON Y D\u00aa MARIA CATALINA OSORIO PONCE DE LEON SV MVGER S&#8230;DA PONER ELLA UNA MISA CANTADA I SERMON I BISPERAS EL D\u00cdA DE LA CONCEPCION DARASE VNA MISA CANTADA CADA SAVADO PERPETVAMENTE, A\u00d1O 1604.<\/p>\n<p>No arquivo da Chanciller\u00eda de Valladolid, at\u00f3pase un Xuro ou Dereito Perpetuo de Propiedade, que nos corrobora a lectura correcta dos apelidos de D.Pedro: \u201cJuro a favor de Pedro de Miranda Farto de Castrill\u00f3n. Primera mitad del siglo XVII. C\u00f3digo de identificaci\u00f3n: ES.47161.AGS\/2.13.2.3\/CME,780,27.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEigYM_bO00DY1VQQP8jR1SBlVPfQ2jC3yrcUWlYLB3FWOUeQLMWI-8deY8Sq23BJSkBhjbyKwENBldEJT0_w31jcJoLvm5RatrbrAzZiCv0hJraeCvfc304RJsnkm4FUMb3x_38Vg\/s2048\/Lenda+da+Capela+de+%25C3%2581nimas+e+da+Virxe+do+Carme+de+Sta.+Mar%25C3%25ADa+do+Campo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"306\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEigYM_bO00DY1VQQP8jR1SBlVPfQ2jC3yrcUWlYLB3FWOUeQLMWI-8deY8Sq23BJSkBhjbyKwENBldEJT0_w31jcJoLvm5RatrbrAzZiCv0hJraeCvfc304RJsnkm4FUMb3x_38Vg\/s2048\/Lenda+da+Capela+de+%25C3%2581nimas+e+da+Virxe+do+Carme+de+Sta.+Mar%25C3%25ADa+do+Campo.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>Os descendentes de D. Pedro de Miranda i Farto, mantiveron o maiorazgo no Convento de San Francisco ata o ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1835\">1835<\/a> en que se exclaustraron os monxes franciscanos e o templo pasou a ser, polo ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1852\">1852<\/a>, a Igrexa Parroquial de Ribadeo, coa mesma advocaci\u00f3n a Santa Mar\u00eda do Campo da antiga Igrexa Colexiata.<br \/>\n  O campo do escudo esta cuartelado en cruz ou en catro cuarteis:<\/p>\n<p>Primeiro cuartel: cinco lises en aspa (d\u00faas, unha, d\u00faas). Son armas dos MALDONADO \u00e1s que se refire a lenda do bras\u00f3n (si tivera esmaltes ser\u00edan: en campo de gules, cinco flores de lis de ouro en sotuer (d\u00faas, unha, d\u00faas). As armas dos MALDONADO son as dos ALDAO, ALDAN ou ALDANA que alg\u00fans tratadistas as remontan a un rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Suevos\">suevo<\/a> de Galicia, Amarico, ou a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Hilderico\">Hilderico<\/a> (rei entre <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/523\">523<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/530\">530<\/a>). Sabemos que a partir do rei suevo <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Remismundo\">Remismundo<\/a> (rei entre <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/459\">459<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/469\">469<\/a>), hai unha lagoa cronol\u00f3xica de case un s\u00e9culo da Historia do Reino Suevo de Galicia, debido a intransixencia relixiosa de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Isidoro_de_Sevilla\">S. Isidoro de Sevilla<\/a>, que non quixo po\u00f1er nas s\u00faas Cr\u00f3nicas os nomes do reis suevos, pois eran arrianos, e \u00f3 non ser cat\u00f3licos el non os considerou como tales. Hoxe co\u00f1ecemos o seu nome e cronolox\u00eda grazas a outras fontes hist\u00f3ricas, como a numism\u00e1tica (Monedas acu\u00f1adas en Galicia, D. Jaime Paz Bernardo, 1\u00aa edici\u00f3n 1991, p\u00e1x.25).<\/p>\n<p>As Armas dos ALDAO andan unidas as dos ARIAS, unha das familias m\u00e1is antigas e nobres de Galicia. D. Pedro Arias de Aldao, se\u00f1or da Casa de Ald\u00e1n (con solar na pen\u00ednsula do Morrazo, Pontevedra) estaba casado con D\u00aa Teresa Nu\u00f1ez de Temes, camareira da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Urraca_de_Le%C3%B3n\">Reina D\u00aa Urraca<\/a> (reina en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1109\">1109<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1126\">1126<\/a>). Seu fillo, D. Hern\u00e1n (ou Nu\u00f1o) P\u00e9rez de Aldao ou de Aldana foi quen cambiou o seu apelido Aldao por Maldonado, despois de vencer e matar a Guillerme de Normand\u00eda (\u201cun forte home avarento\u201d) en presenza do seu amigo o rei de Francia D. Felipe, quen \u00f3 verse obrigado a conceder o cabaleiro galego as Armas da Familia Real Francesa d\u00edxolle: \u201cMaldonadas che sexan\u201d, pois concedeullas de moi mala gana, o que deu orixe, a que o moi ousado e valente galego fixera \u00e1 variaci\u00f3n do apelido e das s\u00faas Armas, polas da real li\u00f1axe ga\u00f1adas en liza. As primitivas Armas dos ALDAO, eran: en campo de ouro, dous lobos de p\u00farpura (Blasones y Linajes de Galicia, frei Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, Publicaci\u00f3ns do Mosteiro de Poio, Tomo II, p\u00e1x. 40-41). D. Nu\u00f1o P\u00e9rez de Aldao-Maldonado, serviu \u00f3 rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_VII_de_Le%C3%B3n\">Afonso VII de Gallaecia<\/a> (rei de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1126\">1126<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1157\">1157<\/a>), fillo de D\u00aa Urraca (1109-1126), e coroado rei en Santiago de Compostela polo grand\u00edsimo pol\u00edtico, prelado e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Diego_Xelm%C3%ADrez\">Arcebispo D. Diego Xelmirez <\/a>no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Urraca_de_Le%C3%B3n\">1111<\/a>, quizais, o \u00faltimo gran caudillo do Reino de Galicia. D. Nu\u00f1o P\u00e9rez Aldao-Maldonado, casou con D\u00aa. Aldara Fern\u00e1ndez Turrichao ou Churruchao, que son os mesmos que na xenealox\u00eda se atopan como os Su\u00e1rez de Deza. Algo as\u00ed como os Sotomayor eran chamados Chari\u00f1os (ibidem, p\u00e1x.362).<\/p>\n<p>Un dato claro da laude, \u00e9 que D\u00aa Catalina Osorio \u00e9 quinta filla, dos dez fillos que tivo D. Gaspar Maldonado Ponce de Le\u00f3n, \u201cEl Viejo\u201d, capit\u00e1n e cabaleiro da Orde de Santiago, dono no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1576\">1576<\/a>, do coto de S.Marti\u00f1o da Fraga, da Casa de Roupar e da Casa de Maldonado (Pontedeume). Os Maldonado son os proxenitores dos Marqueses de Parga e de Camarasa (Arquivo de Medinaceli-Camarasa, secci\u00f3n I, cartafol 1\u00ba, n\u00ba13). D. Gaspar, estaba casado con D\u00aa Marina Osorio, filla do licenciado D. Bernardino Rengifo de Santo Domingo e de D\u00aa Catalina Osorio, quen, xa vi\u00fava, lle outorgou escritura de dote na Cidade de Mondo\u00f1edo o 24-Agosto-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1567\">1567<\/a>. D.Gaspar, ga\u00f1ou a executoria de fidalgu\u00eda na Chanciller\u00eda de Valladolid no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1597\">1597<\/a> (Blasones y Linajes de Galicia, Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, Volumen II, p\u00e1x.46-47).<\/p>\n<p>Na cartela do escudo a lenda de MALDONADOS est\u00e1 clara, e non ten d\u00fabida a descrici\u00f3n antedita, pero estas mesmas Armas apuntan a que puideran ser Armas familiares dos OYA (en campo de azur, cinco lises de ouro colocadas en aspa ou sotuer) cuxo cambio de esmalte no campo puidera ser debido a unha forma de brisar as armas un fillo segundo (Her\u00e1ldica y Derecho Nobiliario, Curso de Licencia, Hidalgu\u00eda 1961, p\u00e1x.133). Non \u00e9 este o caso, pero queremos deixar esta pequena nota, pois as Armas primitivas dos OYA, aparecen no capela de San Antonio e San Xos\u00e9 desta mesma Igrexa de Sta. Mar\u00eda do Campo, que veremos nun pr\u00f3ximo artigo.<\/p>\n<p>Por outra banda, puideran tam\u00e9n ser Armas familiares dos ALVARADO: en campo de ouro, cinco lises de azur en aspa; cuxas Armas primitivas eran: en campo de azur un castelo de ouro, surmontado dunha aguia de ouro. Estas Armas primitivas dos ALVARADO, parecen ser as que aparecen no quinto cuartel do \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=escudo+de+armas+da+r%C3%BAa+atalaia\">Escudo de armas da R\u00faa da Atalaia<\/a>\u201d (tam\u00e9n en La Comarca del Eo 4-Febreiro-2017).<\/p>\n<p>Segundo cuartel: as cinco doncelas dos MIRANDA (cuartel explicado en \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=Escudos+de+armas+da+Casa+dos+Miranda\">Escudos de armas da Casa dos Miranda<\/a>\u201d, tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 3 de Decembro de 2016)<\/p>\n<p>Terceiro cuartel: unha \u00e1rbore sinistrada dunha torre ameada con homenaxe (con outra torre ameada encima) na que parece haber sumado un pavill\u00f3n arborado ondeando cara sinistra, e o todo sobre unha terraza (un solo ou chan) e ondas de auga. Son Armas dos CASTRILL\u00d3N, da familia de D. Pedro Miranda i Farto, como nos di a laude. Queremos facer notar, que a \u00e1rbore dos CASTRILLON descrita nos nobiliarios \u00e9 un loureiro de tronco recto, pero esta \u00e1rbore que aqu\u00ed vemos ten d\u00faas ramas tronzadas moi grosas, polo que representa un loureiro moi vello, posiblemente das Armas Primitivas dos CASTRILL\u00d3N, pois neste bras\u00f3n, aparece o pavill\u00f3n sumado \u00f3 homenaxe e faltan dous lobos pasantes en pau (dous lobos cami\u00f1ando, un sobre do outro).<\/p>\n<p>Cuarto cuartel: dous lobos ravisantes ou cebados (que traen unha presa na boca, un cordeiro pequeno) parados cara a destra e colocados en pau (colocados un sobre do outro). Son armas dos HARO, como parece dicir a lenda do flanco destro, pois case non podemos lela, e si o bras\u00f3n tivera esmaltes, ser\u00edan: en campo de prata dous lobos de sable pasantes, en pau, cebados dun cordeiro. Dubidamos, porque para que as armas dos HARO estiveran completas, deber\u00edan estar enmarcadas en bordura de gules, con oito aspas de ouro. O apelido HARO \u00e9 vasco, cuxo membro destacado D. Diego L\u00f3pez de Haro, foi VIII Se\u00f1or de Vizcaya, de Haro, \u00c1lava, Najera, Burad\u00f3n e Gra\u00f1on (Dicionario Nobiliario, Fernando Gonz\u00e1lez-Doria).<\/p>\n<p>Este cuarto bras\u00f3n dos lobos, puideran (\u00bfmal?) interpretarse como dous lobos pasantes lampasados (andando cara a destra e v\u00e9ndoselles a lingua, xeralmente de esmalte distinto o corpo). A lingua destes le\u00f3ns, non parece tal, pois \u00e9 moi grande, e parece verse ben, un animal pequeno entre as fauces de cada un dos lobos. Si en vez de ravisantes ou cebados, foran lampasados, ser\u00edan Armas dos OSORIO: en campo de ouro dous lobos de gules, pasantes, colocados en pau (de cor vermella e colocados un sobre do outro) (ver \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/11\/escudos-de-armas-da-casa-dos-miranda.html\">Escudos de armas da Casa dos Miranda<\/a>, tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 03-Decembro-2016). Quizais, grosso modo, se non se contradixera \u00e1 lenda da cartela, puidera dicirse que esta conformaci\u00f3n, OSORIO, ser\u00eda correcta, pois estar\u00eda xustificada polos apelidos do matrimonio, que nos describe a laude, entre D. Pedro Miranda i Farto e D\u00aa Catalina Osorio Ponce de Le\u00f3n.<\/p>\n<p>Na Chanciller\u00eda de Valladolid, hai executoria dun preito litigado por D. Diego de Toledo, como marido de D\u00aa Mar\u00eda Osorio Ponce de Le\u00f3n, veci\u00f1os de Toledo, con D. Juan Ponce de Le\u00f3n, irm\u00e1n da anterior, se\u00f1or de Polvoranca (Madrid) sobre restituci\u00f3n de bens do v\u00ednculo e maiorazgo fundado por D. Antonio Ponce de Le\u00f3n e D\u00aa Ana Osorio, seus pais (Ano de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1598\">1598<\/a>). \u00bfQuizais D\u00aa Catalina (casada en Ribadeo con D.Pedro) sexa parente pr\u00f3xima de D\u00aa Mar\u00eda e de D. Juan Ponce de Le\u00f3n, se\u00f1or de Polvoranca, de Madrid?. Non ser\u00eda tan raro, que as\u00ed fora, pois veci\u00f1os de Ribadeo en Madrid hai varios centos, dos actuais, e dos de fai centos anos. Dic\u00edase, al\u00f3 polos anos sesenta, que m\u00e1is do cinco por cento do Corpo Diplom\u00e1tico Espa\u00f1ol era de Ribadeo, e&#8230; \u00a1polo que estamos vendo, quizais se quedara moi curta a apreciaci\u00f3n!.<br \/>\nComo podemos ver, \u00e1 Her\u00e1ldica do Concello de Ribadeo, debemos dedicarlle un m\u00e1is profundo estudo, pois salvo raras excepci\u00f3ns, Ribadeo mostra polas s\u00faas r\u00faas, igrexas e capelas, os m\u00e1is altos bras\u00f3ns da Nobleza do Reino de Galicia. \u00bfPor que Ribadeo era, e deber\u00eda de seguir sendo, tan atractivo nos s\u00e9culos XV, XVI, XVII as familias fidalgas do Reino?.<\/p>\n<p>Ten unha resposta obvia e moi sinxela de responder: Ribadeo era o Porto Natural Mar\u00edtimo Comercial m\u00e1is importante da cornixa Cant\u00e1brica, onde se mov\u00eda moito di\u00f1eiro, tanto para o comercio da Ruta das Indias, como para servir de base de aprovisionamento e pertrechamento para as navegaci\u00f3ns da Ruta de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Flandres\">Flandres<\/a>, pois a principios de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1627\">1627<\/a> hab\u00eda 14 barcos de Flandres distribu\u00eddos entre A Coru\u00f1a, Ribadeo e Pasaxes (Espa\u00f1a, Flandes y el Mar del Norte, D. Jos\u00e9 Alcal\u00e1-Zamora y Queipo de Llano, p\u00e1x.200). Hoxe en d\u00eda, Ribadeo non est\u00e1 aproveitando a s\u00faa magn\u00edfica situaci\u00f3n xeogr\u00e1fica, e Portos de Galicia est\u00e1 facendo portos artificiais \u00f3 seu redor, gastando centos de mill\u00f3ns de euros, e non entenden absolutamente nada para o Comercio Mar\u00edtimo de Ribadeo, e dentro de un par de anos m\u00e1is, os barcos que entren en Ribadeo van ter que entrar con rodas en vez de con h\u00e9lices de propulsi\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Na igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda do Campo de Ribadeo, entrando a man esquerda, e chegando \u00f3 cruceiro, at\u00f3pase a Capela da Virxe do Carme e das \u201c\u00c1nimas\u201d. Facendo un inciso, diremos que poden ser das \u201c\u00c1nimas do Purgatorio\u201d ou ben, das \u201c\u00c1nimas de Bibos y de Difuntos\u201d. Esta denominaci\u00f3n aparece a 27 de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5873","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5873","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5873"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5873\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5873"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5873"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5873"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}