{"id":586,"date":"2024-06-04T21:17:00","date_gmt":"2024-06-04T19:17:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T10:56:52","modified_gmt":"2024-10-23T08:56:52","slug":"unha-analise-de-titulo-e-subtitulo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/06\/04\/unha-analise-de-titulo-e-subtitulo\/","title":{"rendered":"Unha an\u00e1lise de t\u00edtulo e subt\u00edtulo"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\"><span>Unha an\u00e1lise de t\u00edtulo e subt\u00edtulo <br \/><\/span><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Cando isto escribo, faltan menos de seis d\u00edas para que rematen as votaci\u00f3ns ao Parlamento Europeo, &#8216;as europeas&#8217;. Pese \u00e1 escasa atenci\u00f3n que se lle est\u00e1 adicando en relaci\u00f3n a outras elecci\u00f3ns, aparecen varios titulares que tratan o tema, d\u00eda tras outro, nos diversos xornais. E, mesmo a pesar desa escasa atenci\u00f3n, xa dende os titulares os medios soen decantarse ofrecendo m\u00e1is opini\u00f3n ou tentativas de creaci\u00f3n de opini\u00f3n que feitos contrastados. M\u00e1is a\u00ednda: a intoxicaci\u00f3n informativa chega a que, comparando diversos medios con calma, moitos titulares que aparecen presentando a informaci\u00f3n dun xeito m\u00e1is ou menos neutro, poden destacar como un xeito m\u00e1is de tendencia partidista se se fai a comparaci\u00f3n cun pouco de pr\u00e9sa ou con algo menos de coidado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Pode que sexa en temas pol\u00edticos onde m\u00e1is se vexa ese tipo de situaci\u00f3ns, pero tam\u00e9n \u00e9 evidente que pode suceder na difusi\u00f3n medi\u00e1tica de calquera tema, guiada por calquera tipo de interese. E a m\u00e1is, tendo en conta que a medida que pasa o tempo hai unha tendencia \u00e1 concentraci\u00f3n (sexa de sociedades que tenden a federarse, empresas que medran m\u00e1is canto maiores son xa, partidos pol\u00edticos que se integran en redes internacionais&#8230;), unha tendencia que fai que eses intereses tendan asemade a medrar e polo tanto a ter m\u00e1is influenza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A\u00ednda que non o mencionei antes, chega con falar s\u00f3 de titulares en xeral, sen entrar no desenvolvemento do que vai baixo deles. <\/span>Un exemplo? Collo o titular dunha nova de onte nun xornal galego. A nova aparece doutros xeitos noutros medios, pero neste caso -cito textualmente-, di: &#8220;<i>Altri tomar\u00e1 la decisi\u00f3n final sobre su implantaci\u00f3n en Galicia una vez resuelva su licencia ambiental y una financiaci\u00f3n con el 25 % de fondos p\u00fablicos.<\/p>\n<p>El CEO de la compa\u00f1\u00eda se\u00f1ala que detr\u00e1s de las cr\u00edticas al proyecto de Palas \u00abhay mucha desinformaci\u00f3n y muchos argumentos que no son correctos\u00bb<\/i>&#8220;. Unha nova de actualidade. Quen fala \u00e9 un xefe da compa\u00f1\u00eda que quere constru\u00edr unha f\u00e1brica en Palas de Rei. Di que detr\u00e1s das cr\u00edticas hai moita falta de informaci\u00f3n, e fala de argumentos incorrectos. E \u00e9 posible que haxa algo de desinformaci\u00f3n, algo que non da a empresa. Sinala argumentos incorrectos, mais de xeito xen\u00e9rico, sen citar, de forma que, que est\u00e1 a dicir el \u00e1 s\u00faa vez? Iso no subt\u00edtulo. No t\u00edtulo, est\u00e1 expo\u00f1endo un xeito de facer as cousas. Neutral&#8230; non? Pensando en que o mesmo t\u00edtulo pode po\u00f1erse de xeito&nbsp; &#8216;non menos neutro&#8217; como &#8216;Altri tomar\u00e1 a decisi\u00f3n despois de que lle concedan o que quere e lle den cartos de todos para facer o que quere&#8217;, coido que o que se chama neste caso neutralidade, a\u00ednda sen comparar con outros titulares equivalentes doutros medios, est\u00e1 claro. <\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Nun escrito pequeno coma este, sempre queda f\u00f3ra a maior\u00eda das cousas tratables dentro do tema, sexa o que sexa, que se est\u00e1 a desenvolver. Mais esa falta evidente non impide neste caso aproveitar o anterior para facer un chamamento tanto a quen escribe (eu inclu\u00eddo) como a quen le (repito o &#8216;eu inclu\u00eddo&#8217; anterior) na procura dunha claridade que permita identificar o l\u00edmite entre informaci\u00f3n e opini\u00f3n, a falta moitas veces de posibilidade de identificar sinxelamente o que \u00e9 mentira.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>[Nota. Definici\u00f3n de mentira segundo o Dicionario da R.A.G: &#8220;<span class=\"Lemma\" data-idlemma=\"33383\" data-lemma=\"mentira\" data-shareurl=\"https:\/\/academia.gal\/dicionario\/-\/termo\/mentira\"><span class=\"Subentry\"><span class=\"Sense\"><span class=\"Definition\"><span class=\"Definition__Definition\">Aquilo que unha persoa presenta como verdadeiro sabendo que \u00e9 falso.<\/span><\/span><\/span><\/span><\/span>&#8220;]<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha an\u00e1lise de t\u00edtulo e subt\u00edtulo &nbsp;&nbsp;&nbsp; Cando isto escribo, faltan menos de seis d\u00edas para que rematen as votaci\u00f3ns ao Parlamento Europeo, &#8216;as europeas&#8217;. Pese \u00e1 escasa atenci\u00f3n que se lle est\u00e1 adicando en relaci\u00f3n a outras elecci\u00f3ns, aparecen varios titulares que tratan o tema, d\u00eda tras outro, nos diversos xornais. E, mesmo a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,26,9],"class_list":["post-586","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/586","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=586"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/586\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=586"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=586"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=586"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}