{"id":5858,"date":"2017-05-01T21:51:00","date_gmt":"2017-05-01T19:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:38:29","modified_gmt":"2024-11-12T12:38:29","slug":"escudo-da-capela-da-virxe-de-lourdes-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/05\/01\/escudo-da-capela-da-virxe-de-lourdes-de\/","title":{"rendered":"ESCUDO DA CAPELA DA VIRXE DE LOURDES DE SANTA MAR\u00cdA DO CAMPO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgPJQF8jxFj36bzBFCa0oDBZGxdhDYffvuiMR2DWBXsZTIcYj5M-rgi5u0dxqRysFWBlfEkSEWVw18IWICD3vygyqZcOBYh6kkdc4nR3kgaQ1UUFrrTPJT0syaQur8M-LgSZ_mZXQ\/s2048\/Escudo+da+capela+da+virxe+de+Lourdes.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgPJQF8jxFj36bzBFCa0oDBZGxdhDYffvuiMR2DWBXsZTIcYj5M-rgi5u0dxqRysFWBlfEkSEWVw18IWICD3vygyqZcOBYh6kkdc4nR3kgaQ1UUFrrTPJT0syaQur8M-LgSZ_mZXQ\/s2048\/Escudo+da+capela+da+virxe+de+Lourdes.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Entrando na igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda do Campo de Ribadeo e recorrendo un pouqui\u00f1o da nave principal, a primeira capela \u00e1 esquerda \u00e9 a da<a href=\"https:\/\/fr.wikipedia.org\/wiki\/Apparitions_mariales_de_Lourdes\"> Virxe de Lourdes<\/a>. Sobre o seu arco de medio punto at\u00f3pase este escudo espa\u00f1ol en punta (caracter\u00edstica francesa estendida na her\u00e1ldica espa\u00f1ola), que est\u00e1 empotrado na parede do templo, polo que cremos sexa orixinario dun maiorazgo do Convento de San Francisco.<br \/>\nEst\u00e1 timbrado cun casco de fidalgo mirando a destra, con sete griletas vistas, e unha moi peculiar (pola feitura) gola de sete launas ou placas superpostas que protex\u00edan mellor o pescozo do cabaleiro que os cascos de gola r\u00edxida, pois pod\u00eda fixarse a coiraza, e lle permit\u00edan igual movemento lateral e frontal da cabeza. O burelete est\u00e1 adornado cun penacho de seis plumas. O casco pertence a un Conde (yelmo de prata, terzado de sete griletas de ouro perfilado do mesmo metal. \u201cCiencia del Blas\u00f3n, D. Modesto Costa y Turell, 1858\u201d). O adorno exterior consta dun elegante dese\u00f1o de pergami\u00f1o con figuras en espiral ornamentadas con gravados de li\u00f1as estilizadas, cl\u00e1sicas do arte renacentista de finais do s\u00e9culo XVI, profuso en cortes enrolados cara dentro e f\u00f3ra, que lle dan esa prestancia emblem\u00e1tica da antig\u00fcidade de s\u00e9culos, engadida \u00e1 preciosa p\u00e1tina de pavonado azul agrisado con que o vernizaron as fumarolas dos cirios e das candeas con que se iluminaban os fieis que percorr\u00edan rezando, cada estaci\u00f3n do Via Crucis.<\/p>\n<p>Para facilitarnos a labor de estudo dos bras\u00f3ns do campo, lemos primeiro os nomes gravados na bordura, os cales pertencen as familias e \u00e1s Armas de cada cuartel: DE ACEBEDO (en flanco destro do 1\u00ba cuartel); DE PRESNO (flanco destro da punta do 3\u00ba cuartel); DE BA(A)MONDE (flanco sinistro do 2\u00ba cuartel); DE PARDO (flanco sinistro da punta do 4\u00ba cuartel).<\/p>\n<p>Est\u00e1 cuartelado en cruz ou en catro cuarteis. No primeiro cuartel, tres estrelas de seis puntas en xefe e no cant\u00f3n sinistro do xefe un crecente ranversado cunha estrela centrada de seis puntas. \u00c1 sinistra unha torre donxonada adestrada dunha \u00e1rbore cun can atado o seu tronco mirando a destra. Son Armas que mostran varios li\u00f1axes consangu\u00edneos da Casa dos ACEBEDO. As estrelas e crecente son parte do bras\u00f3n dos ACEB(V)EDO de Ourense. A torre donxonada \u00e9 bras\u00f3n dos MOREDA (igual torre aparece no 1\u00ba cuartel do escudo do Pazo de Triana da Casa de MOREDA de San Miguel de Reinante, claramente entroncada cos RIBADENEYRA e cos AGUIAR, como reza o lema naquela bordura). A \u00e1rbore cun can atado \u00f3 tronco son as antigas e primitivas Armas dos ACEBEDO (en campo de ouro, un acivro de sinople -cor verde- cun can branco atado o tronco do acivro).<\/p>\n<p>Este cuartel parece o bras\u00f3n familiar dun matrimonio ACEBEDO-MOREDA. Os ACEVEDO, est\u00e1n entroncados cos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Monterrei\">Condes de Monterrei<\/a>, por enlace de D. Diego de Acevedo Fonseca y Ulloa con D\u00aa Francisca de Z\u00fa\u00f1iga, II Vizcondesa de Monterrei, filla de D. Sancho S\u00e1nchez de Ulloa, I Conde de Monterrey e de D\u00aa Teresa de Z\u00fa\u00f1iga (Blasones y Linajes de Galicia, D. Jos\u00e9 Crespo del Pozo, Volume II). Estes apelidos FONSECA, ULLOA e Z\u00da\u00d1IGA, aparecen de novo en Ribadeo en pleno s\u00e9culo XX, no \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/10\/escudo-de-armas-do-parador-de-turismo.html\">Escudo de Armas do Parador de Turismo<\/a>\u201d (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 22-Octubre-2016) \u00bfPor que hai esta coincidencia? N\u00f3s, non o sabemos, pero algu\u00e9n o saber\u00e1.<\/p>\n<p>Frei Jos\u00e9 Crespo del Pozo (ibidem, p\u00e1x.17), destaca pola s\u00faa honestidade inmaculada e honradez acrisolada \u00f3 V Conde de Monterrei, D. Gaspar de Z\u00fa\u00f1iga Acevedo e Fonseca, Virrei en M\u00e9xico e no Per\u00fa, que gobernou desde Lima toda Am\u00e9rica do Sur, desde <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1595\">1595<\/a> a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1603\">1603<\/a>, e mandou grosas sumas de di\u00f1eiro a Espa\u00f1a, e sobre a s\u00faa sepultura da igrexa franciscana de Lima, mandou que gravasen: \u201cMALO MORI QUAM FOEDAR\u201d (Prefiro a Morte Antes Que Mancharme). D. Gaspar cumpr\u00eda o seu Cargo de Estado coa moral \u00e1 que o seu T\u00edtulo de Nobreza o obrigaba, pois un T\u00edtulo non \u00e9 m\u00e1is cunha recompensa como recordo dun feito hist\u00f3rico, do propio posuidor ou dos seus antepasados, coa obriga moral de que quen o ostenta ten que ser, dar e demostrar, exemplo de conduta. \u00a1Polo que vemos nas noticias de hoxe en d\u00eda, nalg\u00fans xerifaltes con altos cargos pol\u00edticos de Estado, pouco prendeu o exemplo de D. Gaspar!.<\/p>\n<p>No segundo cuartel, unha letra \u201cM\u201d coroada rodeada de oito peixes, dous en xefe e dous en punta mirando a destra; en flancos, dous e dous altos (mirando cara arriba). Son armas dos BA(A)MONDE: en campo de azur (cor azul) unha M de ouro coroada do mesmo metal; bordura de gules (cor vermello) con sete peixes de prata. Notemos as diferenzas das Armas deste escudo, coas do relato de \u201cArmas e Triunfos de Galicia\u201d, onde al\u00ed constan dunha bordura, que neste cuartel non hai, e soamente sete peixes: 3 en xefe, 1 en cada flanco e 1 en cada cant\u00f3n da punta, todos gravados horizontais mirando a destra; aqu\u00ed, neste segundo cuartel, son oito peixes e colocados nas posici\u00f3ns arriba sinaladas.<\/p>\n<p>A Casa BAAMONDE de Ribadeo, \u00bfonde estaba? \u00bfqu\u00e9 obra \u201curban\u00edstica\u201d a fixo desaparecer, e cando?. Pois ben, esta Casa, empeza no s\u00e9culo XV con D\u00aa Constanza L\u00f3pez de BAAMONDE que se casa con D. Sancho M\u00e9ndez Abrana, de Grandas (Asturias). Seu fillo D. Fernando \u00c1lvarez de Baamonde, vaise para Chile na segunda metade do s\u00e9culo XVI, e foi proxenitor desta li\u00f1axe naquela naci\u00f3n sudamericana. En 1595 est\u00e1 en Chile de \u201cencomendero\u201d (ti\u00f1a \u201cindios\u201d encomendados para traballar con eles, \u00f3s que ti\u00f1a a obriga de costearlles instruci\u00f3n cristi\u00e1n). C\u00e1sase con D\u00aa Beatriz de Guzm\u00e1n, e te\u00f1en entre outros, un fillo en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1604\">1604<\/a>, D. Jer\u00f3nimo de Bahamonde que nace en Santiago de Chile, e c\u00e1sase con D\u00aa Juana de Puebla y Rojas, que sigue a li\u00f1axe BAAMONDE de Chile. Desta mesma Casa de Ribadeo foi D\u00aa Mar\u00eda L\u00f3pez Baamonde que se casa con D. Pedro Teixeiro y Parga, e te\u00f1en por fillo a D. Bernab\u00e9 Baamonde Teixeiro que se casa en 8-Xu\u00f1o-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1668\">1668<\/a> con D\u00aa Antonia de Torres Su\u00e1rez de Villaamil nacida en Ribadeo, e un dos fillos, D. Agust\u00edn Mauricio Antonio Baamonde (n.<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1682\">1682<\/a>) c\u00e1sase con D\u00aa Ana Berm\u00fadez Garc\u00eda de Amoedo, e te\u00f1en por fillo a D. Agust\u00edn Baamonde, nacido en Ribadeo, que se casa no P\u00e1ramo (Lugo) con D\u00aa Josefa Sarmiento de Ribadeneyra e seu fillo, D. Manuel Bahamonde y Sarmiento de Ribadeneyra, nace en Lugo e foi Capit\u00e1n do Rexemento de Am\u00e9rica para onde se foi, sendo xa Cabaleiro da Orde de Alc\u00e1ntara en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1778\">1778<\/a> (Blasones y Linajes de Galicia, D. Jos\u00e9 Crespo del Pozo, Volumen II, p\u00e1x.148)<br \/>\nA modo de an\u00e9cdota, e como pobo mari\u00f1eiro que somos, diremos que os peixes debuxados no bras\u00f3n dos BAAMONDE (\u201cBlasones y Linajes de Galicia\u201d Tomo I), son peixes de pescado branco (cola recta) mentres que os deste escudo son de peixe azul (cola en \u201cV\u201d) \u00bfquer dicir que uns familiares foron de r\u00edo (de terra adentro) e outros de mar (mari\u00f1eiros)? \u00bfOu \u00e1mbolos dous son peixes de r\u00edo, ou \u00e1mbolos dous de mar?. Quizais s\u00f3 sexa, simple interpretaci\u00f3n est\u00e9tica do artista gravador, pero quede como nota observada.<\/p>\n<p>No terceiro cuartel, un castelo ameado con torre de homenaxe, tam\u00e9n ameada, sobre terraza de rocas e ondas de auga, adestrado dunha espada baixa (coa punta abaixo) desenvai\u00f1ada e colocada en banda, acolada tras dun escudo espa\u00f1ol brasonado con d\u00faas barras e bordura. Son Armas dos PRESNO que si tiveran esmaltes ser\u00edan: en campo de ouro un castelo mazonado (gravado con li\u00f1as que representan as gretas da xunta entre as pedras de canter\u00eda) sobre rocas e ondas de auga de azur e prata, adestrado dunha espada desenvai\u00f1ada, coa guarnici\u00f3n de ouro, acolada tras dun escudo con d\u00faas barras de azur e gules, con bordura dun terzo de anchura a das barras.<\/p>\n<p>A Casa de PRESNO de Ribadeo ten como proxenitor a D. Gaspar PRESNO casado con D\u00aa Florencia PARDO BAAMONDE, filla do Capit\u00e1n Pedro Fern\u00e1ndez Baamonde y Saavedra, rexedor de Mondo\u00f1edo e Se\u00f1or do Coto de Otero, neta do Capit\u00e1n Pedro Fern\u00e1ndez Baamonde y Cabarcos que serviu trinta e dous anos en Flandes, N\u00e1poles, Mil\u00e1n e Portugal, bisneto de D. Mat\u00edas L\u00f3pez de Baamonde, que viv\u00eda en Ribadeo en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1519\">1519<\/a>, casado con D\u00aa Mar\u00eda de Sarmiento, Se\u00f1ora do solar de Sarmiento e do coto de Otero. S\u00faa descendente D\u00aa Xosefa de Presno e Baamonde, c\u00e1sase con D. Antonio de Luaces e Somoza, xentilhome e rexedor do Concello de Mondo\u00f1edo, e s\u00faa filla D\u00aa Mar\u00eda Teresa de Luaces y Presno, falece en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1773\">1773<\/a>. D. Manuel de Luaces estaba casado con D\u00aa Rafaela de Presno Parga Fuentes y Donleb\u00fan (Blasones y Linajes de Galicia, Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, Tomo IV, p\u00e1x.252)<\/p>\n<p>Na Chanciller\u00eda de Valladolid, D. Antonio Garc\u00eda Presno veci\u00f1o de Ribadeo, solicita Preito de Fidalgu\u00eda en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1734\">1734<\/a>. Un descendente contempor\u00e1neo dos PRESNO, D. Gumersindo Garc\u00eda-Presno Cotarelo estaba casado con D\u00aa Mar\u00eda de los \u00c1ngeles Mart\u00ednez de Aguiar y Oya (necrol\u00f3xica, La Comarca 14-Marzo-1954) unha das \u00faltimas ramas co apelido OYA en Ribadeo, descendente do matrimonio de D. Carlos Oya Miranda de Ribadeo, casado con D\u00aa Mar\u00eda Saavedra e Cot\u00f3n de Lugo, que te\u00f1en por fillo a D. Manuel Antonio de Oya Miranda y Saavedra (o Escudo brasonado coas primitivas Armas dos OYA est\u00e1, como veremos nun pr\u00f3ximo artigo, na Capela de San Antonio e de San Xos\u00e9). D. Gumersindo e D\u00aa Mar\u00eda de los Angeles, tiveron por fillos a: D. Gumersindo, D\u00aa Mar\u00eda Vitoria, D. Jos\u00e9 Mar\u00eda e D. Gabriel<br \/>\nDesde estas poucas li\u00f1as, facer unha grata lembranza a D. Jos\u00e9 Mar\u00eda Garc\u00eda-Presno y Mart\u00ednez de Aguiar que foi por un tempo Comandante do \u201cCiscar\u201d (barco da Rep\u00fablica Espa\u00f1ola desde Xu\u00f1o do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1937\">1937<\/a> a Marzo do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1938\">1938<\/a>) a quen se lle deu o retiro de Capit\u00e1n de Nav\u00edo da Armada Espa\u00f1ola, no primeiro mandato do goberno de D. Felipe Gonz\u00e1lez. D. Xos\u00e9 Mar\u00eda, non estaba moi conforme co rango que lle reco\u00f1eceran, chegada a Democracia, para o seu retiro, pois, segundo a s\u00faa promoci\u00f3n, correspond\u00edalle o grado de Vicealmirante ou General de Divisi\u00f3n e non \u00f3 de Coronel. Na ditadura franquista, foi Xefe de Dique dos Asteleiros de Xix\u00f3n e exerceu a C\u00e1tedra de Astronom\u00eda e Navegaci\u00f3n na Escola N\u00e1utico Pesqueira e Superior de N\u00e1utica e M\u00e1quinas da Mari\u00f1a Mercante de Xix\u00f3n, cando a\u00ednda era Reco\u00f1ecida da de Bilbao, e onde por circunstancias da vida, lonxe do noso lar ribadense e salvada a diferenza de idade (el perto dos sesenta e eu dos vinte), nos fixemos amigos e parolabamos a mi\u00fado sobre asuntos do mar, dos barcos e un \u201cpouqui\u00f1o\u201d de pol\u00edtica. El fixera as Pr\u00e1cticas de Guardamarina no <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ficheiro:MNF_016.JPG\">Buque Escola Galatea<\/a> \u00f3 que lembraba sempre con gran cari\u00f1o pois nel aprendeu a ardua disciplina da manobra dun gran barco de vela, da que era un entusiasta, e onde labrou o car\u00e1cter de home sensato e de saber facer, dun perfecto mari\u00f1o de guerra daqueles tempos. Os avatares da vida de D. Jos\u00e9 Mar\u00eda merecer\u00edan un bo estudio biogr\u00e1fico, para darnos conta das reviravoltas que, un home condenado a Sete Penas de Morte por ser un \u201cComandante Roxo\u201d, tivo que salvar durante e despois da Guerra Civil para poder sobrevivir. \u00a1Saudi\u00f1os desde o noso terru\u00f1o, al\u00e1 onde esteas, amigo!<\/p>\n<p>A modo de nota curiosa, atopamos na Lista de Rexistro de Barcos do Porto de Ribadeo, dous homes de mar antecesores de D. Jos\u00e9 Mar\u00eda. No Folio 27, \u00f3 patr\u00f3n D. Jos\u00e9 Garc\u00eda Presno, que estaba o mando do quechemar\u00edn \u201cJoven Ramonita\u201d de 36 Tm de rexistro bruto, constru\u00eddo na Li\u00f1eira, segundo escritura de 13-Marzo-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1848\">1848<\/a>, para os armadores D. Fco. Antonio Bengoechea e D. Antonio Casas; e no Folio 45, consta o bergant\u00edn \u201cNeptuno\u201d de 149 Tm de rexistro bruto, constru\u00eddo na Veiga de Navia polo mestre D.Afonso Fern\u00e1ndez Presno da matr\u00edcula de Viabelez, cuxos armadores eran: D.Fco. Antonio Bengoechea, D. Manuel Reynante e D. Emilio Erraez casado con D\u00aa Concha Puelles, veci\u00f1os de Ribadeo, segundo consta en escritura de 5 de Xu\u00f1o de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1852\">1852<\/a>, e que estaba taxado en 180 000 reais de vell\u00f3n, inclu\u00edda a arboladura.<br \/>\nNo cuarto cuartel do Escudo de Armas, unha aguia coroada mirando a destra, de \u00e1s abertas ou volante. Son armas dos PARDO, que ademais de ser de D\u00aa Florencia PARDO BAAMONDE casada con D. Gaspar Presno, parecen ter que ver coa xenealox\u00eda de D. Antonio PARDO BAAMONDE de Viveiro, casado con D\u00aa Mar\u00eda Somoza, de Santiago, cuxo fillo D.Antonio Pardo Baamonde rexedor de Santiago, estaba casado con D\u00aa Antonia Cuervo de San Pedro de Cornazo, no concello de Vilagarc\u00eda de Arousa. Todos eles apelidos que aparecen tam\u00e9n nesta feligres\u00eda de Ribadeo. Sobre este apelido, PARDO de veci\u00f1os de Ribadeo atopamos na Chancilleria de Valladolid, outras d\u00faas referencias: 1) Un Preito por Herdanzas, entre os anos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1743\">1743<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1759\">1759<\/a>, de D\u00aa Catarina Teresa de Acevedo Pardo, veci\u00f1a de Castropol con seu irm\u00e1n, D. Carlos de Acevedo Pardo y Taboada, de Ribadeo, dono de \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/04\/a-aduana-vella-de-ribadeo-artigo-de.html\">A Aduana Vella<\/a>\u201d (tam\u00e9n en La Comarca del Eo 16-Abril-2016), sobre petici\u00f3n de D\u00aa Catarina Teresa de Acevedo Pardo para que se reduza a escritura p\u00fablica o pacto que fixo con D. Carlos de Acevedo Pardo y Taboada, para a partici\u00f3n da herdanza de seus pais. 2) Un Preito de Fidalgu\u00eda, con data de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1780\">1780<\/a>, de D. Jos\u00e9 Pillado Pardo y Rivadeneyra, veci\u00f1o da feligres\u00eda de Nosa Se\u00f1ora de Vilasel\u00e1n.<\/p>\n<p>Como estamos vendo, en un escudo si e noutro tam\u00e9n, t\u00f3dolos Escudos de Armas e Bras\u00f3ns de Ribadeo, est\u00e1n relacionados, uns con outros, por lazos familiares, se non \u00e9 antes \u00e9 despois, pois, seguramente os fillos das familias fidalgas cas\u00e1banse entre si por non perder, ou para defender, os seus propios e com\u00fans intereses sociais. \u00a1O Realengo&#8230;!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entrando na igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda do Campo de Ribadeo e recorrendo un pouqui\u00f1o da nave principal, a primeira capela \u00e1 esquerda \u00e9 a da Virxe de Lourdes. Sobre o seu arco de medio punto at\u00f3pase este escudo espa\u00f1ol en punta (caracter\u00edstica francesa estendida na her\u00e1ldica espa\u00f1ola), que est\u00e1 empotrado na parede do templo, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5858","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5858","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5858"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5858\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5858"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5858"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5858"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}