{"id":5852,"date":"2017-05-04T16:21:00","date_gmt":"2017-05-04T14:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:38:18","modified_gmt":"2024-11-12T12:38:18","slug":"decadencia-do-porto-natural-maritimo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/05\/04\/decadencia-do-porto-natural-maritimo\/","title":{"rendered":"DECADENCIA DO PORTO NATURAL MAR\u00cdTIMO COMERCIAL DE RIBADEO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEib-hd6GLxi5n04xhmVV-YIZxh7pzSDHt7-vTm1CsBUttS4Rnhcdmf7BkS3__-4q99ecHGnR24rFZmdG1JxgnD5i2aoYSpafvfu7f6lnZH84YfBa6wcoSqeyP3ftVYAV-r67hu-sQ\/s2048\/zona+portuaria+de+Ribadeo+dende+Castropol.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEib-hd6GLxi5n04xhmVV-YIZxh7pzSDHt7-vTm1CsBUttS4Rnhcdmf7BkS3__-4q99ecHGnR24rFZmdG1JxgnD5i2aoYSpafvfu7f6lnZH84YfBa6wcoSqeyP3ftVYAV-r67hu-sQ\/s2048\/zona+portuaria+de+Ribadeo+dende+Castropol.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Zona portuaria de Ribadeo dende Castropol.png<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em>Fai tempo que ve\u00f1o d\u00e1ndolle voltas \u00f3 \u201cmag\u00edn\u201d, para entender como \u00e9 posible que<br \/>\na vida de Ribadeo, que se desenvolveu \u00f3 longo da s\u00faa historia case de forma<br \/>\naut\u00e1rquica, haxa perdido todo tipo de goberno aut\u00f3nomo municipal. Ent\u00e9ndase, neste<br \/>\ncaso, autarqu\u00eda, como unha pol\u00edtica onde Ribadeo val\u00edase dos seus propios recursos<br \/>\nde riqueza e subsistencia e na que se evitaban inxerencias estra\u00f1as \u00f3 Concello.<br \/>\nTodos os cami\u00f1os de razoamento me levaron \u00f3 mesmo punto: Ribadeo perdeu a autonom\u00eda<br \/>\npropia o d\u00eda que perdeu a R\u00eda de Ribadeo como Porto Natural Mar\u00edtimo Comercial. A\u00ed<br \/>\nradica o gran error da pol\u00edtica municipal, e da provincial e auton\u00f3mica de soporte<br \/>\necon\u00f3mico \u00e1 seguridade do Porto de Ribadeo, que leva soportando este bald\u00f3n, desde<br \/>\nque a alg\u00fan iluminado lle deu por facer o primeiro Paseo Mar\u00edtimo, a primeiros dos<br \/>\nanos setenta, o cal, como alg\u00fans cidad\u00e1ns de Ribadeo denunciaron naquela \u00e9poca, \u00eda<br \/>\norixinar colmataci\u00f3ns de area en tes\u00f3ns e canles de navegaci\u00f3n, que pouco a pouco<br \/>\nlle ir\u00edan restando calado os barcos que puideran evolucionar no peirao comercial de<br \/>\nFigueir\u00faa ou de Mirasol.<\/em><\/p>\n<p><em>Un Peirao Seguro\u2013Porto Seguro (Safe Berth-Safe Port) consid\u00e9rase desde o punto de<br \/>\nvista n\u00e1utico, todo aquel \u00f3 que se pode chegar con seguridade, e que durante a<br \/>\npermanencia no peirao o barco sempre estar\u00e1 a flote, sen tocar fondo na baixamar.<br \/>\nPois ben. A partir daquela primeira obra do Paseo, seguiron outras de ampliaci\u00f3n,<br \/>\nde recheos, de escolleras sen sentido que non serven para nada rendible, pois o<br \/>\nPorto de Ribadeo est\u00e1 enclavado nun entrante natural do mar que unha vez pasada a<br \/>\nboca da barra est\u00e1 considerado de augas tranquilas todo o ano, para todo tipo de<br \/>\nbarcos mercantes. \u00bfSi \u00e9 de augas tranquilas, para que se queren escolleras de mar<br \/>\nbravo? Ademais, fix\u00e9ronse (parecen como a mala fe) varios espig\u00f3ns de terrapl\u00e9n con<br \/>\nrampas de pedras que non te\u00f1en nin un metro de atraque. \u00bfSon estes os proxectos de<br \/>\nfuturo os que estamos condenados en Ribadeo pola Administraci\u00f3n de Portos de<br \/>\nGalicia?<\/em><\/p>\n<p><em>Estes espig\u00f3ns, escolleras e grandes recheos, dix\u00e9ronnos que eran para \u201campliaci\u00f3n<br \/>\ndo Porto\u201d, e cada d\u00eda, desde que os fixeron, est\u00e1n entrando barcos veleiros m\u00e1is<br \/>\npequenos que aqueles dos s\u00e9culos XVI, XVII, XVIII e XIX que fondeaban en Porcill\u00e1n,<br \/>\ne mercantes metade m\u00e1is pequenos que aqueles de ata o ano 1980. \u00bfPor qu\u00e9 ocorre<br \/>\nexactamente todo \u00f3 rev\u00e9s do que nos \u201cvenderon\u201d?<\/em><\/p>\n<p><em>\u00c1 obra da ampliaci\u00f3n do Paseo Mar\u00edtimo, engad\u00eduselle a obra da Ponte dos Santos que<br \/>\nlimitou o g\u00e1libo de navegaci\u00f3n, e por tanto limitou a altura de topes dos barcos,<br \/>\ncousa que nunca houbera ocorrido se a Ponte dos Santos, fora constru\u00edda desde Punta<br \/>\ndo Costal \u00f3 cemiterio de Castropol, como antigamente xa pensaran os enxe\u00f1eiros e<br \/>\nmari\u00f1eiros de Ribadeo. Tan destrutora obra civil (para o Porto) non s\u00f3 limita a<br \/>\naltura de topes dos barcos, se non que as enormes zapatas das pilastras non<br \/>\npermiten o libre fluxo e refluxo da marea, pois a crecente transporta area que<br \/>\nasenta dentro de r\u00eda, e que logo a baixante non \u00e9 capaz de devolver \u00f3 mar. As\u00ed un<br \/>\nd\u00eda si e outro tam\u00e9n a R\u00eda de Ribadeo vai qued\u00e1ndose sen calado cent\u00edmetro a<br \/>\ncent\u00edmetro, e \u00f3 cabo de moi poucos anos, por este cami\u00f1o, quedar\u00e9monos sen Porto<br \/>\nComercial para barcos. Se acaso, s\u00f3 poder\u00e1n atracar gabarr\u00f3ns de pouco tonelaxe. Xa<br \/>\npoden gastarse mill\u00f3ns e mill\u00f3ns de euros anuais para dragar a R\u00eda de Ribadeo, que<br \/>\nnunca se dar\u00e1 dragado, pois: \u201cNon se pode loitar encontra da Forza Natural do Mar\u201d,<br \/>\npois el \u00e9 capaz de meter tanta area nunha marea, como a que sacou nun ano unha<br \/>\ndraga como as que aqu\u00ed se utilizan para limpar o canal.<\/em><\/p>\n<p><em>Por outra banda, parece como se a xente que \u201cgoberna\u201d estes temas, pensara que dado<br \/>\nque Ribadeo \u00e9 porto de mar, loxicamente ten que ser mar\u00edtimo comercial por<br \/>\nnatureza. Pero non \u00e9 as\u00ed. A confusi\u00f3n no criterio, radica en que \u201cmar\u00edtimo\u201d<br \/>\nsignifica \u201cpertencente o mar\u201d pola s\u00faa proximidade ou pola s\u00faa relaci\u00f3n pol\u00edtica ou<br \/>\ncomercial con el. Hai moitos pobos na Mari\u00f1a que son costeiros ou pr\u00f3ximos o mar, e<br \/>\nque non son portos, ou que, a\u00ednda sendo Portos de Pesca, non son Portos Mar\u00edtimos<br \/>\nComerciais, pois isto implica mercador\u00edas do \u00e1mbito da Mari\u00f1a Mercante, polo que os<br \/>\nportos te\u00f1en unhas infraestruturas que competen as mercador\u00edas que manexan. <\/em><\/p>\n<p><em>Tam\u00e9n dicir que a Ponte dos Santos \u00e9 necesaria para o progreso de Ribadeo, pero<br \/>\ntam\u00e9n para o progreso dos pobos do entorno. Mais, como xa dixemos, a ponte deber\u00e1<br \/>\nser trasladada a outra zona da R\u00eda, que non destr\u00faa o libre tr\u00e1fico comercial.<\/em><\/p>\n<p><em>O Porto de Ribadeo desde a boca da barra ata o fondo da r\u00eda, en Vegadeo,<br \/>\nten unha extensi\u00f3n de 9 km, cerca de 5 millas n\u00e1uticas (de 1852 m), unha largura m\u00e1xima de unha milla, que se alcanza entre Figueir\u00faa e A Li\u00f1eira,<br \/>\ne noutros puntos un kil\u00f3metro entre as Carrallas e Arnao, oitocentos metros<br \/>\nentre Figueirua e Castropol, e na parte m\u00e1is angosta, onde se fixo a Ponte<br \/>\ndos Santos, San Miguel-San Roman, algo m\u00e1is de medio kil\u00f3metro. <\/em><\/p>\n<p><em>Sen d\u00fabida, un punto especialmente adecuado para a nova construci\u00f3n dunha<br \/>\nPonte sobre a R\u00eda de Ribadeo, \u00f3 noso entender, ser\u00eda o antedito, a Punta do<br \/>\nCostal e Castropol, pois incluso se poder\u00eda pasar, por debaixo da calzada<br \/>\nda autopista, unha v\u00eda do tren con acceso o peirao de Mirasol e con todo<br \/>\ntipo de accesos peon\u00eds e de bicicletas. Isto ser\u00eda pensar no futuro, e non<br \/>\nestar a bailar a favor de d\u00faas ou tres empresas que se est\u00e1n lucrando do Porto de<br \/>\nRibadeo, e encima temos que estar soportando as cantinelas de que se queren ir,<br \/>\npara que lles baixen a\u00ednda m\u00e1is as taxas portuarias.<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><br \/>\n<em>O d\u00eda 24 de Abril de 2017, l\u00eda na primeira plana de La Voz de Galicia, a noticia de<br \/>\nque sa\u00eda do novo Porto de Burela un barco cargado con 5500 Tm de eucalipto. Sent\u00edn<br \/>\nunha profunda tristeza por Ribadeo e alegreime por Burela, pois foron xentes que<br \/>\nloitaron desde sempre polo seu porto, fac\u00e9ndoo un dos portos de pesca m\u00e1is<br \/>\nimportantes no Cant\u00e1brico, e agora lograron que lles fixeran un Porto Comercial<br \/>\nArtificial que recompensa o seu esforzo. \u00bfPor qu\u00e9 Ribadeo se quedou varado na s\u00faa<br \/>\nhistoria? \u00bfPor qu\u00e9 pasamos de ser un Porto Comercial Natural que xeraba recursos de<br \/>\nriqueza para todo o pobo, a ser un Porto de Postal?. Ou sexa, s\u00f3 sirve para ter<br \/>\nbarqui\u00f1os amarrados como figuras inm\u00f3biles, para facer como un bonito Bel\u00e9n dos<br \/>\nportos de Galicia, que s\u00f3 sirve para que alg\u00fans turistas saquen fotos. Moi guapo,<br \/>\nprecioso, dir\u00e1n alg\u00fans, pero \u00bfisto non poder\u00eda haber ocorrido, sen tirar \u00e1 R\u00eda<br \/>\ntantas miles de toneladas de escombros? \u00bfcomo \u00e9 posible que diversas \u201cautoridades<br \/>\nlocais\u201d se retraten c\u00f3 Xefe de Portos de Galicia, cando declara moi satisfeito, que<br \/>\nhoubo un <a href=\"http:\/\/Eloxio de... de?\">beneficio no porto n\u00e1utico de Ribadeo de 40 000 \u20ac no ano 2016<\/a>? \u00bfComo \u00e9<br \/>\nposible que este se\u00f1ori\u00f1o, nos intente vender un estrepitoso fracaso, como un logro<br \/>\n\u201ccon beneficios anuais\u201d, cando esa cantidade debera de ser a ganancia diaria?<\/em><\/p>\n<p><em>A Regulamentaci\u00f3n de Portos, segundo o Bolet\u00edn Oficial do Estado n\u00ba191, de 7 de<br \/>\nagosto de 2010, publica a Ley 33\/2010, de r\u00e9xime econ\u00f3mico e prestaci\u00f3n de servizos<br \/>\nnos portos de interese xeral, co prop\u00f3sito lexislativo de facer un profundo cambio,<br \/>\nparticularmente expresa, entre outros, os seguintes puntos:<\/em><\/p>\n<p><em>1) Impulsar unha maior modernizaci\u00f3n e competitividade nos portos espa\u00f1ois.<\/em><\/p>\n<p><em>2) Reforzar a autonom\u00eda da xesti\u00f3n e funcionamento das Autoridades Portuarias, para<br \/>\ngarantir unha maior eficiencia nos portos de inter\u00e9s xeral.<\/em><\/p>\n<p><em>3) Cada Autoridade Portuaria dispo\u00f1er\u00e1 das s\u00faas propias taxas polo uso da<br \/>\ninfraestrutura conforme os seus custes individualizados.<\/em><\/p>\n<p><em>Pois ben, no Porto de Ribadeo, referente \u00f3 primeiro punto, non se fixo nada,<br \/>\nexcepto \u201cescombrar\u201d. Non hai  unha triste maquinaria p\u00fablica e aut\u00f3noma que<br \/>\nmodernice a competitividade. Todo \u00e9 privado.<\/em><\/p>\n<p><em>Referente \u00f3 segundo punto, reforzar a xesti\u00f3n Auton\u00f3mica, a Xunta non vemos que<br \/>\nfixera absolutamente nada.<\/em><\/p>\n<p><em>Referente o terceiro punto, o \u00fanico que se fixo foi abaratar as taxas, para que<br \/>\nunha empresa privada como ENCE faga o seu propio antoxo, e ameazando cada d\u00eda de<br \/>\nque vai parar de usar o Porto de Ribadeo. \u00bfPor qu\u00e9 non se lles colle a palabra, e<br \/>\nse lles suben as taxas 50 ou 100 veces para que se vaian xa dunha vez? \u00bfCal \u00e9 o<br \/>\nbeneficio que deixan no Porto de Ribadeo? \u00bfCanta xente de Ribadeo traballa no noso<br \/>\nporto? Antigamente soamente o Taller Barcia-Seivane ti\u00f1a 26 mec\u00e1nicos e soldadores<br \/>\nde primeira clase. O P\u00f3sito de Pescadores chegou a ter unha inscrici\u00f3n de 340<br \/>\nmari\u00f1eiros. Os talleres do peirao, aserradeiros de madeira e negocios varios, daban<br \/>\ntraballo a case outro medio centenar de homes.<\/em><\/p>\n<p><em>Si falamos das antigas f\u00e1bricas conserveiras de pescado, as f\u00e1bricas daban traballo<br \/>\na centos de mulleres, como a f\u00e1brica de Bravo Otero (ata 1942), situada en<br \/>\nPorcill\u00e1n onde hoxe est\u00e1 a vella f\u00e1brica de xeo. Na f\u00e1brica da Vilavella, de D.<br \/>\nFidel Gayol, D. Luis Garc\u00eda e D. Manuel Lens, onde trataban sardi\u00f1a, bonito e<br \/>\npalometa, hab\u00eda cento trinta traballadores, de eles cen mulleres. A Trocha, \u00f3 final<br \/>\nda R\u00faa Antonio Otero, xunto \u00e1 Aduana Vella, onde envasaban anchoas, e po\u00f1\u00edan a<br \/>\nsecar raias. A F\u00e1brica de Pel\u00e1ez, que se levantaba onde hoxe est\u00e1 a Planta de<br \/>\nCultivos Mari\u00f1os. Aquilo era mover o porto de Ribadeo. O movemento de mineral,<br \/>\ntam\u00e9n ocupaba a unhas deceas de postos de traballo directos e centos indirectos.<br \/>\n\u00bfQu\u00e9 \u00e9 o que hai agora? \u00bfdez postos de traballo? \u00bfe debemos conformarnos con isto?<br \/>\nCreo que como Porto Comercial, Ribadeo non puido caer m\u00e1is baixo, e vai desaparecer<br \/>\ntotalmente enterrado na area. \u00a1\u00c9 unha m\u00e1goa, pero eu as\u00ed o vexo e o sinto!<\/em><\/p>\n<p><em>Felices Festas da Virxe do Carme!<\/em><\/p>\n<p>&#8212;&nbsp;<\/p>\n<p>Secuencia de carga en Mirasol (2009):<br \/>\n<iframe loading=\"lazy\" allowfullscreen=\"\" frameborder=\"0\" height=\"480\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/aTeMc_C31jI\" width=\"853\"><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Zona portuaria de Ribadeo dende Castropol.png Fai tempo que ve\u00f1o d\u00e1ndolle voltas \u00f3 \u201cmag\u00edn\u201d, para entender como \u00e9 posible que a vida de Ribadeo, que se desenvolveu \u00f3 longo da s\u00faa historia case de forma aut\u00e1rquica, haxa perdido todo tipo de goberno aut\u00f3nomo municipal. Ent\u00e9ndase, neste caso, autarqu\u00eda, como unha pol\u00edtica onde Ribadeo val\u00edase dos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,46,56],"class_list":["post-5852","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-pancho-campos","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5852","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5852"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5852\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5852"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5852"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5852"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}