{"id":5841,"date":"2017-05-15T17:39:00","date_gmt":"2017-05-15T15:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:37:53","modified_gmt":"2024-11-12T12:37:53","slug":"companeiro-jose-maria-rodriguez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/05\/15\/companeiro-jose-maria-rodriguez\/","title":{"rendered":"COMPA\u00d1EIRO JOS\u00c9 MAR\u00cdA RODRIGUEZ. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiufM7vZ8jQp8bvVmPFJBKoiyVv5nV1_G99oKNzLIJ4cyDXFTRRGvtlvt70unnXu1vY1DFgQH6SFJAnVtllqqg4c_nhwYceLwN9j9b53S4qz9VbyVvJabsNV6rqFf3ZFISigjg2Ew\/s2048\/jos%25C3%25A9+mar%25C3%25ADa+rodr%25C3%25ADguez.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiufM7vZ8jQp8bvVmPFJBKoiyVv5nV1_G99oKNzLIJ4cyDXFTRRGvtlvt70unnXu1vY1DFgQH6SFJAnVtllqqg4c_nhwYceLwN9j9b53S4qz9VbyVvJabsNV6rqFf3ZFISigjg2Ew\/s2048\/jos%25C3%25A9+mar%25C3%25ADa+rodr%25C3%25ADguez.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;Como empezar unha carta de despedida que non quero escribir. Como dicirche adeus para sempre, amigo e compa\u00f1eiro, pensando que nunca poderei volver a escoitar as t\u00faas respostas cando eu che fale e che consulte todo o que me faga falta. Como expresarche a mi\u00f1a amizade, ademais de cunha aperta ou cun apert\u00f3n de mans como sempre que nos v\u00edamos.<\/p>\n<p>Empecei a co\u00f1ecerte aquel d\u00eda do ano 2007 na asemblea da AAVV \u201cO Tes\u00f3n\u201d, cando fun elixido como relevo de Gilberto Su\u00e1rez, pois o home sent\u00edase xa cansado coas s\u00faas cousas, e me xuntei convosco na directiva, xunto con Antonio Gregorio, Soledad, J\u00f3se, Roc\u00edo Botana e Arturo Linares. Como pensar, naquel momento, que chegar\u00eda a sentirme tan arroupado e tan orgulloso de estar codo con codo traballando con todos vosoutros.<\/p>\n<p>Para min haberte co\u00f1ecido e haber cooperado cun home coma ti, honesto, honrado e tan involucrado na pol\u00edtica social, que nunca lle importou caer mal ou ben, a este ou a aquel, ou a esta ou aquela facci\u00f3n, con tal de levar adiante unha idea ou unha acci\u00f3n que entre todos v\u00edamos que era causa de abandono ou un desprop\u00f3sito en prexu\u00edzo do pobo, ou que era un servizo necesario para o benestar da xente, e que ti\u00f1a que facerse ben. Esta idea do social, soubeches comunic\u00e1rnola daquela maneira, pero foi un privilexio haber vivido no teu tempo e haber compartido contigo, ducias de horas de amena e instrutiva charla, tomando un caf\u00e9 ou un bo caldo de vi\u00f1o tinto, ou branco ou unha ca\u00f1a de cervexa, acompa\u00f1ada dunha excelente Tapa de Ribadeo.<br \/>\nComo prescindir desa mente tan sumamente traballadora e privilexiada que era capaz de desenrolar unha utop\u00eda e transformala en realidade palpable, case que perfecta, base\u00e1ndose na audacia de pensamento, nun extraordinario interese na acci\u00f3n, na constancia de darlle volta tras volta \u00e1s ideas, ata atopar esa porta que se abre \u00e1 raz\u00f3n indiscutible, para facer o que hai que facer, porta de entrada a ese mundo onde os so\u00f1os se transforman en realidade conclu\u00ednte. Como expresar coa serenidade necesaria esa exposici\u00f3n de ideas, que tantas veces contrasta coa adversidade da intolerancia ou cun desmando da linguaxe. Como ser prudente na exposici\u00f3n, cando a sangre che fai berrar de pena polo que est\u00e1s vendo. Pois ben, o teu era saber facer, coa linguaxe m\u00e1is culta, unha exposici\u00f3n maxistral xunto coa incisiva proclamaci\u00f3n das ideas e da acci\u00f3n.<\/p>\n<p>Foise Jos\u00e9 Mar\u00eda, un intelectual de tal calibre que ser\u00e1 moi dif\u00edcil de igualar. Para a Historia de Ribadeo, ben contada, baseada en feitos e en documentos reais, \u00e9 unha enorme perda. A s\u00faa vida ten uns anos de incesante publicaci\u00f3n de libros e relatos hist\u00f3ricos e ling\u00fc\u00edsticos. Os seus estudos meticulosos na traduci\u00f3n do \u201cDiploma do Rei Silo\u201d que data do 23 de agosto do ano 775 e de varios documentos do s\u00e9culo XII e XIII, lev\u00e1rono a escribir o magn\u00edfico traballo sobre \u201cEl Convento de Esperautano y su Coto\u201d situ\u00e1ndoo en A Gra\u00f1a do Concello de Ribadeo, rompendo mitos de malas traduci\u00f3ns do lat\u00edn, onde desmonta as malas interpretaci\u00f3ns, de Tabulata, como Trabada, de Celeiro como Celeiro de Mari\u00f1aos, etc. etc. Os libros: \u201cEstudo sobre a Topon\u00edmia de Ribadeo\u201d, ano 2007; \u201cSobre os Castros de Ribadeo\u201d, ano 2009; \u201cLa Sede Episcopal de los Britones\u201d, do ano 2009, inclu\u00eddo nos Estudos Mindoniensis; \u201cVilasel\u00e1n, aproximaci\u00f3n hist\u00f3rica\u201d, ano 2010; \u201cLa Colegiata de Ribadeo, ano 2011; \u201cSanto Estebo de Augas Santas\u201d; \u201cSanto Estebo da Pag\u00e1\u201d, e un cento de artigos period\u00edsticos m\u00e1is.<br \/>\nOs seus magn\u00edficos e documentados traballos hist\u00f3ricos foron publicados nos Cadernos de Estudos Mindonienses, unha garant\u00eda da sapiencia de Jos\u00e9 Mar\u00eda.<\/p>\n<p>Dic\u00eda Ralph W. Emerson: \u201cO esplendor da amizade non radica nunha man estendida ou na bondade dun sorriso, se non na inspiraci\u00f3n que o esp\u00edrito \u00f3 descubrir que algu\u00e9n cre en nosoutros, est\u00e1 disposto a brindarnos a s\u00faa confianza\u201d. Eu sempre fun un mari\u00f1eiro solitario, e pouco souben da vida social, ata que co\u00f1ec\u00edn os membros da directiva de \u201cO Tes\u00f3n\u201d, e al\u00ed estaba Jos\u00e9 Mar\u00eda. Non quixera xamais chorar pola falta dun compa\u00f1eiro, pois a auga salgada das b\u00e1goas, quero que sempre me recorden as delicias do Mar, a mi\u00f1a vida mari\u00f1eira, e nunca a tristeza das despedidas. Pero en algunhas ocasi\u00f3ns ocorre, que o pracer inicial d\u00e1 presentaci\u00f3n x\u00fantase coa amargura dun: adeus meu amigo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;Como empezar unha carta de despedida que non quero escribir. Como dicirche adeus para sempre, amigo e compa\u00f1eiro, pensando que nunca poderei volver a escoitar as t\u00faas respostas cando eu che fale e che consulte todo o que me faga falta. Como expresarche a mi\u00f1a amizade, ademais de cunha aperta ou cun apert\u00f3n de mans [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[20,46],"class_list":["post-5841","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jose-ma-rodriguez","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5841","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5841"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5841\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5841"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5841"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5841"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}