{"id":5833,"date":"2017-05-22T18:36:00","date_gmt":"2017-05-22T16:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:37:39","modified_gmt":"2024-11-12T12:37:39","slug":"complementado-nova-desta-mana-sobre","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/05\/22\/complementado-nova-desta-mana-sobre\/","title":{"rendered":"Complementado a nova desta ma\u00f1\u00e1 sobre a marcha reivindicativa do ferrocarril mineiro"},"content":{"rendered":"<p>Complementado a nova desta ma\u00f1\u00e1 sobre a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/05\/ampliando-viaverde-do-ferrocarril.html\">marcha reivindicativa do ferrocarril mineiro<\/a>, deixo dous apuntes dun blog que a\u00ednda segue a funcionar, mesmo cando est\u00e1 destinado a desaparecer en non moito tempo:<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/prensa-ribadeo.blogspot.com.es\/2008\/09\/20080816-sobre-rota-do-tren-mineiro.html\">http:\/\/prensa-ribadeo.blogspot.com.es\/2008\/09\/20080816-sobre-rota-do-tren-mineiro.html<\/a><\/p>\n<h3 class=\"post-title entry-title\" itemprop=\"name\">\n20080816 sobre a rota do tren mineiro<br \/>\n<\/h3>\n<p>COSTAS DESTINA 150.000 EUROS \u00c1 REDACCI\u00d3N DO PROXECTO PARA A RECUPERACI\u00d3N<br \/>\n DA RUTA DO TREN MINEIRO ENTRE RIBADEO E TRABADA. O ALCALDE AMOS\u00c1SE<br \/>\nSATISFEITO POR ESTE ANUNCIO.<\/p>\n<p>Ribadeo, 16 de setembro de 2008. O<br \/>\nalcalde de Ribadeo, Fernando Su\u00e1rez, informou onte no pleno aos membros<br \/>\nda Corporaci\u00f3n Municipal, do compromiso de Costas para proceder \u00e1<br \/>\nrecuperaci\u00f3n da ruta do tren mineiro entre Ribadeo e Trabada &#8220;xa que xa<br \/>\nten aprobado un orzamento de preto de 150.000 para a redacci\u00f3n do<br \/>\nproxecto. Tr\u00e1tase dunha ruta magn\u00edfica e ser\u00e1 unha das mellores sendas<br \/>\nverdes de todo o estado&#8221;.<\/p>\n<p>O rexedor lembra que esa ruta &#8220;estivo en<br \/>\nfuncionamento desde o ano 1905 ata o 1964 e desde ent\u00f3n, sobre todo nos<br \/>\ntramos de Ribadeo\u2026 hai alg\u00fans que son p\u00fablicos e outros non. A intenci\u00f3n<br \/>\n do Ministerio de Medio Ambiente \u00e9 facer ese proxecto expropiando os<br \/>\nterreos que faga falla para darlle continuidade e poder empatar estes<br \/>\ntramos que faltan entre Ribadeo e Trabada cos que xa est\u00e1n feitos en San<br \/>\n Tirso de Abres e A Pontenova&#8221;. Fernando Su\u00e1rez engade que &#8220;falamos<br \/>\ndunha realidade en non moito tempo. Desde o punto de vista tur\u00edstico<br \/>\nser\u00e1 posible que algu\u00e9n que queira ir cami\u00f1ando ou en bicicleta entre<br \/>\nRibadeo e A Pontenova o poida facer a trav\u00e9s dunha paisaxe maravillosa<br \/>\n\u00e1s beiras da r\u00eda de Ribadeo e despois subindo \u00e1s beiras do r\u00edo Eo. \u00c9<br \/>\nalgo que nos colma de satisfacci\u00f3n e que amosa a sensibilidade dos<br \/>\nresponsables de Costas con esta ruta que une d\u00faas comunidades: Galicia e<br \/>\n Asturias&#8221;.<\/p>\n<p>Galescola<\/p>\n<p>No pleno de onte, aprob\u00f3use cos votos a<br \/>\nfavor do BNG, PSOE e UPRI e os votos en contra do PP, a ratificaci\u00f3n<br \/>\ndefinitiva do acord\u00f3 de cesi\u00f3n dunha parcela municipal \u00e1 Xunta para a<br \/>\nconstrucci\u00f3n dunha galescola para nenos de 0 a 3 anos. Fernando Su\u00e1rez<br \/>\nexplica que &#8220;pasou o per\u00edodo de exposici\u00f3n p\u00fablica e non houbo<br \/>\nalegaci\u00f3ns e agora s\u00f3 resta que se adxudique o proxecto e as obras<br \/>\nagardamos que se inicien en breve, si \u00e9 posible a principios de 2009,<br \/>\npara que Ribadeo non s\u00f3 poida manter a escola infantil que xa est\u00e1 a<br \/>\nfuncionar desde hai tempo, sen\u00f3n que contar\u00e1 con outra que cubrir\u00e1 a<br \/>\ndemanda de prazas existente na actualidade&#8221;.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/prensa-ribadeo.blogspot.com.es\/2008\/10\/20081023-estradas-n640-e-n642.html\">http:\/\/prensa-ribadeo.blogspot.com.es\/2008\/10\/20081023-estradas-n640-e-n642.html<\/a><\/p>\n<h3 class=\"post-title entry-title\" itemprop=\"name\">\n20081023 Estradas N640 e N642<br \/>\n<\/h3>\n<p>FOMENTO EST\u00c1 A REDACTAR OS PROXECTOS PARA MELLORAR O FIRME NAS ESTRADAS<br \/>\nN-640 E N-642 ENTRE PORTO E A PONTENOVA E ENTRE PORTO E RIBADEO. AS\u00cd LLO<br \/>\n CONFIRMARON NAS \u00daLTIMAS HORAS AO ALCALDE, FERNANDO SU\u00c1REZ.<\/p>\n<p>Ribadeo,<br \/>\n23 de outubro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Su\u00e1rez, recibiu<br \/>\nnas \u00faltimas horas un escrito da Demarcaci\u00f3n de Estradas do Estado en<br \/>\nLugo, no que lle aseguran que &#8220;a Unidade de Estradas est\u00e1 a redactar<br \/>\ndous proxectos de mellora do firme: un afecta \u00e1 N-640 no tramo entre<br \/>\nPorto e A Pontenova e o outro \u00e1 N-642 no treito entre Porto e Ribadeo&#8221;.<\/p>\n<p>O<br \/>\n rexedor asegura que &#8220;como alcalde de Ribadeo sempre estiven preocupado<br \/>\npola situaci\u00f3n destes viais que debo decir que non \u00e9 nova. A situaci\u00f3n<br \/>\ndegradada destes tramos de estrada est\u00e1 as\u00ed desde hai tempo, non \u00e9 algo<br \/>\nque se degradara nos \u00faltimos tres ou catro meses, sen\u00f3n que ven desde<br \/>\nmoito atr\u00e1s&#8221;. Fernando Su\u00e1rez explica que &#8220;xa ti\u00f1amos iniciado conversas<br \/>\n no seu momento coa Demarcaci\u00f3n de Estradas en Lugo que pertence ao<br \/>\nMinisterio de Fomento e ao non daren resultado contactei persoalmente co<br \/>\n xefe da Unidade, Narciso Gonz\u00e1lez Florido e lle pedin que o que a min<br \/>\nme dec\u00eda verbalmente o enviase por escrito para que conste a intenci\u00f3n<br \/>\ndo Ministerio do Fomento que di que agora est\u00e1n redactando uns proxectos<br \/>\n de mellora do firme que vai de Ribadeo a Porto e de Porto \u00e1 Pontenova.<br \/>\nPolo menos esa \u00e9 a zona que lle dec\u00edamos que ten un estado moi<br \/>\nlamentable e que cando chove ou cando fai mal tempo se intensifican os<br \/>\naccidentes de tr\u00e1fico&#8221;.<\/p>\n<p>O alcalde conf\u00eda en que &#8220;agora estes<br \/>\nproxectos se liciten enseguida e se proceda a executalos canto antes. \u00c9l<br \/>\n tam\u00e9n \u00e9 receptivo a esta mensaxe que lle mandamos desde Ribadeo e que<br \/>\nadem\u00e1is por outra banda tanta pol\u00e9mica estivo a dar nos \u00faltimos meses a<br \/>\nnivel pol\u00edtico, pero confiamos en que Fomento se po\u00f1a as pilas, acabe de<br \/>\n redactar estes proxectos que nos argumentan que est\u00e1n facendo e que os<br \/>\nliciten dunha vez&#8221;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Complementado a nova desta ma\u00f1\u00e1 sobre a marcha reivindicativa do ferrocarril mineiro, deixo dous apuntes dun blog que a\u00ednda segue a funcionar, mesmo cando est\u00e1 destinado a desaparecer en non moito tempo: http:\/\/prensa-ribadeo.blogspot.com.es\/2008\/09\/20080816-sobre-rota-do-tren-mineiro.html 20080816 sobre a rota do tren mineiro COSTAS DESTINA 150.000 EUROS \u00c1 REDACCI\u00d3N DO PROXECTO PARA A RECUPERACI\u00d3N DA RUTA DO TREN [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[91],"class_list":["post-5833","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ferrocarril"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5833","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5833"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5833\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5833"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5833"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5833"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}