{"id":5831,"date":"2017-05-23T18:04:00","date_gmt":"2017-05-23T16:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:37:36","modified_gmt":"2024-11-12T12:37:36","slug":"escudo-de-armas-da-capela-de-san","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/05\/23\/escudo-de-armas-da-capela-de-san\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE ARMAS DA CAPELA DE SAN ANTONIO E DE SAN JOS\u00c9 DE Sta. MAR\u00cdA DO CAMPO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhvbfo_rMwLZ802IrwqT9x2PkcV00ep9hVT1KMrnF8jvL6Sx9hi93yibEwNx8cYuvqH3Rc23Q1npuMEDkz0izKXalFbFV1vBtyXgD3vzuyzWwm5FUuAT5R5OJJxuzbRq1rjh_ziZA\/s2048\/Escudo+de+armas+da+capela+de+SanAntonio+e+de+San+Jos%25C3%25A9+de+Sta%252C+Mar%25C3%25ADa+do+Campo.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhvbfo_rMwLZ802IrwqT9x2PkcV00ep9hVT1KMrnF8jvL6Sx9hi93yibEwNx8cYuvqH3Rc23Q1npuMEDkz0izKXalFbFV1vBtyXgD3vzuyzWwm5FUuAT5R5OJJxuzbRq1rjh_ziZA\/s2048\/Escudo+de+armas+da+capela+de+SanAntonio+e+de+San+Jos%25C3%25A9+de+Sta%252C+Mar%25C3%25ADa+do+Campo.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>Entrando na Igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda do Campo de Ribadeo, a primeira capela a man dereita \u00e9 a capela de San Antonio e de San Xos\u00e9. Sobre o arco de medio punto est\u00e1 este Escudo de Armas e d\u00faas laudes a \u00e1mbolos seus lados, que deben explicar as cl\u00e1usulas e gravames que deixou establecidos o fundador ou fundadores do maiorazgo. O escudo \u00e9 de dese\u00f1o cl\u00e1sico espa\u00f1ol redondeado en punta, timbrado cun casco de fidalgo con penacho de tres plumas e adornado de lambrequines curtos que caen por ambos flancos ata a metade do campo. Na parte alta destra do casco, hai unhas letras moi confusas, que parecen ser: \u201cP A Z M D Y A I\u201d e das que non podemos comprender o significado. Est\u00e1 empotrado na parede do templo, polo que supo\u00f1emos sexa orixinal dun maiorazgo do Convento de San Francisco e que non veu trasladado da Igrexa Colexiata de Sta. Mar\u00eda do Campo, como xa explicamos noutros casos. A \u00e1mbolos dous lados da pedra armeira hai unhas laudes (pedras con inscrici\u00f3ns) para n\u00f3s moi dif\u00edciles de interpretar debido o pintado e repintado \u00e1 que estiveron sometidas durante catro e tres s\u00e9culos e o caleado encheu os ocos do gravado e desapareceu da vista parte da inscrici\u00f3n. Na laude esquerda, segundo se mira, parece rezar: \u201cESTA CAPILLA ES DE ALG\u00ba (\u00bfALONSO, ALVARO GONZALEZ?) DEL b\u2019NAYA(?) PA(?)DO (?) VO ESTANDO ESTABLECIDO A SV COSTA I DOTO CON SEIS MISAS CANTADAS (?)ANO 1594(?) IbEP(?)r..RIOr A CAVMA(?)..CON SVS RESPONSOS CANTADOS Y CRVZ (?)\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;Na laude da destra, parece que contin\u00faa a lada\u00ed\u00f1a: \u201cI SE AN DE DECIr DYA DE SAN ILDEFONSO Y DE ADRIAN I EL DIA DE (\u00bfNAVIDAD?) DYA DE &#8230;. OTRA DYA DE N SE\u00d1ORA&#8230;.DYA DE SANTO DOMINGO OTRA DIA DE SAN MYGUEL A\u00d1O DE 1675\u201d.<\/p>\n<p>A primeira laude (esquerda), parece ser \u00e1 da fundaci\u00f3n do maiorazgo, e parece darnos a data da antig\u00fcidade do escudo, que ven a ser da mesma \u00e9poca que o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/03\/escudo-da-capela-da-virxe-das-dores-de.html\">da Capela da Virxe das Dores<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1594\">1594<\/a>) e case como \u00f3 da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/04\/escudo-da-capela-de-animas-e-da-virxe.html\">Capela das \u00c1nimas e da Virxe do Carme<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1604\">1604<\/a>). Con d\u00fabida, pois \u00e9 dif\u00edcil de ler por estar moi confusas as letras, parece que se refire a D. \u00c1lvaro \u00bfGonz\u00e1lez Ribadeneira?.<\/p>\n<p>O segundo laude (dereito) mostra a data de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1675\">1675<\/a>, m\u00e1is tard\u00eda que a primeira, posiblemente, porque foi cando se estableceron novas cl\u00e1usulas na \u201clicenza\u201d do maiorazgo, como expresan as especificaci\u00f3ns do laude. Este mesmo tipo de cl\u00e1usulas, a posteriori da fundaci\u00f3n, v\u00edmolas no Escudo brasonado e familiar dos RON, na <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/03\/escudo-e-laude-da-capela-da-virxe-do.html\">Capela da Virxe do Rosario<\/a>, que estableceu de novo D. Pedro de Miranda en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1616\">1616<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 18-Marzo-2017)<\/p>\n<p>O campo do escudo est\u00e1 partido por unha espada baixa ou fixada (coa punta abaixo) e desenvai\u00f1ada, en pau (vertical) coa empu\u00f1adura arriba no punto de honor (punto central do xefe sen chegar a tocar a boca ou borde do escudo). Sobre este punto, baixo o centro do xefe, l\u00e1branse \u201cas armas paternais\u201d ou armas hereditarias transferidas polo primeiro posuidor \u00f3s seus descendentes. Son armas dun cabaleiro que tivo alg\u00fan cargo militar ou pertencente a algunha <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Orde_militar\">Orde Militar<\/a> (en campo de gules unha espada baixa de prata, coa empu\u00f1adura de ouro).<\/p>\n<p>Observamos que con data do ano de 1675, que describe a segunda laude, xa vimos este tipo de partici\u00f3n do campo, por medio dunha espada fina, no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/07\/escudo-na-rua-antonio-otero-francisco.html\">Escudo de Armas na Casa de Del R\u00edo, da R\u00faa Antonio Otero<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 16-Xullo-2016), pero \u00e1mbolos dous escudos non te\u00f1en relaci\u00f3n pois os mobles ou figuras dos bras\u00f3ns son distintas. De todas maneiras, non podemos descartar nada \u00f3 cen por cen, pois os VILLAAMIL, estiveron emparentados c\u00f3s OYA, SARMIENTO, SOTOMAYOR, MONTENEGRO, etc. pero sendo rigorosos nas an\u00e1lises, aquela espada est\u00e1 acompa\u00f1ada de d\u00faas veneras, unha a cada lado do pu\u00f1o, que puideran ser armas dos POUSADOURO ou POUSADEIRO, mentres que esta espada \u00e9 m\u00e1is curta, cun pomo no pu\u00f1o, con cruceta e sen garda, como se ve na espada do terceiro cuartel, do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/11\/escudos-de-armas-da-casa-dos-miranda.html\">escudo dereito da Casa dos MIRANDA na r\u00faa Amando P\u00e9rez<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 3-Decembro-2016).<\/p>\n<p>Na partici\u00f3n destra, deste escudo da capela de S. Antonio e S. Xos\u00e9, m\u00f3strase en xefe, desde o centro \u00f3 cant\u00f3n destro, unha barra engulida en dragantes. Poden ser armas dos VILLAR (Blasones y Linajes de Galicia, J.S.Crespo del Pozo, Volumen I, p\u00e1x.422). Na Real Audiencia e Chanciller\u00eda de Valladolid atopamos dous preitos: C\u00f3digo: ES.47186.ARCHV\/\/ 8.7.1\/\/CAJA <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1750\">1750<\/a>,28. Executoria do preito litigado por D. Juan Mart\u00ednez del Villar, veci\u00f1o de Ribadeo, con D. Diego de Villamane e D. Domingo P\u00e9rez de Quintana, veci\u00f1o de San Mart\u00edn de Oscos, sobre execuci\u00f3n de bens por cuant\u00eda de 50 ducados en raz\u00f3n de media paga acumulada de certo censo outorgado en dicha vila. Fecha: 20-Novembro-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1593\">1593<\/a>.<\/p>\n<p>Con C\u00f3digo ES.47186.ARCHV\/8.7.1\/\/ CAJA 2189,78. Executoria do preito litigado por D\u00aa. Aldonza Sierra Osorio, vi\u00fava de D. Juan Mart\u00ednez del Villar, e fillos, veci\u00f1os de Ribadeo, con Juana Gonz\u00e1lez de Miranda, veci\u00f1a de Castropol. Fecha: 21-Agosto-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1615\">1615<\/a>.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n poden ser Armas do Marqu\u00e9s de Santa Cruz, iguais que \u00e1s que se poden ver no primeiro escudo, terceiro cuartel <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/11\/escudos-de-armas-da-casa-dos-miranda.html\">da Casa dos Miranda<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo 3-Decembro-2016).<\/p>\n<p>Puideran ser Armas dos OMA\u00d1A (en campo de ouro una banda de gules engulida por dous drag\u00f3ns de sinople) (Diccionario Her\u00e1ldico y Nobiliario, Fernando Gonz\u00e1lez-Doria, 1994). Os OMA\u00d1A, de orixe asturiano, est\u00e1n enlazados cos li\u00f1axes galegos: ULLOA, OSORIO, MOSCOSO, RIBADENEYRA, etc. todos eles con familias en Ribadeo, e probaron a s\u00faa nobreza na <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Orde_de_Santiago\">Orde de Santiago<\/a> en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1639\">1639<\/a>, e na <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Real_Audiencia_y_Chanciller%C3%ADa_de_Valladolid\">Real Chanciller\u00eda de Valladolid<\/a> en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1608\">1608<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1670\">1670<\/a>. D. Pedro Miranda Oma\u00f1a era o Marqu\u00e9s de Sta Mar\u00eda del Villar en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1706\">1706<\/a> (\u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/03\/escudo-da-capela-da-virxe-das-dores-de.html\">Escudo da Capela da Virxe das Dores<\/a>\u201d tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 8-Abril-2017). Por outra banda, sen estar claro, xa dixemos que a laude esquerda parece dicir: \u00c1lvaro \u00bfGonz\u00e1lez Ribadeneira?. Este se\u00f1or era Mariscal, av\u00f3 de Ares de Oma\u00f1a, quen era padre de D. Fernando Ares de Saavedra e Baamonde, o cal otorgou unha escritura de concordia ante D. Gregorio V\u00e1zquez de Parga o 21-Marzo-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1607\">1607<\/a> (Linajes Y Blasones de Galicia, Crespo del Pozo, Volumen IV). \u00bfIsto querer\u00eda dicir que os OMA\u00d1A eran propietarios dun mairorazgo desta capela pertencente o Convento de San Francisco, e os VILLAR do outro maiorazgo? \u00bfUn de San Antonio e outro de San Jos\u00e9?. Posiblemente.<\/p>\n<p>Esta banda engulida, tam\u00e9n puidera ser Armas dos NAVIA ou dos MENENDEZ NAVIA emparentados cos VILLAAMIL, segundo xa vimos nos Escudos do Altar Maior, que datan de primeiros do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XVII\">s\u00e9culo XVII<\/a> e no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/05\/celebrando-o-dia-das-letras-galegas-na.html\">escudo da Casa do Pat\u00edn de Ribadeo<\/a> que data do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1700\">1700<\/a>. Tam\u00e9n son Armas dos SANJURJO da Casa dos BUSTO (\u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/12\/casa-brasonada-da-rua-viejo-pancho_19.html\">Casa brasonada da R\u00faa Viejo Pancho<\/a>\u201d, tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 24-Decembro-2016) ou Armas dos ANDRADE ou FREIRE DE ANDRADE, pero nestes catro \u00faltimos casos, a figura \u00e9 unha banda e non unha barra engulida, as cales se diferencian en que a banda e a barra son figuras unha inversada da outra. Dado que o criterio dos artistas escultores estaba, nalg\u00fans casos, m\u00e1is coa est\u00e9tica do conxunto das figuras do campo brasonado, que coas normas her\u00e1ldicas, non descartamos que puidera ser calquera dos apelidos anteditos, particularmente dos OMA\u00d1A RIBADENEIRA ou dos NAVIA, como parecen rezar na laude, e que te\u00f1en as mesmas Armas dos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Andrade_%28apelido%29\">ANDRADE<\/a> ou FREIRE DE ANDRADE (en campo de sinople \u2013cor verde- unha banda de ouro engulida en cabezas de drag\u00f3n do mesmo metal). Os ANDRADE foron grandes fundadores de conventos e protectores das ordes relixiosas mendicantes, e cuxas Armas aparecen nos Nobiliarios en \u00e1mbalas d\u00faas formas: en banda e en barra. A inc\u00f3gnita resolverase o d\u00eda que se limpen as laudes, e se poida ler sen error o que po\u00f1en e desde estas poucas li\u00f1as, pedir\u00eda que se fixera algo para que se limparan, por restauradores profesionais, estas laudes de Sta. Mar\u00eda do Campo, pois est\u00e1n imposibles de ler. Respectando, por suposto, o criterio e autoridade do cura P\u00e1rroco da Igrexa, que ter\u00eda que dar a autorizaci\u00f3n, non creo que sa\u00edra tan cara a limpeza, pois o que cubre as letras gravadas, debe ser cal ou lechada de pintar, que posiblemente sair\u00e1 mollando con auga e refregando cun trapo. \u00c9 un dicir, pero incluso se poder\u00eda facer pagando \u201ca escote\u201d \u00f3s que nos gusta conservar o patrimonio, por encima de calquera outra liorta pol\u00edtica ou relixiosa. \u00bfQuizais, ser\u00eda cuesti\u00f3n de \u201cpo\u00f1erse a elo\u201d?.<\/p>\n<p>No flanco destro dous crecentes ranversados colocados en pau e no cant\u00f3n destro da punta unha venera o natural. Son Armas primitivas dos OYA do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Salvaterra\">Condado de Salvaterra<\/a> de Ponteareas, \u00e1s que lles falta unha aspa de gules en xefe, para estar completas, cuxa figura est\u00e1 substitu\u00edda polo bras\u00f3n da barra (banda) engulida antedita. Recordemos que as armas m\u00e1is modernas dos (H)OYA, son: en campo de azur cinco lises de ouro, postos en aspa ou sotuer. Cambiando os esmaltes son as mesmas Armas que as dos MALDONADO, ALDAO ou ALVARADO, como xa vimos na <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/04\/escudo-da-capela-de-animas-e-da-virxe.html\">Capela de \u00c1nimas e da Virxe do Carme<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 22-Abril-2017)<br \/>\nTanto os OYA como os MIRANDA, son Fidalgos do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Ribadeo\">Condado de Ribadeo<\/a>, provintes da Casa dos OYA-OZORES. D. Manuel Antonio Oya Ozores, estaba casado con D\u00aa Isabel Felipa Miranda Ribadeneyra, filla de D. Pedro Miranda Ribadeneyra e de D\u00aa Mar\u00eda Josefa Montenegro Santiso. D. Manuel e D\u00aa Isabel te\u00f1en varios fillos: D\u00aa Rosal\u00eda de Oya Miranda (que sigue a li\u00f1axe), D\u00aa Catalina Juana, D\u00aa Micaela e D. Carlos Oya Miranda de Ribadeo. D.Carlos c\u00e1sase con D\u00aa Mar\u00eda Saavedra e Cot\u00f3n de Lugo, e tiveron por fillo a D. Manuel Antonio de Oya Miranda y Saavedra (Blasones y Linajes de Galicia, D.Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, Volumen IV). Un dos \u00faltimos descendentes co apelido Oya en Ribadeo, foi: D\u00aa Mar\u00eda de los \u00c1ngeles Mart\u00ednez de Aguiar y Oya, que tivo o pasamento en Ribadeo o 8-Marzo-1954, vi\u00fava de D. Gumersindo Garc\u00eda de Presno Cotarelo, cuxa xenealox\u00eda xa describimos, en parte, no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/05\/escudo-da-capela-da-virxe-de-lourdes-de.html\">Escudo brasonado da Capela da Virxe de Lourdes<\/a> (tam\u00e9n La Comarca del Eo, 6-Maio-2017).<\/p>\n<p>Na Chanciller\u00eda de Valladolid, atopamos dous preitos, que nos dan datas certas de cando viviron estes ribadenses: 1) Preito por Alimentos litigado no mes de Setembro do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1732\">1732<\/a>, por D. Carlos Manuel de Oya Miranda Rivadeneira, veci\u00f1o de Lugo, que probablemente sexa o mesmo fillo de D. Manuel e D\u00aa Isabel, que se reporta na xenealox\u00eda de D. Jos\u00e9 Santiago Crespo (ibidem). 2) Preito Civil, entre os anos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1804\">1804<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1809\">1809<\/a>, de D. Pedro Ram\u00f3n de Oya y Miranda, de Ribadeo e D. Vicente Lamas de la Torre, de Santa Eulalia de Vilaosende (Pazo de Quintalonga), sobre anulaci\u00f3n de escritura de foro dunha casa e horta situadas en Ribadeo. Anotemos, como curiosidade, que na Lista de Embarcaci\u00f3ns do Porto de Ribadeo de 16-Agosto-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1787\">1787<\/a>, atopamos a D. Bartolom\u00e9 OYA, D\u00aa Manuela Campo Amor e D. Manuel Quintana son armadores do barco \u201cLa Concepci\u00f3n\u201d de 60 Tm. de rexistro bruto, e que foi arqueado de novo en 19-Febreiro-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1845\">1845<\/a> dando un porte total de 85 Tm. Este barco desguazouse na Li\u00f1eira o 9-Marzo-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1850\">1850<\/a>.<\/p>\n<p>A\u00ednda que as Armas primitivas dos OYA, son as m\u00e1is probables neste escudo, a figura redonda da punta, tam\u00e9n puidera ser un roel (si fora de cor) ou un bezante (si fora de metal). O escudo \u00e9 moi antigo e estas figuras parecen estar moi pulidas ou desgastadas, para poder precisalas. A venera, que presentan varios escudos de Ribadeo, \u00e9 un dos bras\u00f3ns que se concederon na primeira metade do s\u00e9culo IX, \u00f3s cabaleiros que participaron na batalla de Clavijo (Arte de Escudos de Armas, D. Pedro Joseph de Aldazaval y Murgu\u00eda, ano 1775, Libro I, cap\u00edtulo XI, p\u00e1x.112). As veneras do Ap\u00f3stolo Santiago, ga\u00f1adas en batalla, aparecen noutros escudos de Ribadeo, acompa\u00f1adas doutras figuras, p.e.: cunha espada baixa desenvai\u00f1ada (coa punta abaixo e o pu\u00f1o alto, en pau), no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/07\/escudo-na-rua-antonio-otero-francisco.html\">escudo de armas da R\u00faa Antonio Otero<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 16-Xullo-2016) e no terceiro cuartel do segundo <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/11\/escudos-de-armas-da-casa-dos-miranda.html\">escudo da Casa dos Miranda<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 3-Decembro-2016).<br \/>\nNa partici\u00f3n sinistra tres crecentes ranversados colocados en pau, e no cant\u00f3n sinistro da punta \u00bfunha casa?, \u00bfun palacio?, \u00bfunha tenda de campa\u00f1a?, \u00bfun cas\u00f3n?, \u00bfunha \u201cyacija\u201d ou arca onde se depositaban os restos dalg\u00fan defunto?. Esta partici\u00f3n presenta un bras\u00f3n totalmente desco\u00f1ecido para n\u00f3s.<br \/>\nF\u00e1ltanos a documentaci\u00f3n da Xenealox\u00eda Familiar e da acreditaci\u00f3n das Armas do fundador ou fundadores deste maiorazgo, polo que de momento, nos quedar\u00e1 a dubida das Armas posibles deste bras\u00f3n, que non atopamos entre ning\u00fan dos miles de bras\u00f3ns da bibliograf\u00eda consultada.<\/p>\n<p>Misterios que quedan por explorar da Fidalgu\u00eda do Ribadeo Se\u00f1orial, pois perdeuse moita ou toda a documentaci\u00f3n do Convento de San Francisco, e xa non digamos, onde ir\u00eda a parar a documentaci\u00f3n da maior\u00eda das Casas de Fidalgos onde est\u00e1n os seus Escudos de Nobreza, pois salvo algunhas excepci\u00f3ns, estas casas pasaron a ser propiedade dos que eran levadores ou arrendatarios da casa ou das fincas, no mellor dos casos, e outras foron adquiridas por xente totalmente allea os propietarios orixinais. Non esquezamos que ademais disto, a destruci\u00f3n de documentaci\u00f3n tam\u00e9n se debeu as expurgas de arquivos, as\u00ed como, a m\u00faltiples episodios b\u00e9licos que houbo en Ribadeo, desde aquelas fechas, e onde se destru\u00edu de todo: asalto de piratas, Guerra da Independencia, Guerra Civil, perda de Consulados&#8230; etc.etc.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entrando na Igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda do Campo de Ribadeo, a primeira capela a man dereita \u00e9 a capela de San Antonio e de San Xos\u00e9. Sobre o arco de medio punto est\u00e1 este Escudo de Armas e d\u00faas laudes a \u00e1mbolos seus lados, que deben explicar as cl\u00e1usulas e gravames que deixou establecidos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5831","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5831","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5831"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5831\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5831"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5831"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5831"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}