{"id":5819,"date":"2017-06-01T19:49:00","date_gmt":"2017-06-01T17:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:37:10","modified_gmt":"2024-11-12T12:37:10","slug":"pleno-especial-sobre-peticion-para","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/06\/01\/pleno-especial-sobre-peticion-para\/","title":{"rendered":"Pleno especial sobre petici\u00f3n para a festa das Cruces"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe. Si, este si estaba avisado por unha <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2427&amp;lg=gal\">nova do concello<\/a>. Dende hai tres d\u00edas. Como non vou poder ir, pero \u00e9 previsible (ver a nota de prensa embaixo) unanimidade e rapidez para pedir que a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Romar%C3%ADa_das_Cruces\">Romar\u00eda das Cruces<\/a> sexa <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Festas_de_interese_tur%C3%ADstico_de_Galicia\">Festa de Interese Tur\u00edstico de Galicia<\/a>, unha pequena lembranza dun <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/03\/nove-puntos-e-tres-mocions-pleno.html\">pleno ordinario, de 24 de marzo deste ano<\/a>, onde se presentou unha moci\u00f3n relacionada coa festa.<\/p>\n<p>E, unha lembranza m\u00e1is: este luns, 5 de xu\u00f1o de 2017, toca romaxe nas Cruces!<\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n, a nota de prensa do concello:<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/imx\/1496168782300517_Foto_As_Cruces__arquivo__-_copia.JPG\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/imx\/1496168782300517_Foto_As_Cruces__arquivo__-_copia.JPG\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>A SESI\u00d3N DAR\u00c1 COMEZO \u00c1S 20:30 HORAS<\/em><\/p>\n<p><em>Romaxe das Cruces<\/em><\/p>\n<p><em>30\/05\/2017<\/em><\/p>\n<p><em>No pleno extraordinario que se celebrar\u00e1 este xoves, d\u00eda 1 de xu\u00f1o, someterase a aprobaci\u00f3n unha proposta relativa \u00e1 declaraci\u00f3n de festa de interese tur\u00edstico de Galicia para a Romaxe das Cruces que ten lugar e A Ponte (Arante). Asinan esta iniciativa a asociaci\u00f3n de veci\u00f1os O Formigueiro, o p\u00e1rroco, un historiador especialista na romaxe, a concelleira e a t\u00e9cnica de Turismo, e os voceiros municipais do PP, PSOE e Ciudadanos.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>A concelleira de Turismo, Ana Mart\u00ednez, lembrou que &#8220;esta \u00e9 unha festa na que se celebra a vitoria dos veci\u00f1os e das veci\u00f1as, a forza, a uni\u00f3n, de sete parroquias, ademais tam\u00e9n esa uni\u00f3n de dous concellos, o de Ribadeo e o de Trabada, coas parroquias que participaron para defenderse ante o ex\u00e9rcito de Napole\u00f3n durante a guerra da Independencia, al\u00e1 polo ano 1809. Falamos de m\u00e1is de douscentos anos de antig\u00fcidade e case unha celebraci\u00f3n ininterrompida, e iso ten valor porque precisamente os veci\u00f1os, os verdadeiros art\u00edfices desa festa, son os que conseguen que siga estando a\u00ed, siga estando viva, siga mantendo a tradici\u00f3n, e eu creo que iso deber\u00eda ser valorado dunha maneira bastante importante&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>A edil nacionalista subli\u00f1ou que &#8220;o interese non soamente est\u00e1 no turismo, eu creo que este \u00e9 un interese que vai moito m\u00e1is al\u00f3, \u00e9 un lugar de interese patrimonial. Temos un santuario magn\u00edfico cunhas pinturas que non se poden atopar, \u00fanicas en Galicia. Temos historia, relixiosidade, o Cami\u00f1o de Santiago pasando \u00e1 s\u00faa beira, creo que o enclave \u00e9 magn\u00edfico. Ademais despois de percorrer os diferentes santuarios que imos atopando desde Ribadeo ata A Ponte ao p\u00e9 do Cami\u00f1o de Santiago, chegar aqu\u00ed \u00e9 practicamente como quen chega a Compostela. Pode atoparse a\u00ed con algo magn\u00edfico e ademais eu creo que esa \u00e9 a posta en valor que temos que ter&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>A concelleira ribadense dixo que &#8220;a declaraci\u00f3n da festa en si \u00e9 importante, pero eu penso que debemos ir m\u00e1is al\u00f3 e po\u00f1er en valor todo o que sup\u00f3n, todo o que define ese culmen final de chegar \u00e1 festa&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Ana Mart\u00ednez quere &#8220;darlle as grazas a esa mesa que traballou para facer unha memoria relativa a todo isto. A mesa estivo composta pola asociaci\u00f3n de veci\u00f1os O Formigueiro, polo seu presidente Javier Gonz\u00e1lez, pola s\u00faa secretaria Azucena Gonz\u00e1lez, quen participou dunha maneira moi activa cando estaba de xerente comarcal en po\u00f1er en valor esta festa e a s\u00faa participaci\u00f3n foi fundamental en canto \u00e1 documentaci\u00f3n e ao traballo para a elaboraci\u00f3n da memoria. Quero darlle as grazas tam\u00e9n ao p\u00e1rroco Carlos Trev\u00edn, que aportou informaci\u00f3n e traballo importante, a Emilio Pi\u00f1eiroa, historiador e experto no santuario das Cruces e en todo o que conforma a propia celebraci\u00f3n, \u00e1 t\u00e9cnica de Turismo, a Bego\u00f1a, que leva tempo traballando para conformar este traballo, e aos voceiros e voceiras dos grupos que formamos a Corporaci\u00f3n Municipal&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>A concelleira de Turismo declarou que &#8220;para min foi un luxo participar e consensuar unha proposta que desde logo non leva ningunha connotaci\u00f3n pol\u00edtica, simplemente \u00e9 a posta en valor do noso territorio, do noso patrimonio, dos nosos veci\u00f1os. Conseguir que isto te\u00f1a nun futuro m\u00e1is peso en canto a que desde as diferentes administraci\u00f3ns te\u00f1an en conta a necesidade que hai de axudar a valorizar o propio santuario, de dar visibilidade a algo tan magn\u00edfico como son as pinturas que se atopan na propia capela. Creo que temos unha xoia no noso concello que est\u00e1 na Ponte de Arante, e desde logo con esta declaraci\u00f3n de festa de interese tur\u00edstico buscamos acender esa chispa que dea lugar a que se te\u00f1a en conta o verdadeiro valor do que sup\u00f3n a Ponte de Arante. Polo tanto nesta semana, de maneira un\u00e1nime e conxunta, levaremos a pleno a declaraci\u00f3n e a petici\u00f3n de festa de interese tur\u00edstico para a festa das Cruces, que se vai celebrar xa o vindeiro luns d\u00eda 5&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>A edil quere &#8220;convidar a que a xente acuda a ver ese bandeo de pend\u00f3ns, esa convivencia entre as diferentes parroquias e os diferentes concellos como son Trabada e Ribadeo, na uni\u00f3n da propia Ponte de Arante. Fago este convite para vernos e xuntarnos todos o luns na Ponte de Arante&#8221;.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe. Si, este si estaba avisado por unha nova do concello. Dende hai tres d\u00edas. Como non vou poder ir, pero \u00e9 previsible (ver a nota de prensa embaixo) unanimidade e rapidez para pedir que a Romar\u00eda das Cruces sexa Festa de Interese Tur\u00edstico de Galicia, unha pequena lembranza dun pleno ordinario, de 24 de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[89,25,42,9],"class_list":["post-5819","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-emilio-pineiroa","tag-festas","tag-plenos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5819","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5819"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5819\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5819"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5819"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5819"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}