{"id":5813,"date":"2017-06-06T08:04:00","date_gmt":"2017-06-06T06:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:36:58","modified_gmt":"2024-11-12T12:36:58","slug":"escudo-de-armas-da-capela-de-san-lazaro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/06\/06\/escudo-de-armas-da-capela-de-san-lazaro\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE ARMAS DA CAPELA DE SAN L\u00c1ZARO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhB9lZioRkU9AehuoOg4kaUhffEX4hfrEW6abcATg5YAk24CSBVKhiq3hRtQi0irAd9Sef-h0XD0M25dekTRdHQ1jcZOQDftaoiuK4a3LDfw2msYbfp1zQ1hGbExZN5P8FdVzsZGQ\/s2048\/escudo+da+capela+de+san+L%25C3%25A1zaro.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhB9lZioRkU9AehuoOg4kaUhffEX4hfrEW6abcATg5YAk24CSBVKhiq3hRtQi0irAd9Sef-h0XD0M25dekTRdHQ1jcZOQDftaoiuK4a3LDfw2msYbfp1zQ1hGbExZN5P8FdVzsZGQ\/s2048\/escudo+da+capela+de+san+L%25C3%25A1zaro.png\" \/><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p>Este Escudo de Armas at\u00f3pase na fachada Norte ou lateral esquerda da Capela de San L\u00e1zaro, segundo se mira desde a porta Oeste da entrada principal.<\/p>\n<p>\u00c9 un escudo espa\u00f1ol redondeado en punta e apuntado en xefe, posiblemente do s\u00e9culo XIV ou anterior, que representa as Armas de Ribadeo. Unha chave lixeiramente en banda co palet\u00f3n alto mirando a destra e o ollo baixo co interior redondo e o exterior cadrado e non redondeado ovalado como o do Escudo da Virxe do Cami\u00f1o (foto 2). A chave est\u00e1 adestrada de cinco ondas de mar inclinadas. Esta inclinaci\u00f3n \u201cen banda\u201d, \u00fasase na Her\u00e1ldica Militar e na simbolox\u00eda de xentes de guerra, desde o s\u00e9culo XII, pois a banda, representa o tahal\u00ed, que \u00e9 a tira de coiro que cruza desde o ombro dereito ao lado esquerdo da cintura, onde leva ou enfunda a espada o cabaleiro destro, que eran a maior\u00eda, pois o guerreiro zurdo leva o tahal\u00ed a inversa, do ombro esquerdo \u00f3 lado dereito da cintura.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgsQQcGogxlQPybQIdCdjvtifFC1yaaDc1Z8VgI55fpkm_2fG9HdH-PSg3aUTaPIQ7oUKr77CAxy_9GtbsxGY-aqLrueQq87P68pHIJBYjOTULRqekqT32UGlMTk_1gbxuwuQXssQ\/s2048\/escudo+da+capela+de+san+L%25C3%25A1zaro+2.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgsQQcGogxlQPybQIdCdjvtifFC1yaaDc1Z8VgI55fpkm_2fG9HdH-PSg3aUTaPIQ7oUKr77CAxy_9GtbsxGY-aqLrueQq87P68pHIJBYjOTULRqekqT32UGlMTk_1gbxuwuQXssQ\/s2048\/escudo+da+capela+de+san+L%25C3%25A1zaro+2.png\" \/><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p>Da Capela de San L\u00e1zaro, hai moi poucas noticias acerca da s\u00faa antig\u00fcidade, pero un dato seguro de que \u00e9 anterior o s\u00e9culo XVI, \u00e9 que hai un inventario de pertenzas do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1555\">1555<\/a> (Ribadeo Antiguo, Francisco Lanza, p\u00e1x. 254). Posiblemente, o edificio, estaba pensado, nun principio, como Capela do Hospital de San L\u00e1zaro, destinado principalmente \u00e1 cura de leprosos. De a\u00ed que na Regueira, a s\u00faa situaci\u00f3n estea estratexicamente pensada, xusto \u00f3 lado do Cami\u00f1o de Santiago, por onde tantos peregrinos pasaban (e pasan), moitos deles \u201clacerados\u201d, mancados e esmagados polos tantos d\u00edas de viaxe, e emporcados polos barros e lameiras dos cami\u00f1os medievais. Aqu\u00ed, no Hospital pod\u00edan curarse ou aliviar feridas m\u00e1is ou menos ulceradas, cuxo mantemento hospitalario, deb\u00eda correr a cargo do Concello, as\u00ed como, as obras de \u201cretexos\u201d (de retellado) da Capela (Ribadeo Antiguo, p\u00e1x.254). En cambio (ibidem, p\u00e1x.254) se nos di que no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1844\">1844<\/a>, se reedificou a Capela, grazas a piedade do presb\u00edtero D. Juan Rodr\u00edguez Quintana, \u201ca fin de que non se escurecera tan loable antig\u00fcidade e poidan os fieis continuar cumprindo os seus piadosos votos\u201d. Supo\u00f1o que os fieis de S. L\u00e1zaro, e os que non somos tan fieis teremos que acordarnos de D. Juan, cando tratemos de preservar algunhas das nosas antig\u00fcidades, cousa que vexo bastante dificultosa de ensinar e inculcar as Autoridades \u201ccompetentes\u201d, pois hoxe, polo que estamos vendo, onde alg\u00fan \u201cse\u00f1or\u201d pon o ollo especulativo para facer negocio, algu\u00e9n da Administraci\u00f3n da licenza inmediata para po\u00f1er ladrillo, a\u00ednda que se destr\u00faa o \u201csursum corda\u201d do patrimonio p\u00fablico ou do privado con inter\u00e9s p\u00fablico, ou iso parece que levan infectado no ADN alg\u00fans individuos venais.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiCwDf8qj13A_IOEkGpCjmiqxWLtRyzAYbotQT9IBeHZLDKehWBZmyIadg718ndl08kBg8_kOoGwFwmrytMEenNqDIZz5hLZkAqzMWGnoZmj1WPwtD0F8qE0ocHwNwZZ0bnC-vcNg\/s2048\/escudo+da+capela+de+san+L%25C3%25A1zaro+3.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiCwDf8qj13A_IOEkGpCjmiqxWLtRyzAYbotQT9IBeHZLDKehWBZmyIadg718ndl08kBg8_kOoGwFwmrytMEenNqDIZz5hLZkAqzMWGnoZmj1WPwtD0F8qE0ocHwNwZZ0bnC-vcNg\/s2048\/escudo+da+capela+de+san+L%25C3%25A1zaro+3.png\" \/><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p>Sobre o percorrido do Cami\u00f1o de Santiago que levaban en Ribadeo os peregrinos enfermos, da conta a toponimia da Parroquia de Ove, pois al\u00ed at\u00f3pase o Barrio dos Malatos. Malato, malata, ven dos termos da linguaxe italiana, que significan: enfermo, enferma, sendo malattia: enfermidade. O plural en \u201cs\u201d de \u201cmalatos\u201d, \u00e9 debido a norma xeral do plural na linguaxe galega ou na castel\u00e1n, pois os plurais italianos son: \u201cmalati\u201d: enfermos (masculino), e \u201cmalate\u201d: enfermas (feminino). Curiosamente na toponimia do Concello de Foz, atopamos \u201cMalates\u201d (pluralizaci\u00f3n en \u201cs\u201d, do xa plural italiano \u201cmalate\u201d: enfermas).<\/p>\n<p>Pero nos \u201cApuntes de Ribadeo\u201d de Mendez San Juli\u00e1n, p\u00e1x.42, nunha Acta do Concello de Ribadeo do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1550\">1550<\/a>, faise a traduci\u00f3n de \u201cmalato\u201d como \u201cleproso\u201d, cando se refire a unha muller chamada Mar\u00eda Basanta \u201cque por su aspecto era malata (leprosa) y no obstante iba a la iglesia y alternaba con los sanos, vendiendo pan y fruta con oprobio y deshonestidad de las personas sanas y el pueblo pidi\u00f3 que se la separase del trato de las gentes&#8230;\u201d.<\/p>\n<p>Por todo isto, seguramente, \u00f3 Barrio dos Malatos, era o lugar apartado a onde se mandaban hospedar ou a lavar o r\u00edo os enfermos denunciados por lepra ou por enfermidades con \u00falceras que pod\u00edan ser infecciosas e afectar os n\u00facleos grandes de poboaci\u00f3n. As magn\u00edficas augas do r\u00edo dos Malatos, que desembocaba na Vilavella, foron desde moi antigo, usadas para lavar a roupa dos veci\u00f1os do Concello de Ribadeo (hai fotos de finais do XIX con varias lavandeiras no r\u00edo) e as augas da Fonte dos Malatos, ata o d\u00eda de hoxe, son usadas para beber. Este manancial, \u201cd\u00e9belle o nome \u00e1 malater\u00eda, fundada no s\u00e9culo XIV pola Orde de San L\u00e1zaro\u201d (As Fontes de Ribadeo, Alicia Sarmiento e Teresa D\u00edaz, 2006, p\u00e1x.45).<\/p>\n<p>Outro vestixio da leproser\u00eda \u00e9 a perfecta e antiga Cruz de Malta da fachada Oeste da Igrexa de Ove, emblema dos Cabaleiros Cruzados ou Templarios que na primeira cruzada do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1098\">1098<\/a> estando as ordes de <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Godofredo_de_Bouill%C3%B3n\">Godofredo de Bouill\u00f3n<\/a>, tomaron por s\u00edmbolo a mesma cruz que xa ti\u00f1an en Terra Santa os membros da Orden de San L\u00e1zaro de Xerusal\u00e9n. Esta Cruz de Malta, m\u00e1is grande e pometeada (con roeles nas puntas) podemos vela tam\u00e9n na fachada Oeste da Capela da Virxe do Cami\u00f1o, cuxa forma, a d\u00eda de hoxe, util\u00edzase para as cruces de condecoraci\u00f3n dos membros distinguidos por esta Orde de San L\u00e1zaro de Xerusal\u00e9n.<\/p>\n<p>Por outro lado, este escudo de San L\u00e1zaro, formula un enigma m\u00e1is \u00e1s primitivas Armas do Escudo de Ribadeo (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/08\/escudo-de-ribadeo-i-francisco-jose.html\">Escudo de Ribadeo (I)<\/a>, tam\u00e9n en La Comarca del Eo 20-08-2016). Observado detidamente, podemos ver que sobre a parte alta do palet\u00f3n \u00f3 final da asta, hai unha pequena estrela de seis ou oito puntas (est\u00e1 moi gastada e vese mal, no debuxo est\u00e1 aumentada) e sobre as tres gardas (dentes da chave), perc\u00edbense d\u00faas aspas. \u00bfQu\u00e9 significan ou significaban estes s\u00edmbolos?. A forma das gardas desta chave, tres dentes cadrados, parecen representar unha \u201cxurisdici\u00f3n civil\u201d, tipo das ameas das torres e castelos, e das coroas murais do poder civil, v\u00e9xase a coroa do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/09\/escudos-do-pazo-do-xulgado-francisco.html\">Escudo de Armas do Pazo do Xulgado de Ribadeo<\/a> (La Comarca del Eo 1-Outubro-2016). Si son armas de \u201cxurisdici\u00f3n civil\u201d, \u00bfcomo \u00e9 que est\u00e1n nunha Capela e non nun edificio civil? \u00bfFoi trasladada esta pedra armeira da fachada do Hospital de San L\u00e1zaro para a Capela o d\u00eda que se derrubou aquel?. Puidera ser.<\/p>\n<p>As chaves de \u201cxurisdici\u00f3n eclesi\u00e1stica\u201d, bastante claramente nolas dan a entender as gardas da chave da Virxe do Cami\u00f1o (foto 3), cuxo escudo parece tanto, ou algo m\u00e1is antigo que o de San L\u00e1zaro, e presenta unha chave cun palet\u00f3n moi particular, pois ademais de ter antes da asta, dous entalles, un arriba e outro abaixo, as gardas forman un oco coa figura dunha cruz cadrada (de brazos iguais). A cruz do oco, da a entender que \u00e9 unha \u201cchave pontificia\u201d, isto \u00e9, pertencente o poder do Papa, que neste caso, estar\u00eda representado e baixo a xurisdici\u00f3n dun bispo (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/08\/escudo-de-ribadeo-i-francisco-jose.html\">Escudo de Ribadeo (I)<\/a>, La Comarca del Eo 20-08-2016). Por outra banda, a chave, cremos que si tivera esmaltes, deber\u00eda ser de prata neste bras\u00f3n da Virxe do Cami\u00f1o, debido a que as d\u00faas chaves pontificias en aspa, da insignia papal, a da destra \u00e9 de ouro, o que significa o poder sobrenatural que se estende o ceo, mentres que a sinistra \u00e9 de prata, e representa o poder sobre os fieis da s\u00faa igrexa (Tratado de Genealog\u00eda, Her\u00e1ldica y Derecho Nobiliario, Instituto Lu\u00eds de Salazar y Castro \u2013C.S.I.C.- Curso de Licencia, Madrid 1961, p\u00e1x. 176). Como o bispo de Ribadeo, exercer\u00eda o poder sobre os fieis e non un poder sobrenatural estendido o ceo, por iso cremos que a chave \u00e9 de prata. \u00a1Pero, \u00bfquen sabe&#8230;? o mellor, pode haber outra opini\u00f3n, e debera ser unha chave de ouro pois o Papa delega o seu poder \u00f3s Bispos, e tam\u00e9n n\u00f3s pensamos, que \u201cde Ribadeo o Ceo\u201d&#8230;! En fin!<\/p>\n<p>\u00c1 vista de todo o exposto, \u00bfser\u00e1 por isto, do traslado do Hospital \u00e1 Capela de San L\u00e1zaro, polo qu\u00e9 o escudo se colocou nunha fachada lateral da Capela, cara o Cami\u00f1o, e non no frontispicio ou fachada dianteira principal do edificio?. \u00bfA estrela e aspas do palet\u00f3n da chave, ter\u00e1 que ver cunha distinci\u00f3n ou graduaci\u00f3n militar de Comandancia que ostentaba o xefe ou administrador do lazareto? Eu non creo que sexa unha estrela de graduaci\u00f3n militar, m\u00e1is ben par\u00e9ceme que ten que ver coa simbolox\u00eda her\u00e1ldica baseada na lenda daquela estrela que se \u201cpousou\u201d para anunciar o lugar en que se atopaba a sepultura do Ap\u00f3stolo Santiago no seu descubrimento, e cuxo s\u00edmbolo debeu servir como marca do Cami\u00f1o nos primeiros s\u00e9culos da peregrinaci\u00f3n a Santiago, antes de adoptarse a cuncha de vieira para dita sinal. \u00bfE por qu\u00e9 est\u00e1 colocada na punta da asta da chave e non no campo libre como no escudo actual de Ribadeo?. Dado que o significado da simbolox\u00eda antiga gravada nas pedras, \u00e9 algo esot\u00e9rico e oculto en misterios para \u00f3s que non estamos iniciados, podemos soamente aventurar unha interpretaci\u00f3n comprometida, de que como Ribadeo \u00e9 porto de mar, era un primeiro punto (Norte) por onde se entraba por mar na Gallaecia ou no Reino de Galicia, morada do sepulcro de Santiago, asemellando as\u00ed o significado do porto coa punta da asta da chave que tam\u00e9n \u00e9 a parte primeira da chave que entra na cerradura.<\/p>\n<p>Sen d\u00fabida estas preguntas f\u00e1goas soamente por curiosidade, pola inquietude de establecer conclusi\u00f3ns, por encontrar co\u00f1ecemento nos recunchos da tradici\u00f3n. Como di a frase daquel autor an\u00f3nimo: \u201cSolo quen ten o poder de asombrarse pode dar un paso adiante entre tantas inc\u00f3gnitas\u201d, e a n\u00f3s poder\u00eda levarnos a formular moitas preguntas m\u00e1is, raz\u00f3ns non nos faltan.<\/p>\n<p>Como sabemos, os Hospitais de San L\u00e1zaro, ou lazaretos, foron creados por primeira vez en Francia polos Cruzados que volv\u00edan de Terra Santa no s\u00e9culo XII, e estaban destinados a coidar a todos aqueles que presentaban enfermidades con \u00falceras na pel. As\u00ed que, a Capela e o Hospital de San L\u00e1zaro de Ribadeo, tam\u00e9n poder\u00edan datarse de finais do s\u00e9culo XIII, cando S. Francisco e alg\u00fans disc\u00edpulos (\u00bftodos italianos?) pasan por Ribadeo en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1214\">1214<\/a>, cami\u00f1o de Santiago, e fundan o Convento de San Francisco e \u00bfpor qu\u00e9 non puideron tam\u00e9n fundar unha leproser\u00eda (malater\u00eda) que como podemos corroborar a d\u00eda de hoxe a\u00ednda conserva os nomes italianos \u201cmalatos\u201d e \u201cmalater\u00eda\u201d, e non o de leprosos e lazareto?<\/p>\n<p>Por outro lado: \u00bfcomo \u00e9 que o Cami\u00f1o de Santiago pase pola Regueira o lado da leproser\u00eda, que se supo\u00f1\u00eda era o lugar a onde se levaban ou \u00edan os enfermos infecciosos, e non pase, como seu nome \u201cparece indicar\u201d pola Capela da \u201cVirxe do Cami\u00f1o\u201d? \u00bfhaber\u00eda en Ribadeo, nun principio, un Cami\u00f1o de Santiago para a xente que desembarcaba na cala e praia de Guimar\u00e1n, ou na d\u00e1rsena de Porcill\u00e1n, cunha senda para a xente sa, e outra cun desv\u00edo \u00f3 lazareto para os enfermos (malatos), onde se curaban ou aliviaban da lepra (daquela chamada \u201cmal de San L\u00e1zaro\u201d)? \u00bfHab\u00eda no Barrio dos Malatos algunha casa, pousada ou establecido un lazareto onde se lles fac\u00eda gardar \u201c<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Corentena\">corentena<\/a>\u201d os peregrinos \u201clacerados\u201d para ver si estaban infectadas de lepra as s\u00faas \u00falceras, e non propagar a infecci\u00f3n polo Cami\u00f1o?<\/p>\n<p>N\u00f3s non chegamos a indagar tanto, pero queremos deixar preguntas sen contestar ante tantas particularidades das reliquias coas que nos atopamos dando unha volta polos Barrios de Ribadeo, pois desde p\u00edcaros pasamos \u201cmil veces\u201d polo lado delas e nunca cheg\u00e1ramos a ver o que agora relatamos.<\/p>\n<p>Non quixera esquecerme de dicir de que detr\u00e1s da rexa imaxe de San L\u00e1zaro, vese que hai alg\u00fans trazos facendo un rect\u00e1ngulo dunha pintura mural tapada polo caliche e que parecen non ter inter\u00e9s patrimonial \u00bfou si o te\u00f1en?, \u00bfser\u00eda cousa de restaurar a pintura do fornelo do Santo?<\/p>\n<p>Desde aqu\u00ed darlle as mi\u00f1as m\u00e1is expresivas grazas o veci\u00f1o e amigo Julio M\u00e9ndez Rodr\u00edguez, dono do comercio de p\u00edcaros, beb\u00e9s e lencer\u00eda MENFER do lado da Praza de Abastos de Ribadeo, quen pasou toda unha tarde comigo, ensin\u00e1ndome o barrio e o posible percorrido do r\u00edo dos Malatos, entre tantos leitos de r\u00edos e regatos que por al\u00ed houbo, que chegaron a mover case unha vintena de mu\u00ed\u00f1os de fari\u00f1a, e hoxe desaparecidos: o Rio de Ove, de Reverte, da Alza, canles p\u00fablicas artificiais como <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2008\/06\/el-rio-amallo-jose-m-rodriguez.html\">r\u00edo O Amall<\/a>\u00f3 que chegaba \u00f3 <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2013\/12\/adicacions.html\">Pipelo<\/a> que desembocaba na Cova da Vella e outra rama en Cabanela, hoxe todo elo oculto e desfigurado pola estrada de circunvalaci\u00f3n de Ribadeo e transformado nunha \u201cfraga\u201d, case que unha \u201cxungla\u201d impenetrable. \u00a1Non temos remedio!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este Escudo de Armas at\u00f3pase na fachada Norte ou lateral esquerda da Capela de San L\u00e1zaro, segundo se mira desde a porta Oeste da entrada principal. \u00c9 un escudo espa\u00f1ol redondeado en punta e apuntado en xefe, posiblemente do s\u00e9culo XIV ou anterior, que representa as Armas de Ribadeo. Unha chave lixeiramente en banda co [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5813","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5813","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5813"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5813\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5813"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5813"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5813"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}