{"id":5802,"date":"2017-06-20T08:10:00","date_gmt":"2017-06-20T06:10:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:36:41","modified_gmt":"2024-11-12T12:36:41","slug":"escudo-de-armas-da-capela-da-virxe-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/06\/20\/escudo-de-armas-da-capela-da-virxe-do\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE ARMAS DA CAPELA DA VIRXE DO CAMI\u00d1O DE RIBADEO (PARTICULARIDADES) Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj68wBnCTZaxbn4hX8M2Y1fkNuGRiPzpgM0zlTuzhn5f_l-Rb4U3ADY6n3JTtkDvT22tpWri7HSX2xnZNOfzMUoay5g2yTylZtIBwAQhES7SVyWkCkeVryrMG2K5fdJMWOrdLg3Bw\/s2048\/escudo+de+armas+da+capela+da+Virxe+do+Cami%25C3%25B1o+1.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj68wBnCTZaxbn4hX8M2Y1fkNuGRiPzpgM0zlTuzhn5f_l-Rb4U3ADY6n3JTtkDvT22tpWri7HSX2xnZNOfzMUoay5g2yTylZtIBwAQhES7SVyWkCkeVryrMG2K5fdJMWOrdLg3Bw\/s2048\/escudo+de+armas+da+capela+da+Virxe+do+Cami%25C3%25B1o+1.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>Fac\u00eda o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/06\/escudo-de-armas-da-capela-de-san-lazaro.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">artigo do Escudo da Capela de San L\u00e1zaro<\/a> e observaba por en\u00e9sima vez o escudo da Virxe do Cami\u00f1o (foto supra) cun &#8220;programa fotogr\u00e1fico de brillos e contrastes\u201d, e ademais de ver a chave en pau (vertical) e as ondas de auga, Armas primitivas de Ribadeo explicadas desde sempre en t\u00f3dolos relatorios, pareceume observar que ocupando parte do cant\u00f3n sinistro do xefe, hab\u00eda unha cruz de Malta e algo m\u00e1is \u00bfser\u00eda unha deformaci\u00f3n da sombra de cando sacara a foto, ou realmente al\u00ed hab\u00eda unha cruz pat\u00e9 de Malta?. Sen agardar \u00f3 d\u00eda seguinte fun a repetir as fotos para asegurarme de que al\u00ed estaba aquela cruz in\u00e9dita. Efectivamente, nada m\u00e1is acercarme \u00e1 fachada de Levante da Capela da Virxe do Cami\u00f1o, xa vin a cruz, a simple vista, e saqueille de novo unhas fotos \u00f3 escudo.<\/p>\n<p>Chegado a casa, met\u00edn as fotos no ordenador e cal non ser\u00eda a mi\u00f1a sorpresa, cando vexo que no campo do escudo, ademais da cruz de Malta (con menor baixo relevo que a chave), parece haber pegado o borde do flanco sinistro, un drag\u00f3n en pau (vertical) coroado e de perfil, cuxa cabeza est\u00e1 en xefe mirando a destra e a cola rodeando a punta dando sensaci\u00f3n de haber un dobre borde no flanco e na punta sinistra. Fixen un debuxo esquem\u00e1tico (v. infra), m\u00e1is menos como est\u00e1n os mobles ou figuras, ou ao menos, como eu as vexo no escudo.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjTv0jrRFDqc9uk_k1JE36dHpTS4it65Nhcynw3hqh8UGvS_DHdaVxsrVqE6QKQE7CARArYNna_jzAKTNiN_MRkrc79T0rHEDKHLJx-fIBhGOXFMJzDzbb99M_LO_0ZA1Y4pnMQ2A\/s2048\/escudo+de+armas+da+capela+da+Virxe+do+Cami%25C3%25B1o+2.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjTv0jrRFDqc9uk_k1JE36dHpTS4it65Nhcynw3hqh8UGvS_DHdaVxsrVqE6QKQE7CARArYNna_jzAKTNiN_MRkrc79T0rHEDKHLJx-fIBhGOXFMJzDzbb99M_LO_0ZA1Y4pnMQ2A\/s2048\/escudo+de+armas+da+capela+da+Virxe+do+Cami%25C3%25B1o+2.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>O campo do escudo ten unha p\u00e1tina calc\u00e1rea que imposibilita a apreciaci\u00f3n detallada dos gravados, pero \u00e1 destra do ollo da chave hai d\u00faas ramas, que parecen demasiado grosas como para ser ondas de mar, tal como o resto das gravadas en talla mi\u00fada e m\u00e1is fina. Dentro do ollo da chave aparece \u00e1 destra un s\u00edmbolo que semella unha \u201cX\u201d, no centro algo como un \u201c2\u201d e a sinistra unha \u201cA\u201d. Fixen fincap\u00e9 nos trazos grosos das \u201condas\u201d da destra, que se aprecian a simple vista, pois son raras. \u00bfQue significa toda esta simbolox\u00eda?. Este escudo necesita para limpalo de mans moi expertas en restauraci\u00f3n, non vale calquera, pois unha mala intervenci\u00f3n destruir\u00eda os gravados e o seu significado.<\/p>\n<p>Sinceramente, estou abraiado e asombrado, con este descubrimento, do que non se fala nada no Ribadeo Antigo de Francisco Lanza, nin nos Apuntes de Ribadeo de M\u00e9ndez San Julian, e quero facelo p\u00fablico para que calquera poida velo e comprobalo por si mesmo, simplemente sac\u00e1ndolle unha boa fotograf\u00eda e analiz\u00e1ndoa. A <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Orde_de_Malta\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">cruz de Malta<\/a>, como dixen, \u00e9 f\u00e1cil de ver, o drag\u00f3n est\u00e1 algo m\u00e1is esfumado pola erosi\u00f3n da intemperie, v\u00e9ndose ben a coroa, a cara e o seu lombo ou espi\u00f1azo, todo \u00f3 largo do flanco sinistro e a cola dando volta a punta do escudo, o que da sensaci\u00f3n dun segundo borde ou boca do escudo.<\/p>\n<p>Este escudo brasonado, coa integraci\u00f3n destas novas figuras, l\u00e9vanos a ampliaci\u00f3n do significado das Armas de Ribadeo, que segundo Francisco Lanza (Ribadeo Antigo, p\u00e1x. 5) a chave e as ondas, foron usadas de forma extra-oficial antes de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1699\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1699<\/a>, para selar escritos que non afectaban os intereses do se\u00f1or\u00edo dos Condes.<\/p>\n<p>Pois ben. As armas deste escudo poder\u00edan haberse usado no s\u00e9culo XVII como selo do Concello, como di Francisco Lanza, pero estas armas datan do s\u00e9culo XII ou do XIII, pois son da \u00e9poca dos Cabaleiros Templarios, como a cruz pat\u00e9 de Malta nos revela. Xa dix\u00e9ramos no artigo \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/08\/escudo-de-ribadeo-i-francisco-jose.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo de Ribadeo (I)<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo 20-08-2016) que este escudo parec\u00edanos un bras\u00f3n eclesi\u00e1stico, que representaba a Xurisdici\u00f3n Mar\u00edtima do Porto de Ribadeo, cuxas alcabalas (imposto sobre permutas e ventas) era cobrado polo bispado.<\/p>\n<p>Sabemos que os territorios de Se\u00f1or\u00edo, pod\u00edan ter d\u00faas clases de donos diferentes: o Se\u00f1or Xurisdicional encarnado nunha soa persoa, e o Se\u00f1or Xurisdicional representado por unha Orde Militar (Apuntes de Nobiliaria y Nociones de Genealog\u00eda y Her\u00e1ldica, Instituto Lu\u00eds de Salazar y Castro \u2013C.S.I.C.- Curso de Grado, 1960, p\u00e1x.159). Ribadeo foi Se\u00f1or\u00edo Abadengo desde <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fernando_II_de_Le%C3%B3n_e_Galicia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Fernando II<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1157\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1157<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1188\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1188<\/a>) polo tanto, suxeito \u00e1 Xurisdici\u00f3n Eclesi\u00e1stica, que estivo representada polo propio Bispo mentres estivo o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Diocese_cat%C3%B3lica_latina_de_Mondo%C3%B1edo-Ferrol#S.C3.A9_de_Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Bispado Mindoniense en Ribadeo<\/a>, primeiro co Bispo Rabinato desde <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1182\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1182<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1199\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1199<\/a> e logo co Bispo Paio II de Cebeira (1199-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1218\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1218<\/a>), pero agora, \u00e1 vista das Armas do \u201cnovo\u201d escudo, cabe a d\u00fabida de se \u00bfo Bispo delegou o Se\u00f1or\u00edo, e polo tanto o alfol\u00ed (almac\u00e9n de sal e p\u00f3sito) do Porto de Rivadeo, ao cargo da Orde dos Cabaleiros Templarios, que estivo activa en Europa e Espa\u00f1a entre <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1129\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1129<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1312\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1312<\/a>?. Sabemos do asentamento dos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Orde_do_Temple\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">cabaleiros Templarios<\/a> en Ribadeo e dos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Orde_de_Malta\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Hospitalarios<\/a>, pois hai bases documentais de elo (\u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/07\/templarios-en-vilavella-artigo-de-jose.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Templarios na Vilavella<\/a>\u201d Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez, tam\u00e9n en La Comarca del Eo, Xullo-2016).<br \/>\nRecordemos un pouco da s\u00faa Historia. As Ordes Mon\u00e1sticas Militares dos Templarios e a dos Hospitalarios foron sempre rivais, a\u00ednda que foran xemelgas para a custodia e coidado dos peregrinos que \u00edan a Xerusal\u00e9n, a Roma ou a Santiago de Compostela, e en algunhas ocasi\u00f3ns cooperaran lealmente entre elas para combater os infieis en Terra Santa, como Ordes Militares que eran. En cambio no Cami\u00f1o de Santiago \u00e1mbalas d\u00faas, exerc\u00edan m\u00e1is como Ordes Mon\u00e1sticas que como Militares. Os Templarios xuraban votos mon\u00e1sticos de castidade, pobreza e obediencia, pero a s\u00faa misi\u00f3n era de car\u00e1cter militar para custodia e garda dos peregrinos, polos incertos cami\u00f1os de peregrinaci\u00f3n, mentres que a primeira misi\u00f3n dos Hospitalarios era asistencial, coidar dos peregrinos enfermos, e para iso manti\u00f1an lazaretos e albergues para eles. Facendo un paralelismo cun Estado actual, os Hospitalarios ser\u00edan membros do Ministerio de Sanidade, e os Templarios do Ministerio de Defensa ou do Interior.<\/p>\n<p>Polo que vamos sabendo, creo que se pode dicir sen temor a erro, que o escudo coas Armas de Ribadeo da Capela de San L\u00e1zaro e a Cruz da Capela de Ove pertencen a Orde dos Cruzados Hospitalarios, e a estrela do escudo de San L\u00e1zaro, \u00e9 a Estrela Compostel\u00e1n, como xa cr\u00edamos no artigo do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/06\/escudo-de-armas-da-capela-de-san-lazaro.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo da Capela de San L\u00e1zaro<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 10-Xu\u00f1o-2017).<\/p>\n<p>As acci\u00f3ns dos Templarios como monxes guerreiros que combat\u00edan a morte \u00f3s pag\u00e1ns, eran dif\u00edciles de encaixar coas normas da Igrexa, pero <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Bernardo_de_Claraval\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">San Bernardo de Claraval<\/a> (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Orde_do_C%C3%ADster\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">cisterciense<\/a>) xustificou as s\u00faas acci\u00f3ns como: \u201cEles poden librar combates do Se\u00f1or, como soldados de Cristo&#8230; pois aceptar a morte por Cristo ou darlla os inimigos non \u00e9 se non gloria, non delito&#8230;\u201d. Estas xustificaci\u00f3ns foron universalmente aceptadas pero como Ordes Mon\u00e1sticas mantiveron sempre unha certa ambig\u00fcidade, pois como relixiosos estaban \u00e1 marxe da sociedade laica, e como militares tampouco encaixaban na Igrexa. Eran unha organizaci\u00f3n multinacional que se escapaba as xurisdici\u00f3ns civ\u00eds e eclesi\u00e1sticas ordinarias, polo que acabaron convert\u00e9ndose nun Estado dentro do Estado e nunha Igrexa dentro da Igrexa (Los Templarios y otros enigmas medievales, Juan Eslava Gal\u00e1n, Planeta DeAgostini, p\u00e1x.16-17).<\/p>\n<p>O Mestre do Temple resid\u00eda na casa madre de Terra Santa, e unicamente se somet\u00eda \u00f3 Papa. Unha Bula papal de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1139\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1139<\/a>, f\u00edxoos completamente aut\u00f3nomos e independentes das xurisdici\u00f3ns episcopais, cunhas substanciosas vantaxes econ\u00f3micas creando unha infraestrutura comercial bancaria en Occidente que chegaba a Oriente. Como eran bos administradores, constitu\u00edron unha xesti\u00f3n autosuficiente e xeradora de excedentes que usaban para sufragar os gastos de tropas e castelos en Terra Santa. Quedaron facultados para constru\u00edr as s\u00faas propias capelas (\u00bfa da Virxe do Cami\u00f1o?) e cemiterios, que moitas veces chocaba co monopolio episcopal que regulaba a vida das poboaci\u00f3ns, pois os veci\u00f1os recorr\u00edan a Orde do Temple para o seu auxilio espiritual e enterramento, o que elevou \u00e1 protesta airada dos bispos, pois supo\u00f1\u00eda un recorte da s\u00faa autoridade e dos seus privilexios. A s\u00faa actividade econ\u00f3mico bancaria parece ser que fixo \u00e1 Orde do Temple inmensamente rica e cobizada a s\u00faa fortuna, pois os grandes armadores e comerciantes de Venecia, X\u00e9nova e Pisa, fixaron os ollos nos prometedores mercados que se abriron en Oriente, e por causa desta, a s\u00faa fortuna, foron aniquilados en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1312\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1312<\/a> polo Papa&#8230; Pero esa s\u00faa historia non a desenrolaremos aqu\u00ed, a\u00ednda que nos preguntemos se esa ser\u00eda a causa de esvaecerse (\u00bfa golpe de cicel?) a cruz do seu emblema.<\/p>\n<p>Volvendo os nosos escudos, c\u00e1benos pensar que o da Capela de San L\u00e1zaro pertenc\u00eda a Orden dos Hospitalarios e a da Virxe do Cami\u00f1o \u00e1 dos Templarios. Miramos na Wikipedia as Ordes de Cabaler\u00eda dos Cruzados, e vemos as cronolox\u00edas da s\u00faa fundaci\u00f3n, as\u00ed como, observamos que as cruces dos Cabaleiros son semellantes, pero non iguais:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhxZqnk-ngzU3n5Hucm3JsZE5yZy7o2w24OnOZi9OeVotSyr0A7OkzK7YC3zbgYeRxal3lPmAOfmPGd-UkKn6jTATkq_Er0Z1RYEp89jgSDMMn8BoexJA39N_fPQAnJIvPrk-Tf5w\/s2048\/escudo+de+armas+da+capela+da+Virxe+do+Cami%25C3%25B1o+3.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"140\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhxZqnk-ngzU3n5Hucm3JsZE5yZy7o2w24OnOZi9OeVotSyr0A7OkzK7YC3zbgYeRxal3lPmAOfmPGd-UkKn6jTATkq_Er0Z1RYEp89jgSDMMn8BoexJA39N_fPQAnJIvPrk-Tf5w\/s2048\/escudo+de+armas+da+capela+da+Virxe+do+Cami%25C3%25B1o+3.png\" width=\"320\" \/><\/a><\/p>\n<p>A orixe da Orde dos Cabaleiros Hospitalarios rem\u00f3ntase o ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1084\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1084<\/a>, cando uns comerciantes da cidade de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Amalfi\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Amalfi<\/a>, no reino de N\u00e1poles, decidiron fundar un hospital para peregrinos xunto \u00e1 Igrexa do Santo Sepulcro de Xerusal\u00e9n baixo a advocaci\u00f3n de San Xo\u00e1n Bautista. A proximidade deste templo fixo que a nova orde recibira o nome de Orde de San Xo\u00e1n do Hospital de Xerusal\u00e9n, tam\u00e9n co\u00f1ecida como Orde dos Irm\u00e1ns Hospitalarios, Orde dos Cabaleiros Hospitalarios, Orde Hospitalaria ou Orde de Malta (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1530\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1530<\/a>).<\/p>\n<p>A Orde dos Cabaleiros Templarios foi fundada en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1118\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1118<\/a> ou <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1119\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1119<\/a> por nove cabaleiros franceses liderados por Hugo de Payns tras a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cruzadas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Primeira Cruzada<\/a>. O seu prop\u00f3sito orixinal era protexer as vidas dos cristi\u00e1ns que peregrinaban a Xerusal\u00e9n tras a s\u00faa conquista.<\/p>\n<p>A Orde dos Cabaleiros Teut\u00f3nicos ou Orde dos Teut\u00f3nicos do Hospital Militar de Santa Mar\u00eda de Xerusal\u00e9n, \u00e9 unha orde medieval de car\u00e1cter relixioso-militar cat\u00f3lica e mariana (con devoci\u00f3n a Virxe Mar\u00eda) fundada en Palestina en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1190\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1190<\/a> durante a Terceira Cruzada na fortaleza de San Xo\u00e1n de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Acre,_Israel\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Acre<\/a>, \u00e9 en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1198\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1198<\/a> def\u00ednese como Orde Militar.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n sabemos que a cruz pat\u00e9 de Malta que aparece no cant\u00f3n sinistro do escudo da Virxe do Cami\u00f1o, foi concesi\u00f3n do <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Eugenio_III\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Papa Euxenio III<\/a> en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1147\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1147<\/a> aos Cruzados Templarios, que neste caso \u00e9 de cor vermella pois as\u00ed correspondente \u00f3s cabaleiros espa\u00f1ois, e sen lugar a d\u00fabida, este bras\u00f3n \u00e9 unha gran distinci\u00f3n de privilexio para un cabaleiro, ou para unha vila, Se\u00f1or\u00edo Abadengo como \u00e9 Ribadeo, ou sexa, unha Xurisdici\u00f3n Real concedida a favor da xerarqu\u00eda da Igrexa ou dun mosteiro, neste caso \u00bfa unha capelan\u00eda Templaria?<\/p>\n<p>Por outro lado dicir que a Cruz da Igrexa de Ove, como puidemos comprobar agora, non \u00e9 a da Orde do Temple como pens\u00e1bamos nun principio, se non que \u00e9 a da Orde dos Hospitalarios: en campo de sable unha cruz de Malta branca. Unha vez atopadas as diferenzas destas d\u00faas cruces, vimos que hab\u00eda unha terceira Cruz da Orde dos Cabaleiros Teut\u00f3nicos.<\/p>\n<p>Revisando as antig\u00fcidades que podemos ver no Concello de Ribadeo, esta Cruz Teut\u00f3nica parece ser a mesma que se atopa no lintel da porta principal da Igrexa de San Roque de Vilandriz na parroquia de Santa Eulalia de A Devesa, a 100 metros \u00f3 Este da Igrexa e cuxa inscrici\u00f3n, de momento, non fun capaz de ler, polo que queda para un pr\u00f3ximo artigo.<\/p>\n<p>Xa dixemos no artigo \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/06\/escudo-de-armas-da-capela-de-san-lazaro.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo da Capela de San L\u00e1zaro<\/a>\u201d (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 10-Xu\u00f1o-2017) que o palet\u00f3n da chave da Virxe do Cami\u00f1o, \u00e9 moi particular, pois as gardas forman un oco coa figura dunha cruz cadrada (de brazos iguais) dando a entender que \u00e9 unha \u201cchave pontificia\u201d, isto \u00e9, pertencente o poder do Papa, neste caso, representado baixo a xurisdici\u00f3n dun bispo, polo que se tivera esmaltes, deber\u00eda ser de prata neste bras\u00f3n da Virxe do Cami\u00f1o. As\u00ed mesmo, as ondas ser\u00edan intercaladas de azur e prata.<\/p>\n<p>Pero \u00bfo drag\u00f3n? \u00bfpor qu\u00e9 hai no campo do escudo un drag\u00f3n coroado? \u00bfque esmalte ou cor lle corresponde?. Sabemos que o drag\u00f3n, \u00e9 un animal fabuloso que desde moi antigo estaba consagrado a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Minerva\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Minerva<\/a>, para denotar que a verdadeira Sabedor\u00eda non dorme xamais (Ciencia del Blas\u00f3n, D.Modesro Costa y Turell, 2\u00aa edici\u00f3n, 1858, p\u00e1x.116). Os drag\u00f3ns son figuras quim\u00e9ricas que normalmente se engaden os bras\u00f3ns para realzar \u00e1s figuras \u00e1s quen miran ou abrazan. No Escudo de Armas da Casa dos Miranda de Conforto, hai dous preciosos drag\u00f3ns esculpidos en pedra, un a cada lado do bras\u00f3n das cinco doncelas dos Miranda.<\/p>\n<p>Seguramente o esmalte que lle corresponde a este animal, \u201cserpente con patas e alas, de gran fereza e voracidade\u201d, \u00e9 o seu propio cor: sinople (cor verde) ou sable (cor negro). Todo o escudo ter\u00eda campo de azur, como o actual de Ribadeo.<\/p>\n<p>Non cabe d\u00fabida de que a Historia de Ribadeo necesita unha revisi\u00f3n a fondo, pois sendo como foi o mellor Porto Natural de Refuxio e Comercial do Cant\u00e1brico, desde tempo inmemorial, aqu\u00ed ocorreron moitas cousas importantes que temos a obriga de descubrir. \u00bfNavegaban os Templarios de Ribadeo con \u201cvaliosas mercador\u00edas\u201d ou soamente se dedicaron a coidar da vida e da \u201cfacenda econ\u00f3mica\u201d dos peregrinos que vi\u00f1an polo Cami\u00f1o de Santiago? \u00bfComo \u00e9 posible que atopemos as cruces das \u201ctres\u201d Ordes de Cabaleiros Cruzados en Ribadeo?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fac\u00eda o artigo do Escudo da Capela de San L\u00e1zaro e observaba por en\u00e9sima vez o escudo da Virxe do Cami\u00f1o (foto supra) cun &#8220;programa fotogr\u00e1fico de brillos e contrastes\u201d, e ademais de ver a chave en pau (vertical) e as ondas de auga, Armas primitivas de Ribadeo explicadas desde sempre en t\u00f3dolos relatorios, pareceume [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5802","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5802","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5802"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5802\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5802"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5802"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5802"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}