{"id":5793,"date":"2017-06-30T07:47:00","date_gmt":"2017-06-30T05:47:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:36:20","modified_gmt":"2024-11-12T12:36:20","slug":"a-feira-do-libro-de-ribadeo-que-comeza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/06\/30\/a-feira-do-libro-de-ribadeo-que-comeza\/","title":{"rendered":"A feira do libro de Ribadeo, que comeza hoxe"},"content":{"rendered":"<p>&#8230; ter\u00e1 novidades, centrarase no pr\u00f3ximo&#8230; Os tenderetes xa est\u00e1n montados. E o programa, a continuaci\u00f3n.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhWyO8U9nSYvhSFNUSiotrtgJ4qP1ZCtG2uL5MecyvMyL1LhY9e4xFnms6NROX8D0xmIK5NoY1nI2TB2dABlly0gvxw7iwkbwUi0HJZ6j_tx5Y9G_ox9EEwepmFn03HC6Q8myVeaw\/s2048\/diptico+feira+libro+2017.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhWyO8U9nSYvhSFNUSiotrtgJ4qP1ZCtG2uL5MecyvMyL1LhY9e4xFnms6NROX8D0xmIK5NoY1nI2TB2dABlly0gvxw7iwkbwUi0HJZ6j_tx5Y9G_ox9EEwepmFn03HC6Q8myVeaw\/s2048\/diptico+feira+libro+2017.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjlLehhYpTo7GrYiCqSibeheJGP5UEYtRvZqxNaPBgtHVaKcPRMQm0SEblbgWr9EJ3y9f_iEAddF4znTy7Ih42JqFgHtCgl7iwgg2lPJh99am5c6DJuXEUjVgP4PgQXSxv3j88HaA\/s2048\/diptico+feira+libro+20172.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjlLehhYpTo7GrYiCqSibeheJGP5UEYtRvZqxNaPBgtHVaKcPRMQm0SEblbgWr9EJ3y9f_iEAddF4znTy7Ih42JqFgHtCgl7iwgg2lPJh99am5c6DJuXEUjVgP4PgQXSxv3j88HaA\/s2048\/diptico+feira+libro+20172.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&#8230; e a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2463&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota de prensa do concello<\/a>:<\/p>\n<p>CONTAR\u00c1 CON 11 CASETAS DAS QUE 6 SON DE LIBREIROS LOCAIS<\/p>\n<p>IV Feira do Libro<\/p>\n<p>26\/06\/2017<\/p>\n<p>Entre os d\u00edas 30 de xu\u00f1o e o 2 de xullo ter\u00e1 lugar en Ribadeo a cuarta edici\u00f3n da Feira do Libro, que foi presentada hoxe no Concello. Nesta cita ter\u00e1n un papel moi importante os autores e autoras locais e da comarca como Eva Mejuto, Daniel Cortez\u00f3n, Suso Pe\u00f1a, Miguel Sande ou Santiago Jauregu\u00edzar, entre outros. Haber\u00e1 ademais actuaci\u00f3ns da Escola Municipal de M\u00fasica e Danza, de Ribadeo, e do grupo de teatro Ollomao, de Barreiros.<\/p>\n<p>O concelleiro de Cultura, Farruco Gra\u00f1a, salientou que &#8220;un ano m\u00e1is a festa dos libros, a festa da lectura, conv\u00f3canos en Ribadeo, imos xa pola cuarta edici\u00f3n da Feira do Libro de Ribadeo neste ano 2017. Como sempre ten lugar no Parque de San Francisco e nesta ocasi\u00f3n ser\u00e1 os d\u00edas 30 de xu\u00f1o, venres, e m\u00e1is o s\u00e1bado 1 e domingo 2 de xullo. Comeza o ver\u00e1n, comezan as letras, comeza a festa dos libros en Ribadeo&#8221;.<\/p>\n<p>O edil nacionalista explicou que &#8220;o cartel deste ano est\u00e1 extra\u00eddo da base do arquivo municipal e resultounos moi atractiva esta imaxe porque fai unha analox\u00eda entre a r\u00eda de Ribadeo e o mundo dos libros. Os libros son como a natureza, est\u00e1n cheos de vida e hai que escudri\u00f1alos ben, mergullarse neles d\u00eda a d\u00eda e ir obtendo ese pequeno premio cada vez que abrimos unha p\u00e1xina e lemos un p\u00e1rrafo. Como quen busca longueir\u00f3ns, como quen busca berberechos, como quen busca o peixe para dar vida nas casas tam\u00e9n temos que mergullarnos nos libros para dar vida \u00e1s nosas mentes e \u00e1s nosas conciencias&#8221;.<\/p>\n<p>Para o concelleiro ribadense &#8220;desde as instituci\u00f3ns p\u00fablicas \u00e9 de obrigado cumprimento que apostemos polo mundo da lectura e polo mundo do libro. Lev\u00e1molo feito ao longo de todo o curso a trav\u00e9s do programa IES Literarios levando escritores e escritoras aos nosos centros educativos para que os nosos alumnos e alumnas poidan departir con eles, falar, preguntar sobre c\u00f3mo se escribe un libro, qu\u00e9 ideas poden levar a unha estrutura narrativa, a un poema&#8221;.<\/p>\n<p>Farruco Gra\u00f1a apuntou que &#8220;agora \u00e9 o momento de que tam\u00e9n nos poidamos achegar todos \u00e1 praza p\u00fablica, neste caso ao noso Parque de San Francisco, para falar cos escritores e coas escritoras. Tam\u00e9n para falar cos nosos libreiros, son unha ponte fundamental entre o mundo dos libros e os lectores e as lectoras, porque son eses amigos e amigas que nos aconsellan, que nos dan a nova dunha nova publicaci\u00f3n, que nos comentan aquelas experiencias que tiveron noutras feiras do libro falando con este escritor ou con aquela escritora. Son a ponte necesaria entre o libro e o lector, as\u00ed que nese senso, o noso agradecemento \u00e1 aposta decidida por parte dos libreiros e libreiras de Ribadeo na celebraci\u00f3n da Feira do Libro, que xa como dicimos vai na s\u00faa cuarta edici\u00f3n&#8221;.<\/p>\n<p>O concelleiro de Cultura en Ribadeo subli\u00f1ou que &#8220;esta edici\u00f3n ten que ter en conta en especial o libro local, o libro da comarca, dar a co\u00f1ecer os nosos propios valores. Nese senso contamos con presentaci\u00f3ns ben rechamantes e con autores ben co\u00f1ecidos na zona, xa sexa Anxo Moure co seu Nubinete, xa sexa un libro de fotograf\u00eda de Vicente Ansola, no que rememora as Aldeas sen voz, xa sexa tam\u00e9n O Anxo negro de Manuel Gago, ou as Mulleres bravas da nosa historia, ou Gorka Rete de Montse Fern\u00e1ndez \u00c1lvarez. Tam\u00e9n a memoria para as persoas que xa nos deixaron, pero seguen presentes nas nosas mentes como volver falar de As Covas do Rei Cintolo de Daniel Cortez\u00f3n e Suso Pe\u00f1a. E como non autores xa contempor\u00e1neos a\u00ednda en activo como Santiago Jauregu\u00edzar co seu Placebo, ou a novela A candidata de Miguel Sande, ou os 22 Segundos de Eva Mejuto&#8221;.<\/p>\n<p>Farruco Gra\u00f1a manifestou que &#8220;non queremos facer unha edici\u00f3n moi densa porque temos que dar tempo a dixerir con calma as novas literarias que van aparecendo, pero si moi activa na que se combine presentaci\u00f3n de libros con actividades de animaci\u00f3n \u00e1 lectura para todos en xeral a\u00ednda que especialmente para os nosos p\u00edcaros e p\u00edcaras. Nese senso calquera pai ou nai pode achegarse ata o parque que sabe que vai haber actividades para os seus nenos e nenas, e vai poder gozar da lectura ou da charla directa cun escritor ou escritora&#8221;.<\/p>\n<p>O edil anunciou que &#8220;haber\u00e1 colaboraci\u00f3ns tam\u00e9n por parte da Escola Municipal de M\u00fasica e Danza cun n\u00famero de danza, teremos colaboraci\u00f3n do grupo de teatro Ollomao, de Barreiros, cun pequeno n\u00famero estendido ao longo da r\u00faa, Anxo Moure volver\u00e1 traernos a s\u00faa Ciclobiblioteca, e tam\u00e9n poderemos contar coa actuaci\u00f3n de Lois P\u00e9rez co seu Sacar a lingua a pracer. Tr\u00e1tase de dinamizar o parque, dinamizar a vida, dinamizar a lectura e que todos saiamos ga\u00f1ando e enriquec\u00e9ndonos un pouqui\u00f1o m\u00e1is no plano das ideas&#8221;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8230; ter\u00e1 novidades, centrarase no pr\u00f3ximo&#8230; Os tenderetes xa est\u00e1n montados. E o programa, a continuaci\u00f3n. &#8230; e a nota de prensa do concello: CONTAR\u00c1 CON 11 CASETAS DAS QUE 6 SON DE LIBREIROS LOCAIS IV Feira do Libro 26\/06\/2017 Entre os d\u00edas 30 de xu\u00f1o e o 2 de xullo ter\u00e1 lugar en Ribadeo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10],"class_list":["post-5793","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5793","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5793"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5793\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5793"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5793"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5793"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}