{"id":5792,"date":"2017-07-01T09:26:00","date_gmt":"2017-07-01T07:26:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:36:19","modified_gmt":"2024-11-12T12:36:19","slug":"de-fogueiras-e-vaidades","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/07\/01\/de-fogueiras-e-vaidades\/","title":{"rendered":"De fogueiras e vaidades"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhyX_bzIHWQs9Z3nmaTACeX3BJQMT2H9ytAuVXvZSzUwWKLmzLewwUe6oYges5qQ8-bS2TWfJj_ArvaWNCaYoAqBCqxGiOV23uNe0AVow19upDdst3BzhITc4wgPeNDy2PvaRvR7Q\/s2048\/Fogueira+Suso+Fernandez+1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhyX_bzIHWQs9Z3nmaTACeX3BJQMT2H9ytAuVXvZSzUwWKLmzLewwUe6oYges5qQ8-bS2TWfJj_ArvaWNCaYoAqBCqxGiOV23uNe0AVow19upDdst3BzhITc4wgPeNDy2PvaRvR7Q\/s2048\/Fogueira+Suso+Fernandez+1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>De fogueiras e de vaidades (Ligaz\u00f3n \u00e1 <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/06\/de-hogueras-y-de-vanidades.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">versi\u00f3n castel\u00e1<\/a>)<\/p>\n<p>&nbsp;Mellor caer en graza que ser gracioso. Esta expresi\u00f3n tense dito sempre de certo xeito, sorna, e no fondo certa incredulidade, por insostible a longo prazo, sabendo que a verdade estaba noutro lugar, o lugar do que saber\u00eda apezala. Pero se a vida fora tan sinxela como a aprendemos cando nenos, non teriamos que estar hoxe na procura das raz\u00f3ns que levan a uns ou \u00f3s outros a erguer exemplos de graza informativa e gardi\u00e1ns de templos a dedo.<\/p>\n<p>Sabemos do atractivo incomparable do empresariado, chamado a rescatar o mundo da s\u00faa propia mediocridade inmobilista, ese empresariado que rebenta os bancos a golpe de pr\u00e9stamos e surfea con graza a onda de subvenci\u00f3ns para brilar cunha aur\u00e9ola de tempada alta ata que volta de novo o inverno. E esa ideolox\u00eda de brillantina, moitas veces coa esperanza de vida dunha bengala no medio da R\u00eda, \u00e9 a que pretende levar o gato \u00e1 auga. Hai que dicir, que ese prototipo cae moito en graza -seguindo co refr\u00e1n- en certos medios de comunicaci\u00f3n, os que cantan as excelencias do progreso segundo o cheo ata a bandeira dos hoteis ou catedralicio meses antes de que aconteza. Grazas a eses medios, soubemos de hoteis que se abr\u00edan, ench\u00edan, e reservaban con tanta antelaci\u00f3n que, chegado o momento da verdade, precint\u00e1banse. E isto, que no mundo no que vivimos pode parecer unha frase con malas intenci\u00f3ns, non \u00e9 m\u00e1is que a verdade n\u00faa, pero nesto, como en todo, asistimos a unha nova interpretaci\u00f3n da \u00e9tica baseada en valores estra\u00f1os.<\/p>\n<p>Que \u00e9 o que prima aqu\u00ed? Imos tentar explicalo. Vexamos, que \u00e9 &#8220;Por nuestro faro&#8221;? Hai pouco puidemos ver publicada unha reclamaci\u00f3n do colectivo, perfectamente l\u00edcita e baseada na legalidade m\u00e1is b\u00e1sica, reducida a un \u00ednfimo recadro no medio dunha colaxe inveros\u00edmil de noticias breves: obituarios, feridos e mortes en accidentes de tr\u00e1fico, xornadas e seminarios. No titular non se pod\u00eda mesmo nin ler o nome do colectivo. Pero se, ademais, dita reivindicaci\u00f3n pres\u00e9tase na primeira li\u00f1a como procedente dun grupo creado en internet (despois de dous anos de loita para ter informaci\u00f3n, comunicaci\u00f3ns co Defensor del Pueblo, escritos \u00f3 alcalde e Puertos, organizaci\u00f3n de actos, reuni\u00f3ns regulares, etc.), un turista un pouco despistado a\u00ednda poder\u00eda pensar que &#8220;Por nuestro faro&#8221; \u00e9 pouco m\u00e1is ca unha aplicaci\u00f3n para tablets.<\/p>\n<p>Reclamar informaci\u00f3n, subli\u00f1ar o ilegal, esixir que se cumpra a normativa vixente, non deber\u00eda estar penado coa marxinaci\u00f3n ou o desprezo informativo. Como non se deber\u00eda vitimar \u00f3s que incumpren as normas, adicarlles p\u00e1xinas de papel e espazo dixital, como se saltar as regras &#8216;\u00e1 torera&#8217; entrase dentro deste xogo do poder\u00edo en voga, e os demais tiveramos que cerrar o pico para deixar entrar ata o m\u00e1is \u00edntimo espazo do noso patrimonio ese progreso devastador que sen estudo de viabilidade, aseg\u00farannos, ser\u00e1 algo prodixioso. As proxecci\u00f3ns de futuro no trato do tema desaf\u00edan por tempos os l\u00edmites da l\u00f3xica. Coa mesma presenza que se suxire que dous apartamentos poden impulsar o turismo da rexi\u00f3n, as perdas causadas polo peche parecen que ser\u00e1n enormes. O que eu non dar\u00eda para ver todos eses n\u00fameros.<\/p>\n<p>\u00c1 marxe do que un medio decida estender como unha verdade inapelable, reco\u00f1eceremos que un empresario p\u00f3dese facer moito dani\u00f1o, se algu\u00e9n, por breve que sexa, decide aplicar un pouco de presi\u00f3n chamada lei. Pero iso xa o sab\u00edamos, certo? Ou non? T\u00e9mome que non, e as\u00ed o de sempre perm\u00edtese en plena festa seguir a insultar \u00e1s nais dos membros deste grupo que suxire verdades, un xeito como calquera outro para celebrar a noite de San Xo\u00e1n, quizais, para alg\u00fans, pero o que est\u00e1 claro \u00e9 que non ser\u00e1 a el \u00f3 que sacrifiquen na fogueira da informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Covadonga Su\u00e1rez, colectivo &#8220;Por nuestro faro&#8221;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg8b3MsCyIXqfOh5lUUClO0WhLO2JSGkyvyyN1O5mPFcbqPq34kSBSjKlBPJSg2A_2vp6BOdoiZSpRTU-cVq5ktiq5leIZr7lgpJQWuVD0byQNdR_jQ4EIteIKz3koCmBael42gUQ\/s2048\/Fogueira+Suso+Fernandez+2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg8b3MsCyIXqfOh5lUUClO0WhLO2JSGkyvyyN1O5mPFcbqPq34kSBSjKlBPJSg2A_2vp6BOdoiZSpRTU-cVq5ktiq5leIZr7lgpJQWuVD0byQNdR_jQ4EIteIKz3koCmBael42gUQ\/s2048\/Fogueira+Suso+Fernandez+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De fogueiras e de vaidades (Ligaz\u00f3n \u00e1 versi\u00f3n castel\u00e1) &nbsp;Mellor caer en graza que ser gracioso. Esta expresi\u00f3n tense dito sempre de certo xeito, sorna, e no fondo certa incredulidade, por insostible a longo prazo, sabendo que a verdade estaba noutro lugar, o lugar do que saber\u00eda apezala. Pero se a vida fora tan sinxela [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[36,37,19],"class_list":["post-5792","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-covadonga-suarez","tag-illa-pancha","tag-suso-fernandez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5792","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5792"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5792\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5792"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5792"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5792"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}