{"id":5787,"date":"2017-07-06T15:40:00","date_gmt":"2017-07-06T13:40:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:36:08","modified_gmt":"2024-11-12T12:36:08","slug":"envaido-onte-por-por-nuestro-faro-acoso","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/07\/06\/envaido-onte-por-por-nuestro-faro-acoso\/","title":{"rendered":"Enviado onte por &#8216;Por Nuestro Faro&#8217;: ACOSO VS NEUTRALIDADE"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEixttgiJTOmVmN9nObuigEG26Eu5XKLLYHve1JrDRsSwN0-tmHvdPbJ4VW9vnGlbFQMFj825BxzP-6JagN9Htjtot3SdLpocr6m8GoyKLjiLX1mt_I6Kcg_wOfPzscRjEwAArL9Zg\/s2048\/20170514+coche+en+illa+2_.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEixttgiJTOmVmN9nObuigEG26Eu5XKLLYHve1JrDRsSwN0-tmHvdPbJ4VW9vnGlbFQMFj825BxzP-6JagN9Htjtot3SdLpocr6m8GoyKLjiLX1mt_I6Kcg_wOfPzscRjEwAArL9Zg\/s2048\/20170514+coche+en+illa+2_.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>O pasado d\u00eda 23 de<br \/>\nxunio, na festa da fogueira de San Xoan volv\u00e9ronse repetir os actos<br \/>\nde chantaxe e insulto a membros do grupo \u201cPor Nuestro Faro\u201d, esta<br \/>\nvolta por partida dobre. Xa temos denunciado anteriormente situaci\u00f3ns<br \/>\nsemellantes, mesmo nas r\u00faas e lugares p\u00fablicos e nos postos de<br \/>\ntraballo, que afectaron a persoas que participan no noso colectivo.<br \/>\nPor certo, as nosas denuncias tiveron escasa relevancia nos medios<br \/>\nsocias e medi\u00e1ticos.<\/p>\n<p>Ao fio desta<br \/>\ncuesti\u00f3n quix\u00e9ramos suli\u00f1ar outro tipo de actuaci\u00f3ns que vi\u00f1eron<br \/>\na servir de caldo de cultivo para chegar a estes extremos. Nas redes<br \/>\nsociais, por po\u00f1er un exemplo, son relativamente frecuentes os<br \/>\ninsultos directos a persoas do noso colectivo, tratando de imputarnos<br \/>\nintereses persoais ou apelando a outro tipo de actividades alleas ao<br \/>\ntema que tratamos. Nestes comentarios util\u00edzanse falsedades de todo<br \/>\ntipo que pretenden xerar un estado de opini\u00f3n hostil \u00e1s nosas<br \/>\npersoas f\u00edsicas, o que axuda ao que despois se traduce en acosos<br \/>\npersoais, insultos verbais, persecuci\u00f3ns polas r\u00faas etc. Mesmo en<br \/>\ndiarios e semanarios te\u00f1en aparecido escritos despectivos e<br \/>\ninformaci\u00f3ns falsas ou manipuladas -e non s\u00f3 por espont\u00e1neos e<br \/>\nafeizoados- nos que se trata de degradar a nosa imaxe p\u00fablica,<br \/>\nlexitimando en consecuencia outro tipo de actuaci\u00f3ns mais agresivas.<\/p>\n<p>Ademais destes<br \/>\nescritos insultantes temos a labor de zapa dos que sistem\u00e1ticamente<br \/>\nnon presentan como un grupo de internet, cando levamos realizadas 42<br \/>\nasambleas p\u00fablicas, recollidas de sinaturas, concentraci\u00f3ns, actos<br \/>\nculturais etc, sempre convocadas por m\u00e9todos p\u00fablicos e<br \/>\ntransparentes que asoleian para calquer observador obxectivo a<br \/>\nexistencia dun colectivo cunha presencia social real e tanxible. Na<br \/>\nmesma tesitura estiveron os repetidos escritos que nos acusaban de<br \/>\nser xente de \u201cfora de Ribadeo\u201d, sen tomarse a mais m\u00ednima<br \/>\nmolestia por preguntarnos directamente quen formaba o colectivo ou<br \/>\nacudir a unha das nosas xuntanzas, sempre convocadas en aberto.<br \/>\nPo\u00f1amos aqu\u00ed un dato relevante: mais do 60% dos membros do noso<br \/>\ngrupo viven en Ribadeo, mais dun 30% naceron en Ribadeo, te\u00f1en<br \/>\nfamiliares e vis\u00edtannos a cot\u00edo, e non chega ao 6% as persoas que<br \/>\napoian en facebook sen ter presencia f\u00edsica ou relaci\u00f3n directa.<\/p>\n<p>Outra forma de<br \/>\ndemagoxia \u00e9 presentar o proxecto como o xerador dunha importante<br \/>\nactividade tur\u00edstica e ao noso colectivo como os causantes de<br \/>\nimpedir esa marabilla e retrasar a execuci\u00f3n dun proxecto que<br \/>\nacabar\u00eda co paro en catro d\u00edas. Pero a verdade \u00e9 que os informes<br \/>\nnegativos da Xunta sobre a cafeter\u00eda e os requerimentos do Concello<br \/>\npara dispo\u00f1er de auga potable dificilmente poden ser debidos \u00e1<br \/>\ninfluencia do noso grupo cando nunca tivemos acceso a ese tipo de<br \/>\ninformaci\u00f3ns. Podemos lembrar aqu\u00ed que a documentaci\u00f3n que<br \/>\npresentou inicialmente a empresa promotora no concello (9 de setembro<br \/>\nde 2015) tivo que ser rexeitada por un erro de principiantes, ao tomar como<br \/>\nreferencia o antigo PXOM, sen vixencia dende decembro de 2014.<br \/>\nDespois, como \u00e9 sabido, a empresa, pola sua conta, desdobrou o<br \/>\nproxecto \u2013 apartamentos e cafeter\u00eda \u2013 provocando un novo retraso<br \/>\nde varios meses, pero os axitadores seguiron bot\u00e1ndonos a culpa dos<br \/>\n\u201cretrasos\u201d. Tam\u00e9n hai que suli\u00f1ar a inestimable colaboura da<br \/>\nAutoridade Portuaria, da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo a<br \/>\nxerar unhas expectativas fant\u00e1sticas e fora de toda medida realista.<br \/>\n\u201cUn premio para Ribadeo\u201d, seg\u00fan o Sr. Alcalde, e \u201co primeiro<br \/>\nhotel dos faros\u201d, seg\u00fan o Ministerio de Fomento, repetido en<br \/>\nt\u00f3dolos medios con hiperb\u00f3lica publicidade gratu\u00edta ou a cargo das<br \/>\ncontas p\u00fablicas. Esta campa\u00f1a medi\u00e1tica tratou de presentar o<br \/>\nproxecto como un emporio tur\u00edstico para quedarse en dous<br \/>\napartamenti\u00f1os e un posto de traballo.<\/p>\n<p>E para remate a<br \/>\nnegativa de t\u00f3dalas administraci\u00f3ns a analizar o informe do<br \/>\nDefensor del Pueblo, acompa\u00f1ada da inhibici\u00f3n do Valedor do Pobo<br \/>\ngalego, que se quitou o morto de enriba nun alarde de pragmatismo,<br \/>\nsen entrar nun tema que poder\u00eda ser da s\u00faa exclusiva competencia.<br \/>\nCousas que pasan, ning\u00fan dos \u201cexpertos\u201d tomou nota deste \u00ednfimo<br \/>\ndetalle, pero iso si, cargar culpas ao noso colctivo non se lles pasa<br \/>\npor alto.<\/p>\n<p>A situaci\u00f3n non \u00e9<br \/>\nin\u00e9dita: queren buscar culpables a tanta incompetencia, subcultura e<br \/>\ndesidia. Por eso v\u00e9monos na obriga de reclamar m\u00e1is implicaci\u00f3n<br \/>\nfronte \u00e1 constelaci\u00f3n pol\u00edtico-corporativa que, na entrega do noso<br \/>\nfaro a mans privadas, calquer m\u00e9todo atopa xustificaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pasado d\u00eda 23 de xunio, na festa da fogueira de San Xoan volv\u00e9ronse repetir os actos de chantaxe e insulto a membros do grupo \u201cPor Nuestro Faro\u201d, esta volta por partida dobre. Xa temos denunciado anteriormente situaci\u00f3ns semellantes, mesmo nas r\u00faas e lugares p\u00fablicos e nos postos de traballo, que afectaron a persoas que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5787","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5787","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5787"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5787\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5787"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5787"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5787"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}