{"id":5783,"date":"2017-07-10T22:57:00","date_gmt":"2017-07-10T20:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:36:01","modified_gmt":"2024-11-12T12:36:01","slug":"escudo-de-armas-do-pazo-de-guimaran-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/07\/10\/escudo-de-armas-do-pazo-de-guimaran-e\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE ARMAS DO PAZO DE GUIMAR\u00c1N E ESCUDOS DA IGREXA DE VILASEL\u00c1N. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEggMDkiWGDdItacyNS21YWZi4RBHQHJ0rqmwExH4nRFoEtWPaDzd4yWKVFfBvcuFR-6zYSpuUoXOJ33EkeQvZaIRO5upL2FtwN4BMqCaXj1S35dgtfQvKw9QDXKALPCSxFYrZnQIQ\/s2048\/ESCUDO+DE+ARMAS+DO+PAZO+DE+GUIMAR%25C3%2581N+E+ESCUDOS+DA+IGREXA+DE+VILASEL%25C3%2581N.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEggMDkiWGDdItacyNS21YWZi4RBHQHJ0rqmwExH4nRFoEtWPaDzd4yWKVFfBvcuFR-6zYSpuUoXOJ33EkeQvZaIRO5upL2FtwN4BMqCaXj1S35dgtfQvKw9QDXKALPCSxFYrZnQIQ\/s2048\/ESCUDO+DE+ARMAS+DO+PAZO+DE+GUIMAR%25C3%2581N+E+ESCUDOS+DA+IGREXA+DE+VILASEL%25C3%2581N.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Este magn\u00edfico Escudo de Armas do Pazo de Guimar\u00e1n (foto 1, supra), est\u00e1 formado por unha pedra armeira central, rodeada de catro pedras de canter\u00eda totalmente talladas que conforman un espectacular conxunto. Est\u00e1 timbrado cun casco de fidalgo antigo con seis plumas, que segundo o Escudo da C\u00e9dula de Certificaci\u00f3n de Fidalgu\u00eda, Nobreza e Armas de D. Bernardo Rodr\u00edguez Arango e Mon (Arquivo Privado do Pazo de Guimar\u00e1n) (foto 2, infra), te\u00f1en as cores: verde, vermello, azul, marelo, branco e p\u00farpura. Os lados do casco est\u00e1n adornados con follas de carballo abertas e os flancos do escudo de pedra, con acantos volteados, mentres que no escudo do pergami\u00f1o son lambrequines, rodetes e xiras. No sost\u00e9n presenta adornos sim\u00e9tricos de molduras e grimpolas ou bandeirolas, e no medio un adorno a modo de metopa, no que resalta mirando \u00f3 fronte, a cabeza dun doncel con rizos.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhrZU37BKKte5pBkh49jH_DfTEkaQCnDLp6Y3t1nyeT8tuxalcwjjzr2ThUvwTe07t9b1ab82DthpqGUfhs_7glOPTPv3mOvAcdXJwgSzL_6SGOmVN44jop0bmzE4tDus0XZdHpmA\/s2048\/ESCUDO+DE+ARMAS+DO+PAZO+DE+GUIMAR%25C3%2581N+E+ESCUDOS+DA+IGREXA+DE+VILASEL%25C3%2581N+2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhrZU37BKKte5pBkh49jH_DfTEkaQCnDLp6Y3t1nyeT8tuxalcwjjzr2ThUvwTe07t9b1ab82DthpqGUfhs_7glOPTPv3mOvAcdXJwgSzL_6SGOmVN44jop0bmzE4tDus0XZdHpmA\/s2048\/ESCUDO+DE+ARMAS+DO+PAZO+DE+GUIMAR%25C3%2581N+E+ESCUDOS+DA+IGREXA+DE+VILASEL%25C3%2581N+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;Tanto o escudo en pedra do Pazo de Guimar\u00e1n como o representado no papel pergami\u00f1o da C\u00e9dula de Fidalgu\u00eda, firmada polo Rei de Armas D. Juan Alphonso de Guerra y Sandoval na coroada Vila de Madrid a nove de Xullo de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1740\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1740<\/a>, as\u00ed como, os dous escudos id\u00e9nticos (foto 3, infra) que timbran os retablos laterais das capelas da Igrexa de Vilasel\u00e1n, no lateral esquerdo o de Nosa Se\u00f1ora da Inmaculada Concepci\u00f3n, e no lateral dereito o retablo de Nosa Se\u00f1ora do Rosario; todos eles est\u00e1n cuartelados en catro e presentan as mesmas Armas, con algunhas diferenzas nos detalles e cores. Xeralmente este tipo de cuartelado en catro, \u00fasase para representar as armas dos catro av\u00f3s (dous av\u00f3s e d\u00faas avoas): 1\u00ba) apelido av\u00f3 paterno; 2\u00ba) apelido av\u00f3 materno; 3\u00ba) apelido avoa paterna; 4\u00ba) apelido avoa materna.<\/p>\n<p>Segundo a C\u00e9dula de Fidalgu\u00eda (CF en diante) os cuarteis representan os bras\u00f3ns: 1\u00ba RODRIGUEZ; 2\u00ba ARANGO; 3\u00ba MURIAS e 4\u00ba MON. Por suposto, non somos ningu\u00e9n para contradicir a literatura dunha C\u00e9dula de Fidalgu\u00eda do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XVIII\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">s\u00e9culo XVIII<\/a>, firmada por un Rei de Armas e por m\u00faltiples testemu\u00f1as, pero engadiremos alg\u00fan comentario base\u00e1ndonos noutras descrici\u00f3ns her\u00e1ldicas. <\/p>\n<p>Primeiro cuartel: segundo CF, son Armas do apelido RODRIGUEZ, Se\u00f1or de Sanabria, Mestre da Orde e Cabaleiro de Santiago: (foto 2) \u201cpintan por Armas, en campo de ouro tres barras verdes\u201d. Segundo as normas Her\u00e1ldicas son: \u201cen campo de ouro tres faixas (en relevo no escudo de pedra) de sinople\u201d (escudo CF). Estas faixas parecen tam\u00e9n as Armas dos MESIA ou MESSIA, as cales xa vimos no cuarto cuartel do escudo da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/05\/casa-brasonada-da-rua-bispo-veres.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Casa Brasonada da R\u00faa Bispo Veres<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 4-Xu\u00f1o-2016), chamada Casa de Vior.<\/p>\n<p>Mentres que nos escudos da Igrexa de Vilasel\u00e1n os campos dos cuarteis son de ouro (dourados con pan de ouro) exactamente igual que aparecen na C\u00e9dula de Guimar\u00e1n, os esmaltes ou cores das faixas son moi discutibles pois o artista parece que vernizou t\u00f3dolos mobles ou figuras cunha sustancia que se \u201coxidou\u201d, quedando todas dun cor pardo, tal, que non as deixa definir. Por isto as faixas poden corresponder as Armas de varios li\u00f1axes, como o de D. Carlos \u00c1LVAREZ DE MON, que viv\u00eda en Ribadeo en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1794\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1794<\/a> (en campo de prata tres faixas de gules, e entre cada d\u00faas faixas dous armi\u00f1os de sable, os cales faltan neste bras\u00f3n). Non descartamos que a li\u00f1axe puidera ser dos BARREIRA, BARRERA ou \u201cDE LA BARRERA\u201d (en campo de prata tres faixas de gules) ou dos PARGA (en campo de azur tres faixas de ouro).<\/p>\n<p>As faixas deste primeiro cuartel xunto coa aguia (dos AGUIAR ou dos PARDO) do terceiro cuartel, son Armas do bras\u00f3n dos VILLAAMIL que tam\u00e9n aparecen no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/07\/escudo-na-rua-antonio-otero-francisco.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo da R\u00faa Antonio Otero<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 16-Xullo-2016) e no terceiro cuartel do escudo dereito da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/11\/escudos-de-armas-da-casa-dos-miranda.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Casa dos MIRANDA<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 3-Decembro-2016).<br \/>\nSegundo cuartel: segundo CF, corresponde \u00e1 Familia ARANGO: (foto 2) \u201cen campo de ouro un espi\u00f1o de sinople con froito de estripeiras vermellas [cast., \u201cmajuelas rojas\u201d], e dous lobos de sable (cor negro) lampasados de vermello (con lingua vermella de distinta cor que o corpo de sable), empinados o tronco, e unha orla de doce pezas: seis, en campo de azur, dentro unha estrela de ouro e as outras seis en campo de prata unha panela vermella. (Nota: o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Estripeiro\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">estripeiro<\/a> [cast., espino majuelo]&nbsp; \u00e9 unha \u00e1rbore delgada das ros\u00e1ceas, de madeira dura, de ramas espi\u00f1osas, que produce un froito de baias redondas, tenras, carnosas de sabor doce e coloradas).<\/p>\n<p>En Vilasel\u00e1n (foto 3), os animais empinados no tronco dunha \u00e1rbore \u201ccon\u00edfera\u201d, son cabras, polo que poden ser armas dos PARDO das Terras de Ribadeo, frecuente bras\u00f3n con \u00e1rbores, as\u00ed como, na zona asturiana (Blasones y Linajes de Galicia, J.S. Crespo del Pozo Volumen I, p\u00e1x. 372). En campo de prata unha \u00e1rbore de sinople (un <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Freixo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">freixo<\/a>) terrasada do mesmo (c\u00f3 chan de sinople), acostada (acompa\u00f1ada en \u00e1mbolos dous flancos) de d\u00faas cabras de sable (cor negro) empinadas \u00f3 tronco.<\/p>\n<p>Estas Armas tam\u00e9n poden verse no escudo dereito da fachada da Casa dos MIRANDA, na r\u00faa Amando P\u00e9rez de Ribadeo, no primeiro cuartel semicortado e partido, na parte alta da partici\u00f3n esquerda vese unha \u00e1rbore con d\u00faas cabras empinadas com\u00e9ndolle nas follas. Aqu\u00ed parecen ser Armas dos SOTELO ou SOUTELO: en campo de prata, unha \u00e1rbore de sinople (cor verde) e d\u00faas cabras de sable (cor negro) empinadas no tronco. Este bras\u00f3n pode falar do parentesco entre a familia ARANGO, coa de D. Ram\u00f3n Mar\u00eda MIRANDA E MON.<\/p>\n<p>Por outro lado, no escudo de pedra da Casa de Guimar\u00e1n, os animais empinados son lobos, polo que parecen Armas dos SOTELO ou SOUTELO, se\u00f1ores de Xunqueira De Amb\u00eda onde te\u00f1en solar e pazo (\u201cO Libro da Her\u00e1ldica Galega\u201d, D. Luciano Fari\u00f1a Couto, 2001). En campo de ouro, unha \u00e1rbore frutada (con fruta) de sinople, terrasada do mesmo, acostada de dous lobos de sable empinados o tronco.<\/p>\n<p>As Armas da li\u00f1axe SOTELO, son confusas nos Nobiliarios, pois mentres os animais en campo de prata son cabras, en campo de ouro son lobos, e \u00e1s veces interc\u00e1mbianse.<\/p>\n<p>A bordura de ouro, cargada de seis panelas (follas de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Chopo_branco\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">\u00e1lamo<\/a>) intercaladas entre seis estrelas de seis (Vilasel\u00e1n) ou oito puntas (Guimar\u00e1n) semellan as da bordura compostel\u00e1n, pois este bras\u00f3n e moi antigo, e pode referirse a familias asentadas no Porto de Ribadeo que era a entrada Norte por mar do Cami\u00f1o de Santiago, e polo s\u00e9culo XI, XII, XIII e m\u00e1is en diante, as calas e praias de Guimar\u00e1n, Porcill\u00e1n e Cabanela, eran os desembarcadoiros naturais para calquera viaxeiro que chegara por mar, tanto de Francia como dos Pa\u00edses Baixos e N\u00f3rdicos ou de Inglaterra. Nembargante, segundo se explica na CF de Guimar\u00e1n, de mediados do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XVIII\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">s\u00e9culo XVIII<\/a>, as panelas, significan que o cabaleiro brasonado estivo nunha sinalada vitoria, e as estrelas, a paz conseguida para a s\u00faa patria.<br \/>\nPor outra banda, estas Armas de ARANGO difiren moito das que se atopan no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/04\/a-aduana-vella-de-ribadeo-artigo-de.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo da Aduana Vella<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 16-Abril-2016) onde se representan no 4\u00ba cuartel con cinco corvos pousados pois derivan da li\u00f1axe dos CUERVO que tiveron o se\u00f1or\u00edo no val de Arango do concello asturiano de Pravia: \u201cen campo de prata, seis corvos de sable (cor negro) postos de dous en dous\u201d.<\/p>\n<p>Terceiro cuartel: segundo CF, son Armas da Familia MURIAS, cuxa primeira noticia data de D. \u00c1lvaro S\u00e1nchez de Murias, que serviu a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fernando_III_de_Castela\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Fernando III \u201cEl Santo\u201d<\/a> (rei de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1230\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1230<\/a> a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1252\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1252<\/a>) na conquista de Sevilla (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1250\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1250<\/a>) e a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_X_o_Sabio\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Afonso X \u201co Sabio\u201d<\/a> (rei de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1252\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1252<\/a> a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1284\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1284<\/a>) na conquista de Xerez da Fronteira. As Armas, segundo CF: \u201cen campo de ouro unha aguia de sable (negra) volante e rampante\u201d. A esta breve descrici\u00f3n, n\u00f3s engadimos, que a aguia mira \u00e1 destra, e est\u00e1 linguada de gules (con lingua de cor vermella) e armada e picada de prata (con garras e pico de cor prata).<\/p>\n<p>Tam\u00e9n parece bras\u00f3n dos AGUIAR, dos PARDO ou dos PARDO DE AGUIAR que xunto coas faixas do primeiro cuartel, son Armas, como xa vimos, do Escudo da r\u00faa Antonio Otero, e do escudo dereito da Casa dos MIRANDA.<\/p>\n<p>Cuarto cuartel: segundo CF, son Armas da Casa de MON: (foto 2) \u201cen campo de ouro un carballo de sinople sobre terrasado natural, acompa\u00f1ado dun home armado que est\u00e1 asido cunha man a unha das ramas e dous cans atados o tronco con cadeas. (Nota: os cans est\u00e1n parados ou arrestados cara a sinistra, inm\u00f3biles, de perfil e cos p\u00e9s parellos dous a dous). Sobre o terrasado d\u00faas espadas tendidas (Nota: espadas de cazoleta \u00e1 destra e punta \u00e1 sinistra) acompa\u00f1adas dun brazo armado cunha daga empu\u00f1ada, e est\u00e1 chorreando sangue. Orla de ouro dividida con perfil vermello e nela o \u201cmote\u201d (lema) seguinte con letras vermellas: ESTAS ARMAS Y BLAS\u00d3N SON DE LA CASA DE MON, COMO FUERTE LAS GANE Y AS\u00cd LAS DEFENDER\u00c9. Esta orla vese claramente nos escudos da Igrexa de Vilasel\u00e1n (foto 4).<\/p>\n<p>No escudo de pedra do Pazo de Guimar\u00e1n vemos, \u00f3s p\u00e9s da \u00e1rbore, un brazo movente (como en movemento) armado cunha espada corta en posici\u00f3n de apu\u00f1alar cara abaixo; sinistrado de dous facheiros (soportes c\u00f3nicos) tombados onde se po\u00f1\u00edan os fachos (antorchas) para alumar as estancias ou os corredores, e dos que saen d\u00faas teas acesas con pequenas lapas de lume. Nos escudos da Igrexa de Vilasel\u00e1n (foto 3) soamente est\u00e1 o brazo movente empu\u00f1ando unha espada corta, pero non hai nin espadas, nin facheiros.<\/p>\n<p>A descrici\u00f3n antedita, difire bastante coa explicada no brasonado do Padre D. Jos\u00e9 Crespo del Pozo (Blasones y Linajes de Galicia, volumen III, p\u00e1x. 310): \u201cen campo de ouro, unha \u00e1rbore de sinople (cor verde), sobre terrasado do mesmo (sinople); no flanco destro un cabaleiro de \u201cpunta en branco\u201d tronzando unha rama da \u00e1rbore coa man sinistra, e movente do franco sinistro un brazo armado, empu\u00f1ando unha espada de cazoleta, guarnecida de prata, en acci\u00f3n de cortar a man do cabaleiro dito. Do p\u00e9 da \u00e1rbore saen unhas chamas, de gules e ouro, e ao seu tronco est\u00e1n atados cunha corda dos cans afrontados (un fronte o outro), do seu cor, e asida o mesmo tronco, unha mao coa moneca ensanguentada. \u00d3 lado sinistro da terrasa, outras d\u00faas espadas, como a descrita, cruzadas e cravadas nela\u201d.<br \/>\nD. Bernardo Rodr\u00edguez de Arango y Mon, est\u00e1 claramente citado na Igrexa de Vilasel\u00e1n, e verifica a s\u00faa proba de nobreza na Real Chanciller\u00eda de Valladolid en Preito de Fidalgu\u00eda de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1747\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1747<\/a> sendo veci\u00f1o da feligres\u00eda de Santa Mar\u00eda de Vilasel\u00e1n, xurisdici\u00f3n de Ribadeo (C\u00f3digo ES.47186.ARCHV\/ 8.10.4 \/\/SALA DE HIJOSDALGO,CAJA 1106,2).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgdgr2oTASvP9E-pywxneCE1908usNPWYF8OANnCnsZstJ935cAO22vtwCtwqM95ZU7eqvW2zNjUammu-jfb8N4xgNQiLXmTxEVclz5W7AP1p0UPazpMIA_buXWvoLfaX-atS_vag\/s2048\/ESCUDO+DE+ARMAS+DO+PAZO+DE+GUIMAR%25C3%2581N+E+ESCUDOS+DA+IGREXA+DE+VILASEL%25C3%2581N+3.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgdgr2oTASvP9E-pywxneCE1908usNPWYF8OANnCnsZstJ935cAO22vtwCtwqM95ZU7eqvW2zNjUammu-jfb8N4xgNQiLXmTxEVclz5W7AP1p0UPazpMIA_buXWvoLfaX-atS_vag\/s2048\/ESCUDO+DE+ARMAS+DO+PAZO+DE+GUIMAR%25C3%2581N+E+ESCUDOS+DA+IGREXA+DE+VILASEL%25C3%2581N+3.jpg\" \/><br \/>\n<\/a><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi27EzNa0ZndQPFXpHgDe_ZjHT_CMtX0gXT8Bht8UOABXGyH-QFtqthyYoKOJ3ujmBKalhmtHmmqnsPHnmLaqaSJsFwe1MH1uHwiWII7Eb9bxDcL53PPRg-YqQ_tG3M6B2gzJMB2A\/s2048\/ESCUDO+DE+ARMAS+DO+PAZO+DE+GUIMAR%25C3%2581N+E+ESCUDOS+DA+IGREXA+DE+VILASEL%25C3%2581N+4.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi27EzNa0ZndQPFXpHgDe_ZjHT_CMtX0gXT8Bht8UOABXGyH-QFtqthyYoKOJ3ujmBKalhmtHmmqnsPHnmLaqaSJsFwe1MH1uHwiWII7Eb9bxDcL53PPRg-YqQ_tG3M6B2gzJMB2A\/s2048\/ESCUDO+DE+ARMAS+DO+PAZO+DE+GUIMAR%25C3%2581N+E+ESCUDOS+DA+IGREXA+DE+VILASEL%25C3%2581N+4.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Segundo entramos na Igrexa de Vilasel\u00e1n pola porta lateral de entrada, encontramos de fronte o retablo da Virxe das Dores, policromado en fondos azuis, morados e con m\u00faltiples molduras douradas, en cuxo centro se atopa a talla vestida da Virxe Dolorosa entre d\u00faas columnas barrocas. Arriba un Cristo Crucificado do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XVIII\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">s\u00e9culo XVIII<\/a>, surmontado por unha gran concha de vieira. Detr\u00e1s do Cristo Crucificado hai un fresco con fondo azul que representa, con gran profusi\u00f3n de edificios, a paisaxe dunha cidade que non reco\u00f1ecemos, pero segundo nos di a nosa historiadora ribadense D\u00aa Celia Castro, posiblemente sexa a representaci\u00f3n idealizada da &#8220;Xerusal\u00e9n Celeste&#8221;, que \u00e9 o que se sole po\u00f1er sempre detr\u00e1s dos Crucificados pois a\u00ednda que as casas reproduzan unha cidade real, esta non se corresponde con ningunha concreta. \u00c9 unha receita que normalmente se repite no arte, e da que podemos ver outro exemplo, detr\u00e1s do Cristo Crucificado do retablo do Altar Maior da Igrexa Parroquial de Sta. Mar\u00eda do Campo de Ribadeo. Sobre o propio altar, \u00f3 centro da predela do retablo, est\u00e1 o sagrario, e a ambos extremos atopamos dous \u201cmedall\u00f3ns\u201d coa lenda que alude a doaz\u00f3n aportada para facelo. \u00c1 esquerda, segundo se mira: \u201cESTE RETABLO MANDO HACER I PINTAR A SU COSTA I VOCACI\u00d3N D. BERNARDO RODRIGUEZ ARANGO Y MON\u201d, e \u00e1 dereita: \u201cY D\u00aa BERNARDA LUISA GONZALEZ SU MUJER VECINOS DE ESTA PARROQUIA\u201d.<\/p>\n<p>No centro do templo, hai outros dous retablos laterais. Segundo miramos \u00f3 altar maior, en cuxo centro se encontra a imaxe vestida da Virxe de Vilasel\u00e1n, no lateral esquerdo est\u00e1 o retablo de Nosa Se\u00f1ora da Inmaculada Concepci\u00f3n, timbrado polo Escudo Brasonado do Pazo de Guimar\u00e1n, que pertenc\u00eda D. Bernardo Rodr\u00edguez Arango y Mon. No lateral dereito, est\u00e1 o retablo da Nosa Se\u00f1ora do Rosario, en cuxa parte superior hai un San Francisco e sobre el atopamos outro escudo coas Armas do Pazo de Guimar\u00e1n, de id\u00e9nticas caracter\u00edsticas as do retablo esquerdo (Vilasel\u00e1n, Aproximaci\u00f3n Hist\u00f3rica, D. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jos%C3%A9_Mar%C3%ADa_Rodr%C3%ADguez_D%C3%ADaz\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez D\u00edaz<\/a>, p\u00e1x.72)<\/p>\n<p>Estes elegantes Escudos de Armas (foto 3) son de estilo espa\u00f1ol, feitos en madeira policromada, que pertence o patronazgo da Casa de Guimar\u00e1n, quen doou os tres retablos laterais do templo. \u00c1mbolos dous escudos est\u00e1n timbrados con celada de fidalgo antigo mirando \u00e1 destra, un almete ou casco cerrado do s\u00e9culo XVII, v\u00e9ndoselles tres grilletas da visera e burelete encristado. Os cascos, de cor cinabrio escuro, te\u00f1en feitura moi esf\u00e9rica e pulida que parecen indicar que son de aceiro templado, e est\u00e1n adornados con molduras a modo de lambrequines curtos. A \u00e1mbolos dous lados, levan soportes conformados por volutas de follas de acanto que alcanzan ata ambos cant\u00f3ns do xefe.<\/p>\n<p>A Capela do Pazo de Guimar\u00e1n est\u00e1 dedicada a Virxe do Rosario de Chiquinquir\u00e1 e a San Bernardo. Foi constru\u00edda no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1740\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1740<\/a> por D. Bernardo Rodr\u00edguez Arango y Mon, e convertida en Oratorio privado en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1790\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1790<\/a>, mediante un Breve Pontificio do Papa P\u00edo VI a D. Ram\u00f3n Mar\u00eda de Miranda y Mon e a s\u00faa muller D\u00aa Mar\u00eda Josefa de Arango y Saco, que viv\u00eda con s\u00faa nai D\u00aa Lu\u00edsa Saco y Abraldes, vi\u00fava de D. Bernardo Felipe Rodr\u00edguez de Arango y Mon, fillo de D. Bernardo Rodr\u00edguez Arango y Mon, fundador do Pazo de Guimar\u00e1n, e de D\u00aa Bernarda Luisa.<\/p>\n<p>A fundaci\u00f3n de Vilasel\u00e1n f\u00edxose cumprindo os desexos do t\u00edo do fundador por li\u00f1a materna, D. Jos\u00e9 Fern\u00e1ndez de Murias y Mon, da Casa dos Fern\u00e1ndez Murias e Mon de Vilanova dos Oscos. D. Jos\u00e9 morreu solteiro en C\u00e1diz (6-Febreiro-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1769\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1769<\/a>) e deixou como herdeiro universal o seu sobri\u00f1o D. Bernardo Rodr\u00edguez de Arango y Mon a quen lle correspondeu unha importante fortuna que ti\u00f1a en C\u00e1diz e en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Quito\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">San Francisco de Quito<\/a> (Ecuador) (Vilasel\u00e1n, Aproximaci\u00f3n Hist\u00f3rica, <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Jos%C3%A9_Mar%C3%ADa_Rodr%C3%ADguez_D%C3%ADaz\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez D\u00edaz<\/a>, p\u00e1x. 100-101).<\/p>\n<p>D. Bernardo emigrara a Per\u00fa de onde regresou rico. Era co\u00f1ecido en Ribadeo como D. Bernardo \u201cO Indiano\u201d, posiblemente o primeiro Indiano de Ribadeo, e foi nomeado Alcalde de Honra de Ribadeo. Os Rodr\u00edguez Arango quixeron despachar contas en C\u00e1diz en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1773\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1773<\/a>, e foinas liquidar con plenos poderes o mordomo da Casa de Guimar\u00e1n, D. Antonio Raimundo Iba\u00f1ez. C\u00f3s 12 000 pesos das rendas gaditanas, que cobrou D. Raimundo, comprou unhas partidas de aceite de oliva que transportou en barco en \u00e1nforas de arxila ata Ribadeo, onde a\u00ednda se conserva unha \u00e1nfora daquelas no patio de Guimar\u00e1n. Coas ganancias obtidas pola venta do aceite en Ribadeo, Iba\u00f1ez, que parece ser ga\u00f1ou 12 000 pesos pois dobrou o capital invertido, empezou a labrarse a fortuna do futuro Marqu\u00e9s de Sargadelos&#8230; \u00a1Pero esa \u00e9 outra historia!<\/p>\n<p>Quero desde aqu\u00ed, darlle as m\u00e1is expresivas grazas a D\u00aa Mar\u00eda Jos\u00e9 Su\u00e1rez Garc\u00eda de Paredes, que tan amablemente dedicou toda unha tarde, a mostrarme os escudos, tapices e o precioso Pazo de Guimar\u00e1n, e que tan profusamente me comentou algunha das s\u00faas lendarias historias, igualmente estender o agradecemento a D. Federico Garc\u00eda de Paredes Moro quen me mostrou e me deixou copiar as Armas e parte da literatura da C\u00e9dula de Certificaci\u00f3n de Fidalgu\u00eda de D. Bernardo Rodr\u00edguez Arango, todas elas foron conversas e notas fundamentais que me serviron de base documental para este traballo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este magn\u00edfico Escudo de Armas do Pazo de Guimar\u00e1n (foto 1, supra), est\u00e1 formado por unha pedra armeira central, rodeada de catro pedras de canter\u00eda totalmente talladas que conforman un espectacular conxunto. Est\u00e1 timbrado cun casco de fidalgo antigo con seis plumas, que segundo o Escudo da C\u00e9dula de Certificaci\u00f3n de Fidalgu\u00eda, Nobreza e Armas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5783","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5783","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5783"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5783\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5783"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5783"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5783"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}