{"id":5772,"date":"2017-07-25T11:08:00","date_gmt":"2017-07-25T09:08:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:35:37","modified_gmt":"2024-11-12T12:35:37","slug":"25-x-chamalle-x-e-despexa-incognita","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/07\/25\/25-x-chamalle-x-e-despexa-incognita\/","title":{"rendered":"25 X: ch\u00e1malle x (e despexa a inc\u00f3gnita)"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>D\u00eda de Galicia. D\u00eda da Patria Galega. D\u00eda de Santiago&#8230; e algunha celebraci\u00f3n atribu\u00edble m\u00e1is fan que o significado do 25 de xullo sexa m\u00faltiple. Algo b\u00f3, mentres se te\u00f1a clara a convivencia e o com\u00fan.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Calquera que rastrexe no blog poder\u00e1 atopar que <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=d%C3%ADa+da+Patria+galega\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">as rese\u00f1as do 25 de xullo van asociadas \u00f3 D\u00eda da Patria Galega<\/a>. Mais non deixo de ser consciente de que ese sentimento \u00e9 meu, manifest\u00e1ndose diferentes sentimentos en diferentes persoas. Mesmo en persoas que se apuntar\u00edan \u00e1s mesmas verbas de t\u00edtulo de definici\u00f3n, neste caso, d\u00eda da Patria Galega, o significado pode ser abondo diferente.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Onte, na rede social Facebook, no muro persoal do alcalde de Ribadeo, vin o bando do d\u00eda da Patria Galega correspondente a este ano. Para min \u00e9 sorprendente que a estas alturas non este\u00f1a a\u00ednda na web do concello: como se pode ver en baixo, ten sinatura electr\u00f3nica e \u00e9 algo institucional, non persoal.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgXkJ5nk6WDTeSZ0sysgDKchPf1nLvHZDwmWg9fNiODs7FkZse3bSOCmWam-tQWiqhT8VVMLWNgCFcQD_DTbWb5i4khSk_Xo6BgtarVvPY-693C78Ws6pcvshG13wB4kf6qJXWDjQ\/s2048\/20170724+bando+d%25C3%25ADa+da+Patria+Galega.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgXkJ5nk6WDTeSZ0sysgDKchPf1nLvHZDwmWg9fNiODs7FkZse3bSOCmWam-tQWiqhT8VVMLWNgCFcQD_DTbWb5i4khSk_Xo6BgtarVvPY-693C78Ws6pcvshG13wB4kf6qJXWDjQ\/s2048\/20170724+bando+d%25C3%25ADa+da+Patria+Galega.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Quiz\u00e1is foi iso, que entendo unha contradici\u00f3n, o que me levou a botarlle unha ollada m\u00e1is detidamente. Sempre comezo por sorprenderme de que o logotipo usado sexa algo que comezou como logotipo dun chiringuito do concello con quefacer tur\u00edstico, e non o escudo de Ribadeo. Mentres, noutras ocasi\u00f3ns, unha imaxe ou reproduci\u00f3n das Catedrais, ou a\u00ednda m\u00e1is com\u00fan, do faro da illa Pancha (hai un par de d\u00edas no trofeo anual de f\u00fatbol, sen ir m\u00e1is lonxe), s\u00edmbolo de Ribadeo por riba da preciosa Torre dos irm\u00e1ns Moreno, son a representaci\u00f3n do aquel ribadense. Mentres, a estrela estereotipada tomada prestada do escudo parece indicar que Ribadeo \u00e9 un pobo con estrela, e non outra cousa cun significado ligado \u00f3 pasado ou \u00f3 destino do pobo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Comeza traendo a colaci\u00f3n verbas de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Alfonso_Daniel_Rodr%C3%ADguez_Castelao\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Castelao<\/a> que sinalan o 25 de xullo como &#8216;festa de todo o noso pobo&#8217;. Coido que identificar pobo con terra pode ter o seu aquel, mais facelo con patria xa \u00e9 m\u00e1is complicado. Polo medio, o par\u00e1grafo identif\u00edcao con &#8216;pa\u00eds&#8217;. Con todo, quen quera facer unha aproximaci\u00f3n maior, pode consultar por exemplo un estudo de Santiago Sanjurjo sobre identidade e pol\u00edtica en Castelao a traverso de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=Cortez%C3%B3n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Cortez\u00f3n<\/a> que <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/02\/identidade-e-politica-na-tetraloxia.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">rese\u00f1ei hai pouco no blog<\/a>. <\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A orixe da significaci\u00f3n deste d\u00eda nos anos 20 do s\u00e9culo pasado non restar\u00eda definici\u00f3n \u00f3 significado. Se acaso, o que lle restar\u00eda ser\u00eda historia, e con case cen anos, se a idea \u00e9 potente, debera abondar. A identidade colectiva citada coido que si vai abondo m\u00e1is al\u00f3 na historia, a\u00ednda que se poda misturar, mellor, poda ter compo\u00f1entes, doutras identidades, a diferentes niveis simb\u00f3licos, de tama\u00f1o ou de nivel de pertenza.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No par\u00e1grafo seguinte, a festa pasa a trascender o s\u00edmbolo para converterse en veh\u00edculo de reivindicaci\u00f3n. Ent\u00e9ndoo e as\u00famoo. E ap\u00f3ioo, mais non por iso deixa de ser un utilitarismo vehicular do que debemos ser conscientes. Sobre o orgullo a traverso da procura de futuro, non vou dicir nada, atrag\u00e1ntanseme as sucesivas oleadas migratorias.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En canto \u00f3s obxectivos do par\u00e1grafo seguinte, as\u00famoos, mais non deixan de ser verbas que poden baleirarse no discurso pol\u00edtico en menos do que dura iso, un discurso. E a\u00ednda as\u00ed, esa asunci\u00f3n e reco\u00f1ecmento de fume non deixa de descubrir as eivas, como o coidado da nosa terra, protex\u00e9ndoa e non deixando \u00f3 asalto da cobiza e propiedade os nosos tesouros; a concilaci\u00f3n ata onde sexa posible dos motores produtivos co mantemento do equilibrio ecol\u00f3xico, e, caso de non ser posible, o establecemento da primac\u00eda deste \u00faltimo como garante dun futuro; ou o conxugar o comezo e o final do par\u00e1grafo, xustiza e liberdade, con apoio substanciado para que ambas sexan efectivas.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E, por suposto, Galicia, e o mundo, son unha obra colectiva que necesita de todos. Por iso, o desenvolvemento da participaci\u00f3n cidad\u00e1 non estar\u00eda de m\u00e1is.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Reco\u00f1ezo que un folio non d\u00e1 para moito, e unha arenga como o bando vese limitado por ese impedimento de espazo sobre o papel. De seguro, de telo feito eu, cometer\u00eda un n\u00famero semellante de incidencias obxetables. E por iso, nese caso, gustar\u00edame que a xente o desmenuzara para chegar un pouco m\u00e1is al\u00f3, cada quen e en conxunto, para ben de todos. As\u00ed, pola tarde, cando a banda inunde de sentemento o espazo \u00f3 seu arredor, poder\u00edamos ser m\u00e1is conscientes e entr5e outras cousas, tam\u00e9n desfrutar m\u00e1is desta Galicia que temos.<\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;D\u00eda de Galicia. D\u00eda da Patria Galega. D\u00eda de Santiago&#8230; e algunha celebraci\u00f3n atribu\u00edble m\u00e1is fan que o significado do 25 de xullo sexa m\u00faltiple. Algo b\u00f3, mentres se te\u00f1a clara a convivencia e o com\u00fan. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Calquera que rastrexe no blog poder\u00e1 atopar que as rese\u00f1as do 25 de xullo van asociadas \u00f3 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,78,82,9,58],"class_list":["post-5772","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-participacion","tag-santiago-sanjurjo","tag-sociedade","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5772","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5772"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5772\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5772"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5772"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5772"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}