{"id":5760,"date":"2017-08-17T05:37:00","date_gmt":"2017-08-17T03:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:35:11","modified_gmt":"2024-11-12T12:35:11","slug":"escudo-de-armas-do-pazo-torre-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/08\/17\/escudo-de-armas-do-pazo-torre-de\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE ARMAS DO PAZO-TORRE DE CEDOFEITA. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEihlQP9D2n4nIZyhyphenhyphenHx-ipuXEkwH8xuzhwa94UbJVmrGDWhDbwpdJRoz8fOt_cMuloWpu4ldPJQ9zl57NlT33SwbdYhh9FslyCH7a8kgMKgjwcbg8dbXifkD4wDnobbwbJmkP0eyA\/s2048\/Pazo-torre+de+Cedofeita+1.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEihlQP9D2n4nIZyhyphenhyphenHx-ipuXEkwH8xuzhwa94UbJVmrGDWhDbwpdJRoz8fOt_cMuloWpu4ldPJQ9zl57NlT33SwbdYhh9FslyCH7a8kgMKgjwcbg8dbXifkD4wDnobbwbJmkP0eyA\/s2048\/Pazo-torre+de+Cedofeita+1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Este Escudo de Armas espa\u00f1ol en punta (foto 1) cuxa forma aparece en Galiza a primeiros do s\u00e9culo XVI (O Libro da Her\u00e1ldica Galega, D. Luciano Fari\u00f1a Couto, Fundaci\u00f3n Barri\u00e9 de la Maza, 2001, p\u00e1x.29), est\u00e1 tallado en madeira escura e colocado nun espazo rebaixado do paramento da Torre do Pazo, na fachada principal Sur ou do mediod\u00eda, na parte media, cara \u00e1 dereita segundo se mira. \u00c9 un escudo partido, que presenta na primeira partici\u00f3n, unha torre donxonada (unha torre sobre doutra) cun brazo armado empu\u00f1ando unha espada n\u00faa (desenvai\u00f1ada) que sae do homenaxe (torre superior) e que apunta \u00e1 sinistra. Este brazo empu\u00f1ando unha espada sa\u00edndo do ameado, ou dunha fiestra ou do port\u00f3n dunha torre, at\u00f3pase en bras\u00f3ns de varios li\u00f1axes de Galiza: CID (sa\u00edndo do port\u00f3n); INCLAN (sa\u00edndo dunha fiestra); PARDI\u00d1AS (sa\u00edndo do ameado); RIESTRA (sa\u00edndo do ameado); ROUCO (sa\u00edndo do port\u00f3n); e tam\u00e9n aparece como parte dun dos bras\u00f3ns dos HERN\u00c1NDEZ de Castela.<\/p>\n<p>&nbsp;A segunda partici\u00f3n est\u00e1 cuartelada en cruz:<\/p>\n<p>1\u00ba cuartel) Un le\u00f3n rampante mirando a destra.<\/p>\n<p>2\u00ba cuartel) Cinco roeis ou cinco bezantes en sotuer (en aspa): dous en xefe, un central e dous en punta.<\/p>\n<p>3\u00ba cuartel) Cinco roeis ou cinco bezantes igual dispostos que os do segundo cuartel (Nota: os bezantes e os roeis son figuras circulares que se distinguen en que os bezantes sempre son de metal: ouro ou prata, e os roeis son de cor: gules, sinople, azur, p\u00farpura ou sable).<\/p>\n<p>4\u00ba cuartel) Un le\u00f3n rampante mirando a destra, m\u00e1is pequeni\u00f1o, pero de igual disposici\u00f3n que o do primeiro cuartel.<\/p>\n<p>Parecen Armas de QUIND\u00d3S (1\u00ba e 4\u00ba, en campo de ouro un le\u00f3n rampante de gules; 2\u00ba e 3\u00ba, en campo de gules \u201coito\u201d bezantes de prata colocados en dous paos de catro; neste bras\u00f3n, cinco en aspa).<br \/>\nEst\u00e1 timbrado cunha celada mirando a destra de fidalgo de tres li\u00f1as paternas e maternas (viseira levantada ensinando tres grilletas) e surmontada dun burelete adornado de seis plumas. Os adornos laterais da celada, as\u00ed como, os dos flancos do escudo, consisten en volutas elegantemente talladas, e en punta, sostido por unha concha de vieira (de posible referencia \u00f3 Cami\u00f1o de Santiago)<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjy5ofz9fh9on3aiHNRxkBj79XrhUZloJMVk9rcIM0BzIlZeRyv_9QW62EXb61jpGAE2vCWbia4MdvfZFepOxFstqpQYfM6VJ8CJZhe2S3_OpYsF6Doe5wmMfI4Kgj9sQ5wc8ki8Q\/s2048\/Pazo-torre+de+Cedofeita+2.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjy5ofz9fh9on3aiHNRxkBj79XrhUZloJMVk9rcIM0BzIlZeRyv_9QW62EXb61jpGAE2vCWbia4MdvfZFepOxFstqpQYfM6VJ8CJZhe2S3_OpYsF6Doe5wmMfI4Kgj9sQ5wc8ki8Q\/s2048\/Pazo-torre+de+Cedofeita+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>\u00c1 fachada Sur do Pazo-Torre (tam\u00e9n co\u00f1ecido en Cedofeita como a Casa Grande) acc\u00e9dese desde o exterior por un port\u00f3n con grosa porta reforzada con cravos, que da a un patio interior de servizo \u00e1 Torre, e a unha \u00edntima e sinxela capela particular, onde se atopa no centro do retablo a imaxe da Virxe de Nosa Se\u00f1ora da Soedade da s\u00faa devoci\u00f3n, vestida cun manto de veludo negro, dentro dun fornelo acristalado rodeado de anxos e rematado na parte superior por un escudo perfilado de ouro (foto 2 arriba) timbrado con coroa real e brasonado en campo de azur coas Armas de Santa Mar\u00eda: no centro o anagrama de Mar\u00eda (letras MA entrelazadas) en gules, entre os s\u00edmbolos da Paix\u00f3n: en xefe, a coroa de espi\u00f1as en sinople, e en punta, os tres cravos da crucifixi\u00f3n de Xes\u00fas en gules, colocados, un central en pao \u00f3 que se unen inclinados por ambos lados os outros dous, toc\u00e1ndose coas puntas. \u00c1 esquerda do altar hai a imaxe dun Ecce Homo nun cadro en alto relevo e unha imaxe enteira da Virxe do Carme. Na meseta do propio altar, unha taboi\u00f1a escrita (foto 2 abaixo) recorda a concesi\u00f3n que: \u201cEl Ilmo. Sr. D. Francisco Cuadrillero y la Mora del Consexo de S.M. Obispo y Sr. de la Ziudad de Mondo\u00f1edo, conzedi\u00f3 quarenta d\u00edas de induljenzia, a todas las personas que rrezaren una Salbe delante de esta Sant\u00edsima Himajen de Nuestra Sra. de la Soledad, A\u00f1o de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1785\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1785<\/a>\u201d.<\/p>\n<p>A situaci\u00f3n do Escudo de Armas na fachada, nesa ampla cavidade feita \u00e1 posta no muro, e que o material utilizado para constru\u00edlo sexa madeira, parece darnos a entender que todo est\u00e1 preparado e pensado para que o escudo de madeira fora aloxado al\u00ed, por un per\u00edodo de tempo relativamente corto, resgardado da choiva torrencial e da inclemencia do tempo, antes de ser cambiado por un escudo de pedra. Estas caracter\u00edsticas te\u00f1en unha lectura moi peculiar que vamos explicar facendo un pequeno resumo dunha lecci\u00f3n desenrolada polo Bar\u00f3n de Cobos de Belchite.<\/p>\n<p>Por un lado, explica o Bar\u00f3n de Cobos, un escudo her\u00e1ldico, non \u00e9 proba de nobreza do li\u00f1axe que presenta, non embargante, por costume, un Escudo de Armas sempre \u00e9 signo de Nobreza. E se un escudo, tallado en pedra de canter\u00eda, ornamenta a fachada dunha casona ou dun pazo \u00bfQuen \u00e9 capaz de crer que os seus antigos moradores, non eran fidalgos co\u00f1ecidos, incluso con certo anhelo de arrogancia que exteriorizaban no seu escudo? \u00bfComo se pode admitir, que en pequenos pobos (como Cedofeita, neste caso) o Estado Nobre (os fidalgos locais), e a\u00ednda a clase plebea, lle permitiran a un intruso calquera colocar un Escudo de Armas, insultante para moitos fidalgos, que si ti\u00f1an dereito a colocalo e, que por motivos de dificultade econ\u00f3mica non o fac\u00edan, e estaban empadroados no Estado Llano en vez de no Estado Nobre?. Por esta sinxela raz\u00f3n, t\u00f3dalas pedras armeiras anteriores a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1830\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1830<\/a>, poden considerarse proba secundaria ou complementaria de Nobreza.<\/p>\n<p>Por outro lado, moitas veces os interesados en demostrar a s\u00faa nobreza, cando \u00f3 seu dereito lle convi\u00f1a, po\u00f1\u00edan na s\u00faa casa un escudo de madeira, con car\u00e1cter provisional, e entonces proced\u00edase \u00e1 denuncia por \u201cposesi\u00f3n il\u00edcita de Escudo de Armas\u201d do Fiscal ante a Corte, por delito e indicio de infracci\u00f3n criminal das leis do Reino. Ent\u00f3n, a parte denunciada presentaba a proba ou probas documentais e testemu\u00f1ais, remitindo as posesorias de Fidalgu\u00eda por actos distintivos de baron\u00eda, tales como: cargos privativos dos Nobres nos Municipios onde hab\u00eda distinci\u00f3n de Estados, reputaci\u00f3n, nome e emprego distinguidos, exenci\u00f3n de alcabalas, goces de veci\u00f1anza, etc, e con elas a inspecci\u00f3n ocular do solar co\u00f1ecido e notorio dos Fidalgos, xa de sangue, xa de privilexio, bras\u00f3ns antigos, etc. A toda esta documentaci\u00f3n, contrapo\u00f1\u00edase a aportada pola parte contraditoria, e \u00e1 s\u00faa vista, dit\u00e1base Sentencia baixo as reservas ordinarias dos xu\u00edzos de propiedade plenaria. A Sentencia pasaba de ser, cousa xulgada, para sentar Executoria, posto que este Tribunal que xulgaba era Supremo e as s\u00faas decisi\u00f3ns eran firmes e inapelables. Chegados a este momento, os fidalgos, eran absoltos da \u201cdenuncia de Escudo de Armas ilex\u00edtimo\u201d, e xa pod\u00edan usalo con plena liberdade, esculp\u00edndoo en pedra nas s\u00faas casas ou pazos e ostent\u00e1ndoo publicamente en sepulturas, carruaxes, selos, tapices e alfaias (Apuntes de Nobiliaria y Nociones de Genealog\u00eda y Her\u00e1ldica, Curso de Grado, Instituto Lu\u00eds de Salazar y Castro \u2013C.S.I.C.- Madrid 1960, Tema XII desenrolado polo Bar\u00f3n de Cobos de Belchite, p\u00e1x. 188-189).<\/p>\n<p>\u00bfQue pasou para que os moradores do Pazo de Cedofeita non cambiaran o material do Escudo de Armas de madeira para pedra? Parece ser que o escudo, \u201cfoi posto al\u00ed por D. Diego Pertierra, e que antes puido estar nunha dependencia da fortaleza\u201d (Fortalezas de Lugo y su Provincia, D. Manuel V\u00e1zquez Seijas, Tomo IV, p\u00e1x. 92, Museo Provincial de Lugo, 1967)<\/p>\n<p>Sabemos (ibidem, p\u00e1x. 83 e Tomo III, p\u00e1x. 88) que en 1202 o bispo mindoniense D. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Cebeira\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Paio de Cebeyra<\/a>, cuxa s\u00e9 bispal estaba establecida en Ribadeo, fixo unha permuta co rei Afonso IX, na que este lle deu todo o coto de Villaronte e o castelo de Portela a cambio do de Folgoso e das Terras de Ribadeo onde se comprend\u00eda o Coto de Cedofeita, Covelas, As Anzas, Vilela, Casal de Mon, Fuleir\u00f3s e Pagadi, o coto de Sta. Eulalia da Devesa, Vilamariz, Cinxe, Pi\u00f1eira e Vilasel\u00e1n entre outras herdades (ibidem, Tomo III, p\u00e1x.88) (<em>Nota: todas estas posesi\u00f3ns entregoullas o rei D. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_IX\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Afonso IX<\/a> aos cidad\u00e1ns e poboaci\u00f3n de Ribadeo, reservando soamente para o bispado as primicias e diezmos, de tal forma que \u00f3 Concello de Ribadeo, xamais lle estivese permitido vender, pignorar -empe\u00f1ar ou dar en prenda- conmutar, ou dar de outro modo as mencionadas herdades, a ningunha orde ou relixi\u00f3n, a non ser \u00e1 s\u00e9 ou \u00f3 bispo de Mondo\u00f1edo, nin tampouco \u00f3 bispo nin a igrexa, se lles permit\u00eda conceder encomenda, a non ser \u00e1 propia s\u00e9 ou o Concello de Ribadeo&#8230;<\/em>) (ibidem Tomo III, p\u00e1x.88-89)<br \/>\n\u00bfEstar\u00e1 a\u00ednda vixente esta disposici\u00f3n de D. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_IX\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Afonso IX<\/a>, de que \u00f3 Concello de Ribadeo: \u201cxamais lle estivese permitido vender, empe\u00f1ar, conmutar ou dar a outro&#8230;\u201d o concernente \u00e1 explotaci\u00f3n da pequena herdade da Illa Pancha?<\/p>\n<p>Os antecesores da li\u00f1axe dos Cedofeita, rem\u00f3ntanse a D. Pedro de Cedofeita, abade do Mosteiro de Lourenz\u00e1, desde <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1430\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1430<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1462\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1462<\/a>. D. \u00c1lvaro de Cedofeita, sobri\u00f1o de D. Pedro que foi o seu sucesor, e que a gobernou ata <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1471\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1471<\/a>. En <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1535\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1535<\/a> era dona do coto de Cedofeita, D\u00aa Blanca RIBADENEIRA E PIMENTEL, muller de D. Antonio de TOVAR, se\u00f1or do pazo f<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Pazo_de_Tovar\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ortaleza de Tovar<\/a> en Canedo (Santo Tom\u00e9 de Lourenz\u00e1) e xentil home do rei Carlos I. S\u00faa filla D\u00aa Brianda, casou con D. Fern\u00e1n P\u00c9REZ DE SEIXAS, se\u00f1or da fortaleza de San Paio de Narla. Logo o Coto pasou a mans de D. Afonso ORDO\u00d1EZ DE SEIXAS, e m\u00e1is tarde, \u00e1 li\u00f1axe dos POUSADA de Mondo\u00f1edo. Un sacerdote desta familia viv\u00eda cunha sobri\u00f1a e cun servinte chamado D. Diego PERTIERRA, quen se casou con ela a desgusto do t\u00edo. D. Diego era do Franco, Asturias, e quedoulle o Coto de Cedofeita pola herdanza da s\u00faa muller. Tiveron varios fillos, e un deles casouse cunha se\u00f1ora da familia GUZMAN, posiblemente da li\u00f1axe de San Mart\u00edn dos Oscos.<\/p>\n<p>Segundo Real Carta Executoria de 6-Febreiro- <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1738\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1738<\/a>, D. Domingo Antonio Garc\u00eda Pertierra, veci\u00f1o de Cedofeita, orixinario de S. Pedro de And\u00e9s, Concello de Navia, presentou amparo de nobreza na Real Chanciller\u00eda de Valladolid, facendo constar que seu pai D. Manuel Garc\u00eda da \u00c1spera, casado con D\u00aa Dominga Alonso P\u00e9rez, era Fidalgo Notorio de Sangue, igual que o fora seu av\u00f3 D. Domingo Garc\u00eda de Santamarina, casado con D\u00aa Teresa \u00c1lvarez, e m\u00e1is ascendentes por li\u00f1a recta de var\u00f3n que vivir\u00e1n na citada feligres\u00eda de S. Pedro de And\u00e9s. Non obstante, aqueles Homes-Bos, non lle quixeron dar o Estado de Nobreza por haberse pasado a vivir a Cedofeita. D. Domingo suplic\u00e1balles servisen despachar Real Provisi\u00f3n para que o Consello de Homes-Bos de Cedofeita, lle reco\u00f1ecesen a nobreza que lle correspond\u00eda. Os Alcaldes dos Fidalgos, despach\u00e1ronlle Real Provisi\u00f3n: \u201c&#8230;que era p\u00fablico e notorio que estaban nos listados de fidalgos, os tales ascendentes, na parroquia de San Pedro de And\u00e9s: D. Pedro GARC\u00cdA PERTIERRA en 1668, 1674, 1680, 1686, 1692 (<em>Nota: os Padr\u00f3ns de Nobres, fac\u00edanse cada sesenio ou setenio<\/em>); D. Domingo Garc\u00eda Pertierra en 1704, 1710; D. Domingo GARCIA SANTAMARINA e seu irm\u00e1n D. Antonio 1717, 1722; Manuel Garc\u00eda 1731, 1737 e D. Domingo Garc\u00eda. O 10-Novembro-1778 figura como veci\u00f1o do coto de Cedofeita D. Diego PERTIERRA E RUBI\u00d1OS. En 25-Decembro-1867 out\u00f3rganse partixas dos bens de D\u00aa Nicolasa CANCIO PERTIERRA vi\u00fava de D. Antonio GUZMAN E CANCIO, ao seu neto, inmediato sucesor, D. Ram\u00f3n GUZM\u00c1N E BERM\u00daDEZ.<\/p>\n<p>En 1955, eran donos do Pazo-Torre de Cedofeita, D. Antonio Guzm\u00e1n, que era Xu\u00edz na Fonsagrada, e estaba casado con s\u00faa prima D\u00aa Dominica Mart\u00ednez Guzm\u00e1n, a quen lle quedou o Pazo en usufruto \u00f3 quedar vi\u00fava. No ano 2000, era s\u00faa dona, D\u00aa Valentina Guzm\u00e1n Prieto, aveci\u00f1ada en Ribadeo, que o herdara de seu pai D. Federico Guzm\u00e1n, pois D. Antonio non tivo fillos e pasoulle a herdanza familiar \u00f3 seu irm\u00e1n.<\/p>\n<p>No Pazo de Cedofeita, a Torre non foi constru\u00edda para ser fortaleza, se non que foi levantada, como varias outras na Galiza, como s\u00edmbolo se\u00f1orial de poder\u00edo e grandeza. Recordando a aqueles antigos se\u00f1ores nobres, sabemos que os irm\u00e1ns fidalgos D. Juan \u201cO Novo\u201d e D. Gregorio de Cedofeita, sostiveron preitos de fidalgu\u00eda na Real Chanciller\u00eda de Valladolid, no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1538\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1538<\/a> (caixa 656,10) e no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1542\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1542<\/a> (caixa 143,4). Por isto, o Padre Crespo (Linajes y Blasones de Galicia, Volume II-p\u00e1x. 320) opina que D. Juan de Cedofeita \u201cO Vello\u201d obtivo a executoria dos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Reis_Cat%C3%B3licos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Reis Cat\u00f3licos<\/a>. Os se\u00f1ores do Pazo de Cedofeita chegaron a verse tan poderosos e aut\u00f3nomos no seu se\u00f1or\u00edo, que nos comezos do reinado de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Isabel_II_de_Espa%C3%B1a\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Sabela II<\/a> (reina <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1833\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1833<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1868\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1868<\/a>), xunt\u00e1ronse cos se\u00f1ores do Pazo de Quintalonga de Vilaosende, e c\u00f3s se\u00f1ores de Arante, Cubelas e Couxela, as\u00ed como, c\u00f3s veci\u00f1os das s\u00faas respectivas parroquias, e constitu\u00edronse en concello independente do de Ribadeo, titul\u00e1ndoo Concello de Cedofeita con s\u00e9 en Sante. A Xunta do Concello de Ribadeo tivo que terminar ameaz\u00e1ndoos con mandarlles as tropas que hab\u00eda en Ribadeo para que se disolveran, pero un ano m\u00e1is tarde, en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1864\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1864<\/a>, solicit\u00e1ronlle a s\u00faa pretensi\u00f3n directamente \u00e1 ra\u00ed\u00f1a Sabela II, quen por Decreto Real, suprimiu os Concellos de Cedofeita e de Reinante (Ribadeo Antigo, Francisco Lanza, p\u00e1x. 78). Cedofeita seguiu sendo do Concello de Ribadeo, e Reinante (San Miguel e Santiago) pasou a ser de Barreiros, pero&#8230; \u00a1esa \u00e9 outra historia!<\/p>\n<p>Desde aqu\u00ed darlle as m\u00e1is expresivas grazas \u00e1 actual dona do Pazo, D\u00aa Ana Su\u00e1rez Guzm\u00e1n, quen tivo a amabilidade e xentileza de pasarse unha tarde enteira ensin\u00e1ndome as particularidades da construci\u00f3n das diferentes estancias do pazo, das escaleiras da torre, da Capela e do grande e magn\u00edfico pombal da finca, as\u00ed mesmo, grazas por relatarme as historias e vicisitudes do tan vetusto Pazo-Torre de Cedofeita.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este Escudo de Armas espa\u00f1ol en punta (foto 1) cuxa forma aparece en Galiza a primeiros do s\u00e9culo XVI (O Libro da Her\u00e1ldica Galega, D. Luciano Fari\u00f1a Couto, Fundaci\u00f3n Barri\u00e9 de la Maza, 2001, p\u00e1x.29), est\u00e1 tallado en madeira escura e colocado nun espazo rebaixado do paramento da Torre do Pazo, na fachada principal Sur [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5760","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5760","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5760"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5760\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5760"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5760"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5760"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}