{"id":5745,"date":"2017-09-01T08:15:00","date_gmt":"2017-09-01T06:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:34:48","modified_gmt":"2024-11-12T12:34:48","slug":"escudo-eclesiastico-da-capela-de-san","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/01\/escudo-eclesiastico-da-capela-de-san\/","title":{"rendered":"ESCUDO ECLESI\u00c1STICO DA CAPELA DE SAN ROQUE DE RIBADEO. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiSxStZc8xVOoKWKWXoP20lyriFgxDDIaW-BH_6b6yttw8i4iu51Cn-1-bASbH7WPQkBr2AYDqQVWtMRycD837jr0DIhuXDVjRV1Sh7N1d05iZTsgcdIyCbx0I3IKh-Gvr2cAgRNg\/s2048\/escudo+de+armas+capela+de+San+Roque+Ribadeo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiSxStZc8xVOoKWKWXoP20lyriFgxDDIaW-BH_6b6yttw8i4iu51Cn-1-bASbH7WPQkBr2AYDqQVWtMRycD837jr0DIhuXDVjRV1Sh7N1d05iZTsgcdIyCbx0I3IKh-Gvr2cAgRNg\/s2048\/escudo+de+armas+capela+de+San+Roque+Ribadeo.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Este Escudo de Armas eclesi\u00e1stico, esta pintado sobre as t\u00e1boas frontais do altar maior da Capela de San Roque. \u00c9 un escudo ovalado perfilado de ouro, con soportes de ouro a modo de rolos de pergami\u00f1o, en \u00e1mbolos dous cant\u00f3ns do xefe. Est\u00e1 partido nun segundo \u00f3valo conc\u00e9ntrico ao primeiro, perfilado de gris azulado, que presenta: 1\u00aa partici\u00f3n) en campo de azur un crecente de ouro contornado e adestrado (unha l\u00faa de ouro en cuarto minguante segundo se mira, e \u00e1 dereita) con cara humana. Na 2\u00aa partici\u00f3n) en campo de azur, tres estrelas en pau (dous luceiros ou estrelas de oito puntas, un enriba e outro en baixo, dunha estrela central de seis puntas).<\/p>\n<p>Est\u00e1 timbrado por unha cruz trevolada (cuxas puntas terminan como follas de trevo), caracter\u00edstica que na Her\u00e1ldica Eclesi\u00e1stica se d\u00e1 no bras\u00f3n dos bispos. O bras\u00f3n est\u00e1 adornado en \u00e1mbolos dous flancos por unha grilanda de flores vermellas, e o conxunto, timbrado por un capelo violeta, do que penduran dous cord\u00f3ns negros que forman unha lasca (n\u00f3 mari\u00f1eiro) e cinco borlas douradas. A cor e o n\u00famero de borlas non se corresponden con ningunha dignidade eclesi\u00e1stica, posiblemente debido a unha mala interpretaci\u00f3n ou ao desco\u00f1ecemento da norma her\u00e1ldica, por parte do artista pintor, e que non foi corrixido polo mentor que fixo o encargo, pois ditos adornos corrixidos no n\u00famero e colocaci\u00f3n das borlas (debuxo infra), as\u00ed como, coa s\u00faa correspondente cor, tanto poden ser dos bispos, abades e prelados con xurisdici\u00f3n (capelo, cord\u00f3ns e borlas verdes), como de superiores relixiosos (capelo negro, cord\u00f3ns e borlas negras.<br \/>\nSeguramente dito mentor fora o can\u00f3nico D. Salvador MENENDEZ NAVIA E VILLAMIL que reedifica a capela polo ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1719\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1719<\/a> e deixa o patronazgo en herdanza aos seus sobri\u00f1os D. Jos\u00e9 Antonio de LAMAS Y MEN\u00c9NDEZ e a D. Jos\u00e9 Antonio VENTURA MEN\u00c9NDEZ (Ribadeo Antiguo, Francisco Lanza, p\u00e1x. 259). D. Salvador era tesoureiro da catedral de Mondo\u00f1edo, e estaba vinculado \u00f3 fundador D. Pedro N\u00da\u00d1EZ LAMAS e a s\u00faa muller D\u00aa Theresa RODRIGUEZ DE CORA<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh0ZLPhjeh8iRS9nlZBUv1lpTutDk3DcfQeJ5kKVqPqNZsbhZgRsoa7NjHuvcMoHw37oqBh0Yn4LV1mzeWmRci_EsvqV2ePk79muTXDmx20ER_eXEQjyGX3MOZZ-TP4NCjlIg0yFg\/s2048\/escudo+de+armas+capela+de+San+Roque+Ribadeo.+Detalle+explicativo.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh0ZLPhjeh8iRS9nlZBUv1lpTutDk3DcfQeJ5kKVqPqNZsbhZgRsoa7NjHuvcMoHw37oqBh0Yn4LV1mzeWmRci_EsvqV2ePk79muTXDmx20ER_eXEQjyGX3MOZZ-TP4NCjlIg0yFg\/s2048\/escudo+de+armas+capela+de+San+Roque+Ribadeo.+Detalle+explicativo.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Na parte inferior do escudo brasonado, pendura unha cadea de ouro cunha medalla, que a xulgar pola forma estilizada da figura pintada, parece un santi\u00f1o cun caxato que semella a imaxe de S. Roque.<\/p>\n<p>O bras\u00f3n parece con certeza dos LUACES, entroncados coa familia dos LAMAS, como xa vimos un semellante (foto infra), no \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/07\/escudo-da-capela-de-san-roque-francisco.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo da Capela de San Roque<\/a>\u201d (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 30-Xullo-2016). Este bras\u00f3n, por unha banda o describe frei Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo (Blasones y Linajes de Galicia, Volumen III, p\u00e1x.242), como da Casa de CAMARASA (secci\u00f3n Santiago, cartafol 1\u00ba, n\u00ba 45) c\u00f3 crecente adestrado e de ouro, segundo testemu\u00f1a de D. Juan de Arginagorta, escrib\u00e1n dunha informaci\u00f3n de fidalgu\u00eda correspondente \u00f3 se\u00f1or D. Juan OTERO de LUACES, dada na Real Chanciller\u00eda de Valladolid o 4-Abril-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1594\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1594<\/a>.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg8r7tUAFSS_VN6Fl7WReGJcDXJBSZkjQfw5GEG5r0LTscZF3BYfv67xYLK6y4kdKIJEzOTIy1dka4ISvgqrcbvJydjUe3Ear3b4e7wuVeKjSIP62vcEzlz2N3KUYCyZQ2W3HAPPQ\/s2048\/escudo+de+armas+capela+de+San+Roque+Ribadeo+2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg8r7tUAFSS_VN6Fl7WReGJcDXJBSZkjQfw5GEG5r0LTscZF3BYfv67xYLK6y4kdKIJEzOTIy1dka4ISvgqrcbvJydjUe3Ear3b4e7wuVeKjSIP62vcEzlz2N3KUYCyZQ2W3HAPPQ\/s2048\/escudo+de+armas+capela+de+San+Roque+Ribadeo+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Por outro lado, o bras\u00f3n completo, tam\u00e9n aparece nos LUACES BERM\u00daDEZ, segundo se pode ver no 4\u00ba cuartel do escudo alto do arcosolio do sepulcro do Capit\u00e1n D. Gonzalo de NEIRA Y LUACES BERMUDEZ DE CASTRO na igrexa de Santa Mar\u00eda do Cami\u00f1o de Santiago de Compostela (Her\u00e1ldica, Genealog\u00eda y Nobiliaria de Galicia, Tomo LVI, p\u00e1x. 298) (<em>Nota: un arcosolio, \u00e9 un arco, de canter\u00eda ou pedra, que cubre un sepulcro colocado nun nicho ou nun oco chamado \u201cl\u00f3culos\u201d, practicado nun muro<\/em>). Para ser exactamente igual a este \u00faltimo bras\u00f3n, ser\u00eda en campo de gules, e f\u00e1ltanlle d\u00faas estrelas: unha surmontando en xefe \u00f3 crecente contornado, e outra baixa, en punta. As outras tres estrelas en pau, est\u00e1n representadas tal e como est\u00e1n as de S. Roque de Ribadeo, e o bras\u00f3n est\u00e1 completando todo o campo, e non nun escudo partido, como o que est\u00e1 representado aqu\u00ed.<\/p>\n<p>Todas estas diferencias que detallamos, son minuciosidades descritivas, pero que vemos en multitude de ocasi\u00f3ns, en t\u00f3dolos bras\u00f3ns que se repiten, pois non solen estar feitos polas mans dun mesmo artista, e se nos referimos \u00e1s estrelas, estas poden ser en un n\u00famero maior ou menor, algunhas veces dependendo das brisuras (<em>Nota: a brisura \u00e9 un elemento distintivo que se coloca no franco cuartel ou cuartel superior destro, para diferenciar as ramas de cada familia. Te\u00f1en regras complicadas de entender recompiladas na Xurisprudencia Her\u00e1ldica, aprobada polo rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carlos_II_de_Espa%C3%B1a\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Carlos II<\/a> nun privilexio do 18-Xullo-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1669\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1669<\/a>. Por exemplo: se o primox\u00e9nito non ten brisura, o cuarto fillo engade unha estrela; si o primox\u00e9nito ten brisura dun crecente, o fillo terceiro pon unha estrela sobrecargada \u00f3 crecente; etc.<\/em>)<\/p>\n<p>Unha vez especificado todo isto que vamos co\u00f1ecendo, precisamos afianzar as teor\u00edas que nos xorden nos relatos, como describ\u00edamos no artigo, \u201cEscudo da Capela de San Roque\u201d, referido o escudo exterior da capela, no que o bras\u00f3n dos LUACES deb\u00eda de ser da Casa de Camarasa, por ter o crecente lixeiramente ranversado sobre cinco estrelas (foto supra). Hoxe sabendo algo m\u00e1is das relaci\u00f3ns familiares dos Escudos de Armas de Ribadeo, vamos a seguir outra pauta xeneal\u00f3xica que describe D. Jos\u00e9 Crespo del Pozo (ibidem, p\u00e1x. 242-243). <\/p>\n<p>Os LUACES da Casa de Mondo\u00f1edo, son descendentes D. Juan GARC\u00cdA DE LUACES a quen <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sancho_IV_de_Castela\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Sancho IV \u201cO Bravo\u201d<\/a> (rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1248\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1284<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1295\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1295<\/a>) lle deu privilexio de fidalgu\u00eda o 22-Maio-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1293\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1293<\/a>, por m\u00e9ritos na toma de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Tarifa\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Tarifa<\/a>. Seu descendente D. Juan de LUACES, da Casa de LABRADA, casou con D\u00aa Mar\u00eda YA\u00d1EZ e te\u00f1en por fillo a D. Diego de Luaces que casou con D\u00aa Mar\u00eda MAYOR ALONSO, veci\u00f1os de Labrada da Casa de OTERO. Seu fillo, que sigue a li\u00f1axe, D. GARCIA DE LUACES, foi rexedor de Mondo\u00f1edo no s\u00e9culo XVI, e casou con D\u00aa Aldara GOMEZ DE AGUIAR, tendo por fillo a D. Lu\u00eds de LUACES E LABRADA, se\u00f1or de Abad\u00edn e Lagoa dos Montes de Meda, rexedor de Mondo\u00f1edo no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1558\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1558<\/a>. Casou con D\u00aa Leonor de EST\u00daA E MIRANDA, e en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1581\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1581<\/a> crearon un v\u00ednculo moi importante na Casa de Mondo\u00f1edo e na torre e coto de Abad\u00edn. Te\u00f1en por fillo a D. \u00c1lvaro de LUACES ESTUA E LABRADA, que casou con D\u00aa Catarina NI\u00d1O DE CASTRO, e tiveron varios fillos, sendo o Capit\u00e1n D. Diego de LUACES EST\u00daA E LABRADA quen sigue a li\u00f1axe, casando con D\u00aa Beatriz DE BARRIENTOS Y CUETO (de Salamanca). Te\u00f1en por fillo a D. Jacinto de LUACES ESTUA E LABRADA que casou con D\u00aa Madalena DE CANCIO e tiveron por fillo, entre outros, a D. Lu\u00eds DE LUACES E SOMOZA, que casa en primeiras nupcias con D\u00aa Mariana de MONTENEGRO, filla de D. Antonio MONTENEGRO RIBADENEIRA, veci\u00f1o de Villalba; e en segundas nupcias con D\u00aa Mar\u00eda LUACES NAVARRO Y GANTE, filla de D. Antonio RAMOS e de D\u00aa Isabel NAVARRO GANTE, neta de D. Bartolom\u00e9 LUACES e de D\u00aa Teresa RAMOS DE VILLAR, de San Mamed de Fojos de Santiago de Compostela. D. Luis pelexou nas guerras de Portugal e fixo un primeiro testamento o 19-Novembro-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1665\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1665<\/a> e un segundo en o 17-Novembro de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1718\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1718<\/a>. Tivo por fillo con D\u00aa Mar\u00eda, a D. Francisco Antonio DE LUACES SOMOZA, que foi rexedor do partido xudicial de Mondo\u00f1edo, e casou con D\u00aa Josefa RON DE PRESNO, filla de D. Gaspar de PRESNO, e de D\u00aa Florencia PARDO BAAMONDE, veci\u00f1os de Ribadeo (ver artigo \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/05\/escudo-da-capela-da-virxe-de-lourdes-de.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo da Capela da Virxe de Lourdes<\/a>\u201d, tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 6-Maio-2017). D. Francisco e D\u00aa Josefa eran veci\u00f1os de Mondo\u00f1edo en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1773\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1773<\/a>, e tiveron por fillo, entre outros a D. Luis Jos\u00e9 de LUACES E SOMOZA, que foi alcalde Mondo\u00f1edo e casou en primeiras nupcias con D\u00aa Mar\u00eda Agustina BERMUDEZ E PARDI\u00d1AS, e tivo por filla a D\u00aa Mar\u00eda Josefa BERMUDEZ E LUACES, que casou con D. Juan Jacinto VARELA E GAYOSO. De segundas nupcias casou con D\u00aa Micaela de CANCIO, coa que tivo varios fillos, e dos que sigue a li\u00f1axe D. Manuel de LUACES que casou con D\u00aa Rafalea de PRESNO PARGA FUENTES Y DONLEB\u00daN. Te\u00f1en un fillo, herdeiro \u00fanico, D. Jos\u00e9 Mar\u00eda del Carmen LUACES Y PRESNO, aveci\u00f1ado en Mondo\u00f1edo, cabaleiro da Orde de Carlos III, entre outras moitas distinci\u00f3ns, dono das Casas de LUACES de Mondo\u00f1edo, da Torre de Abad\u00edn e Lagoa, e de t\u00f3dolos bens anexos. De s\u00faa nai, D\u00aa Rafaela, herda as casas solares de Ribadeo, que correspond\u00edan o v\u00ednculo dos PRESNO, e outra casa chamada da \u201cAduana\u201d fundada por D. Pedro GONZALEZ VILLAGORMAZ. Esta casa chamada da \u201cAduana\u201d, posiblemente sexa a antiga casa do noso recordado veci\u00f1o Manol\u00edn de Peruxo (ver \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/01\/casa-brasonada-da-rua-da-atalaia.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Casa Brasonada da R\u00faa da Atalaia<\/a>\u201d, tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 14-Xaneiro-2017) da que eu pensaba que era de VALLEDOR, pola similitude dos bras\u00f3ns da s\u00faa pedra armeira, pero nunha nota en facebook de Alberto Paraje, fillo do noso entra\u00f1able veci\u00f1o Juan Carlos Paraje Manso, dec\u00e1tame de que esa casa da R\u00faa da Atalaia era de: \u201cD. Pedro Gonz\u00e1lez de VILLAGORMAZ, por un documento que el co\u00f1ece do ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1631\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1631<\/a>, e onde o dito edificio se co\u00f1ece como \u201cCasa Nueva\u201d, a cal en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1632\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1632<\/a> foi herdada por D. Juan de VILLAGORMAZ Y OSSORIO, casado con D\u00aa Elvira de OMA\u00d1A Y MIRANDA. Falecido D. Juan, en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1690\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1690<\/a>, herdou a casa seu fillo menor de idade, D. Juan Manuel VILLAGORMAZ Y OMA\u00d1A, baixo a curador\u00eda de s\u00faa nai D\u00aa Elvira, vi\u00fava (<em>Nota: un \u201ccurador\/a\u201d \u00e9 unha persoa nomeada para coidar dos bens e negocios dun menor ou daquela que non est\u00e1 en estado de administralos por s\u00ed<\/em>). En <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1731\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1731<\/a> herdou a casa D\u00aa Juana de OMA\u00d1A, casada con D. Miguel MONTENEGRO, veci\u00f1os de Lugo. En <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1768\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1768<\/a> herda a casa o fillo dos anteriores, D. Joseph MONTENEGRO, tam\u00e9n veci\u00f1o de Lugo. En <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1782\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1782<\/a>, o propietario da casa pasa a ser D. Manuel de LUACES Y SOMOZA, veci\u00f1o de Mondo\u00f1edo, casado con D\u00aa Rafaela de PRESNO FUERTES PARGA Y DONLEB\u00daN, propietarios da casa a\u00ednda en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1833\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1833<\/a>\u201d.<\/p>\n<p>Como podemos comprobar, chegamos polas d\u00faas v\u00edas xeneal\u00f3xicas ao mesmo matrimonio de D. Manuel e D\u00aa Rafaela. <\/p>\n<p>Por outro lado, at\u00f3pase un xuro na Chanciller\u00eda de Valladolid a favor de D. Pedro Gonz\u00e1lez de Villagormaz, de 187 000 maraved\u00eds, da primeira metade do s\u00e9culo <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XVII\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">XVII<\/a>, que cont\u00e9n informaci\u00f3n que acredita ser herdeira \u00fanica D\u00aa Josefa DE INCL\u00c1N SIERRA Y OSORIO (C\u00f3digo de referencia: ES.47161.AGS\/2.13.2.3\/\/CME,781,20). \u00bfSer\u00eda D\u00aaJosefa de INCL\u00c1N SIERRA Y OSORIO, a nai de D. Juan de VILlAGORMAZ Y OSORIO? Posiblemente.<\/p>\n<p>A Casa dos PRESNO, dinos Juan Carlos Paraje Manso na serie \u201cRetablo Dieciochesco\u201d, no artigo \u201cCasas Conocidas\u201d (La Comarca del Eo, 21-Marzo-1982), que era a actual Casa da Biblioteca, da cal, en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1787\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1787<\/a>, era seu dono D. Jacinto Pablo VALLEDOR E PRESNO DE MONTEALEGRE, veci\u00f1o de Castropol, cuxo Escudo de Armas describimos no artigo, \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/01\/escudo-de-armas-da-rua-atalia-francisco.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo de armas da R\u00faa da Atalaia<\/a>\u201d (tam\u00e9n en La Comarca del Eo 4-Febreiro-2017). En <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1805\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1805<\/a>, da Casa dos PRESNO, era propietaria D\u00aa Josefa SANJURJO Y AGUIAR cuxo fillo, D. Ram\u00f3n PARDO Y MONTENEGRO de Mondo\u00f1edo, al\u00fagalla \u00f3 banqueiro D. Antonio de Casas, cuxa banca \u00e9 de infausto recordo para moitos dos veci\u00f1os da comarca de Ribadeo, pois moitos deles qued\u00e1ronse sen t\u00f3dolos aforros da s\u00faa vida. <\/p>\n<p>Pouco a pouco vamos descubrindo, polos bras\u00f3ns her\u00e1ldicos, as xenealox\u00edas das familias m\u00e1is relevantes de Ribadeo nos s\u00e9culos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XVI\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">XVI<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/S%C3%A9culo_XVII\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">XVII<\/a> en diante, case cincocentos anos de historia escrita nas pedras armeiras que por sorte chegaron ata n\u00f3s. \u00bfCantas quedaron enterradas no m\u00e1is absoluto esquecemento?. Por desgracia, non o sabemos. Quizais un d\u00eda por outros aconteceres e documentos, hoxe in\u00e9ditos, tam\u00e9n o saibamos. Oxal\u00e1!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este Escudo de Armas eclesi\u00e1stico, esta pintado sobre as t\u00e1boas frontais do altar maior da Capela de San Roque. \u00c9 un escudo ovalado perfilado de ouro, con soportes de ouro a modo de rolos de pergami\u00f1o, en \u00e1mbolos dous cant\u00f3ns do xefe. Est\u00e1 partido nun segundo \u00f3valo conc\u00e9ntrico ao primeiro, perfilado de gris azulado, que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5745","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5745","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5745"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5745\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5745"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5745"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5745"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}