{"id":5742,"date":"2017-09-04T14:15:00","date_gmt":"2017-09-04T12:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:34:44","modified_gmt":"2024-11-12T12:34:44","slug":"e-as-festas-foron-pregoadas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/04\/e-as-festas-foron-pregoadas\/","title":{"rendered":"&#8230;e as festas foron pregoadas"},"content":{"rendered":"<p>Celebrouse o s\u00e1bado 2 de setembro o preg\u00f3n das <a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/09\/actividades-das-festas-patronais-de.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">festas patronais deste 2017<\/a>, a cargo de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Celia%20Castro\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Celia Castro<\/a>. Se o perdiches, a\u00ednda que sen diapositivas que o acompa\u00f1en, nin ambiente do cine teatro, nin Polif\u00f3nica actuando, embaixo o tes, cedido pola autora.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiAvng7OwTaoXCGpCEnwggRPijYtxlI3FiP2j1Rhuu2N2df7iZUdbckcksi3RCB06XBQXm3FTCqvFtsCASDJuhTgV0W4a4BCuRwsPq5pz1WaPMqXIW007BLSii2FusxEIDs8KBicw\/s2048\/Celia+Castro+no+preg%25C3%25B3n+festas+patronais+Ribadeo+2017.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiAvng7OwTaoXCGpCEnwggRPijYtxlI3FiP2j1Rhuu2N2df7iZUdbckcksi3RCB06XBQXm3FTCqvFtsCASDJuhTgV0W4a4BCuRwsPq5pz1WaPMqXIW007BLSii2FusxEIDs8KBicw\/s2048\/Celia+Castro+no+preg%25C3%25B3n+festas+patronais+Ribadeo+2017.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">O preg\u00f3n dende o patio de butacas<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhh7LIvKG4rxxd8KaQuxm7ovA5QkrZ5mJ0C-qAosijSfs8xIE9W9hk7WHo-expfb-2_w4boAzXNL-xjh4khEOXSmVdkM2n4eXxwxI8xvi3jlM5xSY4dcs-4fo4U5kTePWjE19IZHA\/s2048\/Celia+Castro+no+preg%25C3%25B3n+festas+patronais+Ribadeo+2017_2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhh7LIvKG4rxxd8KaQuxm7ovA5QkrZ5mJ0C-qAosijSfs8xIE9W9hk7WHo-expfb-2_w4boAzXNL-xjh4khEOXSmVdkM2n4eXxwxI8xvi3jlM5xSY4dcs-4fo4U5kTePWjE19IZHA\/s2048\/Celia+Castro+no+preg%25C3%25B3n+festas+patronais+Ribadeo+2017_2.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">O preg\u00f3n dende o gali\u00f1eiro.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>PREG\u00d3N DAS FESTAS PATRON\u00c1IS DE RIBADEO 2017<\/p>\n<p>&nbsp; Boas noites a todos:<\/p>\n<p>&nbsp; Autoridades, membros da Comisi\u00f3n de Festas, veci\u00f1os e visitantes.<\/p>\n<p>Antes de nada quero agradecer ao Concello e aos membros da Comisi\u00f3n das Festas Patron\u00e1is  a proposta que me fixeron para ler o Preg\u00f3n este ano. Esto sup\u00f3n para m\u00edn una grande honra, porque te\u00f1o a gala ser ribadense de nacemento e coraz\u00f3n, como a maior\u00eda dos que aqu\u00ed vos atopades.<\/p>\n<p>&nbsp; Quiz\u00e1is non son a persoa m\u00e1is adecuada para facelo, pois neste pobo sobran persoeiros con mais  m\u00e9ritos. O meu, considero, e tan s\u00f3 tentar facer ben o meu traballo, e investigar e transmitir, na medida do posible, aspectos da nosa historia local.<\/p>\n<p>&nbsp; \u00c9 a primeira vez que dou un preg\u00f3n, polo tanto, agardo que saibades desculpar as carencias que este poda ter.<\/p>\n<p>&nbsp; \u00c1 hora de escribilo vi\u00f1\u00e9ronme \u00e1 memoria aqueles fermosos versos de Lope de Vega:<\/p>\n<p>\u201cUn soneto me manda hacer Violante,<\/p>\n<p>Que en mi vida me he visto en tal aprieto.\u201d<\/p>\n<p>&nbsp; Todos me co\u00f1ecedes, porque nac\u00edn e vivin aqu\u00ed a mi\u00f1a infancia e mocedade, e sigo vivindo cando o traballo mo permite, polo que creo que non necesito presentarme.<\/p>\n<p>&nbsp; Sen embargo, gostar\u00edame facer una breve referencia aos meus orixes familiares, explic\u00e1ndovos c\u00f3mo chegu\u00e9i a ser ribadense.<\/p>\n<p>&nbsp; Meus av\u00f3s maternos, Carmen e C\u00e1ndido, procedentes ambos de familias numerosas do medio rural, v\u00edronse obrigados moi novos  a emigrar, a La Habana para buscarse un futuro.<\/p>\n<p>&nbsp; Meu av\u00f3 C\u00e1ndido, procedente de Alaxe, parroquia do Valadouro, aprend\u00e9u o oficio de tintoreiro no establecemento que ti\u00f1an unos parentes acomodados, en dita cidade.<\/p>\n<p>&nbsp; Aos vintetr\u00e9s anos mont\u00f3u o seu propio negocio en San Jos\u00e9 de las Lajas, barrio de La Habana.<\/p>\n<p>&nbsp; Un d\u00eda, no porto, agardando un barco, na espera de un veci\u00f1o, co\u00f1ec\u00e9u a mi\u00f1a av\u00f3a, que estaba tam\u00e9n a espera de un parente, e tras un corto noivado de seis meses, casaron.<\/p>\n<p>&nbsp; Tiveron dous fillos, mi\u00f1a nai, Ofelia, e meu t\u00edo C\u00e1ndido.<\/p>\n<p>&nbsp; En 1936, fartos dos desordes e inestabilidade pol\u00edtica que asolaba a illa, decidiron voltar a Espa\u00f1a, e as\u00ed chegaron a Ribadeo, onde resid\u00eda dende 1932 un irmao moi querido de meu av\u00f3, Jos\u00e9 Manuel.<\/p>\n<p>&nbsp; Jos\u00e9 Manuel fund\u00f3u dous negocios en Ribadeo: A \u201cCasa Americana\u201d, de sastrer\u00eda e confecci\u00f3n, e a \u201cTintorer\u00eda Americana\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp; Aos 9 d\u00edas da chegada dos meus av\u00f3s a Ribadeo, estal\u00f3u a Guerra Civil. Debido a este feito, decidiron quedar neste pobo e facerse cargo de un dos negocios de Jos\u00e9 Manuel, a Tintorer\u00eda Americana, situada na r\u00faa Virxe do Cami\u00f1o 3, que logo trasladar\u00edan ao n\u00ba 22 da cercana r\u00faa de San Roque, e que rexentar\u00edan ata 1964.<br \/>\nC\u00f3 tempo, mi\u00f1a nai cas\u00f3u con meu pai, Edelmiro, procedente tam\u00e9n do Valadouro e un 9 de setembro, dun ano que queda xa moi lonxe, nac\u00edn eu, en plenas Festas Patron\u00e1is.<\/p>\n<p>&nbsp; Mais tarde, os meus av\u00f3s paternos, procedentes tam\u00e9n do Valadouro, instalar\u00edanse en Ribadeo, fundando un negocio de ultramarinos tam\u00e9n na r\u00faa San Roque, n\u00ba 57, chamado \u201cEl Valle de Oro\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp; Ollando agora, \u00e1 mi\u00f1a lonxana infancia, fago un reconto dos ribadenses que, aparte dos meus familiares, influiron de alg\u00fan xeito  na mi\u00f1a vida  e forma de ver as cousas.<\/p>\n<p>&nbsp; Ribadenses cheos de calidade humana, de sabidur\u00eda, de pacencia, que coordinaban o seu bon facer diario con tarefas cultur\u00e1is, que \u00e1s veces roubaban horas \u00e1 s\u00faa vida familiar, pero que eles sab\u00edan compatibilizar con alegr\u00eda e bon humor.<\/p>\n<p>&nbsp; As\u00ed, anos mais tarde, soupen, que aquel home tranquilo, que xunto con mi\u00f1a nai me ensin\u00f3u a ler cunhos cartonci\u00f1os azuis que levaban un debuxo pintado, e o nome que lle correspond\u00eda, na parte inferior, dividido en s\u00edlabas, Don Gregorio Sanz, era en realidade un extraordinario mestre, pedagogo e traballador da cultura. Que aquel m\u00e9todo co que aprend\u00edn a ler xa fora utilizado pola Instituci\u00f3n Libre de Ensinanza, e que agora, na \u00e9poca actual, recibe o solemne nome de Lectura asociativa.<\/p>\n<p>&nbsp; Don Gregorio, adem\u00e1is foi un dos creadores da Cabalgata de Reis en Ribadeo. \u00c9l e outros veci\u00f1os, ese d\u00eda, fac\u00edan una colecta, seg\u00fan as s\u00faas propias palabras:<br \/>\n \u201cPara que todos los ni\u00f1os, fuese cual fuese su situaci\u00f3n econ\u00f3mica, tuviesen el d\u00eda de Reyes, al menos, un juguete\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp; Adem\u00e1is, fund\u00f3u, xunto con Amando Su\u00e1rez Couto e Camilo Barcia Trelles, a Biblioteca Popular Circulante, xermen da actual.<\/p>\n<p>&nbsp; Mais tarde, no Colexio do Sagrado Coraz\u00f3n, aprend\u00edn a convivir e a participar en actos cultur\u00e1is de car\u00e1cter p\u00fablico, como aquelas veladas no Teatro da Vila, dirixidas por Sor Pilar de Le\u00f3n e amenizadas ca m\u00fasica do viol\u00edn de Carlos de la Moda.<\/p>\n<p>&nbsp; Tam\u00e9n a participar na Semana Santa, como tantos nenos da vila, caracterizada de Anxo, de Mar\u00eda ou de Samaritana, actividades que coordinaba de maneira eficaz e entusiasta a profesora Mari Paz Otero Aenlle.<\/p>\n<p>\u00bfComo esquecer os primeiros actos solemnes na igrexa parroquial, e a Don Enrique L\u00f3pez Galu\u00e1, que ofrec\u00eda pesos a quen acertase as preguntas do catecismo?. \u00a1Que rabia!, case sempre lles preguntaba a os nenos, co que as nenas rara vez obt\u00ed\u00f1amos alg\u00fan premio.<\/p>\n<p>&nbsp; C\u00f3 tempo tam\u00e9n soupen que Don Enrique era autor de varios libros de teolox\u00eda, e que un deles, \u201dBuscando a Dios\u201d, era lectura obrigada na Academia Militar de Zaragoza.<\/p>\n<p>&nbsp; Mais tarde os primeiros cursos de Bachillerato na Academia Santo Tom\u00e1s de Aquino, o Padre Domingo, ca s\u00faa infinita pacencia, e Don Amando Su\u00e1rez Couto, Don Amando, ao que a Guerra Civil trunc\u00f3u unha carreira art\u00edstica m\u00e1is que prometedora.<\/p>\n<p>&nbsp; Don Amando ti\u00f1a maxia nos dedos. Despois de traballar trinta e seis anos nunha Escola de Arte, onde adem\u00e1is de alumnos hai artistas consagrados, creo que poido opinar algo sobre o tema, e digo, que nunca, nunca, vin debuxar a algu\u00e9n como \u00e9l o fac\u00eda.<\/p>\n<p>&nbsp; A s\u00faa inquedanza cultural era enorme. Andando o tempo enter\u00e9ime que tam\u00e9n fora m\u00fasico, participando nas rondallas ribadenses de principios de s\u00e9culo, xunto con Antonio Darriba, e Emilio Vior entre outros. Tam\u00e9n tomaba parte nas veladas teatr\u00e1is, e foi cofundador do Ribadeo F\u00fatbol Club.<\/p>\n<p>&nbsp; Como dato curioso, suli\u00f1arei, que hai exactamente noventa e tres anos hoxe, o d\u00eda 2 de Setembro de 1924,  present\u00f3use neste mesmo Teatro, co gallo das Festas Patron\u00e1is, con gran \u00e9xito, o grupo folkl\u00f3rico Cantigas da Mari\u00f1a, creado e dirixido polo propio Don Amando.<\/p>\n<p>&nbsp; Este grupo suspend\u00e9u as s\u00faas actuaci\u00f3ns en 1929, por diversos motivos, reanud\u00e1ndose estas en 1933 por iniciativa de Claudio P\u00e9rez Prieto, \u201cClaud\u00edn de Dona Eudoxia\u201d, sendo dirixido por Leonardo Fern\u00e1ndez Reinante.<\/p>\n<p>&nbsp; Co seus irmaos Carlos e Amadora, fundaria en 1960 o grupo de gaiteiras \u201cMeni\u00f1as da saudade\u201d, o primeiro composto exclusivamente por mulleres,que obtivo grandes \u00e9xitos e tivo a s\u00faa \u00fatima actuaci\u00f3n en 1997.<\/p>\n<p>&nbsp; Leonardo Fern\u00e1ndez Reinante, que todos recordamos pola s\u00faa \u00e9poca de Bibliotecario Municipal, foi outro dos ribadenses que destacaron pola s\u00faa labor no campo da cultura. M\u00fasico e profesor de viol\u00edn, tocaba adem\u00e1is a caixa o clarinete, o \u00f3rgano, o piano e o baixo.  Compuxo cantigas, obras polif\u00f3nicas, serenatas, unha zarzuela, etc, traballando adem\u00e1is noutros aspectos cultur\u00e1is. Grazas a \u00e9l e a alguns outros ribadenses que gardaron os libros do Ateneo,  non foron estos destruidos  durante a  Guerra Civil.<\/p>\n<p>&nbsp; \u00bfC\u00f3mo esquecer a D.Manuel Fern\u00e1ndez Reinante, o emblem\u00e1tico cura de Pita? Home de gran cultura, foi o \u00faltimo eclesi\u00e1stico da zona habilitado para facer exorcismos.<\/p>\n<p>&nbsp; Son tantos e tantos os conveci\u00f1os orixinais e xeni\u00e1is que dar\u00edan para tres ou catro preg\u00f3ns, pero non vos asustedes, ser\u00e9i breve:<\/p>\n<p>&nbsp; Recordo a Carlos \u00c1lvarez e Fern\u00e1ndez Cid, dirixindo a Coral Polif\u00f3nica cunha se\u00f1orial capa azul, a Manolo Cort\u00e9s enchendo a igrexa ca s\u00faa magn\u00edfica voz de tenor, nas ceremonias relixiosas.<\/p>\n<p>&nbsp; E  actos menos solemnes, pero igualmente festivos, como o Antroido, celebrado tradicionalmente en Ribadeo, incluso cando non era ben visto, grazas \u00e1 confianza e iniciativa do alcalde Pancho Maseda. O Carnaval de Vrao, evento agardado con ansia, no que o bon facer e os \u00e1lbumes antigos de Luisita Coldeira, axud\u00e1ronnos a ga\u00f1ar alg\u00fan premio.<\/p>\n<p>&nbsp; E entre tanto, iamos medrando, xurd\u00edan os primeiros dilemas e compr\u00eda tomar  as primeiras decisi\u00f3ns importantes que nos permitisen encarar o futuro.<br \/>\nEu quer\u00eda ser profesora de literatura, e adicarme a escribir nos ratos libres, pero no Instituto asist\u00edn as clases maxistr\u00e1is de Don Juan Su\u00e1rez-Acevedo, e influida por elas, decid\u00edn estudar Historia da Arte, nunca me arrepent\u00edn.<\/p>\n<p>&nbsp; Pouco a pouco, os mozos de ent\u00f3n, iamos participando nas distintas actividades loc\u00e1is. Ribadeo sempre foi un referente cultural na Mari\u00f1a, un elemento din\u00e1mico onde ti\u00f1an cabida as iniciativas m\u00e1is diversas: Os concertos, as obras de teatro, a Feira do Libro. Xurdiron asociaci\u00f3ns cultur\u00e1is tan emblem\u00e1ticas como \u201cFrancisco Lanza\u201d, diversas agrupaci\u00f3ns music\u00e1is, folkl\u00f3ricas e populares, ata chegar hai vintecinco anos \u00e1 creaci\u00f3n da actual banda de m\u00fasica, tan agardada polos veci\u00f1os, sobre todo os de maior idade, fartos de repetir:<\/p>\n<p>&nbsp;\u201cUn pueblo no es nada sin banda de m\u00fasica\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp; Ribadenses da talla de Daniel Cortez\u00f3n, Dionisio Gamallo ou Suso Pe\u00f1a, por citar alg\u00fans, d\u00e1bannos lustre ca s\u00faa categor\u00eda intelectual e humana, fac\u00e9ndonos sentir importantes e apreciados.<\/p>\n<p>&nbsp; Quero facer una referencia especial ao pintor ribadense afincado en Granada, Benito Prieto Coussent .<\/p>\n<p>&nbsp; De familia procedente de La Ba\u00f1eza, foi o primeiro fillo de Benito Prieto Ferrero, que establec\u00e9u un bon estudo fotogr\u00e1fico  na nosa vila en 1901, chamado \u201cLa Modernista\u201d,  con sucurs\u00e1is en Navia e A Veiga. Un dos seus anuncios estaba redactado nos seguintes termos:<\/p>\n<p>\u201cSi retratos superiores<\/p>\n<p>quer\u00e9is hacer, \u00a1Oh lectores!&nbsp;<\/p>\n<p>y os vi\u00e9rais en un aprieto,<\/p>\n<p>sabed que son los mejores<\/p>\n<p>los que hace Benito Prieto\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp; Benito Prieto Coussent, famoso polos seus Cristos de realismo exacerbado, e os seus  magn\u00edficos retratos, foi bon amigo de Dionisio Gamallo e Daniel Cortez\u00f3n, entre outros ribadenses.<\/p>\n<p>&nbsp; Tam\u00e9n quero ter hoxe un recordo especial para o seu fillo Benito Prieto Rej\u00f3n, que viax\u00f3u dende Alema\u00f1a en abril do 2013, co gallo da adicaci\u00f3n de una r\u00faa ao seu pai neste concello. Foi una xornada leda e emotiva, para \u00e9l e para todos. Falecer\u00eda dous anos m\u00e1is tarde, a consecuencia de unha grave e cruel enfermidade.<\/p>\n<p>&nbsp; Pero o punto \u00e1lxido neste devenir foi sin duda o nomeamento de Leopoldo Calvo-Sotelo como presidente do Goberno.<\/p>\n<p>&nbsp; Ribadeo era o seu lugar habitual de descanso en vacaci\u00f3ns, e debido a o seu cargo pol\u00edtico e popularidade, o noso pobo adquir\u00e9u tam\u00e9n gran sona. Creo que adem\u00e1is de varios logros pol\u00edticos e soci\u00e1is, deb\u00e9moslle tam\u00e9n a promoci\u00f3n da Praia das Catedr\u00e1is, hoxe aut\u00e9ntico fen\u00f3meno medi\u00e1tico.<\/p>\n<p>&nbsp; O car\u00e1cter de un pobo faino a s\u00faa xente. Como di Jos\u00e9 Agust\u00edn Goytisolo nun fermoso poema que todos co\u00f1ecedes, \u201cPalabras para Julia\u201d, musicado e interpretado por Paco Ib\u00e1\u00f1ez:<\/p>\n<p>&nbsp; \u201cUn hombre solo, una mujer, as\u00ed tomados, de uno en uno, son como polvo, no son nada\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp; Esta uni\u00f3n, e esta suma \u00e1s iniciativas de todo tipo, \u00e9 o que fai posible, que eventos como o do \u201cRibadeo Indiano\u201d, te\u00f1an esta excelente acollida e proxecci\u00f3n.<br \/>\nE ainda que as cousas cambiaron moito dende hay cincuenta anos, (\u00a1da grima esta cifra!), e o ritmo das estaci\u00f3ns xa non ven marcado polos pantal\u00f3ns curtos, os calcet\u00edns brancos ou a caseta dos churros creada por Aniceto, \u201cO Barquillero\u201d, despois rexentada por Juan, e que  hacia  1960 Marina e Manolo po\u00f1\u00edan no Campo, que era para n\u00f3s un anuncio da primavera, os ribadenses seguimos sendo os mesmos.<\/p>\n<p>&nbsp; A diferenza est\u00e1 en que agora, os mozos xa non somos n\u00f3s, outros tomaron o relevo.<\/p>\n<p>&nbsp; As Festas de Santa Mar\u00eda do Campo, son, sen embargo agardadas ca mesma ilusi\u00f3n. Non sei si seguen existindo Chacoli e a meiga Candelaria, pero s\u00ed os coches el\u00e9ctricos, o algod\u00f3n de azucre e a m\u00fasica. Tam\u00e9n os Cocos, os invitados que agasallan con cartos aos nenos, e o boureo das t\u00f3mbolas.<\/p>\n<p>&nbsp; As Festas Patron\u00e1is marcan o fin da despreocupaci\u00f3n do vrao, son un sopro de aire fresco antes do inverno. A frase, \u201cDespois das Festas\u201d, tan repetida \u00e9 a expresi\u00f3n m\u00e1is contundente deste sentir.<\/p>\n<p>&nbsp; Por iso, aproveit\u00e9molas una vez m\u00e1is. \u00a1Que sexan para n\u00f3s una fonte de ledicia e diversi\u00f3n!.<\/p>\n<p>&nbsp; Fag\u00e1monos eco da famosa cantiga dos \u201cRuise\u00f1ores del Eo\u201d, mostrando unha vez m\u00e1is a nosa \u201cgrata animaci\u00f3n\u201d, en paz e en armon\u00eda.<br \/>\nPara pechar este preg\u00f3n, permitir\u00e9ime un pequeno berro, \u00e1 discreta maneira ribadense:<\/p>\n<p>\u00a1Viva a nosa patrona Santa Mar\u00eda do Campo!<\/p>\n<p>\u00a1Felices Festas Patron\u00e1is 2017 \u00a1.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Celebrouse o s\u00e1bado 2 de setembro o preg\u00f3n das festas patronais deste 2017, a cargo de Celia Castro. Se o perdiches, a\u00ednda que sen diapositivas que o acompa\u00f1en, nin ambiente do cine teatro, nin Polif\u00f3nica actuando, embaixo o tes, cedido pola autora. O preg\u00f3n dende o patio de butacas O preg\u00f3n dende o gali\u00f1eiro. PREG\u00d3N [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[45,25],"class_list":["post-5742","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-celia-castro","tag-festas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5742","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5742"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5742\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5742"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5742"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5742"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}