{"id":5740,"date":"2017-09-06T09:02:00","date_gmt":"2017-09-06T07:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:34:34","modified_gmt":"2024-11-12T12:34:34","slug":"a-cultura-pode-ser-unha-festa-ou-un","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/06\/a-cultura-pode-ser-unha-festa-ou-un\/","title":{"rendered":"A cultura pode ser unha festa, ou un dinamizador"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgLKkdOJ1lmKce88YwahIEgn5dyZ_E2iogSCj4f7703fDJWsEnUP-5hTV1XoLe2GVb4UqIQDzuWUFtFUPwILwIaCusOzb84VgsqG3vYnSYApjDG2XyVaRYwxYy7nU_XvOtXcwsF3A\/s2048\/A+cultura+%25C3%25A9+colaborativa+ou+non+ser%25C3%25A1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgLKkdOJ1lmKce88YwahIEgn5dyZ_E2iogSCj4f7703fDJWsEnUP-5hTV1XoLe2GVb4UqIQDzuWUFtFUPwILwIaCusOzb84VgsqG3vYnSYApjDG2XyVaRYwxYy7nU_XvOtXcwsF3A\/s2048\/A+cultura+%25C3%25A9+colaborativa+ou+non+ser%25C3%25A1.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">(Unha das frases empregadas no texto)<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Un titular: &#8216;<em>un mestre, conexi\u00f3n a internet ou unha asociaci\u00f3n cultural dinamizan m\u00e1is un territorio que un pol\u00edgono industrial<\/em>&#8216;. A dicir que hai que po\u00f1elo no seu contexto, e trat\u00e1base de fixar poboaci\u00f3n en zona rural. De calquera xeito, chamamoume a atenci\u00f3n que son cousas non estritamente econ\u00f3micas (de &#8216;sacar cartos&#8217;) as que se conciben como aut\u00e9ntico motor social para fixar poboaci\u00f3n e desenvolver o xeito de vivir. E chamoume a atenci\u00f3n non porque non tivera esa mesma idea, sen\u00f3n por ser publicado como titular inmerso nunha cultura capitalista quefai depender todo dunha determinada concepci\u00f3n da econom\u00eda. <\/p>\n<p>O caso \u00e9 que me lembrou unha mesa redonda na que participei hai uns d\u00edas, dentro dunha festa cultural, a Feira do Libro de Burela. A iniciativa de Pablo Mosquera, a feira albergou un seminario desenvolto en d\u00faas mesas redondas en espazo aberto (unha delas tivo que ser posposta polas condici\u00f3ns meteorol\u00f3xicas e desenvolveuse d\u00edas despois na radio) acubilladas baixo un t\u00edtulo que en principio, tam\u00e9n me chocou: <em>A cultura como inversi\u00f3n produtiva<\/em>.<\/p>\n<p>Hai pouco recib\u00edn as conclusi\u00f3ns da primeira parte do seminario, plasmadas por Pablo Mosquera e que inserto aqu\u00ed coas mi\u00f1as verbas:<\/p>\n<p><em>Moderador:<br \/>\nJos\u00e9 D\u00edaz. Concejal de Cultura del Concello de Burela&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>Ponentes:<br \/>\nMat\u00edas Escalera.<br \/>\nAntonio Reigosa.<br \/>\nAntonio Gregorio.<br \/>\nPablo Mosquera.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>1. \u00c9 necesario un cambio de din\u00e1mica nas feiras do libro, no centr\u00e1ndose s\u00f3 na presentaci\u00f3n e<br \/>\nvenda, sen\u00f3n tam\u00e9n realizando debates tambi\u00e9n debates sobre a cultura.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>2. A cultura xenera conciencia social, algo moi necesario na<br \/>\nsociedade actual.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>3. Faise preciso separar os espacios do turismo e a cultura, e que<br \/>\nsexan persoas diferentes e expertas antes que pol\u00edticos con tentaci\u00f3ns<br \/>\nreducionistas ou mercando vontades mediante subvenci\u00f3ns quen as gu\u00ede.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>4. D\u00e9bese explorar e explotar as posibilidades de esponsorizaci\u00f3n e mecenazgo<br \/>\nen A Mari\u00f1a&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>5. Hai que considerar o uso de inmuebles abandonados, como o caso das f\u00e1bricas<br \/>\n conserveras, como centros de creatividade para a xente nova.<\/em><\/p>\n<p><em>6. Ser\u00eda beneficiosa a creaci\u00f3n dunha mancomunidade cultural en A Mari\u00f1a para explotar o<br \/>\npatrimonio cultural e dotalo de asesores procedentes da sociedade<br \/>\ncivil, como pode ser o caso dos Cronistas Oficiais.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p><em>7. FITUR tal como est\u00e1 non sirve para nada. Faise preciso promover unha<br \/>\npublicaci\u00f3n anual que conte\u00f1a os puntos fortes da cultura na nosa Comarca e as s\u00faas posibilidades para crear riqueza e emprego.<\/em><\/p>\n<p>Vaia por diante que non necesariamente os participantes temos que estar de acordo con todas as conclusi\u00f3ns. No meu caso, como deixei constancia na mesa redonda, por prevenci\u00f3n ante a interpretaci\u00f3n e interiorizaci\u00f3n do t\u00edtulo, a\u00ednda que no intercambio de pareceres manifestouse un bo acordo nas cuesti\u00f3ns pr\u00e1cticas.<\/p>\n<p>De calquera xeito, en espera de que o v\u00eddo do acto sexa colgado en internet, deixo alg\u00fans comentarios -non todos, claro- que fixen al\u00ed relacionados con cousas que se falaron e que considero que non son invalidados despois do resume:<\/p>\n<p><em>A cultura como inversi\u00f3n produtiva<\/em> <\/p>\n<p>-a idea de cultura implica un conxunto de co\u00f1ecementos adquiridos mediante instruci\u00f3n e experiencia, \u00f3 que se debe engadir que permiten desenvolver o sentido cr\u00edtico, nunha sociedade, nun entorno. Logo a idea non ten por que ser uniforme.<\/p>\n<p>-en canto \u00e1 necesidade de inversi\u00f3n, costa, pero non se pode facer reducionismo da cultura \u00e1 econom\u00eda, e debe quedar claro que o &#8216;cmo&#8217; do t\u00edtulo implica s\u00f3 unha faceta que \u00e9 necesario considerar no conxunto.<\/p>\n<p>-sen cultura non haber\u00eda unha orientaci\u00f3n para poder producir,nin medios nin manexo dos mesmos para tentar facelo. Pero unha cousa \u00e9 a culturacomo vbase social e de desenvolvemento, e outra o &#8216;beneficio econ\u00f3mico&#8217; integrado nun sistema capitalista.<\/p>\n<p>Non se pode separar cultura e ser. Encadrar s\u00f3 unha visi\u00f3n econ\u00f3mica da cultura implica unha consideraci\u00f3n de cultura como materia prima e produto, dando p\u00e9 a entrar en rendemento da consideraci\u00f3n de cultura como materia prima (sen tratar, algo que se esgota, en competencia con outras fontes abondantes, baixo prezo&#8230;) ou produto elaborado (pensando non no propio produto, sen\u00f3n no mercado \u00f3 que vai dirixido, adapt\u00e1ndoo e polo tanto deixando de ser diferenciador esencial hist\u00f3rico para pasar a selo de referencia de mercado, no mellor dos casos)<\/p>\n<p>Corresponde &#8216;defender o patrimonio&#8217; a quen o reco\u00f1ece como se; non podemos pretender que o defenda quen non o considere as\u00ed, sexa electo, funcionario ou&nbsp; cidad\u00e1n de a p\u00e9. Pero coido que m\u00e1is que defender o patrimonio, ter unha postura defensiva, o que se debe facer \u00e9 atacar, ter unha postura activa. E isto nos leva a quen controla a cultura. Pero, ten control, neces\u00edtao? O control marca a evoluci\u00f3n, e unha cultura dirixida pasa a ser incultura ilustrada<\/p>\n<p>Hai que ter conta que dentro da cultura hai o que se poder\u00eda chamar a cultura &#8216;xen\u00e9rica&#8217; e o que ser\u00eda a &#8216;nosa cultura&#8217;&#8230;<\/p>\n<p>\u00c9 un feito hist\u00f3rico que hai sociedades que se suicidan, de xeito consciente e voluntario ou inconsciente, pero sempre relacionado coa asfixia cultural que encarna a base do modo de vida.<\/p>\n<p>Hai que propo\u00f1erse o que se pode facer pola cultura (&#8220;que podes facer t\u00ed pola cultura&#8221;) m\u00e1is que aproveitarse da cultura . Illados, do primeiro xeito, a cultura desenv\u00f3lvese e todo o mundo saca r\u00e9ditos. No segundo, esg\u00f3tase e deixa de ser \u00fatil, mesmo en sentido econ\u00f3mico, a prazo fixo.<\/p>\n<p>Hai que pensar que un lugar como as catedrais atrae moita xente, que &#8216;pasa polas catedrais&#8217;, pero non &#8216;interioriza as catedrais&#8217;. \u00c9 iso cultura?<\/p>\n<p>O desenvolvemento e aproveitamento cultural debe pasar polo achegamento entre xente nova e maior, para facilitar a transmisi\u00f3n cultural que agora mesmo est\u00e1 dificultada polas diferentes canles de comunicaci\u00f3n usados.<\/p>\n<p>O uso de ferramentas xa non tan novidosas, como a galipedia\/wikipedia permite que a cultura siga a crearse e manexarse dun xeito colaborativo, como est\u00e1 no ADN cultural, pois toda cultura foi creada dun xeito com\u00fan: a cultura \u00e9 colaborativa ou non ser\u00e1 (porque deixar\u00e1 de existir como tal).<\/p>\n<p>Lugares como as bibliotecas , que \u00e1s veces desenvolven unha grande labordinamizadora do entorno, deben ser potenciados.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(Unha das frases empregadas no texto) Un titular: &#8216;un mestre, conexi\u00f3n a internet ou unha asociaci\u00f3n cultural dinamizan m\u00e1is un territorio que un pol\u00edgono industrial&#8216;. A dicir que hai que po\u00f1elo no seu contexto, e trat\u00e1base de fixar poboaci\u00f3n en zona rural. De calquera xeito, chamamoume a atenci\u00f3n que son cousas non estritamente econ\u00f3micas (de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10],"class_list":["post-5740","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5740","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5740"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5740\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5740"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5740"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5740"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}