{"id":5738,"date":"2017-09-07T08:25:00","date_gmt":"2017-09-07T06:25:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:34:31","modified_gmt":"2024-11-12T12:34:31","slug":"festas-patronais-sesion-concello","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/07\/festas-patronais-sesion-concello\/","title":{"rendered":"Festas patronais, sesi\u00f3n concello en espera dos fogos do sete"},"content":{"rendered":"<p>Este ano, o concello levantou unha comisi\u00f3n de festas e propiciou que a campa das festas voltara \u00f3 campo, \u00f3 antigo campo da feira, agora praza de Espa\u00f1a e Parque de San Francisco, lugar &#8216;tradicional&#8217; de hai anos das festas. Que queden en pr\u00f3ximos anos no mesmo lugar, iso xa \u00e9 fari\u00f1a de outro costal.<\/p>\n<p>E as festas voltaron. Onte, mentres que a rondalla prevista para amenizar todo o pobo debeu entender que o pobo era unha tira de 150 m coa maior concentraci\u00f3n de lugares de bebida, decateime de que cousa de media hora antes o alcalde fixo colgar na p\u00e1xina do concello un bando:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgEMig8dSJGEHNz9cOGKfx5gh48DItQb5-_nwXrlshwqyQw1Mkb6Dfn0cpJCXIuBfzDeImNLBgQOVe8XqWffTjlYLZ_sySTz5lxvsZJDur4w8sznYQQYTGu8RdQSfP-zqFSXWASRA\/s2048\/BANDO_FESTAS_PATRONAIS_2017.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgEMig8dSJGEHNz9cOGKfx5gh48DItQb5-_nwXrlshwqyQw1Mkb6Dfn0cpJCXIuBfzDeImNLBgQOVe8XqWffTjlYLZ_sySTz5lxvsZJDur4w8sznYQQYTGu8RdQSfP-zqFSXWASRA\/s2048\/BANDO_FESTAS_PATRONAIS_2017.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>A s\u00faa lectura, coa diversi\u00f3n por mandato, non pode menos que levantar un sorriso, misturando dito mandato con cousas abondo serias como a regulaci\u00f3n horaria do ru\u00eddo que, tam\u00e9n &#8216;tradicionalmente&#8217;, se asocia \u00e1s festas. Mentres, esta ma\u00f1\u00e1, abondo antes das oito, a descarga dos contedores de vidro e o ru\u00eddo asociado parece non estar regulada neste concello, a\u00ednda que entendo que non se adapta \u00f3 horario de actividades que supo\u00f1en un ru\u00eddo considerable.<\/p>\n<p>O decreto anterior ven acompa\u00f1ando unha nota de prensa, que reproduzo embaixo:<\/p>\n<p><em>Novas<\/em><\/p>\n<p><em>PROLONGARANSE ATA O 9 DE SETEMBRO<\/em><\/p>\n<p><em>Festas da patroa 2017<\/em><\/p>\n<p><em>06\/09\/2017<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, ven de editar un bando con motivo da celebraci\u00f3n das festas patronais no que o rexedor desexa \u00e1 veci\u00f1anza e visitantes uns bos festexos. O rexedor aproveita para felicitar \u00e1 comisi\u00f3n organizadora polo traballo realizado e lembra que se establecen uns horarios m\u00e1ximos para o remate das verbenas co obxectivo de poder conciliar o dereito ao goce das festas co dereito ao descanso dos que viven nos arredores.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez manifestou que &#8220;agora en Ribadeo nesta pr\u00f3rroga do ver\u00e1n que significan sempre as festas da patroa do noso concello, acabo de emitir un bando onde dalg\u00fan xeito, de maneira desenfada quero case que obrigar por decreto a disfrutar e a pasalo ben a todos os veci\u00f1os, a todos os que a\u00ednda est\u00e1n por aqu\u00ed de visitantes e a todos os amigos e amigas dos concellos pr\u00f3ximos que sempre se acordan de n\u00f3s, de vir a Ribadeo. Neste bando explicamos os d\u00edas e os horarios&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde subli\u00f1ou: &#8220;sobre todo quixera valorar e agradecer publicamente o intenso traballo que desenvolveu esta comisi\u00f3n de festas da patroa deste ano 2017, porque \u00e9 un grupi\u00f1o moi pequeno, sobran os dedos dunha man para contalos, e porque deron o mellor de si, c\u00f3nstame, para facer as mellores festas posibles. Hai que destacar tam\u00e9n o esforzo de intendencia e de apoio, e econ\u00f3mico tam\u00e9n por parte do Concello de Ribadeo que ademais estivo apoiado pola unanimidade de toda a Corporaci\u00f3n Municipal, cousa que tam\u00e9n \u00e9 de valorar, de agradecer e de destacar&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor contou que &#8220;as festas practicamente empezan esta tarde con actividades para os m\u00e1is pequenos, despois \u00e1 noite cun grupo no Cant\u00f3n, e durante esta longa fin de semana con actuaci\u00f3ns&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez lembrou que &#8220;este ano como todo o mundo sabe as festas da patroa recuperan o espazo tradicional, onde sempre foron e onde a demanda popular da xente nos indicou que se deber\u00eda traballar para que volveran a este sitio&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense conf\u00eda en que &#8220;todo funcione ben. Os horarios que temos autorizados son os que marcan as normativas. Hai tempo m\u00e1is que dabondo para gozar e para conciliar o dereito a descansar dos que te\u00f1en que traballar e o dereito \u00e1 troula e \u00e1 esmorga dos que queren pasalo ben, que sen d\u00fabida vai ser moita xente&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez declara que &#8220;confiamos que entre todos te\u00f1amos unhas das festas da patroa m\u00e1is importantes e atractivas dos \u00faltimos anos, por suposto sen desmerecer ningunha das anteriores&#8221;<\/em>.<\/p>\n<p>Coido que se debe salientar a minguada representaci\u00f3n que este ano constit\u00fae a comisi\u00f3n de festas, que se sempre necesita que se lle bote unha man, este ano neces\u00edtao m\u00e1is a\u00ednda, e entendo que o concello, que fixo que xermolara, est\u00e1 facendo esa labor. Ben ou mal, de xeito apropiado ou inapropiado, ser\u00eda cousa de discutilo, pero xa que non antes, despois, non agora. Deixo unha cita curta da nota de prensa do concello do 25 de maio:<\/p>\n<p><em>Ao fronte da comisi\u00f3n est\u00e1 Juan Jos\u00e9 Otero, como presidente, acompa\u00f1ado por Avelino Mart\u00ednez como tesoureiro, e Inmaculada Fern\u00e1ndez como secretaria. O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Gra\u00f1a, acompa\u00f1\u00e1ronos na s\u00faa presentaci\u00f3n p\u00fablica. A car\u00f3n deles haber\u00e1 m\u00e1is xente, que xeito an\u00f3nimo lles botar\u00e1 unha man.<\/em><\/p>\n<p>E, coma homenaxe a estes tres valentes\/temerarios, incl\u00fao tam\u00e9n aqu\u00ed a foto da presentaci\u00f3n da mesma nota de prensa:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgPO2g-nefqPCeVtPQGcQg1tkW2wokR5BnCZCejcibq51p0DZHB9Y9umulDFkJg1TEH6gbenN2GFLBV7GnBYcMC8h1E012Pjg_rYFjW9mHrvouMpI32ENrdlubPIW8t6_PNRYY04w\/s2048\/Foto_comision_festas_Ribadeo_-_2017.JPG\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgPO2g-nefqPCeVtPQGcQg1tkW2wokR5BnCZCejcibq51p0DZHB9Y9umulDFkJg1TEH6gbenN2GFLBV7GnBYcMC8h1E012Pjg_rYFjW9mHrvouMpI32ENrdlubPIW8t6_PNRYY04w\/s2048\/Foto_comision_festas_Ribadeo_-_2017.JPG\" \/><\/a><\/p>\n<p>O de onte (d\u00eda 6) non \u00e9 o primeiro bando que o concello adica \u00e1s festas. Deixo embaixo outro do d\u00eda 3, que da nota do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/09\/e-as-festas-foron-pregoadas.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">preg\u00f3n<\/a> (nota do concello, sobre o preg\u00f3n das festas) e coido que enche espazo co <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/09\/actividades-das-festas-patronais-de.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">programa das festas<\/a>, que non leva adxunto.<em>Preg\u00f3n das festas 2017<\/em><\/p>\n<p><em>03\/09\/2017<\/em><\/p>\n<p><em>A ribadense Celia Castro Fern\u00e1ndez, que \u00e9 catedr\u00e1tica de Historia da Arte na Escola Superior de Arte e Dese\u00f1o Ram\u00f3n Falc\u00f3n, de Lugo, abriu o s\u00e1bado as festas patronais de Ribadeo na honra de Santa Mar\u00eda do Campo cun emotivo preg\u00f3n, que acompa\u00f1ou coa proxecci\u00f3n de fotos antigas. O acto celebrouse no Cine Teatro de Ribadeo e contou con numeroso p\u00fablico.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Antes da pregoeira intervi\u00f1eron o presidente da asociaci\u00f3n organizadora dos festexos, Juan Jos\u00e9 Otero, e o alcalde ribadense, Fernando Su\u00e1rez, que destacaron o traballo que sup\u00f3n a organizaci\u00f3n desta edici\u00f3n das festas patronais de Ribadeo debido a que cambian de situaci\u00f3n respecto aos anos anteriores para volver celebrarse no parque de San Francisco e no Cant\u00f3n dos Moreno.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>No preg\u00f3n Celia Castro, nacida en Ribadeo, falou das s\u00faas orixes familiares no Valadouro e recordou a destacados ribadenses como Gregorio Sanz, Sor Pilar de Le\u00f3n, Mari Paz Otero Aenlle, Enrique L\u00f3pez Galu\u00e1, Amando Su\u00e1rez Couto, Claudio P\u00e9rez Prieto, Leonardo Fern\u00e1ndez Reinante, Manuel Fern\u00e1ndez Reinante, Carlos \u00c1lvarez Fern\u00e1ndez Cid, Manolo Cort\u00e9s, Pancho Maseda, Luisita Coldeira, Juan Su\u00e1rez Acevedo, Daniel Cortez\u00f3n, Dionisio Gamallo, Suso Pe\u00f1a, Benito Prieto Coussent ou Leopoldo Calvo-Sotelo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Despois do acto de lectura do preg\u00f3n actuou a Coral Polif\u00f3nica de Ribadeo, dirixida por M\u00aa Carmen Rodr\u00edguez Cancelo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O acto foi presentado pola xornalista e locutora Carmen Cruzado, directora de Faro Norte Comunicaci\u00f3n.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O vindeiro m\u00e9rcores, d\u00eda 6, dar\u00e1 comezo a programaci\u00f3n das festas patronais 2017 co d\u00eda infantil, con actividades para os m\u00e1is pequenos a partir das 16:30 horas no Cant\u00f3n. A charanga Os Charangos percorrer\u00e1 \u00e1s r\u00faas da vila desde as 18:30 \u00e1s 22:30 horas, hora na que dar\u00e1 comezo a actuaci\u00f3n de Claxxon. Antes \u00e1s 20:30 horas no Quiosco da M\u00fasica do parque de San Francisco presentarase o cuarto disco CD de Jos\u00e9 Pulpeiro Doval O Gallop\u00edn.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O 7 de setembro, v\u00e9spera da patroa, \u00e1s 11:30 horas sair\u00e1n os Cocos e Cabezudos desde a Oficina de Turismo, acompa\u00f1ados polo grupo de gaitas Illa Pancha. A partir das 19:30 horas haber\u00e1 pasacalles a cargo do grupo de m\u00fasica tradicional Tirapadiante. E \u00e1s 22:30 horas empezar\u00e1 a festa verbena amenizada polas orquestras Gran Parada e La Ocaband. \u00c1s doce da noite ter\u00e1 lugar a tradicional sesi\u00f3n de fogos artificiais no peirao.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O d\u00eda da patroa, 8 de setembro, \u00e1s 12 do mediod\u00eda haber\u00e1 misa solemne na igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda do Campo cantada pola Coral Polif\u00f3nica de Ribadeo, seguida de procesi\u00f3n y despois concerto da Banda Municipal de M\u00fasica de Ribadeo. \u00c1s 22:30 horas comezar\u00e1 a festa verbena, que estar\u00e1 amenizada polas orquestras D\u00b4Moda e Venezia.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>E o 9 de setembro das cinco \u00e1s sete da tarde no Cant\u00f3n haber\u00e1 actividades dirixidas polo persoal do Centro Deportivo Ribadeo Be One. E \u00e1s 22:30 horas empezar\u00e1 a festa verbena coas orquestras Nueva Fuerza e Alma Latina<\/em>.<\/p>\n<p>E, esta noite, os fogos do sete, \u00f3s que asistir\u00e1 unha delegaci\u00f3n de Loctudy, o pobo franc\u00e9s irm\u00e1n (polo momento, m\u00e1is por decreto que por outra cousa) de Ribadeo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este ano, o concello levantou unha comisi\u00f3n de festas e propiciou que a campa das festas voltara \u00f3 campo, \u00f3 antigo campo da feira, agora praza de Espa\u00f1a e Parque de San Francisco, lugar &#8216;tradicional&#8217; de hai anos das festas. Que queden en pr\u00f3ximos anos no mesmo lugar, iso xa \u00e9 fari\u00f1a de outro costal. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[25],"class_list":["post-5738","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-festas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5738","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5738"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5738\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5738"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5738"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5738"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}