{"id":5732,"date":"2017-09-12T22:06:00","date_gmt":"2017-09-12T20:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:34:22","modified_gmt":"2024-11-12T12:34:22","slug":"escudos-de-armas-da-antiga-fortaleza-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/12\/escudos-de-armas-da-antiga-fortaleza-de\/","title":{"rendered":"Escudos de Armas da antiga Fortaleza de Ribadeo. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhpSrFVCLAnCWoQVDQ0Pp2u1y_2ltr2K4zzF1slflwFzM3yif9aUkHrTg0pqlf6IoBoX-zkPoc36l2gdPB3l4GuV8GxbOIgldULbmwMgdDihOvPB_y2xy73gAjPddSzjF5PyDjzGw\/s2048\/escudos+de+armas+da+fortaleza+1.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhpSrFVCLAnCWoQVDQ0Pp2u1y_2ltr2K4zzF1slflwFzM3yif9aUkHrTg0pqlf6IoBoX-zkPoc36l2gdPB3l4GuV8GxbOIgldULbmwMgdDihOvPB_y2xy73gAjPddSzjF5PyDjzGw\/s2048\/escudos+de+armas+da+fortaleza+1.png\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj1Gj4Oow_lobQeyagPeCcG8iLcg08DPGkO3cvsiLhNEz73_0EjzetNnTtDFmHxDKhjha6_HGueAKAXMN6tgXEi2vcmEEr7TG4Ry7Xzx-hYzw6fxVs9KZeSpXzcwJMDdxLLai3LCA\/s2048\/escudos+de+armas+da+fortaleza+2.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj1Gj4Oow_lobQeyagPeCcG8iLcg08DPGkO3cvsiLhNEz73_0EjzetNnTtDFmHxDKhjha6_HGueAKAXMN6tgXEi2vcmEEr7TG4Ry7Xzx-hYzw6fxVs9KZeSpXzcwJMDdxLLai3LCA\/s2048\/escudos+de+armas+da+fortaleza+2.png\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEifRBiMcbSN9uhLzeQIMjKH56HM-uL88AlWESCe6-5Kc8R5rdph_U2n_FEhWYsXR8zN8PxVWwCsjtOeZjGtTvt89NXKeNmFR4t1nZ1p9cMSzrL8kN-_0XoS6jt-hxnoGsnXEgLC_A\/s2048\/escudos+de+armas+da+fortaleza+3.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEifRBiMcbSN9uhLzeQIMjKH56HM-uL88AlWESCe6-5Kc8R5rdph_U2n_FEhWYsXR8zN8PxVWwCsjtOeZjGtTvt89NXKeNmFR4t1nZ1p9cMSzrL8kN-_0XoS6jt-hxnoGsnXEgLC_A\/s2048\/escudos+de+armas+da+fortaleza+3.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>A antiga Fortaleza de Ribadeo, que se encontraba onde hoxe se levanta a Torre dos Moreno, estaba formada por d\u00faas torres, murallas e casas vivenda, descrita con todo luxo de detalles na inestimable obra, \u201cRibadeo Antiguo\u201d de Francisco Lanza \u00c1lvarez (p\u00e1x. 133-142). Nesta antiga edificaci\u00f3n, hab\u00eda dous escudos xemelgos e acolados (que se arriman por un lado) (Fig.1) e que reproducimos aqu\u00ed de dita obra, para clarexar mellor as explicaci\u00f3ns deste artigo.<\/p>\n<p>O primeiro acolado, mostra tres lises, que Francisco Lanza en p\u00e1x. 135, di que: \u201csegundo a Cr\u00f3nica, pertenc\u00edan \u00f3 li\u00f1axe do cabaleiro Lobesgue\u201d, refer\u00edndose a Pierre Lobesgue de Villaines ou Pierre Le Begue de Villaines, primeiro Conde de Ribadeo, t\u00edtulo que lle concedeu o rei Henrique II de Trast\u00e1mara o 20 de Decembro de 1369, despois dos acontecementos de Montiel onde mataron, o seu medio irm\u00e1n, o rei Pedro I \u201cO Cruel\u201d, quen fixera matar vilmente a D\u00aa Leonor N\u00fa\u00f1ez de Guzm\u00e1n Ponce de Le\u00f3n, mantida do rei Alfonso XI de Castela \u201cO Xusticeiro\u201d, e nai de Henrique II, cuarto dos dez fillos que tiveron xuntos, co\u00f1ecidos como a familia Trast\u00e1mara, cuxa dinast\u00eda reinou en Castela desde 1369 a 1504 en que faleceu Sabela a Cat\u00f3lica.<\/p>\n<p>Este dato, da orixe das tres lises, que aporta Francisco Lanza, non parece correcto pois segundo datos actuais da Gran Enciclopedia Gallega de D. Silverio Ca\u00f1ada, 1974 (Tomo XXVI, p\u00e1x.213) a li\u00f1axe de Pierre de Villaines repres\u00e9ntase co escudo da (Fig.3): en campo de prata (si \u00e9 metal), ou ben, en campo en branco, liso e sen sinal (si \u00e9 esmalte), tres le\u00f3ns rampantes armados, de sable e ben ordenados (tres le\u00f3ns levantados nas patas traseiras, de cor negro mirando \u00e1 destra e coas garras de distinto esmalte, de gules, colocados dous en xefe e un en punta) e no franco-cuartel (cant\u00f3n destro de honor) as armas de Castela e Le\u00f3n, de Henrique II de Castela (rei 1369-1379), que cargan sobre o le\u00f3n do primeiro cant\u00f3n. (Nota: \u00f3 ser un escudo estranxeiro, non sabemos si o campo \u00e9 de prata ou de esmalte branco, ou ben, deixado en branco sen sinal algunha) (Ciencia del Blas\u00f3n, D. Modesto Costa y Turell, ano 1858, p\u00e1x.27)<\/p>\n<p>O escudo das lises parece pertencer, \u00e1s Armas dos Borb\u00f3n (Her\u00e1ldica, Genealog\u00eda y Nobiliaria de Galicia, Tomo LIV, p\u00e1x.362). \u00bfE como pod\u00edan estar gravadas na antiga fortaleza de Ribadeo, que databa de finais do s\u00e9culo XIV ou de primeiros do XV, as armas da Casa de Borb\u00f3n, que como sabemos, esta dinast\u00eda de reis, chegou a Espa\u00f1a con D. Felipe de Anjou, neto de Luis XIV de Francia, e reinou no s\u00e9culo XVIII co t\u00edtulo de Felipe V (rei 1724-1746)?<\/p>\n<p>As tres flores de lis da Casa de Borb\u00f3n do rei Felipe V son as que aparecen no escus\u00f3n do abismo ou do sobretodo do escudo actual de Espa\u00f1a, e parecen as mesmas lises gravadas na fortaleza de Ribadeo desde tan antigo, debido a que son as Armas de D\u00aa Margarita de Borb\u00f3n, filla do Duque de Borb\u00f3n, que contraeu matrimonio o 24-Mayo-1433 en primeiras nupcias con D. Rodrigo de Villandrando (1378-1448) que desde o 22-Decembro-1431 foi o terceiro Conde de Ribadeo, t\u00edtulo que lle outorgara o rei Xo\u00e1n II de Castela (rei 1406-1454) ao que lle salvou a vida de ser asasinado en Toledo por parciais do infante Henrique de Arag\u00f3n en 1431. Isto ocorr\u00eda o d\u00eda da Epifan\u00eda, polo que o rei lle firmou en Torrijos o curioso privilexio de darlle t\u00f3dolos anos o traxe que usara ese d\u00eda. As\u00ed mesmo, conc\u00e9delle en Zamora, ese mesmo ano de 1431, o Condado de Ribadeo (Blasones y Linajes de Galicia, D. Jose Santiago Crespo del Pozo, Volumen V, p\u00e1x.257) e cuxo t\u00edtulo lle validou o 22-Abril-1435.<\/p>\n<p>Na figura 2, vemos o Escudo de Armas de D. Rodrigo de Villandrando, timbrado coa coroa condal de Conde de Ribadeo. Descr\u00edbese como un escudo espa\u00f1ol, cuartelado en cruz: 1\u00ba e 4\u00ba) En campo de prata, un crecente tornado (coas puntas cara \u00e1 destra) xaquelado de sable e ouro (semellando a cuadr\u00edcula dun taboleiro de xadrez en negro e ouro). En 2\u00ba e 3\u00ba) en campo de ouro tres faixas de azur. Bordura de azur, cargada con oito castelos de ouro.<\/p>\n<p>D. Rodrigo foi un grand\u00edsimo, terrible e extraordinario cabaleiro, nacido en Illa, parroquia de Eutrimo (Ourense) que loitou o lado de Xoana de Arco contra Inglaterra \u00f3 servizo do rei Carlos VII de Francia, e cubriuse de gloria en Anthon \u00f3 derrotar ao Pr\u00edncipe de Orange. Carlos VII nomeouno Chambel\u00e1n (xentilhome distinguido que pod\u00eda acompa\u00f1ar ao rei na s\u00faa c\u00e1mara ou en actos p\u00fablicos) e os ingleses conced\u00e9ronlle a Orde da Xarreteira (Blasones y Linajes de Galicia, J.S. Crespo del Pozo, Volumen V, p\u00e1x. 257). (Nota: a Orde da Xarreteira \u00e9 unha das m\u00e1is buscadas de Europa, fundada no ano 1335 por Eduardo III de Inglaterra. \u201cCiencia del Blas\u00f3n\u201d, D. Modesto Costa y Turell, ano 1858, p\u00e1x. 396). \u00c9 moi posible, que gracias a esta boa relaci\u00f3n que ti\u00f1a cos ingleses, lle pedira autorizaci\u00f3n a Juan II, para poder comerciar libremente por v\u00eda mar\u00edtima con Inglaterra, e incluso que moito daquel comercio entrara por Ribadeo, pois daquela era vila de realengo, que exerc\u00eda os seus foros, como compet\u00eda ao seu estado e calidade&#8230;\u201d (Ribadeo Antigo, p\u00e1x.48-49)<\/p>\n<p>\u00d3 chegar aqu\u00ed, pres\u00e9ntasenos unha \u00bffeble? d\u00fabida. O escudo das tres lises, parece de certo das Armas dos Borb\u00f3n, polo matrimonio de D. Rodrigo con D\u00aa Margarita de Borb\u00f3n, como vemos na bibliograf\u00eda consultada, pero, fac\u00e9monos a pregunta \u00bfporqu\u00e9 en vez de estar acolados os escudos de Borb\u00f3n con Villandrando, que corresponden as Armas do matrimonio, est\u00e1n as de Borb\u00f3n con Castela-Le\u00f3n? \u00bfEstar\u00e1n equivocados os razoamentos que se fixeron ata \u00f3 da aqu\u00ed?. Vexamos outra teor\u00eda que nos xurde e que tam\u00e9n puidera ser certa. D. Rodrigo pelexou en Francia o servizo do rei Carlos VII, e particularmente, o lado de Xoana de Arco (1412-1431) hero\u00edna militar, chamada a \u201cDoncela de Orle\u00e1ns\u201d, pois ademais de outros enfrontamentos, ga\u00f1ou a batalla de Patay contra dos ingleses no sitio de Orle\u00e1ns. \u00bfNon puideran ser as lises, as das Armas de Orle\u00e1ns, como un recordo de D. Rodrigo cara a Xoana, a quen queimaron viva o 30-Maio-1431, na praza de Ru\u00e1n, os 19 anos, pois foi acusada de herex\u00eda polos cregos, e sentenciada a morte polo Duque de Bedford?. Como vemos, as lises est\u00e1n acoladas as de Castela-Le\u00f3n do rei Xo\u00e1n II, \u00e1mbalas d\u00faas son Armas e bras\u00f3ns, das dignidades militares \u00e1s que serviu e defendeu D. Rodrigo, e \u00bfser\u00e1 por iso que as mandou acolar xuntas, como recordo de d\u00faas inesquecibles acci\u00f3ns guerreiras en combate, que o elevaron \u00e1 clase alta da nobreza?. Visto desde esta perspectiva militar do cabaleiro D. Rodrigo, parece incluso m\u00e1is l\u00f3xico o acolado Orle\u00e1ns-Castela Le\u00f3n, que Borb\u00f3n-Castela Le\u00f3n, a\u00ednda que estas tam\u00e9n fagan referencia as d\u00faas casas reais coas que D. Rodrigo tivo v\u00ednculos de sangue e de servizo, respectivamente. Pero sen outra documentaci\u00f3n, qu\u00e9danos apuntada a d\u00fabida.<\/p>\n<p>Quero facer notar aqu\u00ed, para que conste, que o Condado de Ribadeo, \u00e9 o t\u00edtulo condal m\u00e1is antigo que se conserva en Espa\u00f1a, contradicindo o que se di no libro, \u201cTratado de Genealog\u00eda, Her\u00e1ldica y Derecho Nobiliario\u201d (Curso de Licencia, Instituto Lu\u00eds de Salazar y Castro -C.S.I.C.-, Madrid 1961, p\u00e1x. 226): \u201cel t\u00edtulo condal m\u00e1s antiguo de los que hoy se conservan es el de Niebla, concedido por el Rey Don Enrique, el de las Mercedes, en el a\u00f1o 1371, a Don Juan Alfonso de Guzm\u00e1n el Bueno, IV Se\u00f1or de San L\u00facar de Barrameda\u201d. Como xa vimos, este mesmo rei, Don Enrique II de Trast\u00e1mara \u201cO das Mercedes\u201d, xa lle concedera dous anos antes, en 1369, a Pierre de Villaines, o t\u00edtulo de Conde de Ribadeo. Polo tanto, segundo isto o t\u00edtulo de Conde de Ribadeo \u00e9 m\u00e1is antigo que o de Conde de Niebla.<\/p>\n<p>Continuando c\u00f3 que \u00edamos. D\u00aa Margarita de Borb\u00f3n falece no ano 1438 (Her\u00e1ldica, Genealog\u00eda y Nobiliaria de Galicia, Tomo LIV, p\u00e1x.362) e con ela, D. Rodrigo, tivo tres fillos: D. Carlos que se quedou en Francia, herdeiro dos bens por li\u00f1a materna (parece ser que morreu novo), D\u00aa Sabela e D\u00aa Mar\u00eda que se vi\u00f1eron con D. Rodrigo para Espa\u00f1a cando o chamaron para entrar \u00f3 servizo do rei Xo\u00e1n II de Castela. D\u00aa Sabela casou con D. Lorenzo de Figueroa, primeiro Conde de A Coru\u00f1a, e D\u00aa Mar\u00eda foi relixiosa no convento de San Quirce de Valladolid.<\/p>\n<p>D. Rodrigo de Villandrando casou en segundas nupcias, polo ano 1440, con D\u00aa Beatriz de Z\u00fa\u00f1iga, filla de D. Diego L\u00f3pez de Z\u00fa\u00f1iga ou de Est\u00fa\u00f1iga, II Se\u00f1or de Monterrey e Xustiza Maior de Castela e de D\u00aa Elvira de Biedma, que entre outros t\u00edtulos, era Se\u00f1ora de Ribera e do Coto de Bermuid, e dos estados de Limia e de Monterrey (\u201cRodrigo de Villandrando Conde de Ribadeo\u201d, Benito Pereira Dom\u00ednguez, ano 2000, p\u00e1x.127-128. Edici\u00f3ns Glifos). Con D\u00aa Beatriz tivo dous fillos: D. Pedro e D\u00aa Mariana. A D. Pedro como primox\u00e9nito, deixoulle t\u00f3dolos bens, seguindo a costume da nobreza, e foi o cuarto Conde de Ribadeo por herdanza de seu pai, e cuxo privilexio lle foi confirmado polos Reis Cat\u00f3licos o 20 Marzo de 1484. Estivo casado con D\u00aa Leonor Rodr\u00edguez, coa que non tivo descendencia. D. Pedro, testou en 1516, en favor de s\u00faa irm\u00e1, D\u00aa Mariana de Villandrando e Z\u00fa\u00f1iga, que herdou o t\u00edtulo de Condesa de Ribadeo (Her\u00e1ldica, Genealog\u00eda y Nobiliaria de Galicia, Tomo LIV, p\u00e1x.363). Si D. Pedro foi o cuarto Conde, D\u00aa Mariana, ter\u00eda que ser a quinta Condesa de Ribadeo, pero segundo Francisco Lanza (p\u00e1x.58) o t\u00edtulo de Conde, D. Pedro, deixoullo o seu sobri\u00f1o, D. Diego (fillo de D\u00aa Mariana).<\/p>\n<p>Chegados a este apartado de D\u00aa Mariana, hai unha verdadeira confusi\u00f3n xeneal\u00f3xica, pois dependendo da fonte en que bebamos, nos saen a relucir se\u00f1ores distintos, case co mesmo nome. Creo que todas estas xenealox\u00edas embarulladas fix\u00e9ronse a posta e de forma interesada para tapar, si \u00e9 que puideran, os feitos fraudulentos que se desenrolaron en contra das Terras de Ribadeo e dos privilexios que ti\u00f1a o Condado, que de forma moi elegante, pero sen pelos na lingua, denuncia Francisco Lanza \u00c1lvarez no Ribadeo Antiguo. Vexamos a que nos estamos a referir.<\/p>\n<p>1) No Ribadeo Antiguo (p\u00e1x.58), dise que D. Pedro de Villandrando, deixou o condado ao seu sobri\u00f1o, D. Diego G\u00f3mez de Sarmiento, primeiro Conde de Salinas. Como veremos, este D. Diego, 1\u00ba conde de Salinas, non \u00e9 seu sobri\u00f1o, se non seu cu\u00f1ado,  e si llo deixou a seu sobri\u00f1o, este \u00e9 o 2\u00ba Conde de Salinas e non o primeiro.<\/p>\n<p>2) Na obra, \u201cHer\u00e1ldica, Genealog\u00eda y Nobiliaria de Galicia\u201d (Tomo LIV, p\u00e1x.363) din que D\u00aa Mariana casou con D. Diego G\u00f3mez de Sarmiento, 2\u00ba Conde de Salinas, pois o 1\u00ba Conde de Salinas foi seu pai D. Diego Sarmiento e Mendoza, desde o ano 1470.<\/p>\n<p>3) Na obra \u201cBlasones y Linajes de Galicia\u201d (J.S. Crespo del Pozo, Volumen V, p\u00e1x. 258) dise que D. Rodrigo de Villandrando, do segundo matrimonio con D\u00aa Beatriz, tivo por fillo a D. Rodrigo de Villandrando y Est\u00fa\u00f1iga, 2\u00ba Conde de Ribadeo (cousa que non \u00e9 certa, pois si seu pai era xa o 3\u00ba Conde de Ribadeo, seu fillo tivo que ser o 4\u00ba, e por certo, tampouco se chamaba Rodrigo, se non, Pedro Villandrando e Z\u00fa\u00f1iga). O t\u00edtulo pasou a D. Diego G\u00f3mez Sarmiento (polo tanto 5\u00ba Conde de Ribadeo e non \u00f3 3\u00ba como frei J. Crespo apunta) fillo de D\u00aa Mariana de Villandrando que estaba casada con D. Diego G\u00f3mez Sarmiento. Aqu\u00ed dinnos que D. Diego, chamado 3\u00ba Conde de Ribadeo foi 2\u00ba Conde de Salinas, por tanto, quen foi 1\u00ba Conde de Salinas, foi seu pai que estaba casado con D\u00aa Mariana. Dato que para min \u00e9 o m\u00e1is l\u00f3xico, pois consultado o \u201cDicionario Her\u00e1ldico y Nobiliario de Fernando Gonz\u00e1lez-Doria\u201d (p\u00e1x.218) o t\u00edtulo de Conde Salinas, foi concedido por D. Henrique IV de Castela, en 1470, a D. Diego G\u00f3mez Sarmiento y Mendoza. Este apelido Mendoza, ten que ser do marido de D\u00aa Mariana, pois os apelidos do seu fillo D. Diego, ser\u00e1n, G\u00f3mez Sarmiento de Villandrando e Z\u00fa\u00f1iga.<\/p>\n<p>Vemos que no apartado 2) D. Diego G\u00f3mez de Sarmiento, marido de D\u00aa Mariana \u00e9 o 2\u00ba Conde Salinas, cousa que contrad\u00ed o apartado 3), pois baixo o noso punto de vista, o marido de D\u00aa Mariana \u00e9 D. Diego G\u00f3mez Sarmiento y Mendoza, o 1\u00ba Conde Salinas.<\/p>\n<p>Por outra banda, si lemos a xenealox\u00eda do libri\u00f1o \u201cLos Trajes del Rey\u201d 1878-1975 (Casa das Letras, Fundaci\u00f3n Caixa Galicia, Xullo 2007, p\u00e1x. 16) a confusi\u00f3n aumenta, pois D\u00aa Mariana (chamada nesta obra, D\u00aa Mar\u00eda) c\u00e1sase c\u00f3 seu t\u00edo segundo D. Pedro Ruiz Sarmiento e o seu primox\u00e9nito Diego P\u00e9rez Sarmiento de Villandrando, c\u00e1sase con D\u00aa Mar\u00eda de Ulloa, cuxo fillo de \u00e1mbolos dous, D. Diego G\u00f3mez Sarmiento y Villandrando foi o 4\u00ba Conde de Ribadeo (dato non certo, pois D. Rodrigo era o 3\u00ba Conde, seu fillo o 4\u00ba, s\u00faa irm\u00e1 a 5\u00aa, pois \u201c(ella) se convirtiera en la segunda titular del que, seg\u00fan las cuentas oficiales de la corona castellana, era un nuevo condado ribadense\u201d (ibidem, p\u00e1x.16) polo tanto, e por este cami\u00f1o, seu fillo era o 6\u00ba Conde de Ribadeo.<\/p>\n<p>Pero os datos confusos, non s\u00f3 est\u00e1n na secuencia dos Condes de Ribadeo, que tam\u00e9n, se non na numeraci\u00f3n dos Condes de Salinas, que neste caso, para min \u00e9 m\u00e1is relevante o dato de quen foi o 1\u00ba e o 2\u00aa Conde de Salinas, pois este \u201cpersonaje\u201d, como amablemente Francisco Lanza lle chama a este tipo (Ribadeo Antiguo, p\u00e1x.59), vendeu impunemente as Terras da Pobra de Navia entrerr\u00edos Eo-Navia, usurpando os dereitos e conculcando a propiedade das Terras de Ribadeo. \u00bfQue ama\u00f1os e chanchullos deberon levarse a acabo para vender en 8500 ducados ditas terras e servidumes? Todos os que fixeron falta.<\/p>\n<p>A escritura de compra-venta firmouse no ano 1551, en Medina del Campo (\u00a1o lado da casa!) estando representado o Conde de Ribadeo (polo tanto estaba \u201cdesaparecido\u201d do acto), polo Alcalde Maior, Barco Mart\u00ednez, que ningu\u00e9n sabe de onde veu, pero algo nos esclarece sobre a s\u00faa orixe, o tema \u201cLos Alcaldes\u201d (Ribadeo Antiguo, p\u00e1x.78-79) onde se nos di que o Alcalde: \u201cprestaba juramento por Dios y sobre la se\u00f1al de la cruz, prometiendo hacer bien y fielmente su oficio&#8230;\u201d \u201c&#8230;Pese a tanta obligaci\u00f3n, a tanta promesa y a tanto juramento, los alcaldes -(eran) criados de los condes, extra\u00f1os casi siempre al pa\u00eds, desconocedores del idioma, usos y costumbres de la tierra que ven\u00edan a gobernar- apenas hicieron otra cosa que usurpar los derechos y conculcar las libertades tradicionales de Ribadeo, siempre, claro est\u00e1, en beneficio propio y para mayor gloria y provecho de sus amos\u201d (ibidem, p\u00e1x.80).<\/p>\n<p>Francisco Lanza (p\u00e1x.58-59) dinos que o \u00faltimo Conde de Ribadeo que tam\u00e9n foi Se\u00f1or da Pobla de Navia, foi D. Diego G\u00f3mez de Sarmiento \u00bfMendoza ou Villandrando?.<\/p>\n<p>Polas datas da compravenda (1551) tivo que ser Villandrando, e as\u00ed o confirman na obra \u201cLos Trajes del Rey\u201d (p\u00e1x. 16).<\/p>\n<p>A venta que fixo este personaxe, Diego G\u00f3mez Sarmiento de Villandrando, como arriba vimos, fillo de D\u00aa Mariana, 6\u00ba Conde de Ribadeo e 2\u00ba Conde Salinas, fixo modificar os lindes do se\u00f1or\u00edo de Ribadeo, pero \u00bfcomo \u00e9 posible que a venta de parte dun se\u00f1or\u00edo, de un se\u00f1or para outro, fixera cambiar os dominios do Reino de Galiza, e as fronteiras civ\u00eds e eclesi\u00e1sticas, pasando a ser o r\u00edo Eo e a R\u00eda de Ribadeo, fronteira nobiliaria (entre o Reino de Galiza e o Principado de Asturias) e fronteira eclesi\u00e1stica entre a dioceses de Mondo\u00f1edo e a de Oviedo ou entre os conventus Lucensis e o convento Asturicensi?.<\/p>\n<p>A mediados do s\u00e9culo XII, debido a \u201cdeslealdade e cobiza de alg\u00fans bispos\u201d perdeu a Mitra mindoniense o concello de Reboredo (orixe do de Castropol), ou terras inter-fluviales Navia-Eo, que pasaron a ser da mitra oventense (Ribadeo Antigo, p\u00e1x.64). A pesar das liortas e \u201carreglos\u201d bispais, as Terras de Ribadeo seguiron nome\u00e1ndose como tales, durante todo o se\u00f1or\u00edo dos condes, pois a estes pertenc\u00eda a Pobra de Navia, que eran esas mesmas terras, o que fixo incorrer en notables erros a \u201cmoitos dos que escribiron sobre as antig\u00fcidades do noso pa\u00eds\u201d (ibidem), pois \u201cRibadeo non pertenceu nunca a dioceses de Oviedo, nin \u00f3 se\u00f1or\u00edo dos seus bispos, e estes, polo tanto, nada tiveron que dar nin que emendar\u201d (ibidem, p\u00e1x.65).<\/p>\n<p>Pero \u00bfti\u00f1a no ano 1551, aquel personaxe D. Diego, Conde de Ribadeo e Conde Salinas, algunha base para alegar que vend\u00eda as Terras Eo-Navia, \u201cporque estaba cansado dos obst\u00e1culos que sempre lle po\u00f1\u00edan os seus revoltosos vasallos&#8230;\u201d. Si, hab\u00eda moitas bases ben orquestradas por Preitos Civ\u00eds, que estaban a litigar arreo, os se\u00f1ores de Navia, polos impostos e diezmos da entrada de sal que ti\u00f1an que pagarlle \u00f3 Conde Ribadeo, por cada descarga naquel porto.<br \/>\nNo s\u00e9culo XV, Castela estaba desangrada economicamente polas guerras continuas contra dos \u00e1rabes. Ti\u00f1a que sacar cartos de onde fora, e aumentaba os impostos de t\u00f3dolos produtos comerciais. Un dos m\u00e1is rendibles, era o imposto do sal, pois era a materia prima imprescindible para conservar os alimentos de carne e de pescado, para conservar as peles dos animais, antes de curtilas, e outros moitos usos. O sal era comercializado en grandes cantidades por v\u00eda mar\u00edtima, e no Mar Cant\u00e1brico a R\u00eda de Ribadeo era un dos portos de descarga de sal por excelencia, cuxos impostos cobraba o Conde de Ribadeo. Pero en Navia, tam\u00e9n se descargaban pequenas cantidades de sal, das que ti\u00f1an que pagarlle os impostos ao Conde de Ribadeo, e pagar impostos nunca lle gustou pagalos a ningu\u00e9n, e \u00f3s se\u00f1ores comerciantes, tampouco.<\/p>\n<p>Na Real Chanciller\u00eda de Valladolid hai varios preitos sobre este tema, dos que destacamos: 1) Preito dos anos 1502 e 1503, do Concello, xustiza e rexemento de Navia, contra D. Pedro de Villandrando, Conde de Ribadeo e de Navia. Sobre Petici\u00f3n do concello de Navia para que D. Pedro de Villandrando, se\u00f1or de dita vila non os perturbe no dereito que te\u00f1en do sal e vendela na mesma (Ref. ES.47186.ARCHV\/ 8.12.7.6 \/\/ PL.CIVILES, P\u00c9REZ ALONSO (F),CAJA 302,2.).<\/p>\n<p>2) Preito entre os anos 1539\u20131557, de xustiza e rexemento do Concello de Castropol, contra do Concello, xustiza e rexemento de Ribadeo e contra D. Diego G\u00f3mez Sarmiento y de Villandrando, conde de Salinas e de Ribadeo, reclamando a execuci\u00f3n dunha carta executoria que se pronunciaba sobre o diezmo das mercador\u00edas que se cargaban e descargaban no Porto de Ribadeo, sobre o diezmo da sal e sobre o dereito dos nav\u00edos pequenos a cargar e descargar libremente no porto de Castropol. (Ref. ES.47186.ARCHV\/8.12.3.2\/\/PL CIVILES,FERNANDO ALONSO (F),CAJA 1275,1\/1276,1)<\/p>\n<p>Aquel \u201carranxo\u201d bispal do s\u00e9culo XII, en contra dos intereses de Ribadeo, foi corrixido e aumentado por dito Conde, D. Diego, en 1551, e por D. Juan de Grijalba, xu\u00edz da comisi\u00f3n que en 1580, veu resolver o preito dos l\u00edmites e xurisdici\u00f3n das vilas de Ribadeo e Castropol, que sostiveron D. Sancho M\u00e9ndez por Castropol, e por Ribadeo o Alcalde Maior, o \u201cmoi magn\u00edfico se\u00f1or\u201d D. Xuli\u00e1n de Carranza, o cal, lendo entre li\u00f1as (ibidem p\u00e1x.66) era un \u201cmoi vendido sinverg\u00fcenza\u201d.<\/p>\n<p>Pero os Condes de Ribadeo, a parte de non facer nada polo Concello nin polo pobo de Ribadeo, excepto cobrar rendas (non moi elevadas), si tomaron como si foran da s\u00faa propiedade privada algunhas posesi\u00f3ns, como a Fortaleza, que outro dos condes de Riabdeo, pertencente a Casa de Hijar e o Ducado de Alba, vendeu aos irm\u00e1ns Moreno, entremediando no trato o \u201cexcelsa\u201d Banca de Casas, para destru\u00edr a Fortaleza de Ribadeo, e constru\u00edr a Torre dos Moreno. E preg\u00fantome eu, a d\u00eda de hoxe \u00bfnon poder\u00edan haber constru\u00eddo os Moreno, a mesma torre noutra parte do Campo de San Francisco, sen necesidade de destru\u00edr aquela magn\u00edfica torre medieval, do s\u00e9culo XIV primeiros do XV? Si, seguro que hab\u00eda outro sitio onde facela, pero cando se xuntan caciques e cartos, fanse cacicadas e estas vense o cabo dun tempo, nas desfeitas realizadas polas s\u00faas mentes avarentas, cobizosas e sen vergo\u00f1a.<\/p>\n<p>Outro exemplo da incultura en Historia das instituci\u00f3ns correspondentes da Xunta de Galicia e da municipalidade do Concello de Ribadeo, e a denominaci\u00f3n do espazo da Biosfera, \u201cOscos-R\u00edo Eo e Terras de Bur\u00f3n\u201d que desde Setembro de 2011, campa polas Terras de Ribadeo e de Miranda, chegando xa os Irmandi\u00f1os, ou sexa, A Devesa, os l\u00edmites do Oeste do municipio de Ribadeo (xa conquistaron o Este, agora van por todo), denunciado por min en dous artigos <a href=\"https:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/09\/buronlandia-e-buronlandia-ii-francisco.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">\u201cBuronlandia\u201d (La Comarca del Eo 1-Outubro-2011) e \u201cBuronlandia (II) a un Juan Sen Nome\u201d (ibidem, 12-Novembro-211) <\/a>\u00bfCanto queda para empezaren a referirse a posesi\u00f3n de Santiago e de S. Miguel de Reinante? Eu creo que a este ritmo, cincuenta anos, non m\u00e1is.<\/p>\n<p>&nbsp;Pobre Ribadeo, que tes que pelexar polas t\u00faas pertenzas, t\u00f3dolos d\u00edas do ano, e como nos descoidemos, xa ver\u00e1s como a \u201cIlla Pancha\u201d vai pasar, gracias as manobras de Portos de Galicia, de ben p\u00fablico a pasar a ser alugada para ben privado, e dentro de pouco a ser do Arquip\u00e9lago Brit\u00e1nico&#8230; \u00a1non por nada! Pero os ingleses te\u00f1en moitas posibilidades de reivindicar incluso o Condado, pois como D. Rodrigo de Villandrando pertenc\u00eda a Orde da Xarreteira, quizais \u201cpor tradici\u00f3n dos privilexios concedidos ao Conde de Ribadeo&#8230;\u201d. \u00a1Xa veremos, pero hai xente para todo&#8230;!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A antiga Fortaleza de Ribadeo, que se encontraba onde hoxe se levanta a Torre dos Moreno, estaba formada por d\u00faas torres, murallas e casas vivenda, descrita con todo luxo de detalles na inestimable obra, \u201cRibadeo Antiguo\u201d de Francisco Lanza \u00c1lvarez (p\u00e1x. 133-142). Nesta antiga edificaci\u00f3n, hab\u00eda dous escudos xemelgos e acolados (que se arriman por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,58],"class_list":["post-5732","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-torre-dos-moreno"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5732","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5732"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5732\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5732"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5732"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5732"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}