{"id":5730,"date":"2017-09-15T08:22:00","date_gmt":"2017-09-15T06:22:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:34:19","modified_gmt":"2024-11-12T12:34:19","slug":"nota-informativa-do-colectivo-por","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/15\/nota-informativa-do-colectivo-por\/","title":{"rendered":"Nota informativa do colectivo Por Nuestro Faro (20170914)"},"content":{"rendered":"<p>Deixo aqu\u00ed a nota de prensa do colectivo Por Nuestro Faro emitida onte, con alg\u00fan comentario meu engadido \u00f3 final.<\/p>\n<p><strong>Ribadeo, 14 de setembro de 2017.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ao fio da <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2525&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">\u00faltima nota informativa do Concello de Ribadeo<\/a> encol do Proxecto de Apartamentos no Faro da Illa Pancha v\u00e9monos na obriga de crarexar o seguinte:<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En primeiro lugar o Sr. Alcalde manifesta defender a legalidade pero pasa amplamente dos <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/08\/o-defensor-del-pueblo-apoia-de-novo-ao.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">informes do Defensor del Pueblo, que, por segunda vez<\/a>, o d\u00eda 22 de Agosto notificoulle a falla de Informe de Impacto \u00e1 Rede Natura 2000, requisito impresindible para xestionar a concesi\u00f3n e conceder a licencia. Non se entende qu\u00e9 legalidade defende o concello de Ribadeo, despois de que a falla de ese informe lle fose notificada duas veces por un organismo oficial da categor\u00eda da oficina do Defensor. O Sr. Alcalde nen tan siquera fai unha m\u00ednima menci\u00f3n ou alusi\u00f3n ao Defensor. Lim\u00edtase a esquecelo como se non existise, e despois fai gabanza dunha suposta legalidade que interpreta \u00e1 sua maneira, sen mais explicaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Polo demais a nota do Concello incurre en vaguedades que amosan a sua intenci\u00f3n de abrir os apartamentos, desdec\u00edndose do seu compromiso de exixir \u00e1 Adminsitraci\u00f3n Portuaria o acceso libre dos veci\u00f1os e visitantes. Concretamente quix\u00e9ramos que nos crarexase a seguinte frase do seu comunicado:<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u201c<em>O rexedor asegurou que o concesionario presentou hai pouco unha terceira declaraci\u00f3n responsable na que garante o acceso p\u00fablico as\u00ed con ter arranzado as deficiencias detectadas polos t\u00e9cnicos municipais. <\/em>\u201c<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O problema \u00e9 moi doado de entender: \u00bfPode un concesionario particular \u201cgarantir\u201d o libre acceso \u00e1 Illa Pancha?. \u00bfNon quedamos en que ese asunto era competencia da Autoridade Portuar\u00eda? E ainda m\u00e1is: A concesi\u00f3n foi de cincocentos metros cadrados seg\u00fan consta na resoluci\u00f3n da Autoridade Portuaria. \u00bfPode legalmente un particular garantir o acceso aos 4300 metros cadrados da illa?.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Demasiados inqu\u00e9ritos e demasiada ambig\u00fcidade nas declaraci\u00f3n do Sr. Alcalde para contradecirse unha volta si e outra tam\u00e9n. L\u00e9mbrese cando dixo que o Defensor pod\u00eda ser un incompetente, para despois solicitar informaci\u00f3n e personarse no expediente deste organismo e rematar pasando dos sus informes. E agora admitindo a posibilidade de que un particular sexa o garante do acceso a unha illa, ate agora pechada ao p\u00fablico pola Autoridade Portuaria.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E logo \u00bf estas reviravoltas non forman parte dunha pol\u00edtica destinada a darlle paso aos apartamentos deixando no aer moitos inqu\u00e9ritos sobre a legalidade da tramitaci\u00f3n?. O informe t\u00e9cnico de Medio Ambiente sobre o impacto na rede Natura 2000 \u00bfNon era preceptivo e vinculante? \u00bfE non dixo o Defensor, repetidamente que non existe? \u00bfOnde vai a letan\u00eda sobre os informes preceptivos e vinculantes?. \u00bf E non \u00e9 unha decisi\u00f3n pol\u00edtica calculada con obxectivos electorais pasar duns informes e darlle prevalencia a outros?.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Dende logo nos non entendemos nada, as\u00ed que haber\u00e1 que agardar a que ve\u00f1a o dia\u00f1o e nolo explique. Pero mentres non chegue o d\u00eda seguiremos denunciando a falla de informaci\u00f3n e pensando que aqu\u00ed ainda hai moito que crarexar.<\/p>\n<p>COLECTIVO POR NUESTRO FARO<\/p>\n<p>Comentario:<\/p>\n<p>Asumindo a nota de prensa dun colectivo do que formo parte, coido que en un medio coma este p\u00f3dese desenvolver algunha das partes de xeito m\u00e1is amplo do que aparece no mesmo. Por suposto, coa historia que xa ten o colectivo, p\u00f3dense aportar moitos m\u00e1is datos, o que non farei para non cansar nin repetir. O mesmo pasa coa idea de fondo e razoamentos sobre a illa como ben com\u00fan e protexido, cousas que tam\u00e9n se esquecen na nota de pensa do concello. Dito o anterior:<\/p>\n<p>&#8211; A nota do alcalde fala de tres notas de declaraci\u00f3n responsable diferentes. Por suposto, debe entenderse que cada nota anular\u00eda a anterior. Tam\u00e9n, que cada rectificaci\u00f3n aporta menos credibilidade sobre unha actuaci\u00f3n responsable.<\/p>\n<p>&#8211; Na nota da alcald\u00eda f\u00e1lase da legalidade cando se est\u00e1n esquecendo os propios argumentos legais para a concesi\u00f3n da apertura polo concello. \u00c9 certo que con unha declaraci\u00f3n responsable p\u00f3dese abrir, pero se se pecha e logo non se esixe todo o que se ten que esixir (e a\u00ed est\u00e1 o informe do Defensor e ata onde sabemos, o incumprimento das condici\u00f3ns do contrato), \u00e9 un fallo do concello, tanto na licenza como para uso legal posterior.<\/p>\n<p>&#8211; O propio esquecemento do re-remarcado polo Defensor del Pueblo, resta argumentos a unha hipot\u00e9tica defensa da actuaci\u00f3n do concello. Algo que por unha parte vai en interese do todos, non xa como copropietarios da illa, sen\u00f3n tam\u00e9n na defensa dos nosos propios cartos, que son os que o concesionario pretende coa reclamaci\u00f3n interposta \u00f3 concello.<\/p>\n<p>&#8211; As declaraci\u00f3ns que, segundo o alcalde, fixo o concesionario topan de frente e contradinse cun documento que prevalecer\u00eda sobre elas e que o alcalde ten no seu poder, o contrato de concesi\u00f3n, que en ningures fala de que fora modificado, e que especifica que o portal de acceso \u00e1 illa&nbsp; permanecer\u00e1 cerrado sempre, salvo cando o abran os dende os seus veh\u00edculos os clientes do hotel.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjD9vwQC1rPmDxAIm_FZmr5IqkNoWCApm9jp4JXPAURdBMSboQpWwmjfJ4kJpJT8CUqPShrsA6Ai2HzsruRb-aMwyxe0kDQcNg7qU_yaDAm9YS4urCF3KVS-DQACZcMXJh93XzhDw\/s2048\/Pirate_Flag_of_Jack_Rackham.svg.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjD9vwQC1rPmDxAIm_FZmr5IqkNoWCApm9jp4JXPAURdBMSboQpWwmjfJ4kJpJT8CUqPShrsA6Ai2HzsruRb-aMwyxe0kDQcNg7qU_yaDAm9YS4urCF3KVS-DQACZcMXJh93XzhDw\/s2048\/Pirate_Flag_of_Jack_Rackham.svg.png\" \/><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p>&#8211; A declaraci\u00f3n responsable entendo que non se fai xusto cando se vai abrir, como se insin\u00faa na nota, sen\u00f3n \u00f3 presentar o papeleo para obrar. Iso implicar\u00eda que se no seu momento non se axustaba \u00e1 legalidade, como di a nota, non se lle debera xa conceder permiso de obra.<\/p>\n<p>En fin. Continuaremos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Deixo aqu\u00ed a nota de prensa do colectivo Por Nuestro Faro emitida onte, con alg\u00fan comentario meu engadido \u00f3 final. Ribadeo, 14 de setembro de 2017. &nbsp;&nbsp; Ao fio da \u00faltima nota informativa do Concello de Ribadeo encol do Proxecto de Apartamentos no Faro da Illa Pancha v\u00e9monos na obriga de crarexar o seguinte: &nbsp;&nbsp; [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5730","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5730","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5730"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5730\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5730"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5730"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5730"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}