{"id":5726,"date":"2017-09-20T08:46:00","date_gmt":"2017-09-20T06:46:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:34:13","modified_gmt":"2024-11-12T12:34:13","slug":"pleno-con-cous-dias-de-antelacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/20\/pleno-con-cous-dias-de-antelacion\/","title":{"rendered":"Pleno con dous d\u00edas de antelaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe decateime de algo moi raro nesta administraci\u00f3n local: apareceu unha <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2530&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota de prensa onte con informaci\u00f3n do pleno de ma\u00f1\u00e1<\/a>. Que a nota sexa en plan triunfalista por ter acumulado cartos en relaci\u00f3n a anos pasados e marcando unha li\u00f1a ascendente non desmerece que sexa informaci\u00f3n sobre un pleno dada cunha antelaci\u00f3n deco\u00f1ecida.<\/p>\n<p>Pode que a antelaci\u00f3n te\u00f1a que ver o anuncio dun grupo pol\u00edtico, o PSOE, de gravar os plenos para logo colgalos en internet a disposici\u00f3n dos veci\u00f1os, o que certamente ten visos de mellorar en moito o que te\u00f1o feito longo tempo de presentar aqu\u00ed unha cr\u00f3nica a modo de acta do d\u00eda seguinte, e para o que fixen unha etiqueta (a\u00ednda que preste acubillo a outros comentarios sobre os plenos, coma este): <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/plenos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">plenos<\/a>. Non sei o que durar\u00e1, pois o l\u00f3xico ser\u00eda que o goberno municipal, que coido xa grava dende hai tempo o son dos plenos para facilitar as actas, puxera a disposici\u00f3n dos veci\u00f1os dito son, en troque de retrasar o colgado de actas de xeito que na actualidade <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/eadministracion\/plenosd.php?id=32&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">a \u00faltima acta que se pode ver na p\u00e1xina web do concello \u00e9 de setembro de 2015<\/a>. E agora, coa competencia do PSOE, puxera o v\u00eddeo despois de emitilo en directo. Veremos.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiWu2SlFNl0PLw3mjttP3mqk1EiNGP4KRWNaKynb-fwMpD1TROZZQP8GwLLnd_T2-ekg5r1KB3A2xUAEdtutXA9XPOeiqzpcyTYoxOR9Q9B66xSItON8DrV0KRsQs5UD-n2ODKZXA\/s2048\/actas+dos+plenos+de+2015.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiWu2SlFNl0PLw3mjttP3mqk1EiNGP4KRWNaKynb-fwMpD1TROZZQP8GwLLnd_T2-ekg5r1KB3A2xUAEdtutXA9XPOeiqzpcyTYoxOR9Q9B66xSItON8DrV0KRsQs5UD-n2ODKZXA\/s2048\/actas+dos+plenos+de+2015.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>E, logo, de que vai o pleno do xoves, de ma\u00f1\u00e1?<\/p>\n<p>Ben, a convocatoria non est\u00e1 colgada, logo temos que recorrer \u00e1 nota de propaganda:<\/p>\n<p><em>Novas<\/em><\/p>\n<p><em>TAM\u00c9N SE VER\u00c1N NESTA SESI\u00d3N OS FESTIVOS LOCAIS DE 2018<\/em><\/p>\n<p><em>Pleno ordinario, este xoves<\/em><\/p>\n<p><em>19\/09\/2017<\/em><\/p>\n<p><em>O Concello conta cun remanente positivo de 1 500 000 euros e un resultado orzamentario positivo en 930 000 euros. Estas son as cifras da conta xeral de 2016, que se someter\u00e1 a aprobaci\u00f3n no pleno ordinario que ter\u00e1 lugar este xoves, 21 de setembro.  O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, subli\u00f1ou que o per\u00edodo medio de pago a provedores est\u00e1 en 9 d\u00edas, unha vez que as facturas son aprobadas.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor contou que &#8220;para este pleno ordinario, que se vai celebrar aqu\u00ed en Ribadeo o vindeiro xoves, 21 de setembro, \u00e1s 20:30 horas hai unha serie de asuntos, pero eu quixera destacar os de \u00edndole econ\u00f3mica, entre os que figura a aprobaci\u00f3n da conta xeral de 2016. Tr\u00e1tase dun documento t\u00e9cnico que hai que remitir, como nos \u00faltimos anos, ao Tribunal de Contas e nas cales incl\u00fae a liquidaci\u00f3n do ano pasado&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Para Fernando Su\u00e1rez &#8220;debemos dicir con orgullo de que se contin\u00faa na li\u00f1a de estes \u00faltimos anos. Volvemos ter un remanente positivo, \u00e9 dicir unha acumulaci\u00f3n de liquidez importante, incluso superior \u00e1 do ano pasado, xa que chega ao mill\u00f3n cincocentos mil euros, mentres que no 2016 era de 1 300 000 euros. O resultado orzamentario sigue sendo positivo en 930 000 euros. \u00c9 dicir, que en todo o exercicio anterior tivemos m\u00e1is ingresos que gastos, de a\u00ed que tiv\u00e9ramos un balance positivo ao final do ano&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense dixo que &#8220;todo isto \u00e9 positivo porque temos un plan econ\u00f3mico financieiro de estabilidade, que a\u00ednda sigue vixente, pero neste ano cumprimos todos os seus obxectivos e estamos encarando sen d\u00fabida o \u00faltimo ano de vixencia deste plan. E neste ano contamos cumprir para quede sen efecto este plan, que non deixa de ser un cors\u00e9&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia subli\u00f1ou que &#8220;aproveitamos o remanente que estou a comentar para amortizar moit\u00edsimo a d\u00e9beda bancaria, practicamente en dous anos (neste e no anterior) amortizamos 1 200 000 euros, moito deste di\u00f1eiro de maneira anticipada e non s\u00f3 coas cotas que ti\u00f1amos asignadas de xeito peri\u00f3dico. Polo tanto este pr\u00e9stamo do plan de pagamento a provedores, que tivemos que solicitar hai un tempo, contamos liquidalo no ano que ven&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor engadiu que &#8220;ao mesmo tempo destas cifras macroecon\u00f3micas as m\u00e1is microecon\u00f3micas, as que os provedores moitas veces miran con lupa, que \u00e9 o per\u00edodo medio da pagamento que temos, e que para este segundo trimestre se sit\u00faa nuns nove d\u00edas. Hai que ter en conta que os Concellos temos 30 d\u00edas para aprobar as facturas que nos entran, pero a media, unha vez superado este tr\u00e1mite de aprobaci\u00f3n da factura, est\u00e1 en nove d\u00edas, que \u00e9 algo realmente moi positivo e que, como digo moitas veces, hai dez anos cando a honra de ter a alcald\u00eda por primeira vez estas cifras mareaban porque estaban os prazos de pago practicamente a un ano vista. Nada que ver con aquel momento, si temos moitos retos por diante, si necesitamos ter o m\u00fasculo que se precisa para todos os proxectos que temos en marcha. E estamos convencidos de que os iremos levando adiante, tal e como fomos levando adiante todo o que nos propuxemos&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Ao pleno deste xoves tam\u00e9n ir\u00e1n os festivos locais de 2018: &#8220;volvemos propo\u00f1er, e ademais foi un acordo un\u00e1nime na comisi\u00f3n informativa previa, o d\u00eda de San Roque (xoves 16 de agosto) e o d\u00eda da patroa (s\u00e1bado 8 de setembro)&#8221;<\/em>.<\/p>\n<p>E o resto de temas a tratar? Como non se publicou a convocatoria na web, haber\u00e1 que esperar (ou bucear entre os papeis diversos \u00e1 entrada do concello, onde debera estar como podemos colixir unha vez vista a nota de prensa).<\/p>\n<p>Unha aclaraci\u00f3n sobre os pagos: 30 d\u00edas de aprobaci\u00f3n de factura m\u00e1is 9 d\u00edas son 39 d\u00edas entre presentaci\u00f3n de factura e pago, por termo medio, o que non est\u00e1 nada mal, pero o remarcar &#8216;9 d\u00edas&#8217; pr\u00e9stase a confusi\u00f3n.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, dicir que ler unha nota de prensa e comparala co presentado polos xornais \u00e9 un exercicio saudable que aconsello.<\/p>\n<p>Nota: Para adecuar \u00e1 normativa de presentaci\u00f3n de cifras, quiteille os . cada agrupamento de n\u00fameros (1 300 000 e non 1.300.000) como ve\u00f1o facendo, e algunha pequena correcci\u00f3n m\u00e1is.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe decateime de algo moi raro nesta administraci\u00f3n local: apareceu unha nota de prensa onte con informaci\u00f3n do pleno de ma\u00f1\u00e1. Que a nota sexa en plan triunfalista por ter acumulado cartos en relaci\u00f3n a anos pasados e marcando unha li\u00f1a ascendente non desmerece que sexa informaci\u00f3n sobre un pleno dada cunha antelaci\u00f3n deco\u00f1ecida. Pode [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,42],"class_list":["post-5726","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5726","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5726"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5726\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5726"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5726"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5726"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}