{"id":5722,"date":"2017-09-25T17:49:00","date_gmt":"2017-09-25T15:49:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:34:06","modified_gmt":"2024-11-12T12:34:06","slug":"o-pleno-de-xoves-para-posteridade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/25\/o-pleno-de-xoves-para-posteridade\/","title":{"rendered":"O pleno de xoves, para a posteridade"},"content":{"rendered":"<p>O <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/09\/pleno-con-cous-dias-de-antelacion.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">pleno do xoves<\/a> p\u00f3dese ver agora en v\u00eddeo, xentileza do <a href=\"https:\/\/es-es.facebook.com\/Agrupacion-Psoe-Ribadeo-240785049324340\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">PSOE ribadense<\/a>, e p\u00f3\u00f1oo a continuaci\u00f3n despois da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/09\/alzase-o-faro-no-pleno.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">entrada anterior, coa parte do pleno correspondente \u00e1 pregunta sobre a illa Pancha<\/a>:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" allowfullscreen=\"\" class=\"YOUTUBE-iframe-video\" data-thumbnail-src=\"https:\/\/i.ytimg.com\/vi\/EZpxz09EqoU\/0.jpg\" frameborder=\"0\" height=\"266\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/EZpxz09EqoU?feature=player_embedded\" width=\"320\"><\/iframe><\/p>\n<p>\u00c9 de esperar que a calidade vaia mellorando&#8230; e a respostas, tam\u00e9n. <\/p>\n<p>Como contraste e comparaci\u00f3n, deixo abaixo a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2536&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota de prensa do concello<\/a>, posterior \u00f3 pleno, pensando no que di, no que non di, e en como o di:<\/p>\n<p>&#8221; <\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>APROB\u00c1RONSE UNHA MOCI\u00d3N DO PSOE E OUTRA DO BNG<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\">\n<em>Pleno, onte<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">22\/09\/2017<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p class=\"intro\"><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, am\u00f3sase sorprendido e<br \/>\n indignado polo abandono por parte dos concelleiros do Partido Popular<br \/>\ndo pleno celebrado onte, cando membros da plataforma sanitaria acudiron \u00e1<br \/>\n sesi\u00f3n portando unha pancarta en defensa da \u00e1rea sanitaria da Mari\u00f1a. O<br \/>\n rexedor considera que \u00e9 un asunto que preocupa moito \u00e1 veci\u00f1anza de<br \/>\nRibadeo e que hab\u00eda que debater. Su\u00e1rez Barcia subli\u00f1a que o PP onde \u00e9<br \/>\noposici\u00f3n, como en Asturias, critica a fusi\u00f3n encuberta das \u00e1reas<br \/>\nsanitarias e onde \u00e9 goberno, como en Galicia, di todo o contrario e nega<br \/>\n que isto sexa as\u00ed. <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><em>O alcalde ribadense cualificou a sesi\u00f3n de &#8220;interesante&#8221; en<br \/>\nreferencia a &#8220;este pleno ordinario que tivo lugar onte \u00e1 noite en<br \/>\nRibadeo, onde moitos dos asuntos eran t\u00e9cnicos e econ\u00f3micos sobre todo<br \/>\npara dar conta da marcha da econom\u00eda municipal que, sen ser a mellor do<br \/>\nmundo, imos tirando con moita dignidade con remanentes de tesourer\u00eda<br \/>\npositivos e con per\u00edodos medios de pago m\u00e1is que decentes&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando<br \/>\n Su\u00e1rez dixo que &#8220;hab\u00eda outros puntos na orde do d\u00eda dun pleno que non<br \/>\nson tan t\u00e9cnicos, son de debate sobre cuesti\u00f3ns que lle afectan tam\u00e9n<br \/>\naos nosos veci\u00f1os e \u00e1s nosas veci\u00f1as e a\u00ednda que non te\u00f1an que ver<br \/>\ndirectamente co Concello de Ribadeo si que a Corporaci\u00f3n, como \u00f3rgano<br \/>\ncolexiado e pol\u00edtico, quere po\u00f1er o seu grao de area para dar a s\u00faa<br \/>\nopini\u00f3n sobre algo se lle gusta ou non. Estoume referindo \u00e1 proposta que<br \/>\n trouxemos sobre o mantemento da \u00e1rea sanitaria da Mari\u00f1a&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O<br \/>\nrexedor ribadense subli\u00f1ou que &#8220;\u00e9 algo que est\u00e1 no debate p\u00fablico, e que<br \/>\n moit\u00edsima xente e moit\u00edsimos profesionais da sanidade p\u00fablica do<br \/>\nHospital da Costa nos manifestan a diario, e estamos vendo que hai unha<br \/>\nclara intenci\u00f3n do goberno galego a trav\u00e9s da aprobaci\u00f3n desta nova lei<br \/>\nde sa\u00fade p\u00fablica de que desapareza a \u00e1rea sanitaria da Mari\u00f1a e de que o<br \/>\n Hospital da Costa sexa un mero ap\u00e9ndice e un mero ambulatorio do HULA<br \/>\nde Lugo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Para Su\u00e1rez Barcia &#8220;a nosa sorpresa foi cando o grupo<br \/>\nmunicipal do Partido Popular abandonou o pleno porque varios integrantes<br \/>\n da Plataforma da Sanidade P\u00fablica da Mari\u00f1a entraron no sal\u00f3n de plenos<br \/>\n cunha pancarta que po\u00f1\u00eda Non \u00e1 supresi\u00f3n da \u00e1rea sanitaria da Mari\u00f1a.<br \/>\nEntraron con educaci\u00f3n, sen abrir a boca e en absoluto increparon a<br \/>\nningu\u00e9n, simplemente despregaron unha pancarta. Eu levo varios anos xa<br \/>\nno Concello de Ribadeo e viv\u00edn cando hab\u00eda plenos con duascentas<br \/>\npersoas, cando hab\u00eda tensi\u00f3n nos plenos, incluso viv\u00edn no mandato<br \/>\nanterior cando esta mesma Plataforma Sanitaria entrou cunha pancarta e<br \/>\nnon pasou nada. Quizais eran outras as persoas que estaban na<br \/>\nCorporaci\u00f3n anteriormente&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense explicou que &#8220;o<br \/>\nque me indigna a min, e entendo que ao resto de grupos da Corporaci\u00f3n<br \/>\nque al\u00ed quedaron, \u00e9 o marcharse para faltar a un debate. Noutros<br \/>\nmandatos anteriores hab\u00eda valent\u00eda de todos os grupos para manter as<br \/>\nposici\u00f3ns propias a\u00ednda que foran contrarias ao sentir xeral do pleno ou<br \/>\n ao do p\u00fablico asistente, pero o que vimos onte non ten parang\u00f3n. Os<br \/>\nmembros do grupo municipal do PP non son capaces de romper a disciplina<br \/>\nde partido, nin de defender algo que \u00e9 obvio nun tema que tanto afecta \u00e1<br \/>\n xente da Mari\u00f1a e particularmente a n\u00f3s, \u00e1 xente de Ribadeo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando<br \/>\n Su\u00e1rez insistiu en que &#8220;o que estamos dicindo, e o que di a Plataforma<br \/>\nda Sanidade P\u00fablica da Mari\u00f1a e os profesionais de Burela con respecto a<br \/>\n esta modificaci\u00f3n da lei \u00e9 que antes os recursos estaban en funci\u00f3n das<br \/>\n necesidades da poboaci\u00f3n e que agora con este proxecto de lei que est\u00e1<br \/>\nen tr\u00e1mite, estar\u00e1n en funci\u00f3n dos recursos econ\u00f3micos existentes que o<br \/>\ngoberno de turno, \u00e9 dicir o goberno do PP da Xunta de Galicia, queira<br \/>\nincorporar, e iso \u00e9 algo que \u00e9 fundamental. Polo tanto non querer<br \/>\ndebater, non querer asumir ou non querer dar a cara nestes debates deixa<br \/>\n moito que desexar destes representantes do pobo. A min tam\u00e9n me molesta<br \/>\n cando me critican, ou cando poida haber xente no p\u00fablico que non estea<br \/>\nde acordo co que nosoutros opinamos, pero non por iso nos marchamos. Iso<br \/>\n \u00e9 algo que para ser concelleiro hab\u00eda que telo claro desde o momento en<br \/>\n que un se quere presentar a unhas elecci\u00f3ns&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde<br \/>\nribadense engadiu que &#8220;o resto de grupos da Corporaci\u00f3n estivemos de<br \/>\nacordo, o Bloque, o PSOE e Ciudadanos, en que queremos po\u00f1er o noso grao<br \/>\n de area e opini\u00f3n p\u00fablica en que non queremos a supresi\u00f3n da \u00e1rea<br \/>\nsanitaria da Mari\u00f1a, e non o dicimos n\u00f3s porque non sexamos parte do<br \/>\ngoberno galego. Fac\u00edame moita graza escoitar onte mesmo \u00e1 presidenta do<br \/>\nPP asturiano como se laiaba de que o Principado de Asturias, que non<br \/>\nest\u00e1 gobernado polo PP, estea facendo unha fusi\u00f3n encuberta de \u00e1reas<br \/>\nsanitarias, o mesmi\u00f1o que aqu\u00ed. Al\u00ed o PP est\u00e1 na oposici\u00f3n e por iso se<br \/>\nlaia tanto, pero aqu\u00ed en Galicia como o PP goberna na Xunta todos os<br \/>\nseus lacaios no resto de Concellos en vez de romper unha lanza en favor<br \/>\ndo sentido com\u00fan prefiren marchar do pleno e non debater<br \/>\nconvenientemente as diferentes opini\u00f3ns pol\u00edticas&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Moci\u00f3ns<br \/>\nFernando<br \/>\n Su\u00e1rez tam\u00e9n se referiu a outros asuntos tratados no pleno de onte que<br \/>\n&#8220;o resto de grupos que quedamos al\u00ed acordamos aprobar por unanimidade<br \/>\nunha moci\u00f3n do PSOE para instar \u00e1 Xunta de Galicia ao incremento<br \/>\necon\u00f3mico dos plans de mellora de cami\u00f1os municipais, e unha moci\u00f3n do<br \/>\nBNG sobre o Pazo de Meir\u00e1s e a Fundaci\u00f3n Francisco Franco no senso de<br \/>\nfacer unha condena p\u00fablica das actuaci\u00f3ns e das actitudes da Fundaci\u00f3n<br \/>\nFranco e da s\u00faa familia ao respecto da situaci\u00f3n de vergo\u00f1a e espolio na<br \/>\n que mante\u00f1en o Pazo de Meir\u00e1s. No apartado de rogos e preguntas houbo<br \/>\nvarios feitos pola oposici\u00f3n nas que algunhas te\u00f1en raz\u00f3n e intentaremos<br \/>\n corrixir e outras coas que non estamos de acordo explicamos cal \u00e9 a<br \/>\nnosa motivaci\u00f3n&#8221;.&nbsp;<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;&#8221;<\/p>\n<p>&nbsp;Por \u00faltimo, a\u00ednda agora non podo acompa\u00f1ar a entrada coa convocatoria porque non est\u00e1 dispo\u00f1ible na rede.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pleno do xoves p\u00f3dese ver agora en v\u00eddeo, xentileza do PSOE ribadense, e p\u00f3\u00f1oo a continuaci\u00f3n despois da entrada anterior, coa parte do pleno correspondente \u00e1 pregunta sobre a illa Pancha: \u00c9 de esperar que a calidade vaia mellorando&#8230; e a respostas, tam\u00e9n. Como contraste e comparaci\u00f3n, deixo abaixo a nota de prensa do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[42],"class_list":["post-5722","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-plenos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5722","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5722"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5722\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5722"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5722"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5722"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}