{"id":5718,"date":"2017-09-27T08:01:00","date_gmt":"2017-09-27T06:01:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:33:55","modified_gmt":"2024-11-12T12:33:55","slug":"en-novembro-residencia-de-ancians","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/27\/en-novembro-residencia-de-ancians\/","title":{"rendered":"En novembro, a residencia de anci\u00e1ns estar\u00e1 equipada"},"content":{"rendered":"<p>As\u00ed se desprende da nota de prensa que apareceu onte \u00e1 noite na web do concello. \u00c9 un paso m\u00e1is (non a &#8216;conclusi\u00f3n da primeira fase&#8217;) cara a que Ribadeo dispo\u00f1a dunha residencia de anci\u00e1ns adecuada a m\u00e1is da moi escasa e con lagoas que hai na actualidade. Dende a comisi\u00f3n pro Residencia seguimos traballando.<\/p>\n<p>Son 203 000 \u20ac de importe para as zonas com\u00fans e habitaci\u00f3ns, e 75 000 \u20ac m\u00e1is para a coci\u00f1a, con contrato asinado onte e tempo de entrega &#8216;algo m\u00e1is dun mes&#8217;.<\/p>\n<p>Deixo abaixo a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2538&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota de prensa<\/a>, lembrando que \u00e9 iso, unha nota de prensa do concello.<\/p>\n<p class=\"imgnovas\"><img decoding=\"async\" alt=\"Foto sinatura equipamento\" src=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/imx\/1506452292260917_Foto_sinatura_equipamento_3_-_copia.JPG\" \/><\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>AS\u00cd CONCL\u00daE A 1\u00aa FASE &#8220;DESTE SO\u00d1O COLECTIVO&#8221;, DIXO BARCIA<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\">\n<em>Equipamento para a residencia<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">26\/09\/2017<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p class=\"intro\"><em>No Concello tivo lugar esta tarde a sinatura dos<br \/>\n contratos coas empresas que proceder\u00e1n a equipar de mobiliario \u00e1 nova<br \/>\nresidencia de maiores. O investimento total ascende a 278 000 euros. O<br \/>\nalcalde, Fernando Su\u00e1rez, subli\u00f1ou que &#8220;foi un proceso administrativo<br \/>\ncomplexo e longo debido \u00e1 s\u00faa magnitude econ\u00f3mica&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><em>&nbsp;O rexedor declarou que &#8220;no d\u00eda de hoxe materializamos un novo paso<br \/>\nneste so\u00f1o colectivo, que \u00e9 a residencia municipal de maiores de<br \/>\nRibadeo, coa sinatura destes dous contratos para o seu equipamento. Foi<br \/>\nun proceso administrativo complexo e longo polo seu montante econ\u00f3mico,<br \/>\ndado que empezamos en maio a tramitar coa publicaci\u00f3n do anuncio de<br \/>\nlicitaci\u00f3n no Diario Oficial da Uni\u00f3n Europea, pola magnitude<br \/>\necon\u00f3mica&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia dixo que &#8220;despois dun longo proceso de<br \/>\n publicaci\u00f3n, de presentaci\u00f3n de ofertas, de selecci\u00f3n, de dotaci\u00f3n das<br \/>\ngarant\u00edas necesarias, etc\u00e9tera, con todos os parab\u00e9ns t\u00e9cnicos e<br \/>\nxur\u00eddicos, no d\u00eda de hoxe vimos de asinar este contrato coa empresa<br \/>\nL\u00f3gica para o que ten que ver co equipamento de camas, camas<br \/>\narticuladas, mesi\u00f1as, cortinaxes, todo o mobiliario para as salas de<br \/>\nestar e para as zonas com\u00fans, etc\u00e9tera, por un importe de 203 000 euros.<br \/>\n E tam\u00e9n vimos de asinar un contrato coa empresa Alarsa por importe de<br \/>\n75 000 euros para todo o que ten que ver coa coci\u00f1a, os<br \/>\nelectrodom\u00e9sticos, a lavander\u00eda, etc\u00e9tera, que contan con moitos avances<br \/>\n e incluso con facilidades ergon\u00f3micas tanto para os traballadores como<br \/>\npara os usuarios, ademais todo cunha capacidade sobrada para todas as<br \/>\npersoas que traballen e vivan al\u00ed&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde indicou que &#8220;en<br \/>\ndefinitiva son 278 000 euros de di\u00f1eiro p\u00fablico, que unha parte moi<br \/>\nimportante, coma sempre, est\u00e1 participada pola Deputaci\u00f3n Provincial de<br \/>\nLugo, que se portou moi ben cos veci\u00f1os e veci\u00f1as de Ribadeo nestes<br \/>\n\u00faltimos anos. A\u00ednda que non foi as\u00ed por parte do resto de<br \/>\nadministraci\u00f3ns, a Deputaci\u00f3n sempre estivo moi achegada aos problemas e<br \/>\n necesidades de Ribadeo e \u00e1s reivindicaci\u00f3ns que desde o Concello lle<br \/>\nfixemos, sempre contando coa participaci\u00f3n de todos os grupos pol\u00edticos,<br \/>\n a\u00ednda que neste mandato o grupo municipal do Partido Popular<br \/>\ndesgraciadamente non quixo estar nesta loita colectiva que levamos<br \/>\nmantido entre todos&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez engadiu que &#8220;agora o prazo<br \/>\npara a dotaci\u00f3n deste equipamento ser\u00e1 dun mes e pico. E as\u00ed estamos<br \/>\niniciando o principio do final desta primeira fase, que consist\u00eda na<br \/>\ndisposici\u00f3n dos terreos, na licitaci\u00f3n e construci\u00f3n do edificio, coa<br \/>\ndemolici\u00f3n previa das vivendas dos profesores e agora culminamos esta<br \/>\nprimeira fase co equipamento. A partir de a\u00ed iniciaremos unha segunda<br \/>\nfase, que ser\u00e1 a consecuci\u00f3n das autorizaci\u00f3ns previas da Xunta de<br \/>\nGalicia para a s\u00faa posta en funcionamento \u00e1 maior brevidade posible&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>No<br \/>\n acto celebrado esta tarde no Concello estiveron ademais do alcalde, a<br \/>\nconcelleira de Servizos Socisanitarios, o secretario municipal e<br \/>\nrepresentantes das empresas asinantes. <\/em><\/p>\n<p>Nota final: Tentei procurar o <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2381&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Diario Oficial da Uni\u00f3n Europea do d\u00eda 8 de abril, no que supostamente saiu&nbsp; un anuncio relacionado coa residencia<\/a>, mais nin no do 8 nin no do 7 vin nada.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As\u00ed se desprende da nota de prensa que apareceu onte \u00e1 noite na web do concello. \u00c9 un paso m\u00e1is (non a &#8216;conclusi\u00f3n da primeira fase&#8217;) cara a que Ribadeo dispo\u00f1a dunha residencia de anci\u00e1ns adecuada a m\u00e1is da moi escasa e con lagoas que hai na actualidade. Dende a comisi\u00f3n pro Residencia seguimos traballando. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[64],"class_list":["post-5718","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-residencia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5718","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5718"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5718\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5718"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5718"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5718"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}