{"id":5716,"date":"2017-09-28T14:55:00","date_gmt":"2017-09-28T12:55:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:33:52","modified_gmt":"2024-11-12T12:33:52","slug":"pleno-baleiro-pregunta-sen-resposta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/28\/pleno-baleiro-pregunta-sen-resposta\/","title":{"rendered":"PLENO BALEIRO : PREGUNTA SEN RESPOSTA. Colectivo &#8216;Por nuestro Faro&#8217;"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhFN4jurzOh2brimkOZCg_kDc43VgYMKL0S9mqFIWH14Ldy835UU3_RO9gfC0T4nm7ULzcs8n0fD3sD8-SPAql6gHZkH7wJGIxv05NBwraFJoVozM8u6_yUyOO9eKVgMyAZlX_6lg\/s2048\/auga.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhFN4jurzOh2brimkOZCg_kDc43VgYMKL0S9mqFIWH14Ldy835UU3_RO9gfC0T4nm7ULzcs8n0fD3sD8-SPAql6gHZkH7wJGIxv05NBwraFJoVozM8u6_yUyOO9eKVgMyAZlX_6lg\/s2048\/auga.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; No Pleno Municipal do pasado 21 de Setembro&nbsp; a concelleira do PSOE Dna. Aurora Gonz\u00e1lez preguntou ao Sr. Alcalde pola sua resposta ao <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/08\/o-defensor-del-pueblo-apoia-de-novo-ao.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">informe do Defensor del Pueblo recibido o 22 de agosto<\/a>. Nese informe o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/02\/escrito-de-resposta-do-defensor-del.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Defensor del Pueblo ratificouse no emitido o d\u00eda 16 de febreiro de 2017<\/a> no que xa se tivera pronunciado sobre a falla do informe de non afeccion a Rede Natura 2000 no expediente que conduciu a concesi\u00f3n da illa Pancha para dous apartamentos tur\u00edsticos e posterior licencia de obras outorgada polo Concello. Compre suli\u00f1ar que, no seu primeiro documento do 16 de febreiro, o Defensor suxer\u00eda a paralizaci\u00f3n das obras ata que se subsanasen as deficiencias detectadas, pero Concello, Xunta e Puertos fixeron caso omiso, abrironse os apartamentos, e volveron pecharse por outras deficiencias, pero o informe cuxa carencia denunciou o Defensor segue sen aparecer. Compre lembrar que xa no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/03\/nove-puntos-e-tres-mocions-pleno.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">pleno do 23 de Marzo de 2017<\/a> a mesma concelleira preguntou polo mesmo asunto con referencia \u00e1 comunicaci\u00f3n do Defensor do 16 de febreiro sen conquerir m\u00e1is que evasivas, chegando o alcalde a afirmar que o Defensor pod\u00eda ser un incompetente.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/09\/alzase-o-faro-no-pleno.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">resposta do pasado 21 de setembro<\/a> poder\u00edase calificar de alucinante se non andivesemos por terreos xa moi pisados: o Sr. Alcalde volta a acubillarse \u00e1 defensiva baixo o t\u00f3pico de que&nbsp; as&nbsp; licencias son actividades regradas, cousa que ningu\u00e9n lle discute nen lle preguntou, a pregunta \u00e9 qu\u00e9 fai o Concello cando se lle advirte que falta un informe preceptivo e vinculante dado que esa carencia cuestiona a legalidade de todo o proceso que remata na concesi\u00f3n da licencia. E aqu\u00ed, como hai seis meses, non hai resposta coherente senon simples evasivas: que o Defensor \u00e9 un simple consultor sen competencias executivas, en \u00faltima instancia que a sua opinion \u00e9 de inferior calidade que a dos servizos xur\u00eddicos da Autoridade Portuaria, que adem\u00e1is de ser a promotora do programa \u201cFaros de Espa\u00f1a\u201d goza do privilexio da infalibilidade seg\u00fan criterio do Sr. Alcalde de Ribadeo. En fin, o Sr. Alcalde pretende convencernos de que mirar para outro lado ou ponerse de perfil non son decisi\u00f3ns pol\u00edticas pero non nos explica por qu\u00e9 consultou ao Defensor cando foi o asunto das luces da ponte. Ao mellor non se sab\u00eda daquela que s\u00f3 era un consultor intrascendente. Para rematar, a imaxe que da o Sr. Alcalde de Ribadeo \u00e9 a de quen non pode xustificar a s\u00faa politica contraditoria, esva\u00edda, partidaria de privatizar o noso patrimonio e, s\u00ed, unha vez ao ano ir contemplar como voan os paxari\u00f1os, foto promocional incluida.<\/p>\n<p>Colectivo \u201cPor nuestro faro\u201d<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; No Pleno Municipal do pasado 21 de Setembro&nbsp; a concelleira do PSOE Dna. Aurora Gonz\u00e1lez preguntou ao Sr. Alcalde pola sua resposta ao informe do Defensor del Pueblo recibido o 22 de agosto. Nese informe o Defensor del Pueblo ratificouse no emitido o d\u00eda 16 de febreiro de 2017 no que xa se tivera [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-5716","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5716","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5716"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5716\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5716"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5716"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5716"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}