{"id":5710,"date":"2017-10-02T18:04:00","date_gmt":"2017-10-02T16:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:33:43","modified_gmt":"2024-11-12T12:33:43","slug":"escudos-de-armas-dos-menendez-navia-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/10\/02\/escudos-de-armas-dos-menendez-navia-e\/","title":{"rendered":"ESCUDOS DE ARMAS DOS MEN\u00c9NDEZ NAVIA E VILLAAMIL. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhFHbYH_yGn7kTnseq09HAcwc07TvfrdM8GUiRLeuFOoagy3Zy5yJ8f6jC0PUtsDYJFQB6h5Mbht84_86AMcMYOAWNvlvHSlutsZs5Wi6xh28VjnxmsKMxYXTZm7KLVpoRlhet0vA\/s2048\/Rioca%25C3%25ADnzos+1642.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhFHbYH_yGn7kTnseq09HAcwc07TvfrdM8GUiRLeuFOoagy3Zy5yJ8f6jC0PUtsDYJFQB6h5Mbht84_86AMcMYOAWNvlvHSlutsZs5Wi6xh28VjnxmsKMxYXTZm7KLVpoRlhet0vA\/s2048\/Rioca%25C3%25ADnzos+1642.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Foto 1. Rioca\u00ednzos (1642)<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Este primeiro Escudo de Armas de forma ovalada da (foto 1, cortes\u00eda de D. Joaquin del Pino Calvo Sotelo), tallado en pedra marm\u00f3rea, mantense en case perfecto estado de conservaci\u00f3n nas propiedades de <a href=\"http:\/\/www.openstreetmap.org\/way\/172234403#map=16\/43.5428\/-7.0981\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Riocainzos de Vilaframil<\/a>, e o segundo da (foto 2, cortes\u00eda de D. <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=Emilio+Pi%C3%B1eiroa\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Emilio Pi\u00f1eiroa Lozano<\/a>) est\u00e1 situado nunha casa de San Caetano en <a href=\"http:\/\/www.openstreetmap.org\/search?query=Celeiro%20de%20Mari%C3%B1aos#map=14\/43.5152\/-7.2744\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Celeiro de Mari\u00f1aos<\/a>. <\/p>\n<p>O primeiro, est\u00e1 esculpido sobre unha cartela, representando un pergami\u00f1o de bordes rotos, cuxas voltas, cara arriba, tanto nos soportes (partes laterais) como no sost\u00e9n (parte baixa), as\u00ed como as voltas, cara abaixo, sobre os catro cant\u00f3s, fan resaltar o conxunto art\u00edstico nunha arm\u00f3nica e elegante representaci\u00f3n her\u00e1ldica de adusta beleza. Est\u00e1 timbrado cunha cruz cristi\u00e1 pometeada (cos brazos laterais e alto, rematados en pomos en forma de bolas) [Nota: a cruz cristi\u00e1 ten os brazos laterais e o alto iguais, neste caso, o alto \u00e9 algo m\u00e1is curto, e o baixo sempre m\u00e1is largo].<\/p>\n<p>Estas Armas, son dunha dinast\u00eda de fidalgos cuxa ampla estirpe se estende por t\u00f3dalas Terras de Ribadeo e de Miranda. Varios membros viviron no n\u00facleo urbano de Ribadeo, onde hai tres escudos de distinto estilo, pero coas Armas iguais: o da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/05\/celebrando-o-dia-das-letras-galegas-na.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Casa Brasonada do parque<\/a> (antigo comercio de Maseda) e o da<a href=\"https:\/\/www.blogger.com\/null\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Casa do Pat\u00edn<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 21-Maio-2016), as\u00ed como, o escudo dereito, segundo miramos o altar maior da capela de San Roque (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/08\/escudo-de-armas-da-casa-de-quintalonga.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo de Armas da Casa de Quintalonga de Santalla de Vilaosende<\/a>, tam\u00e9n en La Comarca del Eo 19-Agosto-2017).<\/p>\n<p>\u00c1mbolos dous escudos que relatamos hoxe, presentan as mesmas Armas hereditarias, con lixeiras diferenzas, da familia de D. Balthasar MENENDEZ da Casa de NAVIA DEL LIMONAR, sita no solar da vila de Navia, cuxa descendencia lle ven por li\u00f1a agnaticia ou recta de var\u00f3n: pai, av\u00f3, bisav\u00f3 e m\u00e1is ascendentes, e da vila de VILLAAMIL, de cuxos solares se intitulaba e a quen pertencen ditas Armas do escudo, e das dos FUERTES e SIERRA, \u201cde quien tambi\u00e9n desciendo por hembra\u201d (extractos dun artigo do xenealoxista mindoniense, D. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Xos%C3%A9%20Isidro%20Fern%C3%A1ndez\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Xos\u00e9 Isidro Fern\u00e1ndez Vilalba<\/a> (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=Cidre\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Cidre<\/a>) publicado na revista galega \u201c<a href=\"http:\/\/www.terraetempo.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Terra e Tempo<\/a>\u201d o 10-Febreiro-2016, <a href=\"http:\/\/www.terraetempo.gal\/artigo.php?artigo=4127&amp;seccion=13\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">referente a un testamento de 1668<\/a>, do que xa fixemos referencia no artigo \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/02\/escudos-do-altar-maior-de-santa-maria.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudos do Altar Maior de Sta. Mar\u00eda do Campo<\/a>, tam\u00e9n en La Comarca del Eo 4-Marzo-2017).<\/p>\n<p>As verbas deste testamento est\u00e1n corroboradas, nas propias lendas que destacan no adorno exterior do Escudo de Armas (foto 1). Na parte alta, na chamada \u201cDivisa\u201d (lenda escrita en letras mai\u00fasculas sobre unha cinta) que en Her\u00e1ldica \u00e9 unha frase que de forma concisa e significativa, representa un ideal ou programa de vida, que reflexa o esp\u00edritu de quen a escolleu: \u201cNAVIA I VILLAMIL AVANTE CON LA CRUZ AVANTE\u201d. (Tratado de Genealog\u00eda, Her\u00e1ldica y Derecho Nobiliario, Curso de Licencia, Instituto Luis de Salazar y Castro \u2013C.S.I.C.- Hidalgu\u00eda, Madrid 1961, p\u00e1x.184). Polo tanto, vemos que os ancestros desta familia NAVIA E VILLAMIL, ti\u00f1an unha actitude cristi\u00e1n que pensaban levar adiante en todo momento. D. Baltasar MEN\u00c9NDEZ NAVIA E VILLAAMIL era fillo lexitimo de D. Sancho MEN\u00c9NDEZ NAVIA E VILLAAMIL e de D\u00aa. Magdalena RODRIGUEZ DE SIERRA E FUERTES naturais de dita vila de Navia (\u201cTerra e Tempo\u201d, Persoeiros hist\u00f3ricos de Ribadeo, D. Xos\u00e9 Isidro Fern\u00e1ndez Vilalba (Cidre), 10-Feb-2016).<\/p>\n<p>Rodeando o cant\u00f3n destro e a punta do escudo, sobre a cartela (N\u00f3tese que \u00e1mbolos dous escudos non te\u00f1en bordura) unha lenda en letras mai\u00fasculas expresa a procedencia da xenealox\u00eda do brasonado: \u201cDE LA (cant\u00f3n destro) CASA DE NAVIA DEL LIMONAR POR LINEA RECTA DE BAR\u00d3N\u201d (punta) e no adorno da volta arriba do sost\u00e9n, podemos ler a data: DE <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1642\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1642<\/a>, que debe corresponder coa data de elaboraci\u00f3n do escudo pois D. Baltasar ga\u00f1a a Carta Executoria de Fidalgu\u00eda na Real Chanciller\u00eda de Valladolid no ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1638\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1638<\/a> (Blasones y Linajes de Galicia, frei Jos\u00e9 S. Crespo del Pozo, Volume III, p\u00e1x.298)<\/p>\n<p>O escudo de forma ovalada, como xa dixemos algunha vez, \u00e9 caracter\u00edstico das damas e dos eclesi\u00e1sticos. Neste caso, \u00f3 estar timbrado cunha cruz, \u00e9 sen d\u00fabida dun eclesi\u00e1stico ou dunha persoa relacionada coa Igrexa Cat\u00f3lica, o que non quitar\u00eda noutros casos, que a li\u00f1a da s\u00faa li\u00f1axe procedera dunha herdanza cognaticia ou de hembra: nai, avoa, bisavoa, tataravoa, etc. li\u00f1a que na antig\u00fcidade tivo moito valor, por fundarse no principio de que \u201ca nai sempre \u00e9 certa\u201d (Tratado de Genealog\u00eda, Her\u00e1ldica y Derecho Nobiliario, Curso de Licencia, Hidalgu\u00eda 1961, p\u00e1x.51).<\/p>\n<p>O escudo (foto 1) est\u00e1 cuartelado en catro por unha <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cruz\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">cruz<\/a> de Alc\u00e1ntara, de Calatrava ou de Montesa. A forma externa destas tres cruces de Ordes Militares, \u00e9 a mesma, salvo que a cor de Alc\u00e1ntara \u00e9 sinople (verde); a de Calatrava de gules (bermella) e a de Montesa de sable (cor negro). Se nos fixamos nos detalles, a cruz vese baleira (acanalada) polos eixes de simetr\u00eda, esto pode ser debido: 1) A que o artista quixo estilizar a forma da cruz, ou 2) (menos probable) a cruz pretende ser brochante (con outra por encima).<\/p>\n<p>Destas premisas, sacamos en conclusi\u00f3n de que o escudo pertence a un cabaleiro dunha Orde de cabaler\u00eda, e dado que timbra cunha cruz e non cun casco ou celada, \u00e9 dun eclesi\u00e1stico. \u00bfQuen era eclesi\u00e1stico e dunha Orde de cabaler\u00eda?. Vexamos. A Orde de Alc\u00e1ntara deriva da de San Xuli\u00e1n de Pereiro, fundada en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1156\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1156<\/a>, cuxos cabaleiros se encargaron en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1213\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1213<\/a> da defensa de Alc\u00e1ntara, e pasaron a chamarse co nome desta vila (cruz florenzada de sinople). A Orde de Calatrava, foi institu\u00edda por <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sancho_III_de_Castela\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Sancho III<\/a> en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1158\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1158<\/a> (cruz florenzada de gules). A de Nosa Se\u00f1ora de Montesa, foi institu\u00edda por <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xaime_II_de_Arag%C3%B3n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Xaime II de Aragon e Valencia<\/a>, e aprobada polo Papa Xoan XXII en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1319\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1319<\/a>, establec\u00e9ndose a casa principal na vila de Montesa, de onde toma o nome (cruz florenzada de sable). Esta vila denantes fora dos templarios. Pero esta Orde de Montesa, incorpora a Orde de San Xurxo de Alfama, cuxa cruz chea, de gules (cruz de catro brazos iguais de cor bermello) pona brochante sobre a negra. (\u201cO Libro da Her\u00e1ldiga Galega\u201d, Luciasno Fari\u00f1a Couto, Fundaci\u00f3n Pedro Barri\u00e9 de la Maza, 2001, p\u00e1x.61)<\/p>\n<p>Para a mi\u00f1a forma de ver a cruz do cuartelado, tanto pode ser a de Alc\u00e1ntara como a de Calatrava, falta co\u00f1ecer a cor, e respecto da acanaladura central, \u00e9 algo estil\u00edstico da labra do artista. Para decantarnos pola Cruz de Montesa, ter\u00eda que ser a cruz primixenia sen a incorporaci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cruz_de_San_Xurxo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Cruz de San Xurxo<\/a>, cousa que tampouco ser\u00eda de extra\u00f1ar por istes lares, dada a s\u00faa connotaci\u00f3n coa <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Orde_do_Temple\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Orde dos cabaleiros Templarios<\/a>, dos que tantos vestixios temos polas Terras de Ribadeo, por ser de sempre, ruta obrigada do Cami\u00f1o de Santiago.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjH-E22T8sbNhym26gfAEpD7MYKoNAXEof7xnLDSJzLjMe2hP2UJFmazhoD3QErSnQ9kvb7yGL6Rgc7R4l0jk98Syhfix6BsED7JlYVIqnCYcb7XMULp0vBjHGAYxUbhlO0tdzeUA\/s2048\/Celeiro+de+Mari%25C3%25B1aos+1700.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjH-E22T8sbNhym26gfAEpD7MYKoNAXEof7xnLDSJzLjMe2hP2UJFmazhoD3QErSnQ9kvb7yGL6Rgc7R4l0jk98Syhfix6BsED7JlYVIqnCYcb7XMULp0vBjHGAYxUbhlO0tdzeUA\/s2048\/Celeiro+de+Mari%25C3%25B1aos+1700.png\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Foto 2. Celeiro de Mari\u00f1aos (1700)<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>O escudo da (foto 2) de Celeiro de Mari\u00f1aos, est\u00e1 timbrado cunha cruz cristi\u00e1n florenzada e pometeada (cos brazos laterais e alto, rematados lixeiramente abertos, como os p\u00e9talos da corola dunha flor, como fac\u00e9ndolle encaixe ao pomo en forma de bola). Carece da Divisa, e da lenda xeneal\u00f3xica que vimos no escudo primeiro, e est\u00e1 simplemente cuartelado en cruz, sen presentar ningunha cruz de Orde Militar. O adorno exterior, aos pes da cruz do timbre, son follas semellando lapas de lume, e o demais est\u00e1 formado por unha meticulosa labra de fantas\u00eda con follas nervadas de elegantes voltas sim\u00e9tricas en \u00e1mbolos dous flancos, cant\u00f3ns e sost\u00e9n.<\/p>\n<p>No escudo (foto 1), o primeiro cuartel, \u00e9 un bras\u00f3n partido, en cuxa 1\u00aa partici\u00f3n hai unha banda perfilada engulida en dragantes linguados (drag\u00f3ns aos que se lles ve a lingua), e coa curiosa particularidade, de que \u00f3 drag\u00f3n baixo, tam\u00e9n se lle ve un anaco do remate da cola. Son Armas dos NAVIA, as mesmas que aparecen no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/02\/escudos-do-altar-maior-de-santa-maria.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">altar maior da igrexa parroquial de Ribadeo<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 4-Marzo-2017)<\/p>\n<p>Neste primeiro cuartel, 2\u00aa partici\u00f3n, un home de p\u00e9 con uniforme t\u00edpico dos conquistadores de Am\u00e9rica, porta unha adarga na man destra, cuxa folla da coitela mira cara sinistra, e a man esquerda desc\u00e1nsaa sobre o pomo da espada envai\u00f1ada que leva \u00e1 cintura. O home est\u00e1 situado sobre un escudi\u00f1o con bordura e con cinco faixas en relevo, e cinco ranuras o que puidera pensarse nun escudo burelado, si se alternaran faixas de metal e de cor, pero carecemos de documentaci\u00f3n para aseveralo. <\/p>\n<p>Este escudi\u00f1o con faixas, parece que fai referencia as Armas dos MENENDEZ, que segundo o Diccionario Her\u00e1ldico y Nobiliario de Fernando Gonz\u00e1lez-Doria do ano 1994, si son do solar de Avil\u00e9s, en campo de prata ser\u00edan soamente tres faixas de azur, tal como aparecen no escudo do Pat\u00edn e no escudo de Armas do Outeiro de San Miguel de Reinante (ver fotos en \u201cCasa brasonada do parque de Ribadeo\u201d, La Comarca del Eo, 21-Maio-2016).<\/p>\n<p>No primeiro cuartel do escudo da (foto 2), pres\u00e9ntanse as mesmas armas, pero con particularidades distintas:<\/p>\n<p>1) O bras\u00f3n est\u00e1 no cuartel enteiro sen partici\u00f3n.<\/p>\n<p>2) A banda est\u00e1 posta en barra (seguramente porque o artista a adaptou \u00f3 largo do espazo que lle quedaba baixo a curva do 1\u00ba cant\u00f3n).<\/p>\n<p>3) O escudi\u00f1o con faixas non ten bordura.<\/p>\n<p>No segundo cuartel, en \u00e1mbolos dous escudos, unha aguia coroada mirando a destra, co v\u00f3 baixado ou coas \u00e1s ca\u00eddas, das armas dos AGUIAR ou dos PARDO DE AGUIAR, e a cada lado da cabeza e \u00e1 mesma altura d\u00faas coroas laterais das armas dos VILLAAMIL (en campo de azur unha aguia coroada de \u00e1s baixas de prata, con d\u00faas coroas laterais do mesmo metal \u00e1 mesma altura da cabeza). Pormenorizando, vemos que as aguias, est\u00e1n feitas con diferencias art\u00edsticas, pois mentres que no 1\u00ba, as \u00e1s aguantan as coroas laterais, no segundo as \u00e1s son cortas e as coroas est\u00e1n no aire; no 1\u00ba, as patas e garras da aguia son grandes e chegan o borde, no 2\u00ba as patas e garras son cortas.<\/p>\n<p>No terceiro cuartel, unha aguia coroada mirando a sinistra (foto 1) e mirando a destra (foto 2), de \u00e1s ca\u00eddas ou de v\u00f3 baixado. Son armas dos PARDO (se tivera esmaltes, en campo de sinople unha aguia de prata coas \u00e1s baixas, coroada co mesmo metal), semellante a aguia de \u00e1s abertas ou volante, que tam\u00e9n aparece no cuarto cuartel do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/05\/escudo-de-armas-da-capela-de-san.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo de Armas da Capela da Virxe de Lourdes da Igrexa parroquial de Sta. Mar\u00eda do Campo de Ribadeo<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 6-Maio-2017). No primeiro escudo a aguia mira a sinistra enfrontada, por cortes\u00eda entre bras\u00f3ns, coa aguia do 2\u00ba cuartel. No segundo escudo, miran \u00e1mbalas d\u00faas \u00e1 destra, na forma natural do bras\u00f3n.<\/p>\n<p>Cuarto cuartel, unha torre de tres alturas (unha torre con dous homenaxes un sobre do outro, todos ameados), sobre ondas de auga (de azur e prata). Este bras\u00f3n parece ser o de FUERTES E SIERRA.<\/p>\n<p>D. Baltasar, compra a propiedade e funda a Casa de R\u00edo de Ca\u00ednzos o 26-Decembro-<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1622\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1622<\/a> (Concello de Ribadeo, documento antigo do foro de propiedade da casa. Arquivo privado). D. Baltasar ti\u00f1a unha irm\u00e1, D\u00aa Mar\u00eda V\u00e1zquez Navia e Villaamil casada con D. Pedro \u00c1lvarez de Lago, de cuxo matrimonio houbo d\u00faas fillas, D\u00ba Ger\u00f3nima e D\u00aa Mar\u00eda de Lago, todos eles veci\u00f1os de Navia.<br \/>\nD. Baltasar MEN\u00c9NDEZ NAVIA E VILLAAMIL Y SIERRA c\u00e1sase con D\u00aa Antonia HESTRADA MANRIQUEZ E RIO filla de D. Francisco RODRIGUEZ DE RIO e de D\u00aa. Antonia DE HESTRADA MANRIQUEZ veci\u00f1os de Ribadeo (faise referencia a este matrimonio no apartado da Capela de S. Roque, \u201cRibadeo Antigo\u201d, Francisco Lanza, p\u00e1x.259). No ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1668\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1668<\/a>, hab\u00eda sete fillos deste matrimonio de D. Baltasar e D\u00aa Antonia, os cales extractamos aqu\u00ed, do amplo artigo de D. Isidro Fern\u00e1ndez Vilalba, \u201cCo\u00f1ecendo persoeiros hist\u00f3ricos de Ribadeo\u201d(\u201cTerra e Tempo\u201d, 10-Febreiro-2016), e cuxa informaci\u00f3n ampliamos coa xenealox\u00eda relatada en \u201cBlasones y Linajes de Galicia\u201d do padre D. Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo, Volume III, p\u00e1x. 298)<\/p>\n<p>1) D\u00aa. Mar\u00eda Navia e Villaamil, que estivo casada co Capit\u00e1n Don Antonio SARMIENTO, e tiveron unha filla, D\u00aa Juana, quen recibiu parte do legado de s\u00faa avoa D\u00aa. Antonia.<\/p>\n<p>2) D. Salvador Men\u00e9ndez Navia e Villaamil, que foi o can\u00f3nico tesoureiro da catedral de Mondo\u00f1edo, polo ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1695\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1695<\/a>, e mandou reedificar en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1719\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1719<\/a> a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=Capela%20de%20San%20Roque\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Capela de San Roque de Ribadeo<\/a>.<\/p>\n<p>3) D\u00aa. Antonia de Hestrada, monxa profesa no Convento de Sta. Clara de Ribadeo.<\/p>\n<p>4) D. Francisco Men\u00e9ndez casado en primeiras nupcias con D\u00aa. Mar\u00eda del Campo MON E CASTRILL\u00d3N, e en segundas nupcias con D\u00aa Antonia LUACES DE CANCIO, filla de D. Lu\u00eds de LUACES E SOMOZA. Ver xenealox\u00eda en \u201c<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/07\/escudo-da-capela-de-san-roque-francisco.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo eclesi\u00e1stico da Capela de San Roque de Ribadeo<\/a>\u201d(tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 2-Setembro-2017)<\/p>\n<p>5) D\u00aa. Juana Men\u00e9ndez Navia y Villaamil casada c\u00f3 Licenciado Don Juan Antonio CASTRILL\u00d3N E CIENFUEGOS. Avogado das Reais Contas e veci\u00f1o de San Bartolom\u00e9 de Valdepares (Asturias).<\/p>\n<p>6) D\u00aa Isabel Mar\u00eda Men\u00e9ndez Navia estaba solteira no a ano 1668, e viv\u00eda na compa\u00f1a dos seus pais. D\u00aa Isabel, c\u00e1sase con D. Antonio de LAMAS E MONTENEGRO, primox\u00e9nito de D. Antonio LAMAS BAAMONDE e de D\u00aa Mar\u00eda MONTENEGRO SANJURJO. Ver xenealox\u00eda no artigo, Escudo da Armas da Casa de Quintalonga de Santalla de Vilaosende (La Comarca del Eo, 19-08-2017)<\/p>\n<p>7) D. Gaspar Men\u00e9ndez Navia y Villaamil, era o fillo menor. Ign\u00f3rase o nome da s\u00faa muller, pero s\u00e1bese que tivo unha filla chamada, D\u00aa Juana Rafaela MEN\u00c9NDEZ DE AGUIAR Y FUERTES, que casou con D. Nicol\u00e1s DE LUACES Y UTTON, rexedor do concello mindoniense, dono da Casa de Grallal, en Cobas (Viveiro).<\/p>\n<p>D. Balthasar e D\u00aa. Antonia fan testamento pechado ante D. Domingo Garc\u00eda de Cordido o 30 de xullo de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1668\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1668<\/a>. O 21 de Abril de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1683\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1683<\/a> morre D. Balthesar Menendez Navia e Sierra, e ese mesmo d\u00eda, \u00e1brese dito testamento en presenza de D. Antonio Baamonde escrib\u00e1n de n\u00famero da vila de Ribadeo onde se di, entre outras disposici\u00f3ns, que \u201c&#8230;os seus corpos sexan sepultados na Igrexa Conventual de San Francisco na sepultura que ti\u00f1an dotados os seus \u201cmaiores\u201d e que esta debaixo do p\u00falpito&#8230;\u201d. Foi nomeado por cumpridor do testamento, D. Salvador Menendez Navia y Villaamil, e por veedores D. Gonzalo FUERTES E SIERRA, cu\u00f1ado de D. Antonia e t\u00edo de D. Balthasar Men\u00e9ndez, e o Licenciado D. Bartolom\u00e9 \u00c1LVAREZ DE LA TORRE comisionado do Sto. Oficio e cura da Colexiata e parroquia de Ribadeo (ibidem, Cidre 2016)<\/p>\n<p>Con todos os MEN\u00c9NDEZ anteriores, di D. Jos\u00e9 Crespo del Pozo (ibidem, p\u00e1x.298), debeu estar emparentado D. Jos\u00e9 MEN\u00c9NDEZ, nacido Ribadeo en 1682, quen casou con D\u00aa Mar\u00eda Teresa PARDO, e tiveron por filla a D\u00aa Juana MEN\u00c9NDEZ PARDO, que casou con D. Jer\u00f3nimo MIRANDA LAMAS, fillo de D\u00aa Juana LAMAS Y MONTENEGRO e de D. Pedro Teodoro MIRANDA Y SANJURJO, empadroado como nobre en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1708\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1708<\/a> en Goyos, onde se encontraba enclavada a Casa de Miranda de San Vicente de Villame\u00e1. D. Jer\u00f3nimo e D\u00aa Juana, te\u00f1en por fillo a D. Lorenzo MIRANDA Y MEN\u00c9NDEZ, nacido en Ribadeo en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1735\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1735<\/a>, e c\u00e1sase con D\u00aa Mar\u00eda Rosa MIRANDA Y TRELLES (dos MIRANDA, Marqueses de Santa Mar\u00eda do Villar e Condes de San Rom\u00e1n), e te\u00f1en por fillo a D. Domingo de MIRANDA Y DE MIRANDA, nacido en Ribadeo en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1775\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1775<\/a>.<\/p>\n<p>Outros MIRANDA de Ribadeo emparentados cos NAVIA (ibidem, frei Crespo del Pozo, p\u00e1x.308) son: D. Alonso Antonio MIRANDA, casado con D\u00aa Bernarda de NAVIA, que te\u00f1en por fillo a D. Fernando Manuel de MIRANDA, que casa con D\u00aa Juana MON (filla de D. Fernando Manuel MORO (?) e de D\u00aa Francisca VELARDE), e te\u00f1en por fillos a D. Jos\u00e9 Pedro DE ALC\u00c1NTARA MIRANDA MON NAVIA Y VELARDE, e a seu irm\u00e1n D. Romualdo, que ambos eran cabaleiros da Orde de San Xo\u00e1n de Xerusal\u00e9n en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1795\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1795<\/a>.<\/p>\n<p>Despois deste breve retrinco de historia ribadense, sabemos que as propiedades de Rioca\u00ednzos comprounas \u00f3 redimir o foro, D. Baltasar en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1622\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1622<\/a>, e que viv\u00eda coa s\u00faa dona D\u00aa Antonia, na casa do parque \u201cfrente o Hospital de San Sebasti\u00e1n\u201d, pero gustar\u00edanos rematar, sabendo quen dos seus fillos, ou parentes, viv\u00edan na Casa do Pat\u00edn, pois a pedra armeira da fachada, presenta as mesmas Armas, as\u00ed mesmo, \u00bfque parente fundou e viviu na Casa do Outeiro de San Miguel de Reinante? e \u00bfna Casa de Celeiro de Mari\u00f1aos?. M\u00e1is iso \u00e9 outro anaco da Historia do Ribadeo Se\u00f1orial ignorado e desco\u00f1ecido.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Foto 1. Rioca\u00ednzos (1642) Este primeiro Escudo de Armas de forma ovalada da (foto 1, cortes\u00eda de D. Joaquin del Pino Calvo Sotelo), tallado en pedra marm\u00f3rea, mantense en case perfecto estado de conservaci\u00f3n nas propiedades de Riocainzos de Vilaframil, e o segundo da (foto 2, cortes\u00eda de D. Emilio Pi\u00f1eiroa Lozano) est\u00e1 situado nunha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,99],"class_list":["post-5710","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-xose-isidro-fernandez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5710","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5710"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5710\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5710"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5710"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5710"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}