{"id":5693,"date":"2017-10-16T20:53:00","date_gmt":"2017-10-16T18:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:33:10","modified_gmt":"2024-11-12T12:33:10","slug":"brason-de-armas-da-casa-da-cerca-cinxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/10\/16\/brason-de-armas-da-casa-da-cerca-cinxe\/","title":{"rendered":"BRAS\u00d3N DE ARMAS DA CASA DA CERCA, CINXE (A DEVESA-RIBADEO) Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEig7xZLlxtnx-Xkvt0zc70UULpdt2sZfa6S47tKnglbBsvoivXA7OOBMnddYG7no0xWKbA6eHq870qq366-knvPWwLw07mCpc8d8G35ndhbFxMm4tCUo_woYIHLOiLRA-70ji4GUg\/s2048\/bras%25C3%25B3n+casa+da+cerva+Cinxe.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEig7xZLlxtnx-Xkvt0zc70UULpdt2sZfa6S47tKnglbBsvoivXA7OOBMnddYG7no0xWKbA6eHq870qq366-knvPWwLw07mCpc8d8G35ndhbFxMm4tCUo_woYIHLOiLRA-70ji4GUg\/s2048\/bras%25C3%25B3n+casa+da+cerva+Cinxe.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Bras\u00f3n de armas da Casa da Cerca (Cinxe, A Devesa, Ribadeo)<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;&nbsp; Esta antiga pedra armeira, situada na Casa da Cerca en Cinxe, parroquia de Santa Eulalia de A Devesa do Concello de Ribadeo, presenta un bras\u00f3n nobiliario que pertence, como reza a lenda da cartela: bLASON DE (flanco destro) ALONSO bAZQEZ (en xefe) RIbADENEIRA (flanco sinistro).<br \/>\nEst\u00e1 cuartelada en catro por unha cruz flordelisada de gules, cargada de cinco veneras de prata, dos RIBADENEIRA (unha cruz con flores de lis nas puntas dos brazos, e de gules \u2013cor vermello). Neste bras\u00f3n s\u00f3 se percibe o lis da parte alta, que rompe o borde ou boca do escudo en xefe. As cinco veneras est\u00e1n: unha no centro da cruz e unha en cada punta dos catro brazos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Primeiro cuartel: xaquelado de dezaseis pezas, entrantes e sa\u00edntes alternativamente e o todo surmontado de coroa radiada ou lanceolada (de puntas triangulares). Poden ser armas dos BERMUDEZ (de CASTRO), dos BERMUDEZ PREGO DE MONTAOS ou dos VILLACID. Tam\u00e9n puideran ser bras\u00f3n dos VAAMONDE, a\u00ednda que falta a \u201cM\u201d entremediada baixo a coroa e sobre o xaquelado, e dous drag\u00f3ns aos flancos, tal como se presenta na casa 21, da calle S. Mart\u00edn de Ribadavia. (Her\u00e1ldica. Genealog\u00eda y Nobiliaria de Galicia, Tomo LV, p\u00e1x. 85).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Segundo cuartel: unha aguia coroada mirando a destra, de voo baixo. Son armas dos PARDO (en campo de sinople unha aguia de prata coas \u00e1s baixas, coroada co mesmo metal). Esta mesma aguia pres\u00e9ntase, no terceiro cuartel dos seis escudos, por n\u00f3s co\u00f1ecidos en Ribadeo, San Miguel de Reinante e Celeiro de Mari\u00f1aos, da familia de D. Baltasar MEN\u00c9NDEZ NAVIA Y VILLAAMIL, se\u00f1ores da \u201cCasa de Navia del Limonar\u201d da vila de Navia (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/10\/escudos-de-armas-dos-menendez-navia-e.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudos dos Men\u00e9ndez Navia e Villaamil<\/a>, tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 7-Sep-2017). As\u00ed mesmo, aparece no cuarto cuartel do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/05\/escudo-da-capela-da-virxe-de-lourdes-de.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo de Armas da Capela da Virxe de Lourdes da Igrexa Parroquial de Sta. Mar\u00eda do Campo de Ribadeo<\/a>, pertencente \u00f3 matrimonio de D. Gaspar ACEBEDO Y PRESNO e D\u00aa Florencia PARDO BAAMONDE (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 6-Maio-2017). Neste caso, tam\u00e9n pode ser a aguia coroada dos ARMESTO (en campo de gules unha aguia de sable, coroada de ouro). \u00d3 non atopar a documentaci\u00f3n da C\u00e9dula de Certificaci\u00f3n de Fidalgu\u00eda, Nobreza e Armas, non nos deixa aseverar o apelido nin saber das cores do campo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Terceiro cuartel: en campo de gules cinco cabezas de mouros colocadas en aspa, cortadas e coroadas de prata con coroas radiais, parecen armas dos CARANTO\u00d1A (Nobiliario Gallego do Marqu\u00e9s de Valdeterrazo, Madrid. Citado en Blasones y Linajes de Galicia, por frei Jos\u00e9 Crespo Pozo, Volumen II, p\u00e1x.285)<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Cuarto cuartel: parecen armas de BOLA\u00d1O (con d\u00fabida) pois arriba semella ser un \u201cbolo\u201d e abaixo un \u201ca\u00f1o\u201d que segundo os falsos cronic\u00f3ns, como os describe D. Jos\u00e9 Crespo del Pozo: &#8220;na defensa de Lugo capitaneada por BOLA\u00d1O RIBADENEYRA, os defensores, para demostrarllesos mouros que asediaban a cidade, que a\u00ednda ti\u00f1an recursos dabondo para aguantar moitom\u00e1is tempo o asedio, tir\u00e1ronlles por derriba das murallas un \u201cbolo\u201d de pan e un cordeiro ou \u201ca\u00f1o\u201d&#8221;<na a=\"\" aguantar=\"\" an=\"\" asediaban=\"\" asedio=\"\" bola=\"\" bolo=\"\" capitaneada=\"\" cidade=\"\" cordeiro=\"\" dabondo=\"\" das=\"\" de=\"\" defensa=\"\" defensores=\"\" demostrarlles=\"\" derriba=\"\" e=\"\" is=\"\" lugo=\"\" m=\"\" moito=\"\" mouros=\"\" murallas=\"\" nda=\"\" o=\"\" os=\"\" ou=\"\" pan=\"\" para=\"\" por=\"\" que=\"\" recursos=\"\" ribadeneyra=\"\" ronlles=\"\" tempo=\"\" ti=\"\" tir=\"\" un=\"\">, e as\u00ed naceu o bras\u00f3n BOLA\u00d1O, andando o s\u00e9culo IX.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp;<br \/>\nNon obstante, na figura alta, tam\u00e9n parecen percibirse Armas moi desgastadas dos ULLOA (d\u00faas serpes rodeando un pequeno taboleiro de xaqueles ou xadrezado) de forma m\u00e1is apaisada, pero similares, as que podemos ver no terceiro cuartel do Escudo de Armas dereito da Casa Torre de Pumar\u00edn, en San Miguel de Reinante, edificada entre o ano <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1159\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1559<\/a> e <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1561\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1561<\/a> por D. Alvaro TABOADA (e AGUIAR) e a s\u00faa dona D\u00aa Violante de ANDRADE. Neste caso, cabe apuntar que, o animal tombado parece ter cabeza de cabalo ou de besta, e cuxo significado \u00e9nos desco\u00f1ecido, pero como sabemos que as figuras dos bras\u00f3ns est\u00e1n talladas con maior ou menor mestr\u00eda art\u00edstica, sen outra documentaci\u00f3n que consultar, qu\u00e9danos a d\u00fabida de que animal ser\u00e1, a\u00ednda que, vistas as tallas gravadas de outros bras\u00f3ns, pode ser perfectamente o \u201ca\u00f1o\u201d dos BOLA\u00d1O, \u00f3 que antes nos refer\u00edamos.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp;<br \/>\nA Casa da Cerca, era propiedade dos Condes de Vilalba, segundo me di D\u00aa Josefa, a actual propietaria. Dito t\u00edtulo de Conde de Vilalba foi outorgado o 1 de Marzo de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1486\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1486<\/a> polos <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Reis_Cat%C3%B3licos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Reis Cat\u00f3licos<\/a> a D. Fernando de Andrade, Se\u00f1or de Andrade e de Vilalba, e ao seu descendente, D. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fernando_de_Andrade_e_P%C3%A9rez_das_Mari%C3%B1as\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Fernando de Andrade e das Mari\u00f1as<\/a>, II Conde de Vilalba, en data de 1 de Maio de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1543\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1543<\/a>, o emperador <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Carlos_V,_Sacro_Emperador_Romano-Xerm%C3%A1nico\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Carlos I<\/a>, conc\u00e9delle tam\u00e9n o titulo de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Casa_de_Andrade\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">I Conde de Andrade<\/a>. En 1902, o t\u00edtulo de Conde Vilalba, pasa \u00e1 sucesi\u00f3n da Casa do Duque de Berwick e o 16 de Febreiro de 1955, exp\u00eddese carta de sucesi\u00f3n para \u00e1mbolos dous t\u00edtulos, de Conde Vilalba e de Andrade, a favor da Duquesa de Alba de Tormes, D\u00aa Mar\u00eda del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart e Silva que, a s\u00faa vez, no BOE de 9-Xaneiro-1957 seralle concedido o a\u00ednda m\u00e1is secular t\u00edtulo de Condesa de Ribadeo.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp;<br \/>\nA propiedade da Casa da Cerca, consist\u00eda nunhas edificaci\u00f3ns cercadas dun muro, cuxo conxunto cham\u00e1base Quinta ou caser\u00eda que serv\u00eda de recreo no campo para os se\u00f1ores cando vi\u00f1an \u201ca veranear\u201d. Ti\u00f1a vivenda para os coidadores, e outros alpendres normais dunha casa de labranza: cuadras para gando e, particularmente, para cabalos albard\u00f3ns de carga e para cabalos de brida de manexo f\u00e1cil para montar, palleira e bodegas e, anexada, unha capela de oratorio privado (hoxe desaparecida), dedicada a devoci\u00f3n de Sta. Ana, segundo lle comentara a D\u00aa Josefa, o noso sempre recordado veci\u00f1o e investigador da nosa historia local, D. <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Jos\u00e9 M\u00aa Rodr\u00edguez D\u00edaz<\/a>.<br \/>\nOs caseiros e gardi\u00e1ns eran os encargados de cobrar o \u201cqui\u00f1\u00f3n\u201d, que era como eles chamaban \u00e1s rendas das propiedades, que ditos se\u00f1ores ti\u00f1an polo <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Condado_de_Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Condado de Ribadeo<\/a>, e nunha das bodegas estaban as arcas onde se almacenaban ditas rendas pagadas en especie, especialmente grao de trigo, centeo, millo, avea, etc, que logo eles mesmos, ou alg\u00fans mandados, transportaban a cabalo \u00e1 casa de residencia dos condes. Unha das \u00faltimas persoas encargadas de cobrar o qui\u00f1\u00f3n foi D\u00aa Benita Alonso.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp;<br \/>\nNo convulso <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/s%C3%A9culo%20XIX\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">s\u00e9culo XIX<\/a> (Guerras Carlistas, rexencias de Espartero, Narvaez, a Constituci\u00f3n de 1845, etc.) os mozos e mozas da nosa terra, emigraban para Am\u00e9rica para buscarse un mellor porvir, m\u00e1is folgado en cartos e dividendos, e as terras quedaban sen man de obra para traballalas, as\u00ed, como en tantos lugares, as rendas da Casa da Cerca foron a menos e os herdeiros dos Condes de Vilalba, venderon a casa. Estaba a cambiar o sistema do Vello R\u00e9xime mantido por <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fernando_VII\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Fernando VII<\/a> (rei 1813-1833) inclu\u00edndo o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Trienio_liberal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Trienio Liberal<\/a> entre 1821-1823. As\u00ed, chegou \u00f3 trono s\u00faa filla Sabela que foi proclamada reina de Espa\u00f1a o 24 de Outubro de 1833, con oito anos de idade, e mentres non cumpriu a maior\u00eda de idade, rexentou e gobernou s\u00faa nai D\u00aa. <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Mar%C3%ADa_Cristina_de_Borb%C3%B3n-D%C3%BAas_Sicilias\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Mar\u00eda Cristina de Borb\u00f3n<\/a> (1833-1843) e aos dezaoito anos de idade, D\u00aa Sabela, pasou a gobernar como <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Isabel_II_de_Espa%C3%B1a\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Isabel II<\/a> (reina 1843-1868).<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp;<br \/>\nEn todos estes avatares do s\u00e9culo XIX, compraron a casa as irm\u00e1ns, D\u00aa Ana e D\u00aa Vicenta \u00c1lvarez de Ron e Obanza, veci\u00f1as de Piant\u00f3n, e no ano 1892 v\u00e9ndenlla a D. Francisco Alonso, que a compra no nome do seu fillo D. Jos\u00e9 Ram\u00f3n Alonso L\u00f3pez que estaba en Cuba. A D. Jos\u00e9 Ram\u00f3n, nun momento determinado da s\u00faa vida, non lle foron ben as cousas cos seus socios cubanos, e para facerlle fronte os seus negocios de tabaco e ebanistar\u00eda, v\u00e9ndelle a casa a D. Jos\u00e9 Acevedo Mart\u00ednez. Anos m\u00e1is tarde, D. Jos\u00e9 Acevedo, v\u00f3lvella a vender a outro daqueles familiares, a D. Daniel Jes\u00fas Mar\u00eda L\u00f3pez Alonso, cuxa filla D\u00aa Josefa L\u00f3pez Fern\u00e1ndez \u00e9 a actual dona, xunto co seu marido D. Leonardo Fern\u00e1ndez Mart\u00ednez, e a cal, desde aqu\u00ed, lle agradezo e doulle as gracias polas historias que me contou e a atenci\u00f3n que me prestou o d\u00eda que os visitei \u00e1 procura de informaci\u00f3n para este artigo.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp;<br \/>\nReferente os apelidos deste bras\u00f3n, hai na Real Chanciller\u00eda de Valladolid, a Executoria dun preito do 7-Maio-1575, litigado por D. Ruy Gonz\u00e1lez de RIBADENEIRA, D. Fern\u00e1n P\u00e9rez, como tutor dos fillos de D. \u00c1lvaro Gonz\u00e1lez de RIBADENEIRA, D. Diego PARDO DE ANDRADE, como tutor dos seus fillos e consortes, herdeiros de D. Pedro de MIRANDA DE RIBADENEIRA, con D\u00aa Constanza DAS MARI\u00d1AS, como curadora de D. Hern\u00e1n D\u00cdEZ DE RIBADENEIRA e D\u00aa Constanza de AGUIAR, por si e como curadoras dos seus fillos, sobre divisi\u00f3n dos bens que quedaron de D\u00aa. Mar\u00eda de BOLA\u00d1O, muller que foi do Mariscal D. \u00c1lvaro GONZ\u00c1LEZ DE RIBADENEIRA (Escrib\u00e1n D. Pedro de Palacios da escriban\u00eda de Taboada)<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp;<br \/>\nNo Libro de Matrimonios N\u00ba1 (1588-1744) de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/A_Devesa,_Ribadeo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Santalla da Devesa<\/a>, atopamos, entre outras moitas, nun matrimonio celebrado o 4-Marzo-1691 testemu\u00f1a de D. ALONSO BAZQUEZ. O 20-Febreiro-1708, o matrimonio de D. Juan BAZQUEZ (fillo de D. Baldomero BAZQUEZ e D\u00aa. Mar\u00eda Garc\u00eda) e D\u00aa Mar\u00eda ALONSO (filla de D. Pedro ALONSO e D\u00aa Mar\u00eda). O 1-Xu\u00f1o-1726 matrimonio de D\u00aa. Mar\u00eda Antonia ALONSO (filla de D. Diego VAZQUEZ e D\u00aa Dominga ALONSO) e D. Francisco Barreras (fillo de D. Pedro M\u00e1ntaras + D\u00aa Catalina ALONSO). O 24-Febreiro-1727 a testemu\u00f1a de D. ALONSO RIBADENEIRA no matrimonio de D\u00aa Josefa L\u00f3pez e D. Manuel D\u00edaz de la Rocha. O 26-Noviembre-1731 matrimonio de D. Gaspar L\u00f3pez BOLA\u00d1O e D\u00aa Dominga Gonz\u00e1lez. Un irm\u00e1n era D. Pedro L\u00f3pez BOLA\u00d1O. O 23-Nov-1734 o matrimonio dunha filla de D. Manuel BOLA\u00d1O e D\u00aa Francisca Fern\u00e1ndez. O 6-Febreiro-1736 a testemu\u00f1a de D. Pedro ALONSO RIBADENEIRA, no matrimonio de D. Francisco L\u00f3pez Corbelle (fillo de D Roque L\u00f3pez Corbelle e D\u00aa Dominga Fern\u00e1ndez) e D\u00aa Francisca L\u00f3pez (filla de D. Juan ALONSO e D\u00aa Rosenda L\u00f3pez) veci\u00f1os de Cinxe; etc. etc.<br \/>\nNon cabe d\u00fabida de que \u00e9 interesant\u00edsimo continuar na busca de documentaci\u00f3n p\u00fablica e privada, para completar esta rama da nosa historia local da Her\u00e1ldica, Xenealox\u00eda e Nobiliaria das Terras de Ribadeo que, polo que levamos visto, e o gran n\u00famero de bras\u00f3ns emparentados coas m\u00e1is grandes familias do Reino de Galicia, revelan unha historia se\u00f1orial in\u00e9dita, coa forma de vida e connotaci\u00f3ns comerciais internacionais, das m\u00e1is importantes da antiga provincia de Mondo\u00f1edo e da actual provincia de Lugo.<\/p>\n<p>Seguramente se a R\u00eda de Ribadeo nos puidera contar a s\u00faa Historia Mar\u00edtima a partires do seu comercio cos fenicios, romanos e vikingos, do seu porto natural privilexiado, refuxio seguro e fondeadoiro de barcos mercantes e de guerra, de piratas e de corsarios&#8230; pero, en fin, \u00a1esa \u00e9 outra historia que comeza fai moitos s\u00e9culos na Cova dos Sete Encantos, entre Porcill\u00e1n e Cabanela, un d\u00eda pola tardi\u00f1a, cando o sol se \u00eda xa adormentando polo Facho da Illa Pancha&#8230;!<\/na><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bras\u00f3n de armas da Casa da Cerca (Cinxe, A Devesa, Ribadeo) &nbsp;&nbsp; Esta antiga pedra armeira, situada na Casa da Cerca en Cinxe, parroquia de Santa Eulalia de A Devesa do Concello de Ribadeo, presenta un bras\u00f3n nobiliario que pertence, como reza a lenda da cartela: bLASON DE (flanco destro) ALONSO bAZQEZ (en xefe) RIbADENEIRA [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,50],"class_list":["post-5693","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-vilalba"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5693","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5693"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5693\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5693"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5693"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5693"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}