{"id":5689,"date":"2017-10-19T07:36:00","date_gmt":"2017-10-19T05:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:33:03","modified_gmt":"2024-11-12T12:33:03","slug":"bando-do-concello-sobre-incendios-e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/10\/19\/bando-do-concello-sobre-incendios-e\/","title":{"rendered":"Bando do concello sobre incendios (e nota de prensa)"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Deixo abaixo o bando e a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2558&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota de prensa<\/a> correspondiente que sacou o alcalde en relaci\u00f3n \u00f3s incendios forestais, neste caso sen m\u00e1is comentario.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiqP8g3jv6_IRC5vPdWTltDwREHXykYv36GvsRCTzCayr3izxv2GthIupu8CG8Xz56fxGrnpaXGNzgF2SJTvaxZQRveVwdaclf13Qf-oU1BRYJ6llp4YMBg8Al-I-Bryud7NrLQGQ\/s2048\/1508339316BANDO_INCENDIOS_RIBADEO.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiqP8g3jv6_IRC5vPdWTltDwREHXykYv36GvsRCTzCayr3izxv2GthIupu8CG8Xz56fxGrnpaXGNzgF2SJTvaxZQRveVwdaclf13Qf-oU1BRYJ6llp4YMBg8Al-I-Bryud7NrLQGQ\/s2048\/1508339316BANDO_INCENDIOS_RIBADEO.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>Incendios<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;18\/10\/2017<\/em><\/p>\n<p><em>A trav\u00e9s dun Bando o alcalde, Fernando Su\u00e1rez, subli\u00f1a a obrigatoriedade dos propietarios de montes de manter as distancias establecidas por lei entre as plantaci\u00f3ns e os n\u00facleos de poboaci\u00f3n, para as\u00ed evitar a propagaci\u00f3n dos lumes. O rexedor referiuse aos incendios rexistrados nos \u00faltimos d\u00edas en Galicia, que atrib\u00fae aos que plantan lume, pero tam\u00e9n \u00e1 nefasta pol\u00edtica forestal da Xunta e \u00e1 err\u00e1tica pol\u00edtica de prevenci\u00f3n e extinci\u00f3n.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez dixo: &#8220;todos estamos vendo o que est\u00e1 pasando no noso pa\u00eds a\u00ednda que afortunadamente non pasou pola nosa comarca nin polo noso concello desta volta, pero iso non quere dicir que ma\u00f1\u00e1 mesmo en calquera momento poidamos ter esas desgrazas, que incluso se levaron a vida de persoas&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor ribadense manifestou que &#8220;seguramente para todo isto hai moitos culpables e moitos responsables, supo\u00f1o que os primeiros son os que plantan lume, pero tam\u00e9n hai que falar claro e hai que dicir que hai unha nefasta pol\u00edtica forestal por parte das autoridades auton\u00f3micas. Hai unha falta de pol\u00edticas racionais e realistas para o noso envellecido e despoboado rural desde logo, tam\u00e9n hai unha err\u00e1tica pol\u00edtica de prevenci\u00f3n e extinci\u00f3n de incendios, e hai unha falla de cortalumes eficaces ou de devasas que poder\u00edan ter actuado contra o lume&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez sinalou que &#8220;m\u00e1is al\u00f3 de todo isto estou convencido que non podemos quedar lai\u00e1ndonos e preg\u00e1ndolle a deus que chova. Temos polo tanto que actuar, que isto non volva pasar \u00e9 unha tarefa de todos, e todos temos que actuar, e no que lle competa aos concellos tam\u00e9n. Polo que a partires de agora imos aplicar con todo o rigor posible o que se establece nas leis sobre as distancias que se deben manter das plantaci\u00f3ns, especialmente dos eucaliptos e dos pi\u00f1eiros, que \u00e9 o que m\u00e1is abunda no noso concello, a respecto dos n\u00facleos de poboaci\u00f3n, tanto urbanos como das parroquias as\u00ed como tam\u00e9n das vivendas illadas&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde admite que &#8220;seguramente isto non lle guste a todo o mundo, pero por catro eucaliptos ou catro pi\u00f1eiros de m\u00e1is non imos mirar para outro lado e contribu\u00edr a po\u00f1er en perigo as vidas das persoas, desde logo en Ribadeo non&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia subli\u00f1ou que &#8220;a partir da publicaci\u00f3n deste Bando que imos repartir por todas as parroquias e por todos os lugares do concello, para calquera d\u00fabida que te\u00f1an os veci\u00f1os e veci\u00f1as deber\u00e1n acudir \u00e1 \u00c1rea de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo ou ben que pregunten na Xefatura Territorial da Conseller\u00eda de Medio Rural en Lugo a trav\u00e9s dos tel\u00e9fonos que se establecen no Bando&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor indicou que &#8220;se os propietarios dos montes non fan eses retranqueos obrigatorios a vivendas e a n\u00facleos de poboaci\u00f3n, iremos enviando notificaci\u00f3ns aos seus titulares que van acabar ou ben con execuci\u00f3n subsidiaria, \u00e9 dicir da corta necesaria por parte do Concello, ou ben con expedientes sancionadores e multas cohercitivas ou ambas as d\u00faas cousas&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>Para o alcalde de Ribadeo &#8220;a vida da xente e a conservaci\u00f3n do noso medio natural est\u00e1 por riba de todo o demais, polo tanto p\u00eddolle \u00e1 poboaci\u00f3n e aos propietarios de montes por favor que sexan consecuentes. Valoramos os recursos econ\u00f3micos que producen os montes, pero tam\u00e9n valoramos o abandono no que est\u00e1n moitos deles, e non valoramos positivamente o descoido que moitos propietarios te\u00f1en con respecto \u00e1s distancias a plantaci\u00f3ns, aos n\u00facleos e \u00e1s vivendas. Habemos facer todo canto estea na nosa mao para normalizar esa situaci\u00f3n neste concello&#8221;<\/em>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Deixo abaixo o bando e a nota de prensa correspondiente que sacou o alcalde en relaci\u00f3n \u00f3s incendios forestais, neste caso sen m\u00e1is comentario. Incendios &nbsp;18\/10\/2017 A trav\u00e9s dun Bando o alcalde, Fernando Su\u00e1rez, subli\u00f1a a obrigatoriedade dos propietarios de montes de manter as distancias establecidas por lei entre as plantaci\u00f3ns e os n\u00facleos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26],"class_list":["post-5689","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5689","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5689"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5689\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5689"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5689"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5689"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}