{"id":5685,"date":"2017-10-22T10:36:00","date_gmt":"2017-10-22T08:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:32:58","modified_gmt":"2024-11-12T12:32:58","slug":"historias-do-tren","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/10\/22\/historias-do-tren\/","title":{"rendered":"Historias do tren"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O tren ten xa unha historia na comarca. Seis d\u00e9cadas para o <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Li%C3%B1a_Ribadeo_-_Vilaoudriz\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">tren mineiro<\/a>, e xa 45 anos para a li\u00f1a de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Li%C3%B1a_de_ferrocarril_de_v%C3%ADa_estreita_Ferrol-Xix%C3%B3n\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ferrocarril de v\u00eda estreita Ferrol-Xix\u00f3n<\/a>. Mais, a este paso, parece que vai ser o &#8216;fin da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=tren+feve\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">histori<\/a>a&#8217;. E \u00e9 que \u00e9 <a href=\"https:\/\/www.blogger.com\/null\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">notorio o desentendementa da li\u00f1a pola empresa<\/a>, o que fai que se estea tentando de estruturar unha resposta por parte da sociedade. Os alcaldes s\u00e1beno e pouco a pouco van eles tam\u00e9n, \u00f3 seu nivel, estruturando a nivel pol\u00edtico unha plataforma de resistencia.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Claro que, no caso dos alcaldes (tam\u00e9n, a\u00ednda que doutro xeito, no caso da sociedade en xeral) a cousa vai tarde e de xeito incompleto. Tarde porque hai tempo que sucede o abandono da li\u00f1a, da v\u00eda e dos servizos, a falta de material ou o traslado de maquinsitas, de tal xeito que o declive \u00e9 evidente. E incompleto porque as primeiras xuntanzas foron dos concellos afectados por cercan\u00edas de Ferrol, non contando a Mari\u00f1a, e s\u00f3 de xeito m\u00e1is recente se foron incorporando os mari\u00f1\u00e1ns. E, a\u00ednda as\u00ed, atop\u00e1monos con que os participantes na \u00faltima xuntanza (20 de outubro) eran alcaldes afectados, si, pero faltaban outros alcaldes afectados: os ligados co PP.&nbsp; E eran s\u00f3 da zona galega, mentres que se non se considera a li\u00f1a na s\u00faa totalidade, o desaproveitamento de parte dela far\u00e1 pouco a pouco caer \u00f3 resto.<\/p>\n<p>A li\u00f1a \u00e9 sabido que naceu con taras \u00f3 ser concebida dun xeito estrat\u00e9xico militar, non social e econ\u00f3mico (ao menos, non de xeito \u00fanico) polo que se levaron as estaci\u00f3ns en xeral lonxe das poboaci\u00f3ns, e, co apoio \u00f3 tr\u00e1fico por estrada, deseguida pasou a un segundo plano. Mais tam\u00e9n \u00e9 sabido que as infraestruturas de transporte comunitario non s\u00f3 son o pasado e exponente dun presente puxante, sen\u00f3n tam\u00e9n que son o futuro. E O tren \u00e9 unha estrutura dese tipo que non se levanta nun momento e cuxa perda pode ser lembrada como tal durante moito tempo. A\u00ed est\u00e1 a\u00ednda na mente de todos o ferrocarril mineiro, desaparecido hai case 55 anos despois dun languidecer que deixou a zona, de novo, nun atraso da que o ti\u00f1a sacado coa s\u00faa chegada.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Est\u00e9\u00f1ase ou non de acordo con certos prantexamentos, como o apeadeiro nas <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Catedrais\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Catedrais<\/a> (do que te\u00f1o escoitado voces a favor e en contra, estas non tanto polo apeadeiro, sen\u00f3n relacionadas co plan de conservaci\u00f3n do monumento natural) o certo \u00e9 que parece l\u00f3xico que un apeadeiro al\u00ed levar\u00eda \u00e1 li\u00f1a abondo m\u00e1is tr\u00e1fico que o de Esteiro (500 persoas \u00f3 ano). E a recentemente denunciada falta de revisores para os billetes, que permite que viaxar &#8216;sexa gratis&#8217;, pero tam\u00e9n que ditos viaxeiros non conten para os estudos ata o momento, ou a contrataci\u00f3n de persoal externo para facer precisamente esos estudos, de forma parcial, cando pod\u00edan sa\u00edr directamente das contas de venda de billetes,&nbsp; non son m\u00e1is que xal\u00f3ns dun abandono que pagaremos todos, non s\u00f3 polo seu uso ou non, sen\u00f3n pola desmontaxe dunha estrutura que pode ser fundamental, se se aproveita, para a comarca.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEioBc9dlPCy857bhNUSB3UWZLKw4GClAzm_fdK2MgbXPBb5BP_DjgJ-uKZdPz7u6c1kmwPH1pEZEhxSMQR6ipPtQmLScGiwJKKG1E0-mJNOJWuu7RRB1iVs5wPbJCt4fUsNGKC4Sg\/s2048\/Desembocadura_do_r%25C3%25ADo_Grande_na_r%25C3%25ADa_de_Ribadeo.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEioBc9dlPCy857bhNUSB3UWZLKw4GClAzm_fdK2MgbXPBb5BP_DjgJ-uKZdPz7u6c1kmwPH1pEZEhxSMQR6ipPtQmLScGiwJKKG1E0-mJNOJWuu7RRB1iVs5wPbJCt4fUsNGKC4Sg\/s2048\/Desembocadura_do_r%25C3%25ADo_Grande_na_r%25C3%25ADa_de_Ribadeo.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">A v\u00eda, salvando a desembocadura do r\u00edo Grande na r\u00eda de Ribadeo<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;O tren ten xa unha historia na comarca. Seis d\u00e9cadas para o tren mineiro, e xa 45 anos para a li\u00f1a de ferrocarril de v\u00eda estreita Ferrol-Xix\u00f3n. Mais, a este paso, parece que vai ser o &#8216;fin da historia&#8217;. E \u00e9 que \u00e9 notorio o desentendementa da li\u00f1a pola empresa, o que fai que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,91,103,93,9],"class_list":["post-5685","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-ferrocarril","tag-fotos","tag-fotos-ribadeo","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5685","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5685"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5685\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5685"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5685"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5685"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}