{"id":5683,"date":"2017-10-25T08:11:00","date_gmt":"2017-10-25T06:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:32:54","modified_gmt":"2024-11-12T12:32:54","slug":"de-subvencions-life-fluvial","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/10\/25\/de-subvencions-life-fluvial\/","title":{"rendered":"De subvenci\u00f3ns: Life Fluvial"},"content":{"rendered":"<p>Que alegr\u00eda, que alboroto, nos ha tocado el perrito piloto!<\/p>\n<p>Sempre se celebra con festa o que a un lle toque algo, e o acto que tivo lugar onte pola ma\u00f1\u00e1 na casa do concello de ribadeo tivo algo diso: celebraci\u00f3n dunha subvenci\u00f3n millonaria. Os detalles, na nota de prensa en baixo, implican e aplican a unha serie de entidades, entre as que se atopa o concello de Ribadeo e InterEo, a asociaci\u00f3n de Oscos-Eo-Terras de Bur\u00f3n. O motivo, o coidado das ribeiras, e 2,25 mill\u00f3ns de euros (75% do gasto previsto) a conta do programa <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/The_LIFE_Programme\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">LIFE<\/a> (por certo, hoxe a\u00ednda non est\u00e1 no <a href=\"http:\/\/ec.europa.eu\/environment\/life\/project\/Projects\/index.cfm?fuseaction=home.search&amp;cfid=3731674&amp;cftoken=49510708\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">listado de concesi\u00f3ns<\/a>). A excusa, a compra de terreos \u00e1 beira de fluviais (en Ribadeo, parece ser que \u00e1 beira da r\u00eda, logo non fluvial).<\/p>\n<p>Con isto de mill\u00f3ns de euros en subvenci\u00f3ns v\u00e9useme a lembranza da anterior subvenci\u00f3n millonaria para unha asociaci\u00f3n da zona, provinte da UE, a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=asociaci%C3%B3n+puente+de+los+santos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Asociaci\u00f3n Puente de los Santos<\/a>, Proxecto Leader+, cosificada nos <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search?q=ar%C3%A1ndanos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">ar\u00e1ndanos<\/a>: <\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh9AEe2Un-gobKumimRWyWzlvUW9RNlih83OyvXjYO1B1WDKMDZugg_D-KPE8wuynytjKm-SkFFKgq8v147-TtJr_u3ls-pIM0JTMZJDRIc5oPM2ZE5hhHHJyGwD_kColUYAEEa5w\/s2048\/Ar%C3%A1ndanos0.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh9AEe2Un-gobKumimRWyWzlvUW9RNlih83OyvXjYO1B1WDKMDZugg_D-KPE8wuynytjKm-SkFFKgq8v147-TtJr_u3ls-pIM0JTMZJDRIc5oPM2ZE5hhHHJyGwD_kColUYAEEa5w\/s2048\/Ar%C3%A1ndanos0.jpg\" height=\"480\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>En resume, a finca ribadense non sei se segue alugada \u00f3s Irmandi\u00f1os ou non, mais segue cada vez m\u00e1is abandoada sen chegar a producir un s\u00f3 froito. A de Castropol tivo que asumir unha multa&nbsp; e destruci\u00f3n da balsa de auga que a atend\u00eda por ir contra as normas de medio ambiente. Ambas xestionadas a traverso do concello correspondente e coa subvenci\u00f3n tam\u00e9n correspondente.<\/p>\n<p>Agora, resulta que na nota de prensa que deixo embaixo, f\u00e1lase &#8216;da marxe ribadense da r\u00eda&#8217;, evitando o nome da r\u00eda de Ribadeo, e que &#8216;Ribadeo adicar\u00e1 a s\u00faa parte&#8217;, logo non parece haber un plan com\u00fan, \u00e1 &#8216;compra de terras&#8217;, aumentando as s\u00faas propiedades que tanto lle custa conservar, e se non, v\u00e9xase o n\u00famero de anos tardado en ama\u00f1ar a cuberta do auditorio (dende <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2008\/11\/o-auditorio-hernn-naval-revisitado.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">aqu\u00ed<\/a> a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/09\/ruinas-non-patrimonio.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">aqu\u00ed<\/a> van oito anos de diferencia), para &#8216;acci\u00f3ns de conservaci\u00f3n&#8217; xunto cunha asociaci\u00f3n, <a href=\"http:\/\/www.intereo.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">InterEo<\/a>, que esta ma\u00f1\u00e1 ti\u00f1a como \u00faltima referencia anotada na s\u00faa web o ter promovido as <a href=\"http:\/\/www.berenguela.com\/jornadas-gastronomicas-km-0-productos-locales-de-asturias-y-galicia\/2012-05-29\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">xornadas gastron\u00f3micas km.0<\/a> hai m\u00e1is de 5 anos.<\/p>\n<p>Festexemos a subvenci\u00f3n. E, se \u00e9 posible, contribuamos a que a s\u00faa xesti\u00f3n vaia algo mellor que a vez anterior.<\/p>\n<p>A <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=2564&amp;lg=gal\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">nota de prensa<\/a>: <\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>PARA A CONSERVACI\u00d3N DOS CORREDORES FLUVIAIS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\">\n<em>Life Fluvial<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">24\/10\/2017<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p class=\"intro\"><em>O sal\u00f3n de plenos do Concello acolleu esta ma\u00f1\u00e1 a<br \/>\n presentaci\u00f3n do proxecto Live Fluvial. A Comisi\u00f3n Europea aprobou unha<br \/>\ncofinanciaci\u00f3n dese proxecto transnacional, que en Galicia lidera o<br \/>\nIbader do Campus de Lugo. Son 8 os organismos p\u00fablicos, empresas e<br \/>\nasociaci\u00f3ns de Galicia, Asturias e Portugal os que forman parte deste<br \/>\nproxecto, que se desenvolver\u00e1 desde o 1 de setembro de 2017 ao 31 de<br \/>\nagosto de 2021. O presuposto \u00e9 de tres mill\u00f3ns de euros, dos que a<br \/>\nComisi\u00f3n Europea sufraga o 75%, o que sup\u00f3n a porcentaxe m\u00e1xima que a<br \/>\nconvocatoria Life outorga a aqueles proxectos que son considerados<br \/>\nprioritarios para a s\u00faa execuci\u00f3n e posta en marcha.<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p> <\/em><em>O obxectivo xeral deste proxecto Life Fluvial \u00e9 a mellora do estado<br \/>\nde conservaci\u00f3n dos corredores fluviais da rexi\u00f3n atl\u00e1ntica ib\u00e9rica. O<br \/>\nConcello de Ribadeo destinar\u00e1 a partida recibida a trav\u00e9s deste proxecto<br \/>\n \u00e1 compra de terras dentro do seu \u00e1mbito municipal para o<br \/>\ndesenvolvemento posterior de acci\u00f3ns de conservaci\u00f3n da marxe ribadense<br \/>\nda r\u00eda, tal e como explicou na s\u00faa intervenci\u00f3n o alcalde, Fernando<br \/>\nSu\u00e1rez, que aludiu \u00e1 figura do Marqu\u00e9s de Sargadelos: &#8220;simboliza un<br \/>\npouco a uni\u00f3n que temos estas d\u00faas comarcas tan importantes ao longo do<br \/>\ntempo, e que agora grazas ao traballo \u00edmprobo, do que podo dar fe porque<br \/>\n o levo vivindo desde hai tres anos. Non o traballo que levamos feito<br \/>\nexactamente desde o Concello de Ribadeo, que foi moito menos, pero o<br \/>\ntraballo \u00edmprobo que levan facendo toda esta xente que se embarcou nun<br \/>\nproxecto formalmente hai tres anos, probablemente hai m\u00e1is tempo, que<br \/>\nintentou en varias ocasi\u00f3ns que a Uni\u00f3n Europea dera financiamento, e<br \/>\nfinalmente \u00e1 terceira foi a vencida e o proxecto foi merecedor de ter un<br \/>\n apoio important\u00edsimo a nivel econ\u00f3mico. Esa \u00e9 unha parte moi importante<br \/>\n para o proxecto&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor ribadense subli\u00f1ou que &#8220;outra parte,<br \/>\n indo m\u00e1is al\u00f3, a min a que me gusta, \u00e9 que este proxecto ofrece unhas<br \/>\nposibilidades moi importantes tam\u00e9n para coordinar e conciliar moitos<br \/>\ndepartamentos que \u00e1s veces, e o digo por experiencia propia, \u00e9 moi<br \/>\ndif\u00edcil coordinar. Cando varios entes ou varias administraci\u00f3ns operan<br \/>\nsobre un mesmo territorio moitas veces se intenta buscar o consello ou<br \/>\nbenepl\u00e1cito dunha parte, pero \u00e1s veces \u00e9 contraditorio co que di a<br \/>\noutra, e eu espero que este proxecto serva para coordinar todo iso, e<br \/>\nestou seguro que as\u00ed ser\u00e1&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia dixo que &#8220;tam\u00e9n creo<br \/>\nque este proxecto vai ser un exemplo vivo do que \u00e9 posible, do que se<br \/>\npode facer e do que se debe facer. Estamos nuns momentos hist\u00f3ricos de<br \/>\ncambio, de moito cambio, tam\u00e9n a nivel forestal. Est\u00e1n de actualidade<br \/>\ntodas as desgrazas que pasan moitas veces por deixar nos \u00faltimos lustros<br \/>\n ou decenios, a veces unha pol\u00edtica forestal creo que un tanto<br \/>\nequivocada. Este proxecto non pretende cambiar a pol\u00edtica forestal, pero<br \/>\n si que pretende dar unha idea de por onde debe ir o crecemento<br \/>\nsostible, e po\u00f1er en valor o que os nosos devanceiros deixaron ben e n\u00f3s<br \/>\n moitas veces non a estamos tratando tan ben como nola deixaron.<br \/>\nSeguramente que aos nosos fillos queiramos deixarllo mellor que como n\u00f3s<br \/>\n o estivemos tratando&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde mostrouse &#8220;moi satisfeito desde<br \/>\n o Concello de Ribadeo, que tam\u00e9n forma parte como beneficiario<br \/>\nasociado. Hai como tres ou catros anos tam\u00e9n iniciamos humildemente un<br \/>\nproceso de expropiaci\u00f3n na beira da r\u00eda para ir eliminando a vexetaci\u00f3n<br \/>\nde fora, os eucaliptos, para que foran sendo substitu\u00eddos por frondosas.<br \/>\n Levamos tres fases con diferentes axudas, unha da Xunta e a maior\u00eda con<br \/>\n fondos propios, pero agora este proxecto vainos dar a oportunidade de<br \/>\nprolongalo un pouco m\u00e1is, para deixalo \u00e1s portas da antiga v\u00eda do tren<br \/>\nmineiro de Ribadeo a Vilaodriz. Ese ser\u00eda un novo proxecto para so\u00f1ar,<br \/>\na\u00ednda que sabemos que est\u00e1n os proxectos redactados, pero est\u00e1n nun<br \/>\ncaix\u00f3n desde hai varios anos, pero ser\u00eda un proxecto marabilloso para<br \/>\npoder proseguir toda esta actuaci\u00f3n que imos facer&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando<br \/>\nSu\u00e1rez dixo que &#8220;me gustar\u00eda, e te\u00f1o falado co meu colega de Castropol,<br \/>\nda outra banda da r\u00eda, de que ser\u00eda moi boa cousa entre todas as partes<br \/>\nporque isto non soamente depende dos concellos, xa nos gustar\u00eda, que<br \/>\npuid\u00e9ramos ver o entorno da r\u00eda substitu\u00eddo con vexetaci\u00f3n aut\u00f3ctona en<br \/>\nlugar dos eucaliptos. Ser\u00eda unha boa imaxe para Galiza, para Asturias e<br \/>\npara o mundo, tam\u00e9n de que as cousas as empezamos a facer dunha maneira<br \/>\nmoito m\u00e1is sostible e moito m\u00e1is sensata&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Tras o alcalde de<br \/>\nRibadeo intervi\u00f1eron na rolda de prensa Andr\u00e9s Barreiros Lois,<br \/>\nvicerreitor de Desenvolvemento Cient\u00edfico da Universidade de Santiago de<br \/>\n Compostela, e Jorge Marqu\u00ednez Garc\u00eda, director do Indurot da<br \/>\nUniversidade de Oviedo.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>Forman parte do proxecto Life Fluvial o<br \/>\nIbader da USC, o Indurot da Universidade de Oviedo, o Instituto Superior<br \/>\n de Agronom\u00eda da Universidade de Lisboa, a asociaci\u00f3n InterEo, a<br \/>\nasociaci\u00f3n de desenvolvemento rural Mari\u00f1as-Betanzos, o Concello de<br \/>\nRibadeo, Emalcsa (Empresa Municipal de Aguas de La Coru\u00f1a, S.A) e<br \/>\nTragsa.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>Ao acto de presentaci\u00f3n celebrado hoxe en Ribadeo foron<br \/>\nconvocadas m\u00e1is de 40 persoas pertencentes aos organismos, entidades,<br \/>\nproxectos e asociaci\u00f3ns que prestaron un apoio incondicional \u00e1<br \/>\ncandidatura deste proxecto: Xunta de Galicia, Principado de Asturias,<br \/>\nDemarcaci\u00f3ns de Costas de Galicia e Asturias, servizo provincial de<br \/>\nCostas de Lugo, Confederaci\u00f3n Hidrogr\u00e1fica Mi\u00f1o-Sil, Confederaci\u00f3n<br \/>\nHidrogr\u00e1fica Cant\u00e1brico, Augas de Galicia, Deputaci\u00f3ns de Lugo e A<br \/>\nCoru\u00f1a e Concellos de A Coru\u00f1a, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, A<br \/>\nPontenova, Baleira, Guitiriz, Lugo, Meira, R\u00e1bade, Trabada, Castropol,<br \/>\nSan Mart\u00edn de Oscos, San Tirso de Abres, Santa Eulalia de Oscos,<br \/>\nTaramundi, Vegadeo e Villanueva de Oscos.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Que alegr\u00eda, que alboroto, nos ha tocado el perrito piloto! Sempre se celebra con festa o que a un lle toque algo, e o acto que tivo lugar onte pola ma\u00f1\u00e1 na casa do concello de ribadeo tivo algo diso: celebraci\u00f3n dunha subvenci\u00f3n millonaria. Os detalles, na nota de prensa en baixo, implican e aplican [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9],"class_list":["post-5683","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5683","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5683"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5683\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5683"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5683"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5683"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}