{"id":5670,"date":"2017-11-07T21:17:00","date_gmt":"2017-11-07T20:17:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:32:27","modified_gmt":"2024-11-12T12:32:27","slug":"escudo-de-armas-da-casa-do-fidalgo-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/11\/07\/escudo-de-armas-da-casa-do-fidalgo-de\/","title":{"rendered":"ESCUDO DE ARMAS DA CASA DO FIDALGO DE VILAFRAMIL. Francisco Jos\u00e9 Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjxrRbODS_k3kgbP5XGulG5tFsJNRBW44Nd_seXFRUUkjtSyCLUYzB0S1111DuPEf8SqSG1hPHuCAaJdl6nDXZyLFtv3VcXhJVWtKqnCYaWw02G2TdJ-TpP_QftfpB_DUo1XXRlMw\/s2048\/Escudo+de+armas+da+casa+do+fidalgo+de+Vilaframil+1.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjxrRbODS_k3kgbP5XGulG5tFsJNRBW44Nd_seXFRUUkjtSyCLUYzB0S1111DuPEf8SqSG1hPHuCAaJdl6nDXZyLFtv3VcXhJVWtKqnCYaWw02G2TdJ-TpP_QftfpB_DUo1XXRlMw\/s2048\/Escudo+de+armas+da+casa+do+fidalgo+de+Vilaframil+1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Este sinxelo e distinguido Escudo de Armas espa\u00f1ol da (foto supra), sen partici\u00f3ns e gravado en fondo e baixo relevo, sobre pedra marm\u00f3rea do pa\u00eds, est\u00e1 situado no p\u00f3rtico da Casa do Fidalgo de Vilaframil. Darlle as grazas desde aqu\u00ed a D\u00aa Carme, dona da casa, que tan amablemente atendeu as mi\u00f1as preguntas e me deixou sacar esta foto que hoxe mostramos, coment\u00e1ndome que a fidalgu\u00eda da familia, chegou a d\u00eda de hoxe por li\u00f1a materna, o que na her\u00e1ldica se contempla como li\u00f1a cognaticia ou de femia, e cuxa \u00faltima fidalga foi D\u00aa Celia L\u00f3pez Garc\u00eda, filla de D. Lorenzo L\u00f3pez. Na antig\u00fcidade a li\u00f1a de femia ti\u00f1a moito valor, pois f\u00fandase no principio de que: \u201ca madre \u00e9 sempre certa\u201d.<\/p>\n<p>O campo do escudo pres\u00e9ntase sen partici\u00f3ns e cun gran n\u00famero de figuras ordenadas e compactadas que trataremos de entender cotex\u00e1ndoas coas do escudo de Armas da foto 2, que se atopa no muro do atrio da Catedral de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/San_Marti%C3%B1o_de_Mondo%C3%B1edo,_Foz\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">San Marti\u00f1o de Mondo\u00f1edo<\/a>, e no que se presentan moitas das mesmas armas, no 2\u00ba, 3\u00ba e 4\u00ba cuartel. Por outra banda dicir que, non temos ningunha documentaci\u00f3n propia que acredite o li\u00f1axe familiar deste Escudo de Armas, polo que tivemos que indagar noutros bras\u00f3ns parecidos e documentados que atopamos na Her\u00e1ldica de Galiza.<\/p>\n<p>Esta falta de documentaci\u00f3n, por desgracia, falta bastante com\u00fan na Her\u00e1ldica de Ribadeo, pode dar p\u00e9 a alg\u00fan desatino no desenrolo dos renomes ou apelidos, e dos antrop\u00f3nimos ou nomes propios usados decot\u00edo nos repertorios familiares de cada estirpe. Servir\u00e9monos como gu\u00eda deste asunto, e baixo o noso mellor criterio e entender, da separata publicada no \u201cAnuario de Estudios Medievais\u201d 39\/1 Xaneiro-Xu\u00f1o de 2009 \u201cIdentidad y Memoria Geneal\u00f3gica. Una aportaci\u00f3n al estudio de la Antroponimia Medieval Gallega\u201d, feita por D. Eduardo Pardo de Guevara y Vald\u00e9s (Instituto de Estudios Gallegos \u201cP. Sarmiento\u201d CSIC, Santiago de Compostela).<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto; text-align: center;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiZBfkp2TpHNfxrMyiCIqZHPMpKQpKBD0dUNQ-jYBG-tVXXVVZz3K0XIG2wX8xhrP0PXRMxSZl5mKryi4SnQ8LLsRvLmz56m5XO8DECfM_XbUpfm1J1nTiHdYQHKp1TUFfFN4az1w\/s2048\/Escudo+de+armas+da+casa+do+fidalgo+de+Vilaframil+2.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiZBfkp2TpHNfxrMyiCIqZHPMpKQpKBD0dUNQ-jYBG-tVXXVVZz3K0XIG2wX8xhrP0PXRMxSZl5mKryi4SnQ8LLsRvLmz56m5XO8DECfM_XbUpfm1J1nTiHdYQHKp1TUFfFN4az1w\/s2048\/Escudo+de+armas+da+casa+do+fidalgo+de+Vilaframil+2.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Escudo en S. Marti\u00f1o de Mondo\u00f1edo<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>O escudo (foto 1), carece de adorno exterior e est\u00e1 timbrado coa cruz cristi\u00e1n, que nos leva a pensar que pertence a un abade ou a un familiar do Santo Oficio da Inquisici\u00f3n do Reino de Galicia, tal e como podemos ver nos Escudos de Armas de D. Baltasar Menendez Navia y Sierra, da casa do parque, antigo comercio de Maseda, da Casa do Pat\u00edn de Ribadeo e na Casa do Outeiro de San Miguel de Reinante (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2016\/05\/celebrando-o-dia-das-letras-galegas-na.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Casa brasonada do parque de Ribadeo<\/a>, tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 21-Maio-2016)<\/p>\n<p>Baixo a cruz do timbre, unha dobre bordura realzada, entremedia unha faixa. Estra\u00f1a e particular forma de timbre que non se amosa en ning\u00fan outro Escudo de Armas que v\u00edramos ata o de agora por estes lares.<\/p>\n<p>O escudo (foto 1) \u00f3 carecer de partici\u00f3ns definidas, como no escudo da foto 2, que claramente se presenta cuartelado en cruz, admite a posibilidade de distintas interpretaci\u00f3ns segundo agrupemos as figuras dunha ou doutra forma, seguindo as regras e normas her\u00e1ldicas.<\/p>\n<p>As\u00ed, se \u00e1s Armas as consideramos cuarteladas en catro, no 1\u00ba cuartel (cant\u00f3n destro do xefe): d\u00faas flores de lis en faixa surmontadas polo que parecen TRES LANZAS, que puideran ser Armas dos LANZ\u00d3S, dos LEIS ou tam\u00e9n dos VILA como as da Casa de Guiance de Vigo (Her\u00e1ldica, Genealog\u00eda y Nobiliaria de Galicia, Tomo LVI, p\u00e1x.485).<\/p>\n<p>Se son TRES ESTACAS, ser\u00edan Armas dos VALCARCEL. Se son TRES ANTORCHAS ou VELAS acendidas, semellan algunhas das Armas dos PARDO.<\/p>\n<p>No 2\u00ba cuartel (cant\u00f3n sinistro do xefe): unha construci\u00f3n que parece unha torre sen acabar de gravar, pois f\u00e1ltanlle as ameas e o portal\u00f3n de entrada, tal como se ve no cuartel 2\u00ba do escudo da foto 2. Puidera ser a torre do bras\u00f3n de Armas dos SUAREZ (de ALBERGAR\u00cdA? ou de DEZA?). Na parte alta, unha torre de homenaxe sen acabar de gravar nos detalles, que tam\u00e9n se percibe no 2\u00ba cuartel da foto 2.<\/p>\n<p>No 3\u00ba cuartel (cant\u00f3n destro da punta): un le\u00f3n rampante, lampasado (coa lingua de fora e posiblemente de distinto esmalte \u00f3 do campo) mirando a sinistra, sobre un coitelo alto (coa punta alta e mango abaixo) inclinado \u00e1 destra. O le\u00f3n parece que fai referencia \u00e1 <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Orde_de_San_Bieito\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Orde de San Bieito<\/a>, ou \u00e1 condici\u00f3n dun abade bieito (benedictino), posible dono orixinal desta casa. Tam\u00e9n pode ser o le\u00f3n dos RENGIFO, dos ARIAS (Her\u00e1ldica, Genealog\u00eda y Nobiliaria de Galicia, Tomo LVI, p\u00e1x.497), dos ROMAY (ibidem, p\u00e1x.499) ou dos OZORES (ibidem, p\u00e1x.507), ou tam\u00e9n, o le\u00f3n de alg\u00fan dos bras\u00f3ns das Armas dos PRADO, dos BALBOA, ou dos GUIND\u00d3S como veremos m\u00e1is adiante.<\/p>\n<p>Referente o coitelo, que parece trinchante (de servir viandas) pola forma e tama\u00f1o que ten, neste caso non sabemos o significado, pois incluso parece como unha figura algo estra\u00f1a e incoherente no contexto e na colocaci\u00f3n no campo, por\u00e9n, presenta forma similar ao coitelo representado sobre a t\u00e1boa de comer das Armas dos RON (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/03\/escudo-e-laude-da-capela-da-virxe-do.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo da Capela da Virxe do Rosario -da igrexa parroquial de Sta Mar\u00eda do Campo de Ribadeo<\/a>&#8211; tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 18-Marzo-2017).<\/p>\n<p>No 4\u00ba cuartel (cant\u00f3n sinistro da punta) son armas similares e das m\u00e1is estendidas, dos FERN\u00c1NDEZ DE TEMES: en campo de gules, tres faixas de ouro superadas por un cruz de ouro de Tau (coa forma de \u201cT\u201d) (Blasones y Linajes de Galicia, D. Jos\u00e9 Crespo del Pozo, Volume II, p\u00e1x. 413). Tam\u00e9n puideran ser: en campo de azur tres faixas de ouro (bras\u00f3n dos PARGA ou dos MESSIA), as\u00ed como, Armas de RODRIGUEZ, Se\u00f1or de Sanabria, como xa vimos no 1\u00ba cuartel do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/07\/escudo-de-armas-do-pazo-de-guimaran-e.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo de Armas do Pazo de Guimar\u00e1n<\/a> (tam\u00e9n en La Comarca del Eo, 15-Xullo-2017), \u00e1mbalas d\u00faas, superadas por unha cruz.<\/p>\n<p>Sabendo das figuras das Armas e do que poden representar individualmente, segundo asociemos os cuarteis, nos dar\u00e1n diversas posibilidades de li\u00f1axes familiares.<\/p>\n<p>1).- Se o escudo o consideramos partido, ou sexa, divido en d\u00faas metades iguais por un eixe central vertical, ser\u00eda o caso das li\u00f1axes dun matrimonio, coas armas do marido \u00e1 destra e da muller \u00e1 sinistra. As\u00ed, as armas do marido, considerando ser TRES ESTACAS, ser\u00edan armas dos VALCARCEL xunto c\u00f3 le\u00f3n rampante do cant\u00f3n destro da punta (en campo de gules tres estacas de ouro, e en campo de ouro un le\u00f3n rampante de ouro) (Atienza, nomeado por D. Jos\u00e9 Crespo Pozo, Volumen V, p\u00e1x.186).<\/p>\n<p>Segundo D. Eduardo Pardo de Guevara, na obra antes citada (ibidem, p\u00e1x. 33) falando da asociaci\u00f3n de apelidos, dinos: \u201cno resulta extra\u00f1o identificar dentro de un mismo linaje a varios personajes hom\u00f3nimos coet\u00e1neos. Entre el grupo de los VALCARCEL y BALBOA, se documenta el caso de los GARC\u00cdA RODRIGUEZ&#8230;\u201d. Neste escudo vemos, en xefe \u00e1 destra, o bras\u00f3n das estacas dos VALCARCEL asociado \u00f3 le\u00f3n dos BALBOA, en punta \u00e1 destra, as\u00ed como as faixas interpretadas como RODRIGUEZ, parecen levarnos (con d\u00fabidas) a este apelido Garc\u00eda Rodr\u00edguez, cuxo Garc\u00eda, puidera ser un dos antecesores primixenios dos descendentes actuais deste Escudo de Armas.<\/p>\n<p>Se en vez de ESTACAS, son TRES ANTORCHAS ou VELAS acendidas, semellan Armas dos PARDO (iguais as do 2\u00ba cuartel do escudo de 1898 do Asilo de Mondo\u00f1edo, pertencente a D. Jos\u00e9 M\u00aa Pardo-Montenegro Cordal) (Her\u00e1ldica do Municipio de Mondo\u00f1edo, D\u00aa Olalla R\u00faa Veloso, p\u00e1x.12). Se son TRES LANZAS, de LANZ\u00d3S, LEIS OU VILA&#8230;<\/p>\n<p>Por outra banda, o escudo parece ter espalladas por todo o campo, moitas das armas do antigu\u00edsimo Escudo de Armas dos SOBRADO do Pazo de Tumbiadoiro na parroquia de Sta. Mar\u00eda de Vilamaior de Sarria (Lugo): as d\u00faas lises en faixa, a forma da torre donxonada, a cruz e as tres faixas. Falta a lenda: \u201cDE HERMENEGILDO Y PATERNA VIENEN LOS NOBLES SOBRADOS DEJANDO MEMORIA ETERNA Y A LOS MOROS DESTROZADOS\u201d (Blasones y Linajes de Galicia, Frei Jos\u00e9 Crespo del Pozo, Volume I, SOBRADO-1, p\u00e1x.402).<\/p>\n<p>Por outro lado, D. Jos\u00e9 Santiago Crespo del Pozo (ibidem, volume IV, p\u00e1x.142) dinos que a terra de PARGA, foi vendida a D\u00aa GARCIA RODRIGUEZ DE VALCARCEL, por D. Felipe de Cabrera y Ribera, fillo do rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Sancho_IV_de_Castela\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Sancho IV<\/a> (rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1284\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1284<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1295\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1295<\/a>) e de D\u00aa Mar\u00eda de Molina (neta de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_IX\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Afonso IX<\/a>) en Sevilla o 5 de Xu\u00f1o de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1327\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">1327<\/a>. D\u00aa Garc\u00eda estaba casada con D. Pedro Fern\u00e1ndez de BOLA\u00d1O, a quen lle deixou o coto de Parga, segundo testamento redactado en lingua galega, ante D. Af\u00f3n P\u00e9rez de Athales (notario).<\/p>\n<p>Ning\u00fan destes apelidos nos \u00e9 desco\u00f1ecido no Concello de Ribadeo, pois tanto a familia PARGA, que segue sendo da nosa veci\u00f1anza, como os BOLA\u00d1O (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/10\/brason-de-armas-da-casa-da-cerca-cinxe.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Casa da Cerca de Cinxe<\/a>, a&nbsp; o v\u00ednculo de D. <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Carlos_Mar%C3%ADa_Rodr%C3%ADguez_de_Valc%C3%A1rcel\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Carlos Mar\u00eda RODRIGUEZ DE VALCARCEL<\/a>, cuxo nome levou o Instituto Laboral de Ribadeo e que tantos de n\u00f3s recordamos con nostalxia pois al\u00ed estudiamos o bacharelato elemental e superior, de modalidade Agr\u00edcola-Gandeira, sendo D. Carlos, Director Xeral do Instituto de Emigraci\u00f3n, naquel 30-Agosto-1958, fecha da inauguraci\u00f3n, \u00e1 que el non poido asistir por atoparse de viaxe no Cabo San Roque, navegando de Arxentina para Espa\u00f1a (La Comarca, 7-Setembro-1958).<\/p>\n<p>A partici\u00f3n sinestra do escudo, corresponde \u00e1s Armas familiares da muller, e ser\u00edan as armas de SUAREZ DE ALBERGAR\u00cdA ou de SUAREZ DE DEZA e RODRIGUEZ ou SUAREZ DE DEZA E FERNANDEZ DE TEMES, SUAREZ DE DEZA E PARGA&#8230;<\/p>\n<p>2).- Se o escudo o consideramos cortado, ou sexa, divido en d\u00faas metades iguais por un eixe central horizontal, a partici\u00f3n alta ser\u00eda a do marido e a baixa da muller.<\/p>\n<p>3).- Se o escudo fora, semicortado e partido, no primerio cuartel ser\u00edan armas dos av\u00f3 paterno, no segundo av\u00f3 materno e no terceiro as da avoa paterna.<\/p>\n<p>As\u00ed continuar\u00edamos cun escudo medio partido e cortado; outro partido e semicortado; outro cortado e medio partido; cuartelado dunha alianza, cuartelado de duas alianzas, de tres alianzas, etc.<\/p>\n<p>O magn\u00edfico Escudo de Armas da (foto 2) sito no muro oeste do atrio da Catedral de San Marti\u00f1o, \u00e9 un escudo ovalado, timbrado cunha celada posta de perfil, coa viseira aberta e levantada, e a parte inferior baixa, cuxa abertura est\u00e1 cuberta con catro grilletas ou barretas de reixa, o que na Her\u00e1ldica representa o casco dun fidalgo de catro li\u00f1as paternas e maternas que, si tivera esmaltes, amosar\u00eda as grilletas de ouro cravadas \u00e1 bordura do mesmo metal e forradas de gules.<\/p>\n<p>O conxunto do adorno exterior est\u00e1 enriquecido cun elaborado cincelado, con talla que resalta volutas de follas feitas en medio relevo. A parte inferior da celada parece unirse a unha gola de particular feitura, que semella un coraz\u00f3n tumbado coa punta a sinestra, e coa placa de aceiro adornada cun baixo relevo de follas de carballo, \u00e1 maneira das preciadas armaduras dos fidalgos ricos con adornos adamascados (con debuxos como os das telas de seda de Damasco). Se non fora pola cinta remachada que aparece como continuaci\u00f3n da cinta do casco, poder\u00eda decirse que esta gola non \u00e9 tal, senon unha ombreira ou peza da armadura antiga que cubr\u00eda e defend\u00eda os ombros, e que se puxo a\u00ed s\u00f3 como adorno, pois non \u00e9 l\u00f3xico que a gola te\u00f1a unha abertura frontal, pois era unha peza lisa para que as frechas ou as puntas das armas esvararan por ela e protexeran o pescozo do cabaleiro de talladas ou de punzadas, cousa que non far\u00eda se tivera esta acanaladura frontal. De a\u00ed a dubida, ainda que puidera estar met\u00e9ndome coa \u201cmusa\u201d que inspirou a imaxinaci\u00f3n do artista que fixo a talla, \u00a1e as musas son as musas, e merecen un respeto! En f\u00edn.<\/p>\n<p>O casco est\u00e1 adornado cun penacho de cinco plumas e uns lambrequines en veleta (un a cada lado do helmo), que continuan envolvendo o escudo por ambos flancos ata toparse, nos soportes centrais, cunhas cunchas de vieira invertidas. No sost\u00e9n, un ato de follas de acanto e outras volutas mais delgadas, envolven a punta do escudo ata as vieiras centrais.<\/p>\n<p>Este escudo de armas parece ser que prov\u00e9n dun antigo pazo dos MONTENEGRO, que foi demolido preto da catedral de San Marti\u00f1o, e que para non perdelo, o colocaron na actual situaci\u00f3n. Cousa que desde aqu\u00ed aplaudo ata rabiar, pois si tiveramos sempre este respeto polas memorias antigas, non ter\u00edamos tantos ocos vacios na nosa Historia local, comarcal e nacional.<br \/>\nA\u00ednda que o escudo prove\u00f1a dun pazo dos MONTENEGRO, como vamos a ver, non presenta o bras\u00f3n propio das armas desta antig\u00fcisima familia, cuxo solar principal estaba nunha casa-torre que defend\u00eda unha das entradas da Vila de Pontevedra, sobre o r\u00edo Lerez. Desde esta casa torre, os Montenegro, espall\u00e1ronse por todo o Reino de Galiza e por toda a pen\u00ednsula ib\u00e9rica (Ibidem, Frei Jos\u00e9 Crespo del Pozo, Volume III, p\u00e1x.317). Por\u00e9n, dentro da catedral hai unha l\u00e1pida funeraria, que se describe na Guia Breve N\u00ba 10, de San Mart\u00edn de Mondo\u00f1edo, como da familia Montenegro, e que ten gravado un escudo de armas cuartelado en cruz, donde claramente est\u00e1n no 3\u00ba cuartel as Armas de SOTOMAYOR que xunto cun escudo pintado dos MOSCOSO sobre un arco lateral a nave do cruceiro da catedral, sacamos en conclusi\u00f3n que todos estes elementos se refiren a enlaces matrimoniais da familia de D. Payo MONTENEGRO SARMIENTO MARI\u00d1O DE LOBEIRA, casado con D\u00aa Mar\u00eda DE OCA E SOTOMAYOR MOSCOSO E OSORIO ENRIQUEZ DE MONROY, filla \u00fanica de D. Suero DE OCA E SARMIENTO DEZA E RIBADENEIRA E Z\u00da\u00d1IGA, se\u00f1or do castelo de Celme (Ibidem, frei Jos\u00e9 Crespo, Volume III, p\u00e1x. 318-319). \u00d3 lado do escudo dos MOSCOSO, hai outro escudo pintado, coas doncelas dos MIRANDA, o que nos conduce a outras alianzas familiares, como a de D. Jos\u00e9 MOSCOSO MIRANDA nacido no Valadouro, e casado con D\u00aa Mar\u00eda del Carmen QUIROGA QUIND\u00d3S, de Betanzos, filla de D. Andr\u00e9s QUIROGA E ULLOA (Ibidem, Frei Jos\u00e9 Crespo, Volume III, p\u00e1x.334), e quizais desta li\u00f1axe QUIROGA, sexa o escudo do foto 2.<\/p>\n<p>Como arriba dixemos, o campo do escudo, da foto 2, est\u00e1 cuartelado en cruz, e presenta no 1\u00ba cuartel as Armas dos QUIROGA: en campo de gules, un carballo de sinople, cun can de prata atado o tronco cunha cadea (como as do Pazo de Ferreiro\u00e1 na Ribeira Sacra). Tam\u00e9n poden interpretarse (pero menos probable): un can atado a unha \u00e1rbore, das armas primitivas dos ACEBEDO (en campo de ouro, un acivro de sinople cun can branco atado o seu tronco) (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/2017\/05\/escudo-de-armas-da-capela-de-san.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Escudo da Capela da Virxe de Lourdes de Sta. Mar\u00eda do Campo<\/a>, parte do bras\u00f3n do 1\u00ba cuartel, tam\u00e9n en La Comarca del Eo 6-Maio-2017)<\/p>\n<p>No 2\u00ba cuartel: unha torre ameada adestrada, surmontada por unha \u201c\u00bfpica?\u201d e d\u00faas pequenas panelas, e o todo, adosado a d\u00faas frores de lis en pao (unha sobre outra). As frores de lis deste cuartel (igual que as do escudo da Casa do Fidalgo de Vilaframil) parecen ter a s\u00faa orixe no adorno dos escudos dos reis de Francia (Ciencia del Blas\u00f3n, D. Modesto Costa y Turell, ano de 1858, p\u00e1x. 104) e cuxo emblema chegou a estas terras cos primeiros \u201cfrancos\u201d que vi\u00f1eron peregrinando polo Cami\u00f1o de Santiago, e que moi ben, ditas flores, poden estar relacionadas coas cunchas de viera dos soportes deste escudo da foto 2.<\/p>\n<p>Este bras\u00f3n parece ser dos SOBRADO, similar o do 2\u00ba cuartel do escudo de armas esquerdo da Casa fuerte de Sobrado na parroquia de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Pedrafita,_Chantada\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Santa Baia de Pedrafita<\/a>, no municipo de Chantada, Lugo (Her\u00e1ldica, Genealog\u00eda y Nobiliaria de Galicia, Tomo LVI, p\u00e1x.179).<\/p>\n<p>No 3\u00ba cuartel: un le\u00f3n rampante lampasado mirando a sinestra, como o xa visto no escudo da Casa do Fidalgo, que neste caso, \u00e9 probable sexa do bras\u00f3n dos QUIND\u00d3S.<\/p>\n<p>No 4\u00ba cuartel: tres faixas surmontadas por unha cruz adestrada de tres lanzas. Neste caso o bras\u00f3n parece unha uni\u00f3n familiar dos TEMES e LANZ\u00d3S. Armas similares as vistas en 1\u00ba e 4\u00ba, do escudo da Casa do Fidalgo de Vilaframil (1\u00aa foto), polo que as asociaci\u00f3ns familiares poden ser variadas por matrimonios diversos, como xa vimos.<\/p>\n<p>\u00c9 unha magoa non haber podido desenrolar e concretar m\u00e1is os bras\u00f3ns e xenealox\u00edas, dos corenta e seis Escudos de Armas descritos do actual Concello de Ribadeo que ata o de aqu\u00ed co\u00f1ec\u00edn, e que fun <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com.es\/search\/label\/Pancho%20Campos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">amosando p\u00fablicamente nos \u00faltimos dous anos de traballo<\/a>, nestas queridas p\u00e1xinas de La Comarca del Eo e no blog Ribadeando do meu querido amigo Antonio Gregorio Montes, pero carezo no 90% dos casos, da necesaria documentaci\u00f3n p\u00fablica ou privada pola que poder tirar dun f\u00edo esclarecedor, por\u00e9n, qu\u00e9dame a indecible satisfacci\u00f3n de habelo intentado amosando estas Armas tal e como eu as fun atopando e contrastando coa bibliograf\u00eda xeral consultada e descrita en cada p\u00e1rrafo, para que outras plumas mellores que a mi\u00f1a, continuen con este progreso, e posta en valor, do prestixioso estudio da particular e extens\u00edsima Her\u00e1ldica de Ribadeo, que sen lugar a d\u00fabida, ser\u00e1 todo un reto de perseverancia, af\u00e1n e desvelos. Qu\u00e9dame por describir, un \u00faltimo escudo brasonado, que far\u00e1 o n\u00famero corenta e sete, e que quizais, \u00bfa\u00ednda non sexa o \u00faltimo&#8230;?. Xa veremos, pois en Ribadeo existen s\u00edmbolos, marcas e obxetos diversos, dos que unha vez estudiados, nos contan historias rec\u00f3nditas de caracter totalmente insospeitado.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este sinxelo e distinguido Escudo de Armas espa\u00f1ol da (foto supra), sen partici\u00f3ns e gravado en fondo e baixo relevo, sobre pedra marm\u00f3rea do pa\u00eds, est\u00e1 situado no p\u00f3rtico da Casa do Fidalgo de Vilaframil. Darlle as grazas desde aqu\u00ed a D\u00aa Carme, dona da casa, que tan amablemente atendeu as mi\u00f1as preguntas e me [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-5670","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5670","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5670"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5670\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5670"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5670"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5670"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}